jueves, 10 de abril de 2008

Morrer en Salcedo

Aínda hoxe, setenta e dous anos despois, moitas persoas de Salcedo cando pasan polo lugar de A Torre (1), lembran os sucesos que alí ocorreron o doce de decembro de 1936.
Os xornais da época titulaban: “La Guardia Civil y la Cívica realizaron hoy un gran servicio” (Diario de Pontevedra, 12-12-36) ou “El importante servicio de ayer de madrugada. Son muertos dos peligrosos rojos, licenciados de presidio” (El Progreso, 13-12-36).
As versións que ofrecen os dous xornais coinciden en parte do relato dos feitos: o “benemérito Jefe de la Guardia Cívica de Pontevedra Don Víctor Lis” recibe unha confidencia sobre o paradeiro de Juan Manuel Gómez Corbacho, chófer da liña de Cangas, xulgado xa no ano 1934 en Consello de Guerra sumarísimo, acusado de fabricar bombas con botellas de líquidos inflamables nos sucesos de outubro; a pena de morte fora conmutada pola de prisión sendo posto en liberdade tras o triunfo do Frente Popular. Corbacho destacou como activista de esquerdas participando tamén na resistencia ao golpe militar do 20 de xullo do 36.
Localizado o lugar onde se escondía ( segundo as informacións do compañeiro Juan Soto, foi no lugar de A Torre e non na Ruibal como afirman os xornais), organízase unha batida na que, baixo o mando do alférez da G. Cívica Víctor Lis, participan unha sección da mesma cuns vinte compoñentes e catro gardas civís mandados polo cabo Jesús Barca Vázquez.. Achéganse a Salcedo sobre as cinco da mañá e, a partires deste momento, dun xeito sorprendente dada a férrea censura de prensa, as versións dos feitos ofrecidas por ditos xornais non coinciden. En primeiro lugar ofrecemos a de El Progreso:
De madrugada, hacia las cinco, cuando salía de su domicilio el vecino de La Ruibal y tranviario Manuel [Ramón] Acuña para ir a sus obligaciones, fue detenido por la Guardia Civil pareciendo que hizo alguna resistencia violenta. Se entró en su domicilio y se encontró durmiendo en una misma cama, a una hermana suya y a la esposa de Gómez Corbacho. Estrechados todos a hábiles preguntas, acabaron por confesar que el Corbacho, así como el que fuera su compañero de presidio, Manuel Méndez Montes, vecino de Mourente, se hallaban ocultos en un alboyo próximo a la casa del tranviario, propiedad de este. Allí se fueron incluso el tranviario que les dijo que debían entregarse, pero sin que buenamente quisiesen hacerlo ni abrir la puerta. En su vista, se prendió fuego a la chavola y al arder salieron huyendo sus ocupantes, que tirotearon a la fuerza. Respondió esta con decisión y el Gómez Corbacho y el Méndez Montes, resultaron muertos.

Deixemos o relato de El Progreso e pasemos á versión ofrecida polo Diario de Pontevedra na que hai variacións substanciais ao contarnos a mecánica dos feitos:
Llegados a La Ruibal y para guarecerse de la lluvia, los guardias se cobijaron en un alboyo, mientras se buscaba la casa en que se creía hallar el Corbacho. Y no tardó en lograrse esto, pues pronto advirtieron que en la parte alta del alboyo dormía gente, lo mismo que en una casa contigua. La fuerza se distribuyó convenientemente, mientras el señor Lis llamaba a la puerta y hacía que abriesen la entrada a la casa. Hubo que derribar la puerta y en la vivienda fueron hallados el dueño de la misma, Ramón Acuña, tranviario al que también se buscaba, la mujer de este, la de Corbacho y otro individuo llamado Manuel Méndez Montes, de Lourizán, hermano político del primero. Se envió al Méndez en busca del Corbacho al alboyo, pero en vez de entregarse a los guardias, iniciaron un tiroteo muy intenso que por fortuna no causó desgracias. En vista de que no se rendían, se mandó a Ramón Acuña para que prendiera fuego al alboyo y entonces el Corbacho intentó escapar, cosa que no pudo conseguir porque cayó muerto al disparar sobre él uno de los guardias. Ramón [Manuel] Méndez no quiso salir y pereció dentro del alboyo. La mujer de Corbacho, que se había escondido, fue encontrada una hora después. Utilizando una trampa disimulada en el piso se había ocultado en la bodega de la casa.

Ata aquí as dúas versións, deixamos ao lector que forme a súa propia sobre os feitos. Volven a coincidir os xornais en dicir que a actuación dos homes de Lis foi motivo de eloxiosos comentarios.
Pero o suceso non acaba con estas tráxicas mortes: na mañá do domingo, 13 de decembro, (repárese na rapidez inusitada e obviando o carácter festivo do día), celébrase, no salón de actos da Deputación pontevedresa, Consello de Guerra en procedemento sumarísimo para xulgar ao tranviario Ramón Acuña Iglesias, de 42 anos, á súa irmá Consuelo de 60 e á muller de Corbacho, Elvira Lodeiro González de 28 anos. O instrutor foi o comandante de infantería don Francisco Sanmartín Carreño; preside o tribunal o tenente coronel de artillería don Francisco Lorente Armesto sendo fiscal o alférez don Manuel Ferreirós Espinosa, falanxista, futuro xefe local de milicias de Pontevedra e que morrerá no frente no ano 1938. O fiscal solicita a pena de morte para os tres encausados, de acordo co previsto nos bandos militares para os que ocultasen a reclamados por actividades contrarias ao golpe militar.
O día 14 de decembro, ás catro da mañá, entran en capela no cuartel da Guardia Cívica os irmáns Ramón e Consuelo- logo de rexeitar os auxilios espirituais pero acompañados polo franciscano padre Aquilino- son levados ao lugar de execución na avenida de Monte Porreiro sendo fusilados por un piquete da G. Cívica mandado polo alférez Víctor Lis.
Elvira Lodeiro alega que está embarazada e é levada ao Hospital para dar a luz e aprazando o cumprimento da sentenza. Pero na tarde do sábado 19 de decembro é fusilada porque tras o recoñecemento médico resulta non ser certa a súa afirmación.
Non está de mais recordar que Elvira Lodeiro González xa o catro de setembro deste ano fora obxecto dunha requisitoria, xunto a outras persoas,todas encartadas por auxilio á rebelión, para presentarse, no prazo de 48 horas, ante o xuíz instrutor militar de Pontevedra baixo o apercibimento de seren declarados rebeldes.
In memoriam: Consuelo Acuña Iglesias, Ramón Acuña Iglesias, Elvira Lodeiro González, Manuel Méndez Montes e Juan Manuel Gómez Corbacho.
(1)Nota: O lugar de A Torre pertenece á parroquia de Lourizán, a casa está no límite con Salcedo. (14-12-2016)

2 comentarios:

Jose Docampo dijo...

¿Ainda se conserva a casa?

Xosé Álvarez Castro dijo...

Polo que vimos nun roteiro feito hai uns meses existe aínda, coido que con algunhas modificacións. Está no lugar da Torre, moi cerca dun paso sobre a autopista. Saúdos