lunes, 26 de diciembre de 2016

Perfecto Allo Sabor.


Adicado a Xosé Luiz Oubiña.
Eran as dez da mañá do 13 de abril de 1938 cando o xuíz de Vilagarcía recibe a nova de que, nas inmediacións do monte Lobeira, aparecera o cadáver dun home descoñecido; acompañado do secretario xudicial e unha parella de “cívicos” diríxese ao lugar para proceder ao levantamento do cadáver e trasladalo ao cemiterio de Cornazo para proceder á autopsia. O cadáver corresponde a un home de aproximadamente trinta anos, está descalzo pero as zapatillas están ao seu lado e viste un traxe de cor castaña a raias e camiseta branca, o cinto abróchase cunha fibela metálica; entre as súas roupas atopan a cantidade de tres pesetas. Os médicos Fernando Virgós e José Viqueira efectúan a autopsia na tardiña do mesmo día, certifican que morrera a consecuencia da fractura da bóveda do cranio e a perda de masa encefálica producida por unha bala con orificio de entrada no lado dereito da rexión temporal.
O 12 de abril, Salomón Pérez Cienfuegos, sarxento da Guardia Civil, recibe orde verbal dos seus superiores e, de madrugada, xunto cun cabo e catorce gardas, diríxese cara O Grove para practicar rexistros domiciliarios; teñen confidencias de que varios fuxidos baixan ás casas dos seus familiares para pasar a noite. Contra as nove da mañá, nunha destas casas, en Meloxo, atopan agochado a Perfecto Allo Sabor, mariñeiro, de 31 anos, afiliado a “La Fraternidad”, sindicato asociado á CNT. Non era descoñecido para a Guardia Civil que o consideraba un dos xefes das patrullas armadas que percorreran a vila en xullo do 36, organizador de folgas, dinamiteiro e, polo tanto, un elemento perigosísimo.
Na familia Allo xa tiñan a outro irmán, Juan, preso na forte de San Cristóbal e que sería fusilado tras a fuga de maio de 1938.
Levan preso a Perfecto e, coa intención de que lles sinalase os lugares nos que se escondían outros fuxidos, diríxense cara os montes Lobeira e Cabalo en Vilagarcía. As fontes oficiais din que sería a unha do mediodía cando aproveitou que se pasaba por unha zona de piñeirais e botou a correr tratando de fuxir; danlle as voces de alto e disparan sobre el co resultado de morte; é a repetida versión do “paseo” encuberto pola aplicación da lei de fugas. Pasarían moitas horas ata que, sobre as once da noite, un coche con persoas vestidas de paisano se acercaran a unha casa próxima e ordenaran que deran aviso ao pedáneo e coidaran o cadáver toda a noite ata que chegara o xuíz na mañá seguinte. Antes de marchar, os homes do coche ameázanos dicíndolles que se desaparecía o cadáver eles serían os responsables. O cadáver foi velado por Mauro Caíño e un fillo ata que, de madrugada, foron relevados polo pedáneo de Cornazo Agustín Fernández.
Montse Fajardo, no seu magnífico libro “Un cesto de mazás” (Dist. Consorcio Editorial. Vilagarcía, 2015) achéganos á vida e morte de Perfecto e a súa familia a través das testemuñas orais; aparecen no relato todas as circunstancias que os papeis non recollen: as torturas, as penalidades familiares... pero, no substancial, o relato coincide.
As autoridades militares fanse cargo do caso e abren dilixencias que teñen o previsible e consabido resultado: non existían responsabilidades “ya que la Fuerza Pública obró en el cumplimiento de su deber” polo que se considera procedente a terminación e arquivo de dilixencias.
Sobre a represión efectuada contra as xentes do mar en Galicia, é imprescindible a obra de Dionisio Pereira “ Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)” (Ed. Xerais, Vigo, 2010).
Fotografía: Proxecto Nomes e Voces.

sábado, 3 de diciembre de 2016

Pasión e morte de Esteban Picón "O Chosco"


Esteban Picón Conde era zapateiro e tiña o alcume de “O Chosco”, natural de Santiago, vivía na Illa de Arousa. Persoa significada da esquerda, tras o golpe militar fuxiu a Coruña, pois as actuacións da Guardia Cívica naquela localidade non facían presaxiar nada bo. Entre os “cívicos” destacaban antigos militantes socialistas que buscaban tapar o seu pasado e ao seu xefe un numeroso grupo de máis de cincuenta veciños, entre eles significados dereitistas e fabricantes de conservas, considérano un perturbado e denuncian que “innumerables son los desmanes y atropellos que este grotesco dictador comete en personas y haciendas”.
Os “cívicos” deteñen a Encarnación, moza de Esteban, para premela e obrigala a dicir o seu paradeiro, pois decatáranse de que fora visitalo a Coruña aínda que ela mantiña que non chegara a velo. Unha noite leváronlle unha gabardina do mozo dicíndolle que xa o detiveran e, na planta baixa do cuartel, comezaron a dar golpes e gritos semellando que estaban a mallar nel. Ao día seguinte, o xefe “cívico” deixouna marchar ordenándolle que primeiro fose á misa; o de obrigar a ir á misa era unha das manías que tiña dito xefe.
Un grupo de seis “cívicos” e falanxistas contrataron un coche en Vilagarcía e dirixíronse a Coruña, no cuartel da Guardia Civil recolleron a Esteban e emprenderon o regreso; como choraba e queixábase de que as esposas lle apertaban, dicíanlle que perderan as chaves e cantábanlle o enterro obrigando ao detido a participar nos cánticos. Pararon en Santiago e, a petición do chofer, déronlle un bocadillo e unha gaseosa. Á unha da madrugada chegaron a Vilanova e embarcaron cara a Illa. Xa na Illa, levan a Esteban atado e ensanguentado polas casas de dúas persoas das que fora mozo; unha delas, Encarnación, conta que o 23 de setembro entraron no seu domicilio levando a Esteban coa roupa esnaquizada e a cara ensanguentada, algúns “cívicos” cantaban e o xefe preguntoulle á moza que quería que fixeran con el. Ela abrazouno e dixo que non lle fixeran nada. Picón, chorando, pediulles que non o maltrataran máis e que o puxeran en prisión toda a vida; o xefe contestoulle que o porían nunha prisión pero baixo terra. Paseárono esposado polo pobo nunha macabra procesión na que o obrigaban a cantar as coplas que, segundo parece, cantara Esteban nun dos carnavais e que aludían ao xefe dos “cívicos”; os gritos foron escoitados en toda a illa. Diante dun cruceiro mandárono rezar e atravesárono cunha baioneta, levárono á praia do Aguiúncho e, contra as catro da mañá, rematárono a tiros; a continuación afondárono no mar, a tres quilómetros da costa, atado a un poste de pedra.
Por estes feitos e outros de semellante gravidade foron procesados o xefe e varios compoñentes da Guardia Cívica; este procesamento tivo lugar o 28 de xuño de 1937, tras unha serie de denuncias feitas á autoridade militar.
O fiscal militar resume o sucedido nestes “escandalosos hechos”
después de llevarle esposado, hambriento y haciéndole objeto de malos tratos por el camino hasta el extremo de obligarle a cantar su propio entierro, lo condujeron con el rostro ensangrentado, exhibiéndolo así en la casa de dos muchachas que habían sido sus novias, mofándose de él y respondiendo a sus súplicas de piedad, obligándole de nuevo a cantar coplas alusivas a él, conduciéndolo por último a la playa llamada del Aguiuncho, en donde BENITO FIGUEIRAS [en maiúsculas no orixinal]le dió muerte, y entre todos, después de atarle una piedra al cuello, arrojaron su cadáver al mar.
No consello de guerra os acusados non negan o asasinato de Picón e o defensor xustifica o sucedido aducindo que, nos primeiros momentos tras o “Glorioso Alzamento” todas as enerxías estaban adicadas ao mantemento da orde, o que non permitía fixarse en formalismos legalistas que conduciran a unha perda de tempo e ao favorecemento dos intereses inimigos: “había que cortar el mal en donde se hallaba, sin contemplaciones, sin formalidades.”
A pesar de que recoñecen o asasinato de Esteban Picón, o tribunal que xulgou as actividades deste grupo, na súa sentencia estima “ocioso e innecesario” facer relación detallada dos feitos e considera que foron medidas tomadas ante a ameaza da “destrucción y barbarie de los defensores de la antipatria” aínda que non foron utilizadas con ponderación pero
hubieron de producirse necesariamente acciones reprochables desprovistas no obstante, en un sereno análisis, de indiscutible peligrosidad criminal y esencia antijurídica.
 polo que foron absoltos.
Nota: As citas textuais aparecen en documentación do proceso. AIMN.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Epistolario (IV): Cartas a Gómez Corbacho.


Antonio Villaverde Hermida era un chofer veciño de Cerponzóns (Pontevedra) detido en agosto de 1936. Acusábano de conducir un camión con xente armada dende Bueu a Pontevedra; dito camión fora detido e obrigado a dar a volta por tropas do Polígono Janer de Marín. A policía considérao partícipe de actividades revolucionarias e cualifícao de comunista, aporta como proba da súa militancia a correspondencia que mantivera con Juan Manuel Gómez Corbacho. A Guardia Civil de Bueu informou que desempeñaba o posto de vogal de propaganda das Juventudes Socialistas e que era moi coñecido polas súas ideas extremistas. Juan Manuel Gómez Corbacho estaba fuxido naquelas datas e acabaría asasinado en Salcedo. Antonio Villaverde foi fusilado, tras un consello de guerra, o 28 de novembro de 1936 no quilómetro un da carreteira de Campañó (A Caeira).
Neste “Epistolario” damos a coñecer o contido das dúas cartas. Respectamos a redacción e ortografía orixinais.
Estimado camarada en mi poder tu carta del 16 del corriente veo que estas vien yo de momento vien.
Camarada tengo que decirte que el dia 14 del corriente hubo en Pontevedra un mitin de afirmación republicana en el que ablaron republicanos, socialistas, comunistas y galeguistas todos ablaron vien pero el delegado del P.C. estubo formidable cuando ablaba nuestro delegado o sea ablaba el P.C. el delegado del governador hubo de llamarle al orden alguna vez pero el publico puesto en pie y con el puño en el alto gritaba energicamente, entonces el delegado del governador quiso suspender el acto, pero no lo suspendió porque el publico protestó y Tafal le echó las manos entoces seguio ablando nuestro camarada pero tubo que limitar su discurso.
Despues del acto se celebró una impresionante manifestacion que desde el teatro fueron acia el govierno civil, en donde prorrumpieron con vivas a Rusia y a Asturias; así que ya ves la emocion que abia ese dia en Pontevedra y asi fue en todo.
Respecto a lo que me dices del P.C. si tiene mucho progreso pues mira desde Octubre se arreforzado bastante mas; aunque digan lo contrario nuestro P.C. se ba reforzando bastante, no te puedo ser más amplio en esto. [...] Un saludo a tu manera para todos los camaradas que te acompañan en esa infernal prisión. Salud.
Camarada me diras si te entregan las conservas que te mande o que acen con ellas [...]
A referencia ao acto de afirmación republicana permite datar a carta no mes de abril de 1935; tivo lugar o día 14 dese mes, no teatro Coliseum e patrocinado polas organizacións obreiras e agrarias e os partidos de esquerda. As dúas peticións máis destacadas foron a amnistía xeral e o restablecemento das garantías constitucionais. Do texto da carta tamén se desprende claramente a certeza da militancia comunista de Antonio e Corbacho.
A continuación ofrecemos outra carta de data posterior:
Estimado camarada: Salud. Recibi tu ultima carta y veo que aun te sientes mal pues lo siento de corazon, yo lo que te pido es que procures estar tranquilo pues a hora es el mopmento que ay que tener mas fuerza. [...] Y siento no poder desde aquí constituirme en un Doctor y mandarte un medicamento para que tu no sufrieras nada; por lo menos mientras estuvieses a hi.
Me perdonarás por no averte escrito antes pues como se aproxima el dia de las elecciones me fue imposible acerlo antes; por eso no lo heché en holbido.
Camarada estamos trabajando mucho para la propaganda electoral, y además tenemos el triunfo seguro, nadie podrá detener el Blóque Punpular anti fazcista ho mejor dicho el Bloque Obrero. [...]
Hoy estuve con tu compañera y con las niñas y estan bastante vien eso constituye una gran alegría para mi y para todos nosotros. Me dices en tu carta las molestias que nos causa atender con todo respecto a tu compañera y alas niñas, pues e de decirte por mi parte que no hay molestias posibles en cuanto atender a un acto humanitario y a de más es un dever de todo buen compañero en defender y ayudar con todas sus fuerzas a una familia de un hombre que caído en las manos de ...autoritario de un poder que no es digno de ...por defender un hideal. Por buscar una Sociedad mas sana. [...]
Interesante a referencia á compañeira de Corbacho, Elvira Lodeiro (fusilada en decembro do 36) e ás dúas fillas, atendidas pola solidariedade de Antonio e resto de camaradas; felizmente e dentro do traballo do proxecto A Memoria das Mulleres, a compañeira Montse Fajardo púxolle imaxe e biografía á nai e ás fillas.

domingo, 6 de noviembre de 2016

Mulleres no estraperlo.


Eran tempos de fame e racionamento; na década dos corenta, o estraperlo a pequena escala foi o medio de subsistencia de moitas familias e, nesta actividade, foron as mulleres as máis activas. Había un circuíto de mercancías intervidas entre a zona de costa e o interior da provincia pontevedresa no que traían fariña, queixo e outros produtos do campo e levaban café, azucre, arroz etc, sempre burlando o control da Guardia Civil e dos axentes da fiscalía de taxas. Era habitual a utilización dos ómnibus que facían transporte de mercancías e persoas a feiras e festas dos pobos do interior; neles compartían viaxe feirantes e contrabandistas con carteiristas e moinantes. Un caso moi interesante e que serve de exemplo desta actividade e das circunstancias das mulleres que a ela se adicaban é o que relatamos a continuación.
Con motivo da feira na Estrada, ás oito da mañá do sete de xuño de 1948, a Guardia Civil montou un control no quilómetro 115 da carreteira a Santiago; tiñan confidencias de que varios contrabandistas levarían mercancías intervidas nos autobuses con destino a aquela. Deteñen dous ómnibus, un que tiña por propietario ao veciño de Xeve José Sanmartín no que atoparon: 18 kg de café, 54 de azucre, 35 de garavanzos, 6 de arroz, 2,4 de chocolate e 2 de sopa. No autobús de Manuel Palmeiro, de Vilaboa, 15 kg de café, 55 de azucre, 25 de garavanzos, 6 de sopa e 4 de xabón. Ningún dos pasaxeiros se presentou como propietario agás Isaura Pazos, que recoñeceu ser a dona dunha cesta con 6 kg de arroz, 4 de azucre, 1 de garavanzos e unha libra de chocolate.
Cando os gardas incautan a mercancía, Isaura, Rosalía Goris e as irmás Carme e Matilde Casalderrey baixaron do ómnibus 
insultando a la fuerza y tratando de agredirla, para lo que arrojaban sobre la misma los bultos de mercancía que había sido intervenida y piedras, excitaban al resto de los viajeros que se unieran a ellas en su propósito de agredirles e impedir el que se llevase a cabo la intervención de la mercancía.
 Parece ser que chamaran atracadores e ladróns aos gardas. Segundo a forza pública, os donos e o resto dos viaxeiros comportáronse ben e en todo momento estiveron de parte dos gardas.
O suceso podería ser un máis dos centos de incautacións de mercancías dos que dan conta os listados de sancións da época, pero a identidade das mulleres que se resisten á actuación policial préstalle singular relevancia ao caso. Rosalía Goris Cousido, 38 anos, casada, natural de Baión e residente en Pontevedra, era unha habitual do contrabando; en data tan tardía como no ano 1965 sería multada polo tribunal de Contrabando de Pontevedra por un importe de 1134 pesetas e o comiso dos xéneros intervidos. (BOE 5-4-1965). Recoñece que tirou os garavanzos á carreteira. Isaura Pazos Campos, 31 anos, viúva, natural de A Estrada e residente en Pontevedra, aduce que a mercancía era para súa nai, que residía naquela vila, e nega as agresións e insultos, pois só se limitara a forcexar co garda que lle quería retirar a cesta. Apunta o xesto solidario de moitas traballadoras do campo que dicían aos gardas que lles deixaran a mercancía ás mulleres. As irmás Casalderrey Dios, Carmen, 39 anos, viúva, e Matilde, 49 anos, casada, as dúas residentes en Lérez, declaran que non levaban mercancías xa que ían compralas á feira e que, vendo que Rosalía se desmaiaba, dixéranlles aos gardas “que había que tener más corazón, que todos eran de carne humana y que no había derecho.”
As catro son procesadas por un delito de insulto a forza armada; o consello de guerra celebrouse o 7 de decembro de 1948 e foron condenadas a seis meses e un día de prisión. Pero a esta condena había que sumarlle a sanción da delegación de Facenda. Carmen e Matilde, nun escrito no que solicitan a liberdade provisional para atender os coidados da casa e as necesidades familiares, fan constar que a cada unha lles impuxeran a multa de 1260 pesetas que estaban pagando en pequenos prazos por carecer de medios económicos. Preocupadas polos fillos menores de idade, escriben:
 Si ambas fuésemos encarceladas, estas tres criaturas, en edad tan crítica y de salud tan delicada, quedarían en el más completo abandono y miseria.
 De nada lles valería a súa carta, o 17 de xaneiro de 1949 reingresan no cárcere, na que estarían ata o 18 de xuño, data na que son postas en liberdade.
Carme Casalderrey Dios era a viúva de Albino Sánchez Leiro “ O Perrita fusilado o 17 de abril de 1937. Isaura Pazos fóra a muller do membro da resistencia antifascista Higinio Carracedo Ruzo, morto o 28 de novembro de 1938 nunha acción na que foi abatido por gardas civís e falanxistas; na autopsia do guerrilleiro consta como causa da morte a de “inhibición cerebral”; Isaura fora condenada por un delito de auxilio á rebelión, acusada de esconder e axudar a Higinio. En consello de guerra celebrado o 9 de marzo de 1939 impuxéronlle a condena de 12 anos e un día de reclusión temporal que foi conmutada a dous anos. Queda para outra entrada escribir máis polo miúdo da vida das persoas protagonistas.

martes, 1 de noviembre de 2016

A morte de José Domingo González "O Tapiceiro"


José Domingo González Boullosa nacera na parroquia pontevedresa de Marcón e vivira algúns anos en Santiago, antes de residir en Vilagarcía, casou con Rosalía Génova coa que tivo tres fillas e un fillo; tapiceiro de profesión, era un destacado militante do partido comunista. No 1934 foi detido por excitación á rebelión e no 1935 multárono con 150 pesetas por distribución de follas clandestinas. Participou como vogal no Comité da Fronte Popular en representación do seu partido.
O 7 de agosto foi detido en Lantaño (Portas) por membros da Guardia Cívica daquela localidade e entregado á Guardia Civil. No interrogatorio manifesta que, o 20 de xullo de 1936, participou nunha reunión do Comité de Defensa da República que se celebrou no concello de Vilagarcía, que este comité veuse desbordado polas masas obreiras que pedían armas e que estaban dirixidas por membros da CNT e algúns da UGT, que rexeitaron a dito comité por non querer “concomitancia ni ingerencias de elementos políticos, a los que doctrinalmente consideran como indeseables.” Afirma que, como consecuencia do anterior, marchou para a súa casa ata que o día 24 de xullo detiveron a súa muller. Por medo aos fascistas, fuxiu e pasou a noite nunha casa de Abalo e de alí marchou a Setecoros (Valga) onde o acolleu o cura. Alí residiu ata o 3 de agosto, día en que desexando ver os seus fillos, marchou a Lantaño onde o deteñen.
O cura, Santiago Garrido Álvarez, coñecía a Domingo porque traballaba na ebanistería do seu cuñado e afirma “que cumpliendo con un deber de conciencia” o acollera na casa; tamén recoñece que tivera acollido uns días a outro fuxido de Vilagarcía: Miguel Sanmartín. Preguntado por se coñecía a militancia comunista de Domingo, dixo que sabía da súa militancia pero “al verlo en su casa en la actitud dicha le alabó su determinación de separarse de todo conflicto.”
Os días de José Domingo estaban contados, o acostumado informe do comandante da Guardia Civil, Joaquín Velarde, datado o 9 de outubro de 1936, confírmanos a realización do “paseo” amparado no habitual intento de fuga:
Al ser conducidos en la noche de ayer los presos Severino García Teijeiro, José Domínguez [sic] González Boullosa y Juan Bacariza Sánchez por el Corneta Casimiro Álvarez Rincón y Guardia segundo Agustín López Ferrero, ambos del puesto de esta Cabecera, al llegar a las inmediaciones de la Villa de La Estrada y como si previamente se hubieran puesto de acuerdo, aprovechando que el autocar que los transportaba acortó la marcha en una curva pronunciada, se arrojaron los tres del referido vehículo dándose a la fuga, siendo perseguidos por la fuerza conductora que inmediatamente se apeó del coche y les hizo varios disparos de fusil por consecuencia de los cuales resultaron muertos los referidos presos, cuyos cadáveres fueron trasladados al depósito del cementerio de La Estrada.
A defunción non aparece inscrita no rexistro estradense senón no de Vilagarcía nunha anotación feita o 3 de abril de 1937, efectuada de acordo coa comunicación e orde “de la Superioridad.”
Na ponte do Regueiro houbo nese día outros mortos, tamén “paseados”: Manuel Guillán Abalo, Ramón Muiños e Jesús Froiz.

sábado, 8 de octubre de 2016

Moaña, outubro de 1934.


Os sucesos revolucionarios de outubro de 1934 tamén deron lugar a diversas accións na nosa zona; nunha entrada anterior demos conta do sucedido en Pontevedra capital e nas tres entradas anteriores ampliamos a información. Nesta ocasión aproveitamos para dar a coñecer unha forma de propaganda revolucionaria moi alonxada da práctica sindical actual: os pasquíns  nos que se convocaba ou se impartían consignas aos obreiros, confeccionados a man na maioría dos casos, aparecían asinados, como se dunha carta se tratase, por algúns membros do comité de folga. Este foi o caso do sucedido no Morrazo cando se convocou folga xeral a primeiros de outubro do 34; dirixían o comité de folga destacados militantes socialistas da zona, principalmente de Marín, que elaboraron un manifesto pedindo aos traballadores que non se reincorporasen ao traballo. Utilizaron algúns parágrafos do escrito para elaborar avisos que se colocaron en distintas localidades, no caso dos exemplares atopados referíanse á vila de Moaña e estaban asinados por José Gómez Martí, Jesús Canda, Cristóbal Peñín, Miguel Briones e Francisco López Crespo. Pode apreciarse a importancia da agrupación socialista marinense na dirección do conflito. Os asinantes foron detidos naquelas datas e represaliados logo do golpe de 1936, un deles (Peñín) foi fusilado e de Gómez Martí non se tiveron novas ("paseado"?).
O texto do manifesto era o seguinte:
Al Pueblo de Moaña.
¡¡ Trabajadores!! ¡Ciudadanos!
España entera se revuelve ahora, y enérgica contra el fascismo degradante y opresor que pretende convertir al pueblo español en una manada de esclavos hambrientos y sumisos.
A este gesto sublime y significado de los trabajadores, se unió el pueblo de Moaña haciendo honor a su historia rebelde y ansiosa de libertad y trabajo. Y esta actitud viril ha de conservarla mientras nuestros hermanos libran batallas encarnizadas por romper las ligaduras de la esclavitud.
Que nadie absolutamente nadie vuelva al trabajo hasta que se dé la orden general de hacerlo.
Por nuestra liberación y hasta aplastar al fascismo reaccionario todos en pie.
El Comité de Huelga.

jueves, 15 de septiembre de 2016

Militantes das Mocedades Galeguistas en Pontevedra.


Nunha entrada anterior escribimos sobre diversas actividades da Federación de Mocedades Galeguistas en Pontevedra. Para completar a información, ofrecemos un listado dos membros das Mocedades na capital pontevedresa a finais do ano 1934. Facemos constar a profesión nos contados casos nas que non son estudantes, a idade figura entre parénteses e respectamos a ortografía orixinal.

Álvarez González, Antón, (19), R/ Benito Corbal.
Arines Escariz, Ramón (17), Estación de Figueirido.
Bastida, Francisco (18), Residencia de Estudiantes.
Blanco Lores, Celestino (18), O Burgo.
Buxán Rivas, Manuel (19), Pedra Picada (Lérez).
Buxán Rivas, Victoriano (18), Pedra Picada (Lérez).
Casalderrei, Manoel (19), O Socorro (Lérez). Dependente.
Castro Álvarez, Xulio (19), Bar Limpias.
Cores Abuín, Manoel (17), O Burgo.
Dios Vidal, Ramón (19), R/ Joaquín Costa.
Eiras, Telesforo (19), Pedra Picada (Lérez). Reloxeiro.
Filgueira González, Manoel (19), R/ Arzobispo Malvar.
Fontenla Méndez, Xosé L. (19), Rúa da Barca.
Gómez Otero, Demetrio (19), R/ Santa María.
González García, Enrique (19), R/ Sagasta.
Manso, Manuel (19), Residencia de Estudiantes.
Míguez Alonso, Antón (20), R/ Sarmiento.
Pérez Canicoba, Alfonso (18), Pedra Picada (Lérez).
Pérez Canicoba, Antón (17), Pedra Picada (Lérez).
Portas, Manuel (19), A Gándara (Lérez). Estudante/ Dependente.
Rodríguez Ruibal, Manoel (19), O Burgo.
Rodríguez Seoane, [non figura o nome] (19), R/ Isabel II.
Taboada Tabanera, Prudencio (19), Rúa Alta. Est./mestre.
Valenzuela Otero, Ramón (19), Alba.
Vilas Loureiro, Maximino (20), Hotel Madrid.
Vilas Peña, Xosé (19), O Burgo. Empregado.
Villar Agra, Amador (19), Ponte dos Gafos.

sábado, 20 de agosto de 2016

Federación de Mocedades Galeguistas.



A Federación de Mocedades Galeguistas (F.M.G.) era a organización xuvenil do Partido Galeguista e, en Pontevedra, ocupaba dependencias no local do partido na rúa Tetuán. A finais do 1934 contaba cunha afiliación de vinte e sete membros, na práctica totalidade estudantes de instituto e de maxisterio, con idades comprendidas entre os 17 e 20 anos e que pagaban unha cota mensual de 75 céntimos. Entre os afiliados atopamos os irmáns Buxán Rivas, Xosé L. Fontenla Méndez, Demetrio Gómez Otero, Manuel Rodríguez Ruibal ( “Malecho”), Ramón de Valenzuela, Ramón Dios Vidal e Enrique González García, entre outros. A secretaría executiva estaba composta por Prudencio Taboada Tabanera, mestre, como secretario xeral, Manuel Portas de secretario de organización e Amador Villar como secretario de propaganda.
Na capital pontevedresa tiveron moita actividade, cunha actitude moito máis radical que o partido galeguista, tanto nas actuacións na rúa como nos postulados políticos.
Proba do anterior son os sucesos que tiveron lugar o 17 de decembro de 1934: en pleno estado de guerra derivado dos sucesos de outubro e con Castelao e Bóveda no desterro, un grupo duns oito membros das Mocedades acompañados polo vogal da directiva do Partido Galeguista Francisco Gastañaduy Ozores, efectúa un reparto de propaganda “marcadamente separatista” na praza da Ferrería. Foron observados por un grupo de tres mozos dereitistas encabezado por Vicente Couceiro Amor que tentaron impedir o reparto; non o logran debido á desigualdade de forzas e denuncian os feitos ao capitán de asalto que se encontraba na praza. Tamén afirman que Gastañaduy os insultara chamándolles “desgraciados españoles fascistas y que les iba a aplastar los seis testículos.”
A folla que repartían tiña o seguinte texto:
Lembranzas da F.M.G. Hoxe: 17 de Nadal do 1934. Fai 451 anos que asesiñaron en Mondoñedo ao mártir da liberdade galega: Mariscal Pardo de Cela. ¡Viva Galiza Ceibe! 
 O custe da impresión correra a cargo de achegas persoais de galeguistas.
A policía detivo a Manuel Manso Rodríguez, Prudencio Taboada Tabanera, José de Castro Arines ( cumpría o servizo militar) e Francisco Gastañaduy, acusados de repartir as follas; rexistran o local do Partido Galeguista e incautan diversa documentación e propaganda, así como unha bandeira galega que nun dos ángulos tiña unha estrela de cinco puntas de cor verde. A cousa non remata aí pois, á noitiña, Vicente Couceiro denuncia na comisaría que fora maltratado e insultado por Xosé L. Fontenla debido á súa actuación nos feitos.
No eido cultural, destacamos a publicación do folleto “Berro en lembranza dos Herois de Carral”, texto dunha charla impartida en Pontevedra por Xosé Mª Álvarez Blázquez en maio de 1934; esta publicación era o número un da Sección de Educación Cultural e Patrióteca (sic) do grupo pontevedrés.
No terreo estritamente político, os seus plantexamentos achegábanse ao independentismo; como exemplo temos unha folla dirixida aos labradores galegos pero, contradicindo algúns dos seus parágrafos, escrita en castelán. Nela falan da riqueza de Galicia, das penalidades da emigración, dos impostos abusivos, do centralismo da monarquía e da república.
En Madrid son los amos y nosotros somos los criados. Los cuartos son nuestros, el sudor es nuestro, el trabajo lo ponemos nosotros, pero ellos lo administran para tener en Madrid y en Barcelona y en Sevilla buenos palacios, mientras nosotros no tenemos ni casa para la escuela y nuestros hijos y el maestro tienen que vivir en cuadras. Labrador, hermano labrador, piensa en esto que te decimos y no lo olvides nunca: si Galicia se separase de España, si Galicia no tuviese nada que ver ni con Madrid, ni con Barcelona, ni con Sevilla, Galicia sería la nación más rica del mundo.
Continúa cunha serie de consellos, nos que mestura castelán e galego (este nas respostas que deberían dar os agricultores):
- Cuando vengan a la aldea a echar discursos, tú contesta: que me falen da miña terra porque o demáis non me importa.
- Cuando te hablen en castellano, contesta siempre en gallego, que es tu lengua y todos tienen obligación de saberlo.
- Cuando eche los discursos un castellano, contéstale: vostede vaya arreglar a súa casa que aquí arreglámonos nós.
- Donde veas la bandera de España di: que poñan tamén a bandeira galega, que é a miña.
- Y si alguno te dice que Galicia es mala tierra, que nuestra lengua es fea, que aquí no sabemos gobernarnos, que tenemos que vivir siempre con caciques, que tenemos que dar el voto a los señoritos de Madrid, colle unha estaca e pártelle a cabeza.

domingo, 24 de julio de 2016

Un militar leal: Rogelio Bugallo Orozco.


Esquécese a miúdo – moitas veces de xeito interesado – que a postura do exército non foi unánime contra o goberno republicano, senón que moitos mandos permaneceron fieis ao seu xuramento de lealdade á República; algúns a pesar de non coincidir coa súa ideoloxía. En Galicia, os tres altos mandos da Mariña e do Exército ( contralmirante Antonio Azarola, xenerais Enrique Salcedo e Rogelio Caridad ) foron fusilados por non apoiar o golpe; en Pontevedra, o xeneral José Iglesias e o coronel Mario Sánchez, que se sumaron a última hora forzados pola oficialidade, pronto foron destituídos aínda que salvaron a vida.
Fronte ao esquecemento, rescatamos hoxe a historia dun deses militares que tiveron unha actitude de enteireza, valentía e respecto á legalidade non sumándose á rebelión militar, coas consecuencias que esta actitude lles ía supoñer.
Rogelio Antonio Bugallo Orozco pertencía a unha coñecida familia de Lérez; a súa irmá Carmen foi unha das mulleres pioneiras no acceso a estudos universitarios e residiu, dende 1932 a 1935, na madrileña Residencia de Estudiantes herdeira da Institución Libre de Enseñanza; foi profesora de Filosofía no instituto masculino de Pontevedra e casou co benquerido e inesquecible catedrático de Ciencias Naturais Mariano García Martínez (“Don Mariano”). Outro irmán, Emilio, estudou arquitectura e ocupou o cargo de arquitecto municipal de Vigo, cidade na que deseñou o auditorio de Castrelos ou, cousas da vida, o conxunto da cruz do Castro, símbolo franquista que aínda pervive naquela cidade.
Rogelio Bugallo foi un alumno brillante, a principios de século sempre aparecía nos listados da academia Balmes encabezando os cadros de honra con matrículas de honor e sobresalientes. Optou pola carreira militar e ingresou no corpo de Enxeñeiros; en 1936 estaba destinado como capitán no rexemento de Transmisións do Pardo.
O 18 de xullo chegou a Lérez de permiso antes de desfrutar dunhas vacacións no balneario de Guitiriz. Ante as noticias do levantamento militar, tenta comunicarse cos seus superiores a través do goberno civil, pero non o consigue. Triunfante o golpe en Pontevedra, non se presenta ás novas autoridades militares: máis tarde aduciría que non o fixera porque se enterara pola prensa, que o goberno desautorizara a proclamación do estado de guerra e, ademais, en Lérez, parroquia na que residía, a orde pública estaba en completa normalidade.
Recibida a orde, dada pola autoridade militar, de presentarse, négase a facelo e contesta co seguinte escrito:
En contestación a su atento escrito fecha 27 de julio pongo en su conocimiento que no perteneciendo a tropas insurectas (sic) no me presentaré en esa Comandancia mas que en calidad de arrestado o para restablecer el orden público. Lérez 27 de julio de 1936. El capitán. Rogelio Bugallo.
O comandante militar ordena a súa detención e instrúeselle causa militar na que actúa como fiscal o capitán de Artillería Guillermo Jack Caruncho, que considera a existencia dos delitos de inxurias ao exército e institucións armadas e desobediencia. No interrogatorio a que foi sometido, Rogelio Bugallo non se priva en especificar o que considera como tropas insurrectas: “todas aquellas que estén en contra del Gobierno formado legalmente con el apoyo de las Cámaras y por las Leyes vigentes en el País.”
Non sabemos se porque a mentalidade dos golpistas non concibía esta actitude de acatamento á legalidade por parte dun militar, ou se foi debido a un intento familiar para libralo dunha condena, ordénase a dous capitáns médicos que recoñeceran ao detido xa que, dende que estaba preso, padecía insomnio, excitación nerviosa que alternaba con estados depresivos e outras alteracións de carácter psíquico. Os médicos aprecian normalidade física e, no aspecto psicolóxico, fan ver a dificultade que sempre existe para afirmar o estado normal ou patolóxico da mentalidade, pero si poden afirmar que Rogelio Bugallo “razona con lógica, tiene concepto exacto de la honorabilidad y de la justicia, conserva en su totalidad la memoria actual y retrógrada y a todas cuantas preguntas se le hacen contesta tal y como podría hacerlo la persona más sentada y normal.”
Non negan a posibilidade da existencia dun “fondo neurósico” exacerbado pola reclusión, polo que consideran conveniente que se lle permita saír ao aire unha hora polas mañás e outra pola tarde; rematan o informe reafirmándose na constatación dun “fisiologismo completo” na exploración do seu sistema nervioso e mental.
O consello de guerra de oficiais xerais celebrouse en Pontevedra o 30 de outubro de 1936 e foi condenado a un ano de prisión por inxurias e a tres anos e un día de prisión militar por desobediencia; engádense as accesorias de separación do servizo e suspensión de todo cargo e dereito de sufraxio durante o tempo da condena.
O 13 de xuño de 1969 faleceu en Lérez (Pontevedra) destacando os xornais “lo mucho que se le quería por su caballerosidad, afable trato y carácter servicial.” (El Pueblo Gallego, 14-6-69)
No BOE do 12 de maio de 1949 declárase a caducidade dun rexistro mineiro de volframio en Camariñas, por renuncia do seu titular Rogelio Bugallo Orozco. Coincidencia ou non, este rexistro levaba o nome de “Lealtad”.
Documentos reproducidos: El Pueblo Gallego, Archivo Intermedio Militar del Noroeste.

martes, 12 de julio de 2016

Epistolario (3): Unha carta de Lago Búa.

O vindeiro 17 é o día no que moitas persoas visitarán a illa de san Simón no acto de homenaxe ás vítimas; na memoria de moitas delas estará a figura do inspector de prisións Fernando Lago Búa. Fai tempo xa lle adicamos unha entrada neste blogue, hoxe volvemos a facelo coa transcrición da carta que lle escribiu ao comandante instrutor Luis de Vicente horas antes de ser fusilado.
Vigo dos de Enero de 1937.
Sr Comandante Juez D. Luis de Vicente.
Muy Sr mio: Quiero morir con toda tranquilidad de conciencia y como mi propósito era hacer entrega de cincuenta y tres pesetas al padre del Maestro Nacional fusilado el dia veinte de Octubre en Pontevedra a las cuatro de la tarde en el Parque de Artillería; ese dinero ruego se lo entregue del que me cogieron a mi; pues quinientas pesetas de las entregadas por el barbero del Lazareto eran mías en ellas incluídas las pesetas del referido maestro. Yo pido perdón a todos los que por mi han sido ofendidos y ruego a Dios perdone a los que me juzgaron y a V; ya muerto que Dios no me tenga en su gloria si yo fui un traidor, ni merecía ser juzgado como tal; di por mi patria todo lo que pude; es incierto y la conciencia les remorderá al que pudo manifestar pretendiese sublevar a los presos; jamás por mi mente entró semejante locura; solo hice actuar con mucha disciplina; y meter temor a los detenidos para que cumpliesen. Deben estar todos con dolor de conciencia y algún dia esta les remorderá; yo ruego [a Dios?] les perdone como yo lo hago.
    En lo de Ramón de Castro me cegó el [ egoísmo?] y en honor a la verdad, manifestaré que dos veces [ilexible] con él, una de ellas metile temor; jamás se había pensado en aplicarle la ley de fugas; por todo ruégole algún dia manifieste a D. Ramón de Castro que solicito su perdón de la otra Vida; ya que en esta confesé mi pecado.
    La injusticia de mi muerte, les remorderá la conciencia a los que me juzgaron.
Esta carta asinada por Fernando Lago Búa  forma parte da documentación da causa 1219/36 pola que foi xulgado. (AIMN. Ferrol).

viernes, 24 de junio de 2016

Instantáneas (3): "O rumbo do momento"


Eran días de campaña electoral; o período de goberno radical-cedista, salpicado de corrupcións varias como a do “estraperlo”, rematara. No semanario CLARÍN, “independente de esquerdas”, a esas alturas (20-1-1936) moi escorado cara a esquerda logo das liortas internas da Izquierda Republicana pontevedresa, un articulista que asina como “Equis” escribe sobre o “problema social”. As súas reflexións tiñan por título “El rumbo del momento” e semella que non perderon actualidade.
Deber primordial de toda legislación de un gobierno de izquierdas ha de ser atacar la resolución del problema social en sentido moderno, humano y justiciero.
A lo largo de todo el ominoso e inmundo bienio estraperlista, ha caído sobre los humildes de la clase productora la más desenfrenada e inhumana de las injusticias.
Pueblos enteros alimentándose de raíces y bellotas, igual que cerdos, como así hubo de reconocerlo un ministro de la Gobernación. Desahucio de colonos en masa; jornales católico-cedistas de seis reales diarios; despidos, miseria...
[...] Los cien millones; lo que hiciera falta para remediar el paro, que iban a sacar de donde los hubiera, como con su cínica e irresponsable demagogia pregonó el pseudo exguerrero [ilexible] llorón, no aparecieron para los pobres. No tuvieron tiempo de buscarlos.
Tuvieron, si, tiempo y dinero para llenar las arcas de los grandes terratenientes, de los trigueros, para planear negocios de millones a favor de las todopoderosas Compañías ferroviarias, para elevar los dividendos de la alta plutocracia.
Los feriantes de la cruz, no tuvieron nunca la alegre caridad de anunciar el mejoramiento de la vida de los pobres. Tuvieron, si, la satisfación de anunciar que subía la cotización de los valores en la Bolsa. Los obreros, que revienten, para que ganen los agiotistas.
Todavía hay deficientes mentales que creen en la eficacia de la tiranía para aherrojar las grandes masas sociales. No se dan cuenta de que ni desde el punto de vista del actual sistema, es deseable la depauperación de las masas. En el plano económico, la miseria popular, al disminuir la capacidad adquisitiva de millones de hombres, recrudece la crisis económica, agrava la atonía de la industria y del comercio, y desorganiza la producción.
En el plano político-social, la miseria es germen latente, constante, de subversión y desorden. Hace fermentar el medio en que obtienen su éxito los demagogos y agitadores, y facilita el desarrollo de las más audaces y radicales teorías.
[...] Por eso el verdadero patriotismo nos impele a desear que el problema social sea resuelto de una manera inteligente y mirando al porvenir. El momento decisivo que atravesamos requiere que con serenidad e inflexible firmeza se abra el cauce por donde en forma legal pueda resolverse el problema decisivo de la participación en la riqueza social de las amplias masas populares.
O esto, o vivir bajo el látigo de un estado-gendarme tiránico y agobiado en la tarea infame de hacer argamasa en carne humana en las grietas de unos privilegios anticuados, que al fin y a la postre caerían envueltas en un sangriento y colosal cataclismo.
Y nosotros en nombre de la democracia, pedimos que el problema social se aborde audazmente, con audacia que no rechace, ciertamente, ni el estudio meditado ni la reflexión.

miércoles, 25 de mayo de 2016

Proposición dos socialistas de Marín.


O 17 de maio de 1936 celebrouse o congreso provincial do PSOE, presidiu o acto o mestre Germán Adrio Mañá. Elixiuse o comité provincial coa seguinte composición: Ramiro Paz como presidente; Antonio Blanco, vicepresidente; Manuel Pérez, secretario; vicesecretario Edelmiro Dios; tesoureiro José Blanco e Rafael Domínguez e Antonio Magariños como vogais (Diario de Pontevedra, 18-5-36).
 Houbo variadas propostas das distintas agrupacións comarcais: a de Tui pide a entrega aos labradores dos terreos comunais e dos pertencentes á Igrexa e comunidades relixiosas; a de Vilagarcía pide ao partido que se manifeste a favor da independencia de Galicia e a de Porriño demanda a xornada de traballo de 36 horas e a socialización inmediata da industria e do comercio, entre outras.
Copiamos integramente a proposición presentada pola agrupación de Marín:
1.- Unificación de todos los Partidos de Clase.
2.- Incautación de los edificios de enseñanza Religiosa para la enseñanza Laica.
3.- Disolución de todas las Órdenes Religiosas.
4.- Que todos los cargos directivos sean gratificados.
5.- Gestionar el aumento del Retiro Obrero y la enfermedad y el paro forzoso sea a 5 pesetas diarias abonadas por el patrono.
6.- Gestionar la semana de 40 horas con los jornales mínimos de 12 pesetas y la incautación de las industrias cerradas.
7.- Vacaciones pagadas no inferiores a quince días a todos los trabajadores.
8.- Que todos los trabajadores tengan el mismo salario sin diferencias de sexo.
9.- Por la abolución (sic) de todas las leyes Faxistas o semifacistas (sic) dirigidas contra la clase obrera y sus organizaciones.
10.- Por el derecho a servirse gratuitamente y libremente a todos los hijos de los obreros en todos los centros docentes.
11.- Por la creación y su reconocimiento por la ley y los patronos de Comités de fábrica y taller dirigidos por todos los obreros que trabajan sin diferencias de edad y sexo a cuyo cargo estarán a la defensa de los intereses y de las reinvindicaciones (sic) inmediatas de los obreros y el establecimiento de control obrero para las condiciones de la colocación y despido, por la creación en las empresas y talleres de comisiones para la proteción (sic) del trabajo y de la higiene dirigidas directamente por los obreros y retribuídas por los patronos.
12.- Por la disolución de todos los cuerpos mercenarios de la monarquía y destitución de los mandos de la fuerza pública y destacamentos armados de los que actuaron contra los obreros y organizaciones.
13.- Por la creación de las milicias obreras y campesinas.
14.- Por la disolución total de todas las organizaciones Facistas y monárquicas.
15.- Creación inmediata de centros de beneficencia.
16.- Autonomía a las Regiones de Vasconia y Galicia.
Marín, 29 de abril de 1936.

miércoles, 11 de mayo de 2016

CLARÍN, semanario independente de esquerdas.


CLARÍN, Semanario Independiente de Izquierda, foi un xornal pontevedrés cunha existencia que pasou desapercibida para os estudosos do xornalismo republicano; a súa curta existencia (todo indica que só se publicaron seis números) e a escasa difusión posiblemente expliquen esta ausencia. Detrás desta iniciativa estaba o impresor e libreiro Clemente Martínez Gendra, o empregado Germán Fernández Gracia e o propietario Manuel Villar Cimadevila, este último natural de Vila de Cruces e residente en Vigo. Todos eles estaban na órbita do partido Izquierda Republicana. O primeiro director foi Germán Fernández e, tras a súa dimisión, parece ser que  o substituíu Villar no último número. A administración e dirección estaba no local que Martínez Gendra tiña na praza de Curros Enríquez, cada exemplar custaba 15 céntimos (o último foi gratuíto) e o primeiro número publicouse o 4 de xaneiro de 1936.
O xornal republicano “El País” saúda a saída deste semanario como iniciativa “de un grupo de jóvenes entusiastas para quienes la Libertad y la Justicia no son un mito, salen al palenque de la Prensa para defender la causa de la Democracia y combatir el fascismo” (El País, 6-1-36). 
Pero o novo xornal pronto se faría notar polos  ataques a políticos de diferentes partidos, sacando á luz aspectos pouco convenientes do seu pasado. Personaxes do partido Radical (“All-Capone Electoral Band”), dirixentes da patronal pontevedresa como o fabricante de alpargatas Ricardo Melero, a quen alcuman Ricardo “El Negro”, Alejandro Viana, Prudencio Landín, Bibiano F. Osorio Tafall, Celestino Poza Cobas, Portela Valladares e moitos outros. As tradicionais liortas entre o republicanismo pontevedrés non son alleas a estes ataques.
No saúdo e declaración de principios que aparece no primeiro número, explicita que o seu obxectivo é 
"hacer honesto y habitable nuestro maltrecho solar" e, para conseguilo, os ingredientes principais eran: 
Juventud y entusiasmo. Convinciones (sic) hondamente contrastadas y ese gran acicate que es la visión de la miseria e injusticia que azota a nuestros entrañables obreros y campesinos.
 Denuncian, a nivel nacional, “la confabulación sórdida de todos los malos intereses alentando el fascismo criminal” e, na provincia, “el resurgir nauseabundo de todo el viejo barbudo caciquismo acaparando el favor de las autoridades gubernativas.
Contra todo esto; contra la dictadura impúdica y nefasta; contra unos nuevos agrarios de ópera bufa que no saben jota de la tierra y de sus problemas; contra ese noxento mimetismo político que hace posible la maravilla de despertar portelistas entusiastas a los que se habían acostado emilianistas [...] a favor, en fin, del GRAN FRENTE POPULAR, que nace en estos momentos llevando la esperanza a todos los pechos democráticos, venimos a pelear.”
Declárase á marxe de partidos e sen ataduras a ningunha disciplina.
A Celestino Poza Cobas bótanlle na cara que fora inimigo declarado de comunistas e galeguistas e a súa actuación como esquirol na folga de tranvías, pero celebran, sarcasticamente, que rectificase a súa conduta política e agora fose do brazo de Castelao e García Filgueira; critican a integración de Poza na candidatura da FP e consideran que Unión Republicana debería chamarse Unión Monárquica Industrial.
A Bibiano F. Osorio Tafall tamén lle adican o “rapapolvo” correspondente:
 ¡¡ Republicanos de Izquierda, Trabajadores, Campesinos!! En el momento de votar no olvidéis que Bibiano F. Osorio Tafall, candidato de la coalición de izquierdas, ex-somatenista y ferviente devoto del Corazón de Jesús, NO VOTÓ el artículo 26 de la Constitución.” (Este artigo era o que trataba sobre a disolución das ordes relixiosas).
Manuel Portela Valladares tampouco se libraba:
 Portela Valladares, masón de alto grado, aparece a la cabeza de los que dicen: No pasará el Marxismo, la Masonería y el Separatismo”. ¿En que estamos? ¿Portela Valladares es masón, regionalista o fariseo?
Este carácter combativo do semanario e a dureza das súas críticas propiciaron ataques e enfrontamentos con numerosos sectores da política pontevedresa. No que consideramos o último número, publicado o 12 de febreiro do 36, fan unha petición de voto para a candidatura da F.P. eliminando na lista a Tafall, Poza, Guiance e Viana, poñendo no seu lugar a Gonzalo Martín March, José Adrio, Víctor Fraiz e Ángel Cadavid, pois consideran que
 Es la única candidatura en la que no figura ningún somatenista, agente de la dictadura o enemigo de los trabajadores. ¡¡Votadla íntrega (sic) el próximo día 16!!

jueves, 14 de abril de 2016

Un coche para na noite.


Fai uns días, Luis Bará, no seu blogue Non des a esquecemento, dedicáballe un magnífico artigo a Celestino Poza Cobas; nun dos parágrafos escribía, referíndose á súa atrofiada man dereita:

Seica lle quedara atrofiada nun dos traslados de prisión, nas laxes frías do cárcere de Cambados, paralizada talvez polo terror...

O artigo de Bará lembroume o sucedido a don Celestino nos primeiros días da súa detención logo do golpe militar do 36. Estaba detido, como preso gobernativo, no cárcere habilitado da Normal de Pontevedra; daquela no universo carcerario pontevedrés mandaba Fernando Lago Búa, quen formaba parte dunha trama corrupta de extorsión e outros abusos a presos e ás súas familias. Por estas actuacións sería xulgado e fusilado polos propios golpistas. Lago xa tiña experiencia en actuacións irregulares pois, aos poucos días de estar detido, foi reclamado polo gobernador militar de Navarra xa que desertara do seu posto de funcionario no penal do forte de san Cristóbal, logo de estar complicado en atropelos e roubos nos rexistros efectuados en Navarra e para os que se alistara voluntario.

Utilizando palabras do propio Celestino Poza, durante a curta permanencia de Lago Búa como inspector de prisións, existía na poboación penal “una depresión de espíritu tan brutal que rebasaba los límites del terror.”

O modo de actuación da trama extorsionadora consistía en aterrorizar aos presos dun certo nivel económico coa idea de que ían “pasealos” e ofrecerlles a salvación a cambio dunha elevada cantidade de diñeiro; o sucedido co médico vigués Ramón de Castro serve de exemplo.

Celestino Poza Cobas tiña unha posición equiparable á do médico vigués (agás na ideoloxía, pois Castro era de dereitas, católico, aínda que masón): médico prestixioso, boa posición económica... Parecía un obxectivo a medida para a trama corrupta e os feitos, pouco coñecidos, que paso a relatar parecen apuntar neste senso.

Unha orde verbal do delegado de orde pública determina o traslado nocturno de Poza ao cárcere de Cambados; a condución efectúaa a Guardia Civil nun automóbil no que, aparte dous gardas, viaxa o oficial de prisións Lago Búa. Este acompañamento, sorprendente e inusual, resulta altamente sospeitoso. Ao chegar a Campañó, nos límites con Curro, detiveron o coche nun lugar no que se atopaba un grupo de falanxistas e un cabo da Guardia Civil. Lago manda baixar a Poza a quen internan uns trinta metros cara ao monte custodiado por un falanxista e un cabo da Guardia Civil; durante uns quince minutos o resto do grupo discute; a continuación Búa fai un aparte co cabo e, cando este regresa xunto ao detido dille: “Rece usted un padrenuestro porque le ha salvado la vida.” A expedición continuou cara Cambados.

Semanas despois, na instrución da causa contra Búa e Bustelo, o sucedido con Poza chega aos oídos do instrutor que pregunta ao inspector de prisións; este recoñece os feitos pero aduce que quen ordenou baixar do coche foi un garda civil e que fora el quen se enfrontara co garda lembrándolle a súa responsabilidade na custodia do detido; pese a súa oposición, conduciron a Poza cara ao monte e volveron traelo sen saber as razóns.

A versión do garda civil implicado é coincidente, pero explica que o motivo de levar cara ao monte a Poza fora para que non se enterase dos “asuntos confidenciales y de servicio” que trataron os integrantes das dúas partidas. Nega que oíra nada relacionado co de rezar o “padrenuestro”, pero lembra que tranquilizara ao detido facéndolle notar que, cando fora conducido pola Guardia Civil, chegaría ao seu destino porque as ordes que recibían “se cumplen puntualmente y en términos de estricta justicia.”

Cónstanos, por declaracións de Celestino Poza, que en ningún momento houbo petición de diñeiro por parte de ninguén; todo parece indicar que alguén co suficiente poder dentro da trama (Víctor Lis?) dou a orde de respectar ao querido médico pontevedrés.

Neste día da República, sirva esta pequena contribución como lembranza e homenaxe a don Celestino e á súa familia, que tanto sufriron polas súas ideas republicanas.

domingo, 3 de abril de 2016

Manuel Sayar Orellán


Manuel Sayar Orellán, mariñeiro, membro do Sindicato de Industria Pesqueira, de trinta anos, natural de Corrubedo e residente en Marín, era pobre, todos os informes coincidían en sinalar que non se lle coñecían bens de fortuna e o da Guardia Civil de Marín remataba coa frase : “de su situación económica es pobre”. Sobre a ideoloxía política e conduta non se andan con medias tintas:
es de una conducta pésima, tanto pública como privada, su ideología es de los comunistas acérrimos, hizo público de que había llegado el momento de que había que actuar cuando se declaró el Estado de Guerra y se le supone que el citado día llevaba un arma consigo, con el fin de hacer frente a la revolución” (informe da Guardia Civil de Marín, 10-11-1936).
Enténdese que a “revolución” era o golpe dado polos militares. O alcalde marinense considérao un “comunista exaltado, levantisco e perturbador”.
Manuel Sayar foi un dos poucos presos que tentaron evadirse do lazareto de san Simón. O cinco de decembro do 36 tentou acadar a liberdade e apareceu afogado na praia de Cesantes o 17 do mesmo mes. Dous presos, Antonio Pousada Pérez e Antonio Martínez Montes, identificaron o cadáver, que foi trasladado á parroquia de Cesantes para o seu enterramento.
Estaba preso no lazareto a disposición do xulgado militar, que lle instruía a causa 593/36 como consecuencia dun atestado instruído por forzas de Falange, desprazadas de Santiago a Ribeira, no que lle atribuían participación nos rexistros e requisas, ademais de instalar unha radio no teatro de Corrubedo, propalar falsas noticias e ameazar á xente de orde. Chegara a Corrubedo fuxindo de Marín nun barco e detéñeno en Ribeira.

sábado, 26 de marzo de 2016

"Lo que necesita España"


En decembro de 1945, a secretaria xeral do Partido Comunista de España, Dolores Ibárruri Gómez “Pasionaria”,expuxo as cuestións a resolver en España cando se lograse botar do poder a Franco e o seu réxime. A súa posición sintetizouse nun documento que a resistencia espallou polo país; non eran tempos fáciles na loita antiréxime, o partido tentaba reorganizarse e os militantes, presos nos cárceres ou traballadores forzados en minas como as de Fontao, deron os primeiros pasos. As caídas, nas mans da Brigada Político Social ou da “Brigadilla” da Guardia Civil, sucedíanse. Aínda así, a propaganda repartíase e  copias deste documento, impresas a ciclostil e tituladas “Lo que necesita España” espalláronse por Pontevedra no ano 1946, a través de militantes como Eugenio Urtaza Norat e un pequeno grupo de comunistas que non tardarían en ser detidos.
1º Profunda reforma agraria, basada en la supresión de la gran propiedad latifundista y terrateniente y el reparto de las tierras entre los campesinos pobres y los obreros agrícolas, facilitándoles el estado los créditos necesarios para su cultivo. Los propietarios que estén exentos de responsabilidad de los crímenes cometidos por el franquismo, y cuyas tierras sean incautadas, deberán recibir la indemnización que sea establecida por las leyes.
2º Supresión de todos los monopolios existentes. Nacionalización del cré [ilexible] de los grandes bancos y de las Compañías de Seguros. Nacionalización de minas y explotaciones industriales consideradas de interés nacional; de servicios de comunicaciones, ferrocarriles, marina mercante y construcciones navales. Las expropiaciones y nacionalizaciones se harán mediante indemnización correspondiente a sus antiguos propietarios, a excepción de los casos de confiscación por la responsabilidad criminal que se derive de su conducta durante el período franquista, con las modalidades que establezcan las leyes. Los casos en que resulten afectados con las expropiaciones y nacionalizaciones los intereses extranjeros, estos deberán ser debidamente salvaguardados e indemnizados.
3º Reconocimiento de la personalidad nacional de los pueblos de Cataluña, Euskadi y Galicia, dando satisfacción a sus legítimas aspiraciones nacionales en el marco de una Federación Democrática de los Pueblos Hispanos.
No punto 4º trata da realización dunha política que permita ao pobo repoñerse dos acontecementos pasados, de cara a posibilitar o disfrute dunha vida digna. Esta política concretábase nunha serie de medidas:
Indemnización a todas as vítimas do franquismo, adicando especial coidado ás viúvas e aos orfos.
Readmisión inmediata de todos os despedidos polo franquismo, con indemnización polos danos e prexuízos sufridos.
Reaxuste e regulación dos soldos dos empregados e obreiros de xeito que se elevase progresivamente a capacidade adquisitiva do pobo, con elevación de salarios mínimos para asegurar a cada traballador e familias os medios de vida indispensables para unha existencia decorosa.
Crear unha extensa rede de seguros sociais, que comprenda dende a construción de sanatorios e casas de repouso para os inválidos e enfermos, subsidios de paro e maternidade, ata proporcionar os medios de existencia a todos os cidadáns que sexan incapaces de procuralos co seu propio traballo.
Para obter os recursos necesarios para atender estas necesidades sociais, plantéxase a creación dun imposto progresivo sobre a renda e as herdanzas, así como a incautación das grandes fortunas amasadas dende o 18 de xullo polos colaboradores do que denomina “nazi-falangismo”.
Sobre o exército, propón a creación dun forte e poderoso exército nacional democrático, dotado da técnica máis moderna; un exército que non fora o defensor de intereses de grupo ou casta, senón o brazo armado da nación para garantir e defender a independencia e soberanía e salvagardar as conquistas e liberdades democráticas do pobo. Neste exército utilizaríanse os cadros actuais non complicados nos crimes do franquismo así como os procedentes do exército popular republicano, xefes guerrilleiros e guerrilleiros.
No plano relixioso, defende unha ampla liberdade de conciencia e de cultos, baseada na separación de Igrexa e Estado.
As medidas expostas anteriormente deberían estar precedidas por unha serie de actuacións que sintetizamos a continuación:
Liberdade incondicional de todos os presos republicanos e antifranquistas e anulación de todas as sentenzas da xustiza franquista e dos procesos pendentes.
Repatriación dos emigrantes forzados.
Detención e entrega aos tribunais de xustiza, para ser rapidamente xulgados e castigados polos seus crimes, dos xerarcas falanxistas, colaboradores, torturadores e delatores dos antifascistas.
Depuración de falanxistas do aparato do estado, policía, exército e administracións públicas e privadas.
Disolución das organizacións falanxistas e incautación dos seus bens para o Estado.
Detención e entrega ás autoridades competentes das Nacións Unidas dos criminais de guerra alemáns, italianos, franceses, belgas, etc que gozaron da protección do goberno franquista.
Los comunistas aún estando conformes en lo fundamental con la Constitución de 1931, consideramos que las primeras Cortes republicanas que se elijan deberán tener un carácter constituyente, y, por consiguiente, la posibilidad de ampliar o modificar la Constitución con arreglo a la situación y a las nuevas condiciones en que vamos a vivir en España.”