miércoles, 11 de abril de 2012

14 de abril de 1936


Yo te saludo 14 de abril! ¡ Bienvenida seas fecha memorable y gloriosa, aurora divina, que asomas tu luminosa faz tras las umbrosas cumbres de nuestras ansias! Ilumina con tus fúlgidos rayos las densas tinieblas de nuestro espíritu. ¡14 de abril! Quisiera detener por un momento tu vertiginosa carrera y formar con tus veinticuatro horas de existencia un ramillete de flores para esparcir sus hojas y su aroma por los cuatro puntos cardinales, a fin de que todos los seres del universo quedasen impregnados de la exquisita fragancia de tu perfume, grabando en ellos tu nombre, con el mágico buril del eterno recuerdo ... El País, 13-4-36.
Así empezaba un hiperbólico artigo asinado por Una Maestra, que se publicaba na primeira páxina do órgano de Izquierda Republicana na véspera do quinto aniversario da proclamación da segunda República. Deixemos a esta mestra no seu fervoroso éxtase republicano para dar unhas pinceladas da realidade pontevedresa nesta data. O aniversario foi celebrado con numerosos actos. O comité local do Frente Popular organizou un banquete popular no restaurante Galicia; as tarxetas recollíanse nas sés dos diversos partidos e na farmacia de Maquieira. Asistiron militantes dos partidos da fronte e tomaron a palabra José Adrio Barreiro, Dionisio Quintillán e Alfonso R. Castelao. Os edificios públicos luciron iluminación extraordinaria e a banda municipal recorreu a cidade tocando pasarrúas.
Neste martes festivo, ás doce e media ten lugar unha recepción oficial no Pazo Provincial cun carácter que se pretende sexa o máis popular posible, para o que se convida “al pueblo en general”. A xestora da deputación, presidida por Maximiliano Pérez Prego, acordou pagar unha comida extraordinaria aos presos do cárcere e o alcalde García Filgueira aumenta o número de comidas ofrecidas pola Cociña Económica.
Na Gran Vía celébrase unha parada militar presidida polas principais autoridades militares e civís. Baixo o mando do tenente coronel Durán Salgado desfilan tropas de artillería mandadas polo comandante Pontijas, gardas civís co tenente Ramos Patiño, marinos do Polígono Janer co capitán de corbeta Nieto Antúnez, forzas de Asalto mandadas polo capitán Rico e carabineiros conducidos polo tenente Guerrero. Ao pasar fronte á tribuna, cada oficial ao mando grita un ¡Viva la República! que era contestado pola tropa. Tres meses despois, a maioría deses mandos apoiaría o golpe militar contra a república agora vitoreada.
Pola súa banda Unión Republicana, no seu local da rúa García Camba 3, organiza, ás 7 da tarde, un mitin de propaganda republicana. Preside o acto Aurelio Marzoa e participan diversos oradores do Frente Popular: Víctor Casas (Partido Galeguista), José Echeverría (Izquierda Republicana), José Adrio (Unión Republicana) e Manuel García Filgueira (Partido Comunista).
Ás oito da noite, a “veterana y democrática” sociedade Recreo de Artesanos organiza unha conferencia de Alexandre Bóveda; preside o gobernador Gonzalo Acosta e o alcalde García Filgueira. Bóveda foi presentado polo presidente da sociedade Amancio Caamaño que fixo fincapé na necesidade de prestar todo o esforzo, en ben do porvir de Galicia, á campaña do Estatuto. Bóveda fala dos problemas económicos relacionándoos coas características de Galicia, expón as peculiaridades da economía galega e repasa as distintas correntes da economía mundial, dende o liberalismo ao marxismo.
Con gran conocimiento de los fenómenos económicos en general y singularmente de las cuestiones que en este aspecto atañen a Galicia, expuso el señor Bóveda toda una doctrina, bien trabada y profunda acerca de como deben entenderse y desde que ángulos de sentido realista, deben mirarse los problemas económicos de nuestra tierra. (El País, 15-4-36)
Pero o panorama político estaba revolto, facía uns días que se acordara a remoción do presidente da República, Niceto Alcalá Zamora, e preparábase a elección de compromisarios para elixir sucesor. A nivel estatal o ambiente estaba revolto nas rúas. En Pontevedra tamén houbo estes días numerosos incidentes: na noite do 13 destrozan unha bandeira que ondeaba no Centro Republicano; o día 15, na praza da Verdura, teñen lugar incidentes entre fascistas e obreiros con motivo do boicot ao panadeiro Antonio Blanco; resultou ferido o mestre de obras Victoriano Rodríguez Martínez “Palomita” e o seu fillo Andrés. A policía efectúa nestas datas unha serie de detencións de elementos dereitistas: Ricardo Melero, presidente da patronal, o capitán retirado Benito Pardo, Secundino Esperón, os irmáns Luis e José Torres, Inocente Cid, José Outerelo, Antonio Blanco, José Viñas e Mario García. Segundo o goberno civil, as detencións e rexistros domiciliarios tiñan a finalidade de “depurar ciertas actividades políticas que parecen contrarias a la democracia y al régimen.”
En Bueu, lugar de A Canceliña, a Guardia Civil sorprende unha reunión clandestina de signo fascista e só logra deter a tres persoas: Sebastián González Peón (falanxista e futuro xefe da falanxe marinense), Alfonso Temes Diéguez (falanxista domiciliado en Marín) e Antonio Cerviño Martínez, de Bueu. A maioría dos reunidos logrou fuxir en varios automóbiles que foron apedrados por algúns veciños cando fuxían.
Ante estes reiterados incidentes, o xornal republicano El País fai unha seria chamada de atención nun editorial:
...que la República quisiera ser blanda, pero no debe serlo. No debe serlo porque los profesionales de la alarma y el disturbio no dan paz a sus supercherías ni a sus pistolas. La República debe ser justiciera y enérgica en estos instantes. Justiciera para que el que delinqua sufra las consecuencias de sus actos y la impunidad o la blandura no fomente esta eclosión de anarquía derechista que pone sobre el panorama de la política española la paradoja de un conservadurismo histórico entregado a la rebeldía y a la violencia, y enérgica para cortar de raíz esta subversión costeada desde la penumbra por los que suelen identificar la nación y sus instituciones con sus privados intereses materiales [...] También aquí, en Pontevedra, ese nuevo brote de la reprimida tipicidad psicológica del derechismo a ultranza se ha manifestado en la calle [...] El pueblo republicano está dando un alto ejemplo de disciplina y de confianza en el Gobierno, y no quiere responder con una actitud de reciprocidad adecuada a las provocaciones del fascismo audaz. (El País, 16-4-36)
Reitera que as autoridades deben poñer remedio e pide que a policía corrixa a súa actitude de apatía ou tolerancia fronte aos provocadores dos incidentes para evitar que fose o pobo quen tomase a xustiza pola súa man. Debemos lembrar que a Falange fora ilegalizada a mediados do mes de marzo e estaba en marcha a conspiración militar que tiña fixada a data do golpe para o 20 de abril e que foi descuberta polo goberno.

2 comentarios:

Conchi dijo...

Ola! Podería remitir a fonte do suceso da Canceliña en Bueu? Moitísimas gracias!

Xosé Álvarez Castro dijo...

É unha nova publicada na prensa daqueles días, en concreto un dos xornais nos que aparece é no pontevedrés El País do 13-4-36. Saúdos