* As terras dos
grandes terratenentes, da Igrexa, dos mosteiros, das municipalidades
e do Estado, así como os apeiros de labranza, serán confiscadas sen
indemnización e repartidas gratuitamente entre os obreiros agrícolas
para que as traballen, individual ou colectivamente, segundo decidan.
* Todas as débedas
dos campesiños serán anuladas e as cargas señoriais (foros e
semellantes) abolidas; os impostos do réxime burgués suprimiranse.
* O goberno proverá
aos campesiños de maquinaria, sementes, créditos, etc para aumentar
a produción, rematar coa miseria e a fame e elevar o benestar das
masas traballadoras.
* Reducir a xornada
de traballo e aumentar o salario o suficiente para atender as
necesidades; eliminar os contratos explotadores e usurarios.
*Confiscación e
nacionalización das empresas, da gran industria; control da
produción e distribución por parte dos soviets; nacionalización
dos bancos, dos medios de transporte e comunicacións en mans do
capital (ferrocarril, barcos, autobuses, teléfonos, radio...)
*Instauración xeral
da xornada de sete horas (40 semanais) e de seis para mineiros e
industrias insalubres así como para a mocidade. Subsidio inmediato
para os parados ata que sexan absorbidos polas diversas ramas da
produción; a produción será adaptada de forma que asegure o
traballo permanente dos obreiros.
* Seguro xeral (de
enfermidade, accidentes, vellez, maternidade) por parte do Estado e
empresas nacionalizadas sen achegas por parte dos obreiros.
*Supresión da
Guardia Civil, de Asalto e de todas as forzas armadas dos
capitalistas e terratenentes. Armamento dos obreiros e campesiños.
Elección dos funcionarios públicos polos soviets.
* Supresión do
exército permanente como instrumento en mans dos capitalistas e
terratenentes, eliminación do corpo de oficiais e creación dun
“Ejército Rojo obrero y campesino” para defender os intereses
das crases populares e da revolución.
Explica o documento
o que serán e que farán os soviets elixidos polos traballadores:
romperán definitivamente el poder de las clases explotadoras, de los capitalistas y terratenientes; liquidarán totalmente el sistema de coerción burocrático y antipopular del estado y de las municipalidades y los reemplazará por órganos populares en que participen las más amplias masas de obreros y campesinos en la dirección de su Estado. Los Soviets les asegurarán pan, trabajo y libertad y les representarán y defenderán sus intereses y necesidades diarias.
Como reivindicación
no parlamento, os representantes comunistas proporán:
* A liberación
inmediata dos presos sociais e amnistía de crase para todos os
presos obreiros , campesiños e soldados condenados por defender a
revolución.
*Disolución e
desarme das organizacións fascistas. “Clausura de los centros y
clubs de conspiración monárquicos y jesuíticos” con confiscación
dos seus bens e entrega gratuíta ao pobo traballador.
*Creación de
milicias obreiras e campesiñas.
* Apertura dos
centros sindicais e políticos clausurados e derogación das leis
fascistas de Orden Público, de vagos, etc.
* Amplo dereito de
organización, prensa, manifestación e folga para os traballadores.
De xeito específico
para os parados: seguro contra o paro forzoso, con salario íntegro
durante todo o período de paro pagado polos patróns e o estado.
Subsidio inmediato dun 75% do salario, non menor de tres pesetas
diarias, a todos os parados. Subministro de leite, comestibles,
combustibles e roupas ás familias máis necesitadas. Prohibición do
desafiuzamento así como todo pago de aluguer e impostos para os
parados. Ocupación de clubs, palacios e demais mansións dos grandes
explotadores, dos locais da Igrexa e ordes relixiosas, para este
fin. Control de todas estas medidas polos Comités de parados,
recoñecidos como órganos representativos dos sen traballo.
Para os soldados:
recoñecemento dos seus dereitos políticos e civís, dereito de
reunión, electoral, de asociación e prensa. Creación de comités
de soldados para a defensa dos seus intereses e condicións de vida
no cuartel. Supresión do saúdo e dereito a vestir de paisano e
habitar fóra do cuartel así como un soldo de tres pesetas. Elección
de oficiais por parte dos soldados, dereito a facer o servizo
militar na súa rexión e pago dun socorro ás familias durante a
permanencia en filas. Catro semanas de vacacións na época da
sementeira e da colleita.
En canto a
instrución pública: ensino laico e gratuito, obrigatorio ata os 14
anos. Prohibición do ensino relixioso nas escolas e subministro
gratuíto de merendas escolares, libros e roupas. Confiscación de
todas as escolas relixiosas e, nos niveis non obrigatorios, pago dun
soldo por parte do estado aos estudantes pobres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario