José Domínguez González era tenente
de alcalde de Salvaterra, nativo da parroquia de Corzáns, foi
fusilado no castelo do Castro en Vigo ás once da mañá do 24 de
febreiro de 1937, xunto con nove persoas máis. Domínguez escribira
unha carta de despedida á súa moza Angelina, publicada por Carlos
Fernández en Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (Ed. Do
Castro) e por Alonso Montero no seu libro Cartas de republicanos
galegos condenados a morte. (1936-1948) editado
por Edicións Xerais. Esta carta dou lugar a un magnífico artigo de
Manolo Rivas, no xornal El País, titulado A carta de
amor/morte de Pepe a Angelina.
Pero esa non foi a única carta escrita por José: na mañá en que o
conducían á morte, no corredor do cárcere, José Domínguez
entregou a un cabo un papel cunha carta; esta vez non vai dirixida á
súa moza senón que o fai a unha muller, Adela Melijosa Suárez, e
compañeiras presas. Os funcionarios leron a carta e, como a súa
“literatura pugna y es contraria en todo al espíritu que anima al
Glorioso Movimiento Militar”, dan parte da mesma á autoridade
militar superior. Acompañan o escrito coa consideración de que, se
fora dirixida a Adela e compañeiras, sería porque
éstas tal vez estarían pendientes de la suerte que sus “compañeros” pudieran correr, viendo contristadas la ejecución de aquellos que por sus doctrinas y sus ideales eran indignos de formar parte de la Nueva España, por la que todos con gran entusiasmo estamos labrando.
Ofrecemos
a continuación o texto desta carta:
Queridas compañeras Salud: Cuando ésta llegue a vuestras manos ya no seremos más que un montón informe de materia sin espíritu, porque él habrá volado ya a otras regiones desconocidas. Vamos a formar un eslabón más de la cadena de los mártires que han caído víctimas del odio y la venganza de los enemigos de nuestra santa Libertad. ¡ A vosotras que supísteis dar un ejemplo vivificante de abnegación en este momento de honda tragedia! Os queda una larga y penosa etapa que recorrer todavía, pues ella será la que habrá de culminar en el asentamiento de las bases definitivas de la nueva Sociedad, más humana, más justa y equitativa.Vosotras por el imperio de una autodeterminación histórica, llevaréis el faro potente que ha de iluminar el sendero que os ha de conducir triunfalmente en pos del ideal superior por el cual hemos ofrendado nuestras vidas!Que el ejemplo de estas trágicas horas vividas sea un constante emolumento en la lucha en que estáis empeñadas... Vuestro y de la causa. José Domínguez.
A
persoa a quen ía dirixida a carta, Adela Melijosa Suárez, “A
Santanderina”, de 40 anos, presa por orde gobernativa no cárcere
vigués, participara en numerosos actos da Fronte Popular e fora
elixida vogal da Agrupación de Mujeres Antifascistas en marzo de
1936. O informe da comisaría (5-5-1937) era demoledor: mala conduta
pública e privada (separada do seu home e convivindo cun “destacado
revolucionario” fuxido), reventadora de mitins das dereitas, facer
unha festa para celebrar o asasinato de Calvo Sotelo, abortista, e
ademais tiña “una casa muy bien amueblada cuyos gastos no están
justificados de una manera lícita, creyéndose que recibía de una
manera directa o indirecta fondos de Rusia para favorecer la
propaganda comunista.”
Con
motivo da incautación desta carta ábreselle unha causa militar
celebrándose o consello de guerra o 7 de xullo de 1937 en Vigo. O
fiscal militar, logo de facer referencias á súa vida privada e
significación política, non atopa “razón fundamental en que
asentar y hacer forma una figura de delito” e retira as acusacións
aínda que fai unha apelación para que sexa sancionada
gobernativamente. O tribunal falla absolvendo á procesada.
Fontes:
Causa 669/37. AIMN.
Adicada a Telmo Comesaña, Antonio Monroy e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.
!Que " sorprendente actuación" da Autoridad Militar con respecto a Adelaida.!Millor así, claro está!
ResponderEliminarBo artigo, artigos que reflexan una dramática, realidad da nosa Historia recente:!A maldita Guerra Civil!
Apertas agarimosas
http://intentadolo.blogspot.com.es/2015/12/el-debategran-noche-la-de-pablo-iglesias.html
Boa noite dende Salvaterra de Miño.
ResponderEliminarAndo a procura de información sobre fusilados, reprimidos, mortos en combate, etc a partir do golpe de estado do36 en e de Salvaterra de Miño.
Da primeira parte teño moitos datos pero dos soldados dos exércitos golpista e republicano mortos en actos bélicos teño moitas dificultades. Hoxe mesmo rematei de follear as actas de defunción deses anos sen atopar ningún soldado.
Diríxome a Vdes. pra ver si poden orientarme na procura deses datos, tal vez no arquivo militar de Ferrol?, no arquivo da Falanxe?, etc.
A intención é facer un acto de homenaxe pra vindeira primavera.
Obrigado pola súa atención, Antón.
Pode entrar nas seguintes direccións nas que poderá atopar algunhas indicacións: http://www.defensa.gob.es/memoriahistorica/fuentes.html
ResponderEliminarhttp://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/archivos/mc/archivos/cdmh/bases-de-datos/muertos-y-desaparecidos.html
http://www.liberadosdelolvido.org/memoria/investigar
Tamén podería botar unha ollada no rexistro civil pois pode haber algunha anotación. No arquivo de Ferrol podemos atopar causas militares ou sexa os que foron xulgados en consellos de guerra polo que non vai atopar moito, arquivos de Falanxe en senso estrito non hai, No caso de que quixera unha maior concreción pode mandarme un correo a sempreconvos@hotmail.com Saúdos