domingo, 8 de diciembre de 2013

A morte de Alberto Martínez.


Nas eleccións do 12 de febreiro de 1931 presentárase como candidato monárquico polo distrito de Mourente aínda que cando tomou posesión fíxoo como agrario; ao longo do período republicano parece que foi evolucionando ata as filas do centrismo de Portela Valladares. Avogado, funcionario, secretario da Beneficiencia Provincial, casado coa mestra Vicenta Hevia Marinas, irmá do alcalde, nas ditaduras de Primo de Rivera e Franco, Remigio Hevia. Nos días posteriores ao golpe aparece como doador nunha das colectas patrióticas.
A súa desaparición, nos primeiros días de setembro do 36, conmocionou á sociedade pontevedresa, tanto pola personalidade do desaparecido como polos rumores sobre as circunstancias nas que se producira. As dilixencias xudiciais abertas, anos despois, polo xulgado militar da praza de Vigo, sobre esta morte son unha fonte de información moi importante acerca do mecanismo empregado nos “paseos” e tamén sobre quen os decidía e executaba.
Todo empeza cando o 12 de xullo de 1939, o seu irmán Félix, militante destacado de Acción Popular en Pontevedra, garda cívico nos primeiros momentos, “persona de intachable conducta moral, pública y privada; de filiación derechista, afecto a la Causa Nacional” e que desempeñaba o cargo de delegado da Caja Regional Gallega de Previsión Social y Subsidios familiares, presenta unha denuncia ante o gobernador civil. Nesta denuncia, moi emotiva, dá conta dos rumores estendidos pola cidade sobre a desaparición do seu irmán e apunta a determinadas persoas como indutoras do crime.
Se resistió en los primeros momentos a salir de casa, teniendo en cuenta lo avanzado de la hora, pues pasaba de las once de la noche, pero al darse cuenta que en el grupo que lo requería se encontraba la Guardia Civil, que era para él, como lo es para todos los españoles honrados, el máximo prestigio de seguridad personal, abandonó su domicilio para acompañarlos. [...] Y desde aquella noche de desgracia para mi y para los suyos, no volví a saber más de mi hermano.-Puse mi empeño en saber su paradero, y lo supe cuando personado en la Comandancia de la Guardia Civil, el Sr. Velarde y Velarde, Jefe de esta Comandancia, me manifestó que “no buscase a mi hermano, pués tal vez no dejase rastro”.- Pero se equivocó el Sr. Velarde.- Los ayes y gemidos de los que atados y sin estar totalmente muertos fueron arrojados al mar, entre los que se encontraba mi pobre hermano fueron los encargados de decir cual había sido su triste suerte.- Las playas de Bueu y sus vecinos con una minuciosa investigación pudieran acaso patentizar esta dolorosa manifestación.- Y ni siquiera se le permitió el cumplir como todo cristiano ansía, cuando la muerte le llama al mundo de la verdad.- Ni un confesor para absolverle sus faltas cometidas con Dios.- Y despueś de esta tragedia marchan voluntarios dos de sus hijos a luchar por Dios y su Patria.
Un deses fillos, Alberto Martínez Hevia morreu na fronte de combate.
Nun escrito datado o 27-9-39, o xeneral xefe da rexión militar ordena ao xuíz militar da praza de Vigo que instrúa unha “breve información” para esclarecer o feito denunciado.
Meses máis tarde, Félix Martínez ratifícase na denuncia e amplía datos sobre quen podería ter máis información: o cívico Manuel Mirón, Avelino Fraga e o tenente coronel Velarde entre outros.
O xuíz instrutor toma declaración a diversas persoas e damos conta das máis significativas: Manuel Mirón “O Cheira”, ferreiro, garda cívico domiciliado en Mourente, nunha primeira declaración manifesta descoñecer o asunto, agás o feito da desaparición. Un mes despois, o 24 de novembro de 1939, logo de recibir garantías de protección polo xuíz, xa que tiña medo que o matasen, rectifica e manifesta que atopándose no cuartel da Guardia Civil, foi requirido polo daquela comandante Velarde, que estaba acompañado polo gobernador civil tte coronel Ricardo Macarrón e o ex-deputado Víctor Lis, quedando fóra do despacho outros destacados cívicos.
 Que el comandante Velarde le dijo “oye Mirón hay que ir a buscar con una pareja a Alberto Martínez y de este que no quede ni rastro porque sinó ya sabes lo que te pasa, te fusilo. [...] Que cuando el dicente salía con la camioneta acompañado de dos guardias Civiles y Cívicos, D. Víctor Lis Quibén acercándose al dicente le dijo “ya has oído lo que ha dicho el comandante, que no quede rastro de Alberto Martínez y ten mucho cuidado con lo que dices y que nadie se entere de esto”. Que el coche-camión llegó por Marín a Bueu y que allí se presentaron en el cuartel de la Guardia Civil, incorporándose otros guardias y conduciendo a los detenidos a un monte, donde fueron fusilados, y después de haberlos ejecutado se volvieron a cargar la camioneta los cadáveres, siendo arrojados al mar muy retirados de la playa.
Preguntado polos motivos do asasinato afirma que Martínez Tiscar era un home coñecidísimo e que politicamente era acomodaticio, que derivara da monarquía ao socialismo pasando pola masonería da que debía ter secretos, toda vez que 
fué protegido del General de Artillería Sr. Iglesias, que era Masón al decir de las gentes y que debía saber que el Sr. Macarrón lo era también, según se decía y esto unido a que debía de tener conocimiento de muchas cosas serias relacionadas con los Masones estimando el dicente que esto, unido a rivalidades políticas fué determinante de la desaparición de Alberto Martínez.
 Preguntado se sabe que Víctor Lis cometera algunha outra clase de abuso de autoridade, di que o ignora, pero que as visitas frecuentes ao cuartel “las estima como determinantes de las determinaciones de los Sres. Macarrón y Velarde”.
A gravidade das acusacións e a importancia dos acusados, seguramente, influíron na decisión que toma o xuíz militar de oficiar á comandancia da Guardia Civil para que “protega (sic) y tenga bajo custodia de dependientes de su autoridad al testigo Manuel Mirón Vázquez, por si fuera objeto de algún atentado personal”.
O tenente coronel Velarde, nestes momentos xa estaba destinado en Tenerife, lembra a Martínez como “muñidor” de eleccións, pero non lembra os feitos polos que lle preguntan debido a que naqueles dias se efectuaran multitude detencións.
O capitań de complemento de sanidade Víctor Lis declara que “es voz popular y que está en la conciencia de todos” que fora detido por unha parella de gardas civís, xunto con outros individuos e que desapareceran sen ter novas deles. Non lembra a reunión citada por Mirón. Sobre Alberto Martínez, acúsao de irregularidades económicas na súa xestión, de manobrar nas eleccións para dar o trunfo á Fronte Popular e tamén de masón ao igual que se dicía de Macarrón, por último afirma que era de rumor público que estaba en intelixencia con Magdalena [Juan, dirixente agrario, paseado o 10-9-36)], de Cerponzóns, para facer voar unha ponte na carreteira de Santiago.
Manuel Bernal, capitán da Guardia Civil, logo de reiterar o carácter flutuante de Martínez Tiscar en asuntos políticos, afirma dunha 
manera rotunda y categórica que el triunfo de las izquierdas en esta provincia, se debe única y exclusivamente, a los manejos y falsedades cometidos por Alberto Martínez.
A comisaría remite un informe sobre Víctor Lis (15-1-1940) no que aparece un moi interesante parágrafo sobre as responsabilidades de Lis en relación coa actuación dos “cívicos”: 
En la intervención y detención de personas como asimismo en la desaparición de alguna de ellas, no consta en esta Comisaría sea el Sr. Lis responsable de las extralimitaciones que hayan podido cometer los Guardias Cívicos de esta Capital, ya que esta fuerza estaba controlada por la Guardia Civil, cuya jefatura ostentaba por aquel entonces el Sr. Velarde comandante de dicho Instituto.
No informe emitido polo xuíz instrutor atopamos un significativo parágrafo no que se recoñece a existencia de actuacións reprobables nos primeiros momentos tras o golpe: 
en sus albores la guerra, desatadas las pasiones y la necesidad de deslindar los campos, manteniendo segura la acción del Ejército, a no dudar se llegó al desafuero, que ahora, en los momentos actuales, victoriosas las banderas, hace salir los hechos de los límites de la figura que pudiéramos llamar racional, pero que, en aquellos momentos constituyó un medio de salir adelante, aún cuando el procedimiento haya sido poco edificante.
 Recoñece a imposibilidade de aclarar máis os feitos, dada a pasividade e silencio dos que puidera ter intervido, e cualifica a actuación de escabrosa.
Das distintas declaracións podemos deducir o sucedido: un grupo de cívicos e unha parella de gardas civís achéganse a casa de Alberto Martínez en Covelo (Poio), aseguran ter ordes de levalo diante do gobernador; a muller pide a un dos gardas cívicos que se identifique e este contéstalle que se chama “Perico de los Palotes”; con receo, pero confiando en que un garda civil lles manifestou que xuraba polo seu honor que non lle pasaría nada, no seu coche e acompañado pola súa muller e fillos diríxense a Pontevedra e, ao chegar á ponte da Barca, lévano detido non permitindo que o acompañe a súa dona. En compañía doutros detidos foi conducido cara Bueu, nun descampado son fusilados e embarcados nunha lancha para ser fondeados no mar; tempo despois aparece o cadáver nunha praia de Beluso (Bueu). Os participantes no “paseo” foron unha parella de gardas civís e un coñecido grupo de cívicos e falanxistas habituais neste tipo de sucesos: Mirón, José Estévez “O Raña”, Avelino Fraga “O Chalán” e falanxistas de Lalín e Vilaboa, entre outros.
Nun escrito datado a dez de xullo de 1940, o instrutor, logo de recoñecer que , sen xénero de dúbida, a desaparición obedeceu a “medio violento y a virtud de órdenes emanadas del Cuartel de la Guardia Civil”, afirma que 
tenidas en cuenta que las declaraciones prestadas por los supuestos inculpados responden a una negativa pertinaz en la que habilmente diluyen la responsabilidad que pudiera alcanzarles, el Juez Informante, aún estimados los hechos acusatorios no se siente en plena conciencia con elementos de juicio suficientes a definir tales responsabilidades.
 En consecuencia eleva o caso á superioridade. O auditor, logo de examinados os informes, emite un ditame cun interesantísimo considerando; debemos resaltar que hai unha primeira redacción mecanografada que transcribimos: 
CONSIDERANDO: Que no resulta debidamente justificada la perpetación (sic) de delito alguno no obstante haber apurado el Instructor la investigación sumarial para lograrlo.
 Unha serie de engadidos feitos á man e tachaduras, cámbianlle totalmente o sentido para quedar do seguinte xeito: 
CONSIDERANDO: Que aun cuando resulta debidamente justificada la perpetación (sic) del delito, no obstante haber apurado el Instructor la investigación sumarial para lograrlo, no puede concretarse responsabilidades a exijir (sic) contra persona determinada.
O capitán xeral ordena a elevación a causa e o sobresemento provisional.
A documentación citada procede do AIMN.

domingo, 17 de noviembre de 2013

Grazas



O pasado luns, 11 de setembro, presentouse en Pontevedra o libro “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) editado por Ed. Xerais. O paraninfo do instituto Valle Inclán quedou pequeno para as máis de duascentas persoas que asistiron e foron moitas as persoas que tiveron que dar volta por non atopar sitio. Ben sei que moitas circunstancias favoreceron esta asistencia multitudinaria: a data, o tema, a implicación de moitas persoas e asociacións...
A data era a véspera do 77 aniversario do fusilamento, no quilómetro un da carreteira de Campañó, na Caeira, de dez destacados cidadáns: Juan Rico González, capitán da Garda de Asalto; Amancio Caamaño Cimadevila, médico; Ramiro Paz Carbajal, impresor e xestor provincial; Paulo Novas Souto, mestre da preparatoria do instituto; Víctor Casas Rey, xornalista; José Adrio Barreiro, avogado; Germán Adrio Mañá, mestre da graduada da rúa Maceda; Telmo Bernárdez Santomé, médico; Benigno Rey Pavón, mestre e Luis Poza Pastrana, médico. Neste senso, podemos entender o acto como unha homenaxe a estes fusilados polos golpistas.
O tema da represión na capital pontevedresa  trátase por primeira vez dun xeito específico nun libro, máis alá de referencias puntuais en obras de carácter xeral ou en obras como a biografía de Ramiro Paz ( Marco, Aurora. Unha vida segada pola barbarie. Noia: Toxosoutos, 2003), a de Luis Lamela referida a A. Bóveda e os fusilados o 12 de novembro ( Lamela García, Luis. Inmolados Gallegos. Sada: Ed. Do Castro, 1993) e as memorias de Gonzalo Adrio (Adrio Barreiro, Gonzalo. Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo. Sada: Ed. Do Castro, 2004).
Tamén foi grande a implicación de persoas e asociacións que, a través da lectura deste blogue ou doutras actividades, consideran necesaria a divulgación dos feitos tratados no libro.
Pero, máis alá do anterior, parece clara a existencia en Pontevedra dun importante número de persoas interesadas polo sucedido a raíz do golpe militar, feito que contradí o discurso de que debemos mirar ao futuro e esquecernos do pasado.
Moitas grazas a todas as persoas que asistiron e desculpas ás que non puideron facelo por falta de sitio. En Brétemas podemos atopar unha crónica do acto.

lunes, 21 de octubre de 2013

Mestres de Sanxenxo

Para as xentes de ANDARELA con quen compartimos andainas sobre a nosa historia.
 
    O concello de Sanxenxo non foi alleo ás iniciativas de renovación educativa que propiciou a chegada da 2ª República: Vilalonga recibiu a finais de maio de 1934 a visita das Misións Pedagóxicas, en 1932 celebráronse en Sanxenxo Conferencias Pedagóxicas e creáronse dúas bibliotecas entre 1931 e 1933.
    Rodolfo Llopis, director xeral de 1ª ensinanza entre 1931 e 1933,  tiña como meta 
crear escuelas, muchas escuelas. Sembraría a voleo. Cayeran donde cayeran, germinarían, que en todas partes habían de encontrar tierra preparada para fructificar y vivir plenamente.
 Pero de nada valerían as disposicións ministeriais se non houbese mestres como Bernarda Pereira e Alfonso Rodrigo, que impartían clase nas escolas de Sanxenxo nº 2 en Padriñan. Unha  mostra do seu labor resúmese na festa escolar que celebraron o 14 de xullo de 1935. A festa estaba patrocinada por unha comisión veciñal  e colaboraban a sociedade agraria, a universidade de Santiago e a alcaldía.
    Houbo conferencias sobre medicina (impartida polo Dr. Andrade, director do sanatorio Gil Casares), agricultura e botánica (falou Bibiano Fernández-Osorio Tafall, catedrático de agricultura no instituto de Pontevedra); non faltou o recitado de poesías en galego e castelán nin o reparto de agasallos e roupa entre o alumnado.
    Pero o máis importante e que  demostraba o inxente traballo do alumnado e mestres, foi a exposición de labores e traballos manuais, así como unha vitrina escolar na que se amosaban ó redor de 500 aparatos  e obxectos que foran coleccionados ou construídos  polos nenos e nenas destas escolas; estes materiais aparecían clasificados en distintas seccións: agricultura, xeometría, mineraloxía, aritmética, botánica, zooloxía, etc.  A festa escolar estivo presidida por representantes das entidades patrocinadoras; fixeron uso da palabra, entre outros, Don Ricardo Montequi, reitor da universidade compostelá, que falou da misión social do mestre asegurando que era o título máis honroso a que podía aspirar un educador, por máis alta que fora a súa categoría. O inspector de educación D. Modesto Rodríguez Figueiredo gabou a altura pedagóxica e científica acadada por estas escolas, que podían considerarse como modelos.
    O golpe militar do 20 de xullo de 1936 vai significar unha volta atrás no eido educativo e, tamén, fixo que moitos mestres e mestras foran perseguidos, expulsados ou suspendidos no seu emprego e, en moitos casos, pagaron con cárcere ou coa súa vida o seu compromiso.
    José María Pemán, que tivo ao seu cargo a máxima responsabilidade da labor depuradora do profesorado, afirmaba nunha circular aos vocais das comisións depuradoras (BOE 10/12/36) o seguinte:
 El carácter de la depuración que hoy se persigue no es solo punitivo, sino también preventivo. [...] Que no se volverá a tolerar ni menos a proteger y subvencionar a los envenenadores del alma popular, primeros y mayores responsables de todos los crímenes y destrucciones que sobrecogen al mundo [...] Los individuos que integran esas hordas revolucionarias, cuyos desmanes tanto espanto causan, son sencillamente los hijos espirituales de catedráticos y profesores que, a través de instituciones como la llamada “Libre de Enseñanza”, forjaron generaciones incrédulas y anárquicas.
    O un de setembro de 1936, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra,  publícase unha relación de 396 mestres e 90 mestras da provincia aos que se suspendía de emprego e soldo. Os mestres de Sanxenxo sancionados con separación de servizo e baixa no escalafón, foron: Manuel Jorge Franco, mestre de Outeiro; José Cancela Guzmán, de Dorrón; Andrés Fraile Pampín, de Nantes; Manuel Iglesias Constenla, de Noalla; Estanislao Victor Torres Pérez, do pósito de Vilalonga; Peregrina  Martínez Santos, de Rouxique; Bernarda Pereira Solla, de Sanxenxo nª2; Manuel Rey Vázquez, do pósito de Portonovo  e Alfonso Rodrigo Méndez, de Sanxenxo nº2. O mestre de Portonovo Teodoro Rodríguez Franco foi sancionado con suspensión temporal de emprego e soldo.
    Algúns destes mestres tamén tiveron que enfrontarse a xuízo acusados de rebelión militar, foi o caso de Andrés Fraile, Manuel Iglesias, Estanislao Torres e Manuel Jorge; as condenas foron de cadea perpetua ou trinta anos de cárcere, que serían conmutadas por outras de menos contía.
    Pero houbo mestres que perderon a vida, como foi o caso de José Meis Martínez, natural de Sanxenxo e mestre de Seixo (Marín); era bibliotecario da Casa del Maestro pontevedresa, xulgado por rebelión militar e fusilado o 27 de xullo de 1937 á idade de 42 anos. O mestre organizador das actividades coas que empeza esta entrada, Alfonso Rodrigo Méndez, natural de Bande (Ourense), casado, nacido o 7 de abril de 1895, secretario da agrupación socialista de Sanxenxo e afiliado á UGT, tamén foi vítima de asasinato. Houbo testemuñas que o acusaban de ser directivo da Fronte Popular e de, seguindo ordes do delegado do gobernador civil, recrutar xente armada para ir a Pontevedra o 20 de xullo, cousa que non chegaron a realizar pois retiráronse ás súas casas cando souberon que as autoridades militares asumiran o mando tras publicar o bando de guerra.
    Na causa 832/36, nun informe do xulgado municipal aparece o seguinte parágrafo:  
En su escuela a los niños les hacía preguntas como la de ¿Hay Dios? Obligándoles a decir que nunca lo hubo ¿De que se hace el papel? De los hábitos de los frailes y de las monjas.
    Un informe da Guardia Civil datado no 27 de setembro de 1936 non deixa dúbidas de como foi a súa morte: 
al ser conducido la noche del cinco del actual, en virtud de Orden recibida al efecto, desde esta Capital a la prisión de Caldas de Reyes [...] aprovechando una parada que hizo el vehículo que los transportaba para reparar una avería, solicitó a la fuerza, se le permitiese apearse unos momentos por notar síntomas de mareo.
  Continúa afirmando que fuxiu amparado pola escuridade perseguido polos gardas que fixeron varios disparos e ignorándose a dirección que tomou. Como noutros casos semellantes, estamos diante da típica aplicación da chamada “lei de fugas”.

domingo, 22 de septiembre de 2013

Libro sobre a represión en Pontevedra

A todas as persoas que posibilitaron a realización deste libro.

 Moitas veces demos a coñecer neste blogue a publicación de libros sobre esta temática. Nesta ocasión trátase dunha obra moi ligada a estas páxinas, pois foi a boa acollida que tiveron e as suxestións de numerosos visitantes, o que fixo que abordase, cunha maior profundidade e dun xeito máis amplo, o sucedido en Pontevedra entre os anos 1936 e 1939. Estes días xa está nas librerías Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939).
A obra está articulada nos seguintes apartados:
1. Situación política e social. 
2. O golpe de estado. 
3. Xenocidio e represión. Notas xerais. 
4. Os “paseos”. 
5. A Guardia Cívica. 
6. Os consellos de guerra. 
7. O encarceramento e as torturas. 
8. Depuracións.A represión no mundo da educación.
9. A represión económica.
10. Represión ideolóxica.
A xenerosidade e boa disposición dos responsables de Edicións Xerais posibilitou a saída á luz pública dun libro que, esperamos, contribúa a un mellor coñecemento do ocorrido naqueles anos.

lunes, 19 de agosto de 2013

Na lembranza de José Pintos Quinteiro.

Adicado a Serafín Fontenla, historiador dos anos do medo en Cotobade.

Ás doce e media da noite do 27 de agosto de 1936, unha parella de axentes da Guardia Civil entregan no depósito de cadáveres do cemiterio de san Amaro o corpo dun home de 
estatura regular, pelo negro, con una gran calva en la parte superior de la cabeza, nariz aguileña y vistiendo chaqueta gris, pantalón castaño mezclilla, gorra gris, zapatos negros, calcetines negros y una camisa blanca rayada. Registradas sus ropas no le fué hallado objeto alguno.
Ao día seguinte, 28 de agosto, dous gardas cívicos, veciños de Mourente, recoñecen o cadáver como o de José Pintos Quinteiro, taxista, natural de san Xurxo de Sacos e residente en Pontevedra.
Dous oficiais médicos do exército efectúan a autopsia consignando que presenta 
una herida por arma de fuego con orificio de entrada por la región occipital, y salida por la región malar izquierda; otra herida con orificio de entrada en la región inguinal crural izquierda, sin salida. Abierta la cavidad craneana pudieron comprobar que la herida de la cabeza atravesaba bulbo raquídeo y base cerebral, siendo mortal de necesidad... (AIMN)
Como consecuencia dos feitos, a autoridade militar abre dilixencias previas para determinar as causas da morte. O xuíz instrutor non se esforza moito nas pescudas e, ao día seguinte (29-8-36), considera que non foi posible determinar a causa da morte pero “resultando, desde luego, la comisión de un delito, sin que existan motivos para acusar de el a persona alguna”, procede a elevar as dilixencias a causa (770/36) e sobreser provisionalmente a mesma.
O auditor militar da VIII División, de xeito inusual, devolve a causa ao instrutor para que acredite, se fora posible, a forza da Guardia Civil que recolleu o cadáver e reciba declaración sobre o lugar e ocasión en que o efectuaron e demais datos que puideran esclarecer os feitos. Declara nulo e sen valor o auto do instrutor.
A devolución da causa vainos permitir coñecer máis datos sobre a morte de Pintos, morte rodeada dunha certa lenda pois foi rumor público na capital que fora “paseado” pero que lograra fuxir con vida e ata lle puxeron o alcume de “O resucitado”. Estivo (está?) tan estendida esta versión que induciu a erro a algúns historiadores e varias publicacións dana como certa.
O 15 de setembro, o comandante Velarde, xefe da Guardia Civil pontevedresa, envía un oficio ao instrutor dando conta de que, con data 26 de agosto (ollo á data!), xa notificaran á Delegación de Orden Público, que, ás 24 horas dese día, unha parella de gardas civís conduciran a Pintos desde san Xurxo de Sacos, onde o detiveran, a Pontevedra e 
al pasar por la carretera de la Eiriña intentó evadirse el citado detenido dando un golpe al Guardia Antonio González que fué a dar contra la pared rompiéndose el fusil por la caña, por lo que se vió precisada la pareja a hacer fuego sobre dicho individuo el cual cayó al suelo, siendo recogido por dicha pareja con objeto de auxiliarle, pero al verle muerto le condujo al cementerio de esta Capital donde fué depositado. (AIMN)
Aproveita Velarde para significar que Pintos era un socialista exaltado, vocal da Casa del Pueblo e membro do comité directivo do Frente Popular, distinguíndose por coaccionar aos seus compañeiros choferes e adicándose, en xullo do36, a transportar armas e explosivos, tomar parte no asalto a un polvorín, desaparecendo “y no pudo ser detenido por haberse dado a la fuga después de haberse paseado insolentemente y con frecuencia delante de esta Casa-cuartel”
No atestado instruído en san Xurxo consta que foi detido ás 21 horas do día 26, no seu domicilio, por dous gardas civís e un “cívico” da localidade. Os gardas afirman que a condución foi o día 26, ou sexa o día da detención, pero a entrega no depósito está rexistrada pasadas ás 24 horas do 27. Hai, polo tanto, 24 horas de desfase que poden ser debidas a un improbable e reiterado erro na data do atestado ou a que a morte sucedera noutras circunstancias, como puidera ser logo dun día de detención no cuartel do Campo da Feira; a presencia de dous coñecidos “cívicos” como testemuñas na identificación do cadáver e a traxectoria do disparo que lle causou a morte, aumenta as sospeitas.
Nesta ocasión, o auditor opina que non existe materia delictiva, pois Pintos – dirixente do Frente Popular, socialista exaltado e perigoso, segundo as autoridades- ofendera de obra a un dos gardas rompéndolle o fusil e tentara fuxir; considera que a parella obrou sen extralimitación ningunha, cumprindo estritamente co seu deber.
José Pintos Quinteiro era un dos principais dirixentes do PSOE pontevedrés e fora elixido vicepresidente da agrupación socialista en xuño do 36. Non sabemos as razóns dalgún autor para atribuírlle erroneamente a militancia comunista. Tivo unha participación destacada no comité para a defensa da República organizado no goberno civil para facer fronte á inminente sublevación militar e, xunto con outros compañeiros como Manolo Amoedo, Valeriano Riobó, os irmáns Martínez Vázquez, e outros, tomou parte nas requisas de autos e armas ordenadas pola autoridade.
Logo da saída á rúa dos militares, atopou refuxio no barrio da Moureira, nunha casa na rúa de Xan Guillerme propiedade de Benito Lago Currás, tratante de animais, máis coñecido por Benito do Borrón ou Benito o Maricón; nesta casa tamén residía e exercía a prostitución Mercedes Torres Sánchez, de 25 anos. A policía rexistrou esta casa en varias ocasións sen resultado e o 25 de agosto, ás catro da tarde, Pintos escapa cara san Xurxo nun taxi propiedade do veciño de O Marco Andrés Vázquez. Un veciño declara á policía que o veu saír da casa de Benito Lago vestido cun mono azul, unha gorra vasca e un brazalete de Falange, facéndolle sinais para que gardara o secreto de que o vira. Benito Lago fora quen lle proporcionara a roupa e contratara o taxi.
En Xeve descendeu do taxi e esperou a que anoitecera para ir á súa casa.
Non quero deixar de contar unha circunstancia curiosa referida a Mercedes Torres: Mercedes era a mesma persoa que dicía chamarse Josefa Alonso González “La Fina”, implicada nos feitos que deran lugar ao asasinato de Secundino Esperón e que foron relatados neste blog.

viernes, 26 de julio de 2013

Prisión Central de Figueirido

Para Benigno Rey Sarmiento, que sabe moitas historias de presos de Figueirido.

A principios da década dos 80 coincidín, no tren de Madrid a Pontevedra, cunha parella de idade; eles vivían na Arxentina e viñan visitar a uns familiares coido lembrar que a Vilagarcía. Como é habitual viñemos falando de todo un pouco pero cando nos achegabamos a Pontevedra e pasamos  por Figueirido, a conversación cambiou por completo. O señor empezou a falar de que estivera alí preso,  logo do golpe militar, contaba da fame pasada e do ben que se portara a xente dos arredores levándolles comida (que tampouco abondaba nas súas casas), a falta de auga nos meses de verán, dos asturianos que alí chegaran en grupos, logo de ser xulgados no campo de concentración de Camposancos... A muller ata entoou parte dunha canción da que apenas se lembraba: “pobre pajarillo/ de pecho amarillo/ que lo llevan preso, mi vida/ para Figueirido.”  Os poucos minutos que faltaban para chegar á estación pontevedresa non deron para máis.
    Pouco se ten falado da Prisión Central de Figueirido e non é este o lugar  para facelo con profundidade, ás veces aparece algunha nova documentación pero moi pouca.
    Hoxe lembraremos aquí a un dos seus involuntarios hóspedes: o filólogo Aníbal Otero Álvarez. Cando o golpe militar, Aníbal andaba por terras portuguesas facendo traballos de campo na recollida de materiais  para o Atlas Lingüístico da Península Ibérica.  A policía portuguesa deteno por “supuesto confidente, en aquella República, del Frente Popular Español”e, segundo din algúns, por  sospeitar que as anotacións en alfabeto fonético que posuía eran unha clave secreta de espionaxe. Foi entregado ás autoridades militares golpistas de Tui. Consultando documentación da causa militar 809/36 que contra el se instruíu, despréndese que  Aníbal Otero era un home comprometido coa causa da República e a utilización das acusacións  contra el de varias persoas españolas, que pasaban as vacacións ou  residían por outros motivos, no norte de Portugal e coincidiron con el no Hotel Rio Minho de Valença.
    Nun dos resultados da sentenza afírmase que contra acción do exército encamiñada a "rescatar a España del del mando de los gobiernos del Frente Popular, que pretendían desmembrarla” opuxera resistencia un conglomerado de membros e simpatizantes do Frente Popular 
los que al alzarse en armas contra España, hicieron patente una revolución con el fin de implantar la dictadura del proletariado al servicio de Rusia.
    Afirman que Aníbal Otero, pensionado en Portugal pola Junta de Ampliación de Estudios, ademais de manter estreita relación co embaixador español en Lisboa, trasladouse a Valença do Minho enviando novas do “movimiento Nacional” e declarándose fervente defensor da causa marxista. Tamén   manifestara a súa afiliación comunista e expresara os seus desexos de cruzar a fronteira “uniéndose a los comunistas y con ellos luchar con las armas contra la verdadera España."
Condénase ao acusado a reclusión perpetua  por un delito de rebelión militar, coas accesorias de interdición civil e inhabilitación absoluta perpetua, ademais das correspondentes responsabilidades civís.
    Estivo  na colonia penitenciaria  de san Simón, logo da súa detención efectuada o 19 de agosto de 1936. Sabemos da súa relación coa prisión de Figueirido, ademais de por fontes orais, por unha dilixencia (7-4-1941) de  notificación de conmutación  da pena  pola de seis anos e un día. Tanto en san Simón como en Figueirido participou nas actividades de formación organizadas polos propios presos: alfabetización, aprendizaxe de idiomas, matemáticas, etc e, como nos conta Dionisio Pereira, tamén aproveitou para recoller notas sobre o vocabulario dos canteiros.
    Con data de 23 de maio de 1941, a dirección da prisión de Figueirido comunica o pase a liberdade condicional de Aníbal Otero, que fixou a residencia en Ribeira de Piquín. (Unha interesante biografía sobre Otero: Alonso Montero, Xesús. Aníbal Otero. Lingüística e política na Guerra Civil e no franquismo. Xerais, Vigo 2011.)
    A que fora prisión central de Figueirido está na actualidade comprendida no recinto da BRILAT e a etapa na que actuou como instalación carceraria segue a ser unha zona de sombra nos anos do medo.

lunes, 17 de junio de 2013

Circular antigolpista


Hoxe está fóra de toda dúbida  que o golpe militar de xullo do 36 foi a culminación dunha actividade conspiradora contra a 2ª República, que se iniciou dende o mesmo momento da súa  proclamación. Algunha destas intentonas leváronse á práctica, como foi a de Sanjurjo no ano 1932 que resultou falida. A partires do triunfo do Frente Popular, a actividade conspiradora incrementouse e sinaláronse diversas datas para levar a cabo o golpe; nalgún caso, como o previsto para abril de 1936, foi adiado porque aínda había dúbidas nalgúns dos xefes militares e polo feito de que o goberno tivo coñecemento da trama e adoptou algunhas medidas pouco expeditivas.
No ambiente había a sensación de que, dun momento a outro, o golpe tería lugar. Os sectores republicanos  máis avanzados non deixaban de advertilo ante unha actitude de certa indiferenza por parte do goberno.
O movemento obreiro fixo repetidas advertencias  e, nesta entrada, trataremos da efectuada polo Comité da Alianza Obrera de Vigo o tres de abril de 1936  [ Causa 711/36. AIMN]. A través dunha titulada “Circular urgente y de vital interés para la clase trabajadora” dá a coñecer os manexos que a “clase reaccionaria” estaba realizando para o “sojuzgamiento absoluto” das clases traballadoras así como o aplanamento de todos os partidos proletarios:
A juzgar por los preparativos, cabildeos y reuniones que se llevan a efecto desde antes del 16 de febrero y que continúan realizándose en la actualidad, quieren elevar a la categoría de realidad sus propósitos de establecer una DICTADURA FASCISTA mediante un golpe de estado de carácter militar, golpe de estado que ya debió ser dado antes de ahora y que no se hubo realizado por temor o cobardía de los comprometidos a ello, o por no haber tenido el momento apropiado.
Ademáis de dar a voz de alerta a todos os afiliados, o comité resume en tres puntos as instrucións sobre a maneira de actuar, de levarse a cabo o golpe:
PRIMERO: Inmediatamente que se produzca un gecho (sic) de carácter militar o civil, sin esperar aviso ni orden de ninguna clase, paralización absoluta de todo trabajo y oposición por todos los medios posibles al triunfo de este asalto al poder, procurando que toda la clase obrera está en la calle en pie de guerra. SEGUNDO: No admitireis para este caso concreto ninguna orden ni indicación que no procedan de esta ALIANZA OBRERA la cual os las dará directamente o por mediación de vuestros organismos superiores responsables. TERCERO: Cumplimiento exacto de todas  las órdenes que curse ALIANZA OBRERA en el transcurso de la lucha que pueda establecerse.
A circular estaba asinada polo secretario José Araújo (fusilado o 21-10-36) e polo presidente Demetrio Bilbatúa (fusilado o 27-8-36).
Cando nas últimas horas do 17 de xullo chegaron a Pontevedra as novas do levantamento das tropas do norte de Marrocos, a postura das autoridades civís foi, nun primeiro momento, a de confiar nas promesas dos mandos militares de fidelidade á república e de que non sairían á rúa se se mantiña a orde; o día 18 xa se constitúe o Comité de Defensa da República e tómanse diversas medidas pero non se convoca a folga xeral  ata as 11 e media da mañá do luns 20.
Véxase: O 20 de xullo de 1936 en Pontevedra: o golpe (2)

domingo, 19 de mayo de 2013

Epistolario (2) : De Guillán a Maquieira.


O vindeiro sábado, organizado pola concellería de patrimonio, terá lugar un roteiro sobre a “Pontevedra heterodoxa” que servirá para lembrar as vidas e os espazos ligados a unha serie de persoas tan interesantes como descoñecidas na cidade.
Entre estes “heterodoxos” situaremos ao farmacéutico Joaquín Maquieira Fernández, moi coñecido pola súa botica e menos pola súa faceta de destacado político republicano (Izquierda Republicana) e de “venerable mestre” da loxa masónica pontevedresa Helenes nº 7, á que pertencía co nome simbólico de Ives Delage. Tamén podemos englobar neste concepto a Manuel Guillán Abalo, natural de Vilagarcía, mestre nacional, masón co grao 3º, de nome simbólico Fermín Galán , integrante da citada loxa e militante republicano (ORGA) e do partido galeguista.
En 1935, Manuel Guillán atopábase en Madrid onde estivera agregado á inspección educativa e, máis tarde, ao grupo escolar "Vicente Blasco Ibáñez", situado na Praza de España.
Queridísimo amigo: Por múltiples razones que de la carta se deducirán y sobre todo por satisfacción de mi profundo sentimiento no quiero ni un instante más dejar de escribirte y en tu doble personalidad [referencia ao cargo masónico de Maquieira] hacerlo a todos mis tan queridos h:. [notación masónica] pues a todos, a todos, los recuerdo constantemente con profundísimo cariño, hasta tal punto, que es lo único que echo de menos y cuyo recuerdo, con mucha frecuencia, me ocasiona amarguras.
Así comeza a carta, datada en Madrid a 26 de marzo de 1935, que Guillán lle dirixe a Maquieira, facilitada pola policía ao xuíz Ángel Colmeiro, encargado da instrución da causa sobre a masonería galega e asturiana, e que se atopa na peza 3ª, rollo 4º, da causa 155/937 instruída por el supuesto delito de ACTIVIDADES PELIGROSAS. (Centro Documental de la Memoria Histórica. Salamanca)
O interese da carta radica na información de primeira man sobre a evolución política do momento, sobre certas actividades de captación da masonería e referencias a personaxes relacionados con Pontevedra. A redacción é moi cauta e, en determinados temas, pouco explícita debido ás posibilidades de que chegue a mans non desexadas: Desde luego ojo y ojo con los confidentes que en todas partes existen.
O carácter e a relevancia das informacións que Guillán transmite a Maquieira acreditan o importante papel que tiña na organización e explica as cautelas tomadas.
Comunica a posibilidade de que viñera destinado un xefe de carabineiros, Isaac Llopis, [Refírese a Isaac Llopis Muñoz, coronel, liderou a resistencia de Almería contra a sublevación militar], grao 33 da masonería e que o xeneral destinado ao mando da rexión militar na Coruña [ Referencia ao xeneral Juan García Gómez Caminero
es elemento apto, con condiciones y fácil para ingresar y convendría que vosotros y los de Vigo viéseis la manera de llegar a el y hacer las [ilexible] gestiones. Estas sugerencias las he recibido de elementos que estaban realizando i (sic) ultimando las gestiones para ello y se me participó para que os lo comunique y veais lo que podeis hacer, pues recordando textuales palabras, es conveniente y excelente elemento.
Non deixa pasar a ocasión da bulra sobre os seguidores de Gil Robles: ...pero me caí con la gripe, digo CEDA, como le llaman por aquí, e conta a axitación nas rúas madrileñas con mobilizacións contra as penas de morte a algúns dos condenados en outubro do 34. 
El sábado pasado la conferencia de Sánchez Román toda ella sabrosísima; pero su final más sabroso aún pues resulta que en estos momentos existe aquí un Monarca [ Alcalá Zamora] que entrega el poder a un hombre [Lerroux], para gobernar sin hacer caso a la Constitución.
Non deixa de estar presente a preocupación pola actitude que puideran adoptar os militares, dos que se rumoreaba a posibilidade dun golpe de estado, pois no deja de haber quien supone, que cuando los cavernícolas se den cuenta que les pasó la hora y escapó la presa harán una astracanada. 
Adianta a futura constitución dun pacto entre republicanos de esquerda, socialistas, comunistas e CNT para ir xuntos ás eleccións, non sen certas dúbidas: No sé que valor darle a esto, desde luego el conducto por que llega es bueno.
Sobre a súa actividade masónica volve a utilizar unha linguaxe críptica pero podemos deducir que non pedira a afiliación a ningunha loxa pero estaba en contacto e á espera de integrarse no taller que máis se adaptase ao seu temperamento.
Nos últimos parágrafos atopamos referencias a compañeiros:
 ¿Pintos [Basilio Pintos Fonseca ?] estudia mucho? ¿Como está el ánimo de Sarmiento? [Delmiro Sarmiento?] ¿Y Jar? [Antonio Jar ?] ¿Habeis premiado la labor del de Tuy [Manuel Vicente Álvarez?] y del de el Barco de Valdeorras [?] Le denomino así por precaución. 
 Aínda que non hai total seguridade na atribución que propoño, apunto unha moi breve referencia de cada un: Basilio Pintos Fonseca, grao 1º, nome simbólico Fraterno; Delmiro Sarmiento, capitán retirado, militante socialista detido en outubro de 1934; Antonio Jar Dobarro, de Vilatuxe, concelleiro en Lalín por Izquierda Republicana, detido tras o golpe militar, morreu en Salcedo; Manuel Vicente Álvarez, funcionario de prisións en Pontevedra (1933-36), masón, veciño de Tui.

domingo, 21 de abril de 2013

Vigo: ocupación de libros e documentos.

Ás catro da tarde do 19 de agosto de 1936, forzas da Guardia Civil mandadas polo coñecido tenente Francisco González Rodríguez “O Rabioso”, chegaban ás “casas baratas” de san Roque (Vigo). O motivo era rexistrar o domicilio e horta do concelleiro socialista José Caldas Iglesias por “tener sospechas de que se ocultasen armas o documentación relacionadas con el actual movimiento”.
No domicilio incautan libros e documentación variada da que xulgamos interesante dar conta polo miúdo; libros: “El esperanto”, “Crimen de Salvatierra”, “La Guerra Carlista”, “Abajo las Guerras” [ Abajo las armas?], “Política Española”, e 19 novelas de distintos autores; 5 “Cuadernos Socialistas”; folletos: “Historia de la Internacional”, “Nuevas formas del capitalismo”; un caderno coa memoria da Federación de Traballadores de Vigo; 4 talonarios do homenaxe a Pablo Iglesias, 56 exemplares do xornal “Solidaridad Obrera” [Solidaridad ?], unha tarxeta de “Guerra a la Guerra”, unha carta do dirixente obreiro Botana e varios oficios do concello.
Nunha caixa enterrada na horta atopan os seguintes efectos: 2 pistolas antigas sen munición, un puñal, unha conta pola comida no cárcere de varios detidos en outubro de 1934 por un importe de 1484,40 pesetas, unha carta dun mestre de Ourense marxista, o libro “El arte de la insurrección”, unha folla con textos contra a pena de morte, unha carta do “revolucionario I. Seoane” á Juventud Republicana, varias cartas de camaradas e convocatorias de reunións das que salientamos unha sobre o Bloque Popular asinada por Seoane e Bilbatúa e outra do sindicato de tranviarios dirixida aos obreiros e campesiños; tamén se atoparon regulamentos de sociedades e listados de afiliados a organizacións obreiras, estes listados serán utilizados na persecución de dirixentes obreiros como se pode comprobar nas anotacións feitas nos mesmos con posterioridade. Todo este material estaba envolvido por un xornal con data do 17 de xullo de 1936. Ademais, “por debajo de la caja un puñal con mango en forma de cruz con la hoja sinuosa”.
Todo o anterior aparece asinado polos gardas e polo propio José Caldas nun “Atestado por detención de un presunto sedicioso y ocupación de libros y documentos, en su casa y una huerta” que forma parte da causa 714/36. (AIMN).
En declaracións de Pilar Alonso, muller do dirixente socialista José Araujo, veciño de Caldas, asegúrase que foi ela a que mandou enterrar estes efectos na horta de Caldas “por tener a su marido en la prisión del partido y para evitarle los compromisos que pudieran alcanzarle o responsabilidades”; esta declaración é confirmada por unha criada.
José Caldas Iglesias, mestre de taller na Escuela del Trabajo, recoñece como seus algúns dos libros relacionados anteriormente, entre eles “San Manuel Bueno, mártir”, “Abajo las armas” e “La araña negra” pero afirma descoñecer a existencia dos efectos enterrados na horta.
O 20 de abril de 1937 celébrase en Vigo un consello de guerra contra José Caldas e Antonio Carballo Vázquez, este último tamén concelleiro (Izquierda Republicana) e masón; actúa como defensor o capitán de infantería Fabián de Caso. Nun resultando da sentencia afírmase que se reuniran o 20 de xullo con 
personas destacadas del extremismo en el Ayuntamiento con objeto de dirigir desde allí por medio de agentes de enlace que constantemente entraban y salían en el despacho del Alcalde, donde la reunión tenía lugar, a las turbas que en la calle se enfrentaban a la fuerza pública.
 Decláranos responsables, en concepto de autoría, dun delito de rebelión militar coa agravante de perversidade e transcendencia da súa actuación polo que son condenados a morte. Foron executados o 12 de maio de 1937 no castelo do Castro.

domingo, 31 de marzo de 2013

O dereito a saber. Antonio Chaves del Río.


Manuel Vázquez de la Cruz, para moitos de nós Manolo O Ferruxo, é un home de múltiples saberes que, periodicamente, nos ofrece na súa sección de O Punteiro  no Faro. Nas últimas semanas o seu relato achéganos ás historias de vida dalgúns tudenses asasinados no 36. Emprega ese punto de sensibilidade que nos fai partícipes do drama vivido polas vítimas e polos seus descendentes. O amigo Manolo desculparame que faga meus uns parágrafos do seu último artigo:
Por eso queremos que se estudie y esperamos que la memoria histórica, con ley o sin ley, funcione. No podrán ahogarla y no debieran pretenderlo. Ellos, los que dicen que no hay que remover, no lo hicieron pero si quieren sumergir las conciencias es como si lo hubieran hecho y se convertirán en cómplices [...] Después de conoceros, pienso que vosotros quizás los perdonaríais porque sois una familia excepcionalmente buena. Con vuestro núcleo familiar no han podido. ¡Pero cuanto daño os han hecho y os siguen haciendo predicando el olvido! ¿Cuanta miseria hay en no querer recordar?  ( Faro de Vigo, 29-3-2013.)
Reconforta que, cada vez máis, haxa persoas que defendan a necesidade de lembrar, de explicar, de facer historia sobre o sucedido naquelas datas. Que lonxe as súas palabras do lido fai uns días nun xornal no que se sostiña que ese período bastaba con enumeralo, porque cousas así agora non se deben sacar!. A vella historia de non remexer as feridas, de non mancar a sensibilidade dos descendentes dos verdugos... E a sensibilidade dos descendentes das vítimas?. Como ben escribe Manolo, hoxe ninguén busca a vinganza, os responsables directos ou indirectos da masacre foron morrendo nas súas casas e os seus descendentes nada teñen que ver cos crimes dos seus antepasados. Pero algúns aspectos da represión aínda non están suficientemente esclarecidos e moitos descendentes, setenta e seis anos despois, queren saber máis sobre a vida e a morte dos seus.
    Un destes familiares entrou en contacto comigo fai un par de anos en busca de información sobre a morte de Antonio Chaves del Río. Os datos que se tiñan eran escasos e contraditorios.  Algúns investigadores afirman que foi executado en Pontevedra o 13 de decembro de 1936 (Nomes e Voces), outros sosteñen que foi “paseado” e apuntan diversos lugares para tal feito. Esta disparidade corrobora as dificultades existentes  no estudo deste período; ogallá  fora tan fácil como poñer no buscador da hemeroteca “patrullas nocturnas”, mirar as actas de defunción ou manter unha charla de café, como alguén afirmou estes días.
Hoxe podemos aportar datos relevantes sobre o caso e que publicamos esperando que cheguen a ese familiar pois temos dificultades para facelo directamente.
Antonio Chaves del Río, casado, mariñeiro, fillo de Ángel e Pilar, naceu en Cambados o 17 de setembro de 1886. Era presidente do Sindicato de Industrias Pesqueiras y Oficios Varios (CNT). No atestado para descubrir aos “promotores del movimiento antimilitar”, apúntase que foi Antonio Chaves (a) Ñopo quen se presentou, ás dez da noite do 20 de xullo, na casa dun dos propietarios da ferretería Otero demandando municións para repartir entre os elementos obreiros.
    Ese mesmo día houbera unha reunión na que participaron o alcalde, José Manuel Silva (socialista), Antonio Chaves (CNT), Peregrino Pontevedra (IR) e outros; nesta reunión decidiuse formar grupos  para a recollida de armas.
O 24 de setembro, o delegado de Orden Público puxo a disposición do comandante militar de Pontevedra a Elías Porto Trigo, Manuel Silva Losada, e Antonio Chaves del Río, detidos no cárcere  de Cambados e comunícalle que José Varela Oubiña e Manuel Bugallo Martínez xa estaban presos no cárcere da capital.
    O informe da Guardia Civil sobre Antonio Chaves afirma que 
Observa mala conducta moral, pública y privada. Profesa ideas extremistas muy arraigadas, mostrando siempre su odio al capital.
 Continúa afirmando a súa condición de dirixente cenetista, impulsor dunha longa folga de mariñeiros, propagandista da Fronte Popular e que 
 se distinguió en organizar el movimiento antimilitar, formando grupos a los que designaba aldeas y parroquias para la requisa de armas y otros para la ocupación de municiones y explosivos, alentando a dichos grupos para que con valentía entrasen en las casas particulares, pudiendo asegurarse que, después del Alcalde, era en la localidad el alma del movimiento. Por lo expuesto puede considerarse muy peligroso para la situación actual y es completamente opuesto al movimiento salvador de la Patria. (Informe do comandante de posto da Guardia Civil. 14-10-36. AIRMN).
O consello de guerra contra Chaves e outros cambadeses celebrouse o 10 de decembro de 1936 e foi condenado por rebelión militar a unha pena de reclusión perpetua coa accesoria de interdición  e inhabilitación absoluta perpetua.
    O 28 de decembro de 1936 aplícanlle a “lei de fugas” co pretexto dun traslado dende a illa de san Simón  ao cárcere de Pontevedra. A comunicación asinada polo comandante Velarde segue a redacción habitual nestes casos:
Al ser conducido en la noche del 28 de Diciembre último por fuerza del puesto de esta Capital el preso ANTONIO CHAVES DEL RIO, desde el Lazareto de San Simon a la Carcel de esta Capital, segun orden al efecto, al pasar por la carretera de vilaboa a Santa Cristina debido a una avería del automovil que los conducia fue preciso parar para su reparación en cuyo momento el conducido, aprovechando la obscuridad de la noche intentó fugarse no consiguiéndolo por que a los primeros disparos que hizo la fuerza cayó a tierra gravemente herido falleciendo a los pocos momentos siendo conducido su cadáver al depósito del cementerio de esta Capital. Tengo la distinción de participarselo en contestación a su atento escrito de ayer. Dios guarde a V.S. Muchos años. Pontevedra, 6 de marzo de 1937. El primer Jefe accdtal. Joaquín Velarde Velarde. (AIRMN. Causa 1123/36. Ortografía orixinal)

lunes, 11 de marzo de 2013

Genaro Estévez Posada


Algunhas fontes orais contáronme que un carteiro lle abrira algunhas cartas de compañeiros e entregárallas aos falanxistas, que delas se desprendía unha hipotética homosexualidade e esa fora a motivación do seu “paseo”. Nunha lectura detida da correspondencia incautada non atopamos ningún indicio do apuntado por ditas fontes e si unha forte carga de camaradería e militancia revolucionaria compartida; tampouco foi asasinado mediante o método do “paseo” senón por fusilamento logo dun consello de guerra.
O día un de agosto de 1936 un grupo de “cívicos” e gardas civís mandados polo capitán Lledós rexistra a casa de Gumersindo Estévez, coñecido dirixente agrario de Salcedo. Entre outros documentos atopan correspondencia particular, selos de cotización e carnets de organizacións revolucionarias e que pertencían ao seu fillo Genaro que estaba fuxido.
Genaro presentouse no cuartel da Guardia Civil ao saber do rexistro “ y en virtud de la invitación que se le hizo a su padre”. Tiña 23 anos, solteiro, carpinteiro de profesión; no interrogatorio 
reconoce que cuando estaba en el servicio y quizá debido a las malas compañías con que se reunía, pensaba de la forma que demuestran sus cartas.
 Declara pertencer a unha célula comunista de Salcedo e estar asociado á Sociedade Cultural Deportiva á que pagaba unha cota de 25 céntimos mensuais. Nega que baixara a Pontevedra o día 20 formando parte dun grupo de persoas armadas.
Un coñecido militante fascista de Salcedo declara que é 
un individuo peligroso por ideas extremistas, ejerce el cargo de organizador y secretario de las células comunistas de Salcedo y lo ha visto el día 20 del pasado julio desde las ventanas de la cárcel, portando una escopeta, con la cual al parecer trataba de hacer frente a la fuerza pública.
O informe emitido polo concello afirmaba a súa boa conduta, a pertenza á Juventud Cultural de Salcedo e ignoraba antecedentes políticos.
O xuíz instrutor, capitán Leonardo Enríquez, considérao como integrante dos grupos armados que baixaron a Pontevedra “sin demostrar que hiciera frente a la fuerza”e eleva consulta á superioridade sen efectuar auto de procesamento. A resposta da autoridade militar conclúe que incorreu nun delito de rebelión militar: 
 La confirmación de los indicios de culpa apreciados depende de que se demuestre o no en autos que obraron por su propio impulso como cabecillas, propagandistas o dirigentes o por el contrario como seducidos entre tantos pobres obreros españoles.
Dítase auto de procesamento o 7 de setembro. Un dos resultandos deste auto pode ser un perfecto exemplo dos fundamentos nos que se baseaba a chamada “xustiza ao revés”: 
RESULTANDO: que el 20 de julio último, los elementos extremistas de esta Capital y de otros pueblos de la provincia, en relación con sus afines de toda España se levantaron en armas con el propósito de transformar el régimen social y político español, implantando el soviético y a tal fin se reunieron en la Alameda de esta Capital en las proximidades del Cuartel del XV Regimiento de Artillería Ligera numerosos individuos armados con el propósito de impedir que las fuerzas del Ejército salieran de sus cuarteles, declarasen el estado de guerra y malograsen sus criminales y antipatrióticos propósitos.
Tamén se afirmaba no auto que Genaro tiña ideas comunistas, ocupáraselle abundante correspondencia e documentación deste carácter e que fora visto pasando por diante do cárcere armado cunha escopeta.
Diversas testemuñas declaran ao seu favor, entre elas o alcalde de barrio do Birrete e da Esculca, Benito Acuña (detido ao acabar o xuízo e morto por un sospeitoso suicidio no calabozo); tamén presta testemuño un relevante falanxista da parroquia que apunta as ideas extremistas de Genaro pero xúlgao incapaz de cometer o menor acto de violencia e afirma que non sabe que cometera ningún, non sendo máis que “uno de tantos inducidos en la parroquia de Salcedo por los dirigentes extremistas” e que estaba case seguro de que non era secretario nin organizador da célula comunista.
No relato de feitos, o fiscal Hernán Martín Barbadillo, logo de confundir Salcedo con Salceda de Caselas, pide pena de reclusión perpetua a morte. O consello de guerra contra Genaro e Salvador Pastoriza celébrase na tarde do 18 de setembro de 1936, presídeo o tenente coronel Francisco Lorente e actúa como defensor o alférez de artillería Félix de la Cuesta que pide a absolución.
A sentencia é de pena de morte; afírmase que foi organizador dunha célula comunista e que estaba en comunicación directa con elementos comunistas de Tui, Ferrol e Asturias e mantiña correspondencia con eles para organizar a revolución e que estas actividades tamén as levaba a cabo cando cumpría o servizo militar na armada, pois nunha das cartas “vierte toda clase de conceptos injuriosos contra sus oficiales y Jefes.”
Genaro Estévez Posada foi executado ás seis da mañá do 22 de setembro de 1936 no quilómetro un da carreteira de Campañó (A Caeira) e enterrado no cadro 4, sepultura 888, do cemiterio de san Amaro.

domingo, 17 de febrero de 2013

Xuventudes Socialistas Unificadas (e 2)

Os problemas locais son tratados no segundo apartado. Recoñece contar con moi poucas mulleres afiliadas e apunta a necesidade de convencelas a través de conferencias sobre problemas que as afectan e que se deben tratar de solucionar mediante a xuventude unificada, enrolalas  na fronte contra a guerra e o fascismo, facilitar que teñan unha organización propia dentro da Casa de la Juventud. Así mesmo, as mozas deberían afiliarse sindicalmente tomando como exemplo a decisión das xastras pontevedresas de constituírse nun sindicato.
    Outro dos obxectivos a nivel local sería organizar o maior número posible de Casas de la Juventud nas cales 
además de charlas sobre problemas de interés, de una escuela que además de enseñar a leer y escribir, sirva de orientación marxista, con su rincón de lectura, una sección femenina en la que se enseñe corte a las jóvenes, haciendo ropa para los parados y sus hijos, labor en  que se puede atraer hacia ella a personas católicas humanitarias, y en donde además se dan toda clase de enseñanzas para la juventud laboriosa, como cuadros artísticos, masas corales...
    Está presente tamén a necesidade de captación na idade infantil (pioneiros) e crear un “rincón infantil” na Casa de la Juventud 
buscándole solución a sus problemas deportivos, culturales, etc; luchando por un funcionamiento regular de las cantinas y roperos escolares; porque las escuelas funcionen como debe hacerlo toda escuela de la Nueva Educación, en la que el niño pobre cuente con toda clase de apoyo, aumentando y creando becas, etc; ayudándole la J/Unificada en todo lo posible, sin perder aquellas su carácter autonómico, y cuando se les presente un problema, al tiempo de solucionárselo, hacer ver en el por qué esta sociedad capitalista no se preocupa de el, mientras que de nosotros merecen la máxima atención.
    Neste ámbito local, tamén existe unha referencia á necesidade de controlar as Culturales Recreativas.
    O punto terceiro do documento trata do campo sindical e do campesiño. 
 Es necesario la formación de grupos juveniles sindicales que, en el seno de los sindicatos, luchen por mejoras económicas y culturales de la juventud, de mutuo acuerdo con el P.C. y el ala izquierda del P.S.
    Logo de repasar os problemas do campo e a necesidade dun novo enfoque económico, defende un cultivo racional con selección de sementes, posta a disposición dos campesiños da Misión Biolóxica, creación de organismos de financiamento  das colleitas con pago de  abonos, sementes e xornais que se devolverían, sen intereses, á recollida da colleita e, no caso de perda, estarían exentas de pago.
    No ámbito cultural recomenda, sempre que sexa posible, o emprego dos mestres “para que dé conferencias sencillas sobre temas importantes y que nosotros podíamos insinuarles”
    O punto cuarto (no texto aparece nomeado como 5º) trata das eleccións de delegados e do comité.
    Remata o documento co punto quinto, de proposicións xerais, cunha petición de revisión xeral de impostos de xeito que todo campesiño que pagase menos de 100 pesetas de base impoñible quede exento de pago, aumentándollo aos podentes e tamén piden que a nova organización 
deberá pertenecer a la I.J.C. [Internacional Juvenil Comunista] manteniendo relaciones cordiales con la I.J.S. [Internacional de la Juventud Socialista] para dentro de ella laborar por la unificación de toda la juventud en una sola organización.”

martes, 12 de febrero de 2013

Xuventudes Socialistas Unificadas (1)


    Os dias 18 e 19 de xullo de 1936 foron as datas fixadas para a celebración en Vigo do congreso de unificación das xuventudes comunistas e socialistas pontevedresas; en Pontevedra capital celebrouse o día 14 unha asemblea para preparar o congreso citado. Fai uns días tiven acceso a unha copia do documento utilizado como guía para o debate polos  pontevedreses afiliados ás xuventudes unificadas pois, na capital, xa  estaban unificadas de feito dende o mes de abril. O documento é un escrito mecanografado que está dividido en varios puntos que  analizaremos nos aspectos máis relevantes. Non está datado pero debeu ser escrito no mes de xuño ou xullo de 1936.
    Lembremos que naquel momento sopraban ventos de unidade entre as forzas de esquerda, no eido xuvenil estábanse dando os últimos pasos para a unión orgánica entre comunistas e socialistas. O xornal comunista Mundo Obrero publicaba o 26 de marzo de 1936 as liñas nas que debería estar baseada a unificación das xuventudes e que se resumían en: a) Defensa diaria dos intereses e dereitos económicos, políticos e culturais da xuventude traballadora e educación no espírito da loita de clases, do internacionalismo proletario e do marxismo-leninismo. b) Captación dos mozos obreiros, campesiños, estudantes así como das mozas e, en suma, de toda a xuventude traballadora. c) Loitar, mediante a agrupación e educación da xuventude pola liberdade e contra a reacción, o fascismo, a guerra imperialista, contra o réxime capitalista e pola vitoria do socialismo.
    O “material de discusión para la asamblea” pontevedrés aparece moi influenciado polo apuntado no xornal comunista e recolle nos seus apartados as súas liñas básicas.
    No punto primeiro, que trata sobre a xestión da executiva, recoñece e desculpa a inactividade desta “por falta de apoyo material y espiritual de numerosas secciones” indicando que se debe apoiar a xestión tratando de limar asperezas e non profundizar nas divisións.
    O punto segundo, titulado “Tareas y métodos de la nueva organización en Galicia” está dividido en dous apartados que tratan sobre problemas xerais e locais respectivamente. No apartado de problemas xerais recálcase a importancia do sector campesiño polo que a xuventude, coa nova estruturación, debe ser a que controle a inmensa maioría da mocidade deste sector.
     Segundo o documento, todos os mozos atopábanse afectados por problemas como a loita pola paz, pola cultura e por melloras económicas e, aínda que reunida en distintas asociacións, debía reunirse nun Frente de la Juventud  que acollera dende os libertarios aos católicos non fascistas.
 Ese frente ha de realizar un intenso trabajo, y no se crea que porque figuren en él los jóvenes católicos está ya condenado al fracaso porque no nos entenderemos. Nada de eso, el joven católico, no fascista, siente esos problemas que citamos porque como nosotros es de carne y hueso. ¿Por qué si la unión hace la fuerza no nos habemos de unir a ellos?.
    Tamén sinala a necesidade de traballar no campo sindical como lugar para a captación dos mozos sindicados e para facerlles ver a necesidade de que axuden ás xuventudes para o seu ben e o de todos.

jueves, 31 de enero de 2013

Epistolario (1)


Ao longo destes anos publicamos algunha entrada con cartas; o volume de documentación recollida nos últimos tempos fai necesaria a apertura dun apartado que titularemos “Epistolario” no que periodicamente publicaremos aquelas cartas que poidan resultar de interese.
Estreamos o apartado cunha carta que escribe a un amigo Genaro Estévez Posada, carpinteiro, de 23 anos,  veciño de Salcedo e fusilado na estrada de Campañó (alto da Caeira), ás seis da mañá do vintedous de setembro de 1936. Fora condenado a morte por un delito de rebelión militar.
Nesta carta, logo dunhas reflexións persoais nas que xustifica a tardanza en escribir, pasa a un relato máis político sobre a situación da clase traballadora pontevedresa e a situación  organizativa das xuventudes en Salcedo. Coas referencias que temos non é doado aclarar o significado que Genaro lle daba a “régimen proletariado-Social Cristianismo”.
Salud camarada. U.H.P.
Querido camarada Rodrigo: celebraré que al recibo de esta disfrutes perfectamente de salud.
Mira camarada; antes de notificarte más nada, voy a rogarte me perdones el no haberte escrito antes, no creas que fue alguna intención contraria a la ausencia, por lo contrario, esto obedece directamente al “don” del que todos disfrutamos en mayor o menor cantidad, conocido vulgarmente como “Doña Pereza”. Esta “Señora” se ha apoderado como una fiebre de todo ser viviente, y yo que ya muchas veces me he analizado a mi mismo, devo (sic) contener con referencia a la escritura 99 1/2 % de pereza.
En relación a estas cifras bien puedes otorgarme el perdón.
En una Capital  de Provincia pequeña como la de Pontevedra con una población de unos 30000 habitantes, la clase obrera hasta hace cuatro años a esta parte no había abierto su espíritu, era cuanto ignoraban hasta esta fecha, han pasado los siglos en que los esclavos se compravan (sic), pues hemos llegado al siglo XX en que todavía los hombres se alquilan como se alquila un pollino, reducidos a un salario inferior al de el tiempo de los “Borbones Españoles”.
Y momentaneamente nos iremos organizando en Frente Común Obrero-campesino, y aplastar el fascio y el imperialismo, creador del hambre de la miseria y la esclavitud al trabajador.
En este Barrio donde yo vivo de unos 10000 metros cuadrados estaban formadas cuatro “Celulas afiliadas por la juventud Roja”, como tu bien sabes y desde que llegué aquí hemos organizado otra más o sea tenemos abarcado este Barrio, por el N. S. E. O. y la nuestra  en el centro, asi por lo tanto momentaneamente el obrero-campesino se prevertirá (sic) y luchar para dar un solo color a la bandera de España y organizarnos en régimen proletariado-Social Cristianismo.
Bueno no te voy a cansar mas hasta la tuya en otra te diré algo más. Se despide con un fraternal abrazo tu amigo
Genaro Estévez.      Pontevedra 3-9-35.    Salud Camarada.