tag:blogger.com,1999:blog-4690689483290216364.post796473914781115476..comments2024-02-22T13:00:32.068+01:00Comments on Pontevedra nos anos do medo: Mulleres represaliadas.Xosé Álvarez Castrohttp://www.blogger.com/profile/03630320045142819261noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-4690689483290216364.post-83350619561980549052011-11-06T20:12:23.778+01:002011-11-06T20:12:23.778+01:00Efectivamente a linguaxe evolúe e palabras que fai...Efectivamente a linguaxe evolúe e palabras que fai anos se utilizaban de xeito cotiá agora son "incorrectas politicamente". É certo o que vostede relata e todos coñecemos exemplos semellantes que, cando os lemos, non poden deixar de sorprendernos polos cualificativos que utilizaban. Pero o caso de Otilia Meis non ten nada que ver, eu coñecín a Otilia e non tiña nada de diminución intelectual, máis ben ao contrario, e os autores do atestado non o ignoraban pois un deles vivía a 200 metros da súa casa.Xosé Álvarez Castrohttps://www.blogger.com/profile/03630320045142819261noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4690689483290216364.post-73320067944876883062011-11-06T19:29:29.323+01:002011-11-06T19:29:29.323+01:00Quixen mandar antes unha mensaxe, pero creo que no...Quixen mandar antes unha mensaxe, pero creo que non se debeu enviar. En calquera caso so dicía que non ten nada de particular nin tiñan porque "cortarse" en chamar "imbécil" a unha disminuida psíquica. Era a linguaxe científica da época. Depois foron "subnormáis", logo, minusválidos ou disminuidos psíquicos, etc. Eu lembro ver unha carta dos 50 na que o remitente poñía no membrete impreso, debaixo do seu nome e sobre as señas, "(subnormal)", así entre paréntese. A linguaxe evolúe como evolúen os criterios da sociedade.

De que "imbécil" formaba parte da linguaxe científica da época dan idea os informes periciais que rinden os forenses en calquera causa criminal. Por exemplo, o 13 de febreiro de 1936 un garda muicipal da Coruña "invita" a unha mendiga a que abandone o sitio que ocupaba polo "mal efecto" que facía en rúa tan concurrida. A muller encárase ao guardia, rabúñao, mordeo, sendo detida, presentada ante o xuiz de garda, e denunciada como presunta autora dun delicto de atentado a un axente da autoridade. No sumario que se instrúe depoñen como peritos dous médicos, Miguel Crespo Fernández e José García Ramos Segond, significados esquerdistas por certo que foron depurados dos seus postos de médico do cárcere e forense do Xulgado de Instrucción do Distrito do Instituto da Coruña respectivamente. Pois ben, estes médicos din:

"Que reconocida Carmen Brañas N. se aprecian transtornos en la ideación que no concuerdan con las preguntas que se le hacen, que es tardía en las respuestas, y que tiene una inteligencia muy limitada, por lo cual creen que se trata de una imbécil, y por consiguiente irresponsable de sus actos; aparenta tener una edad de treinta y seis años" ARG, AT (Causas), 3.434-14. As negritas son miñas.

O maxistrado ponente do auto polo que se sobresee nesta causa o 30 de marzo de 1936 tamén emprega con total normalidade o termo "imbécil": "la referida procesada es, según informe pericial médico, una imbécil irresponsable de sus actos (...)" (Ibid.)

Naqueles días o termo pexorativo supoño que sería "tontiña" que se sustitúe en escritos oficiais polo mais serio "imbécil", que precisa de "bastón" no que apoiarse, creo.LA NIÑA DEL EXORCISTAhttps://www.blogger.com/profile/13549446698944094622noreply@blogger.com