jueves, 10 de marzo de 2022

Os anos do silencio.

 


No ano 2013 saía á luz o libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). En tres meses esgotouse a primeira edición e, a día de hoxe, quedan poucos exemplares da segunda; confírmase así o interese por coñecer o noso pasado máis inmediato, feito xa comprobado polo seguimento deste blog  con máis de 14 anos de vida.

Moitos lectores e lectoras demandaban unha nova publicación sobre o tema; así nace Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951). A mesma editorial, Edicións Xerais, deulle acollida e estará nas librerías a partir deste xoves,10 de marzo.

Amplíase o marco xeográfico estudado pois abarcamos toda a provincia pontevedresa e tamén o temporal xa que o período investigado remata a principios da década dos cincuenta. Comprende, polo tanto, o que poderiamos chamar primeiro franquismo.

Nas 500 páxinas do libro estudamos a represión franquista nas súas diferentes formas e tamén a resistencia ao réxime, tanto como oposición política como resistencia armada. Atopamos capítulos dedicados á represión física (execucións, paseos, cárcere, malleiras...), ideolóxica (a exercida sobre o profesorado, as comisións de depuración, o papel do clero...), un capítulo extenso dedicado á persecución sufrida pola masonería e outro sobre a represión económica; este último non só atende as incautacións e multas derivadas da lexislación de responsabilidades políticas, senón que relata polo miúdo a utilización do propio sistema económico (a autarquía) como mecanismo de castigo para desafectos e de premio e recompensa aos sectores afíns ao réxime. Fenómenos como o mercado negro e o estraperlo, o negocio do volframio, así como as tramas corruptas ligadas a organismos do réxime teñen o seu lugar neste capítulo. A corrupción e a represión foron notas características de toda a ditadura e a existencia de tramas criminais de extorsión, ligadas a organizacións como a Falange, as Gardas Cívicas e outras entidades, son analizadas a fondo.

Se hai un sector da poboación habitualmente invisibilizado na historia foi o da muller; nesta publicación aparece a súa actuación nos diferentes apartados pero optamos, ademais, por visibilizar nun capítulo propio distintas facetas da súa participación, tanto como suxeitos sobre os que se exerce a represión como participantes activas na oposición e a resistencia.

No tratamento da resistencia antifranquista, que actúa desde os primeiros momentos, dedicamos varios capítulos ao tratamento da oposición política, tanto no aspecto organizativo como nas súas accións, propaganda, desarticulacións sufridas, compoñentes, redes de fugas, a chamada resistencia dispersa, etc.

Capítulo aparte merece a resistencia armada; aínda que a súa relación e permeabilidade coa guerrilla é alta, optamos por un tratamento diferenciado. A pesar da propaganda franquista que nos fala da adhesión da poboación, da unidade militar a favor do golpe ou da crenza estendida de que a violencia conseguiu paralizar por completo calquera oposición, podemos comprobar que nos primeiros momentos do golpe hai militares que non se suman, polo que foron castigados e articúlanse grupos de resistencia armada que, pouco a pouco, adquirirán unha maior organización ata constituír o movemento guerrilleiro.

O enfoque do libro é divulgativo, didáctico, con exemplificacións representativas por cada apartado que concretan o relato de cada un. Pero este enfoque non se contrapón co rigor documental obtido de diversidade de fontes primarias. Nun labor de anos consultáronse numerosos arquivos (militares, AGA, CDMH, provinciais, particulares), testemuños persoais dalgúns protagonistas, hemerotecas, bibliografía; especialmente relevante foi a consulta exhaustiva dos fondos xudiciais militares, que son unha fonte de primeira orde debido á implicación militar, tanto na represión tras o golpe como na loita contra a resistencia.

Son consciente de que fronte á simplificación de ver o pasado como branco ou negro, os historiadores deben achegar a complexidade, a gradación de grises, pois algúns dos malos non sempre actuaron como malos e algúns dos bos tamén tiveron os seus pecados. Só queda desexar que a lectura sexa do seu agrado e que sirva de partida para novos traballos que completen ou revisen o que aquí se presenta.

Índice.

1. Introdución.

2. A represión física.

Consellos de guerra.

O fiscal fala das orixes.

As cartas de Genaro Estévez Posada.

Manuel García Filgueira.

Antonio Villaverde Hermida.

Mortes na noite. Os paseos.

O paseo do concelleiro Alberto Martínez.

Violencia na Illa de Arousa.

Paseo dun socialista: José Pintos Quinteiro.

Incursos no bando.

Os cárceres.

Paseo dun preso. Sebastián Fernández Turnes.

O penal de Figueirido.

Ansias de liberdade. Unha fuga en Camposancos.

Morte en Pamplona. Atilano Godoy Calvelo.

3. “Envelenadores da alma popular”. A represión no ensino.

A comisión depuradora de mestres.

As memorias dun mestre perseguido: Luis de Sáa Bravo.

Alfonso Rodrigo Méndez. Mestre de Sanxenxo.

O mestre de Verducido Eduardo Muíños Búa.

María Alonso Pérez, mestra de Mourente.

Resistente e combativa: Peregrina Martínez Santos.

A tristeza da derrota. Isolino Martínez Pérez.

4. O clero na represión.

O párroco informa.

A capela de Bértola volve a escena.

Curas e “cívicos”.

Casimiro Cubela e a guerrilla.

5. O contubernio xudeo-masónico.

Organización xeral das loxas en Pontevedra.

A actuación política dos masóns.

A opinión antimasónica.

A lexislación contra a masonería.

A masonería na provincia de Pontevedra.

A Guarda.

Marín.

Pontevedra.

Vigo.

Outras localidades.

Organizacións teosóficas e outras.

Actuacións contra a masonería.

A Guarda.

Marín.

Pontevedra.

Vigo.

Denuncias.

Algúns pontevedreses perseguidos por masonería.

Enrique Barreiro Vázquez.

Secundino Couto Solla.

Juan Cueto Ibáñez.

Manuel Guillán Abalo.

José Loureiro Crespo.

Salvador Mas Sastre.

Isidoro Millán Mariño.

Enrique Peinador Porrúa.

Ramón Sáenz de Inestrillas.

Federico Selgas Guillén.

6. Anos de fame e estraperlo. A represión económica.

Denuncias patrióticas.

Os anos da fame.

Atesouramento.

Estraperlo de materiais militares.

O volframio.

Morte en Fontao: María Fernández.

Requisas e “doazóns”.

“Escribo poco y hago mucho”. A requisa do coche de Portanet.

Rexistro en Cangas.

Cobros en Vila de Cruces.

7. Mulleres. Represión e resistencia.

O intento de rapto das mulleres de oficiais do exército.

“De xenio levantisco”. Elvira Fernández Gracia.

“As Corseteiras”.

Flora Rey Iglesias.

“Sospeitosa de espionaxe”. Rosario Herbón Galán.

Dolores e Emilio. Encubrimento a fuxidos.

Axuda a presos. Carmen Ferreira Peón.

Comentarios contra o Réxime.

Cánticos nas fábricas.

Gravados nas bombas.

Mulleres no estraperlo.

Carta a Adela.

As protestas na praza de abastos.

8. Corrupción e abusos. Extorsións económicas.

Víctor Moldes. Pagar por vivir. Extorsións a presos.

A rapina falanxista.

O secuestro de Antonio Castro Fontanes.

Extorsión no balneario de Cuntis.

Diñeiro para “el ausente”.

O caso Bau.

Ricardo Menéndez Bustamante “O Cubano”.

Ameazas na noite. “Cívicos” de Cerponzóns.

Enfrontamentos internos.

Incidentes en Vilagarcía.

“Se vas a Peinador...” Denuncias no aeroporto.

Os abusos falanxistas.

Maltratos en Vilaboa.

Abusos en Cangas.

Intento de violación en Sanxenxo.

Rivalidades na Guarda.

Expulsións na Falange.

9. Delacións e denuncias.

Denuncia en Mos.

Vinganzas internas. Denuncia contra o alcalde de Forcarei.

Denuncias no traballo.

Denuncias no exército.

As denuncias anónimas.

O tempo das vinganzas.

Acusacións no balneario de Caldelas.

Saldar as débedas. Un taberneiro en Cotobade.

Unha derrota do “Rabioso”.

Informes sobre soldados.

10. A resistencia no exército. Militares desafectos.

Delmiro Sarmiento Cerradelo.

O suicidio do tenente coronel Eymar.

Militares leais: Tenentes da Garda de Asalto en Vigo.

Rogelio Bugallo Orozco, lealdade á República.

José Bastilleiros Rey, o paseo dun desertor.

Pintadas no cuartel.

11. A resistencia ao réxime. Oposición política.

Organizacións políticas clandestinas.

O Partido Comunista en Pontevedra.

Programa do Partido Comunista no ano 1945.

Organización do Partido Comunista na zona de Vigo.

Organización comunista en Forcarei.

Estrutura organizativa na comarca de Pontevedra.

As caídas nas organizacións da resistencia.

Reunións clandestinas nunha zapatería.

A detención de Alejandro Gama.

A caída de 1947.

A caída de 1948.

Carlos Crespo Alfaya.

Manuel Adrio Folgueiras, un garda civil na resistencia.

Desarticulación da organización comunista pontevedresa no ano 1951.

Redes de fugas.

Desiderio Comesaña Prado.

A fuga dos irmáns Albela.

Publicacións, escritos, pintadas...

Follas clandestinas en Pontevedra.

Pasquíns en abril.

Primeiro de maio.

Follas subversivas en Agolada.

Pintadas na noite.

Madeira pintada.

12. A resistencia dispersa.

Detencións na Armenteira.

A canción de Mussolini.

Propaganda clandestina.

Incitacións a obreiros.

Berros subversivos.

Propaganda no Corpiño.

Saúdo a presos.

Sedición no tren.

Día de defuntos.

Comentarios na barbería.

Sancións a desafectos.

Axudas a presos.

13. A oposición armada.

Fuxidos e guerrilleiros.

Fuxidos en Vilagarcía.

Destacamento Paco Barreiro.

Outros grupos.

A Vª Agrupación guerrilleira.

A “guerrilla da chaira”.

A loita guerrilleira.

Mortes na Bouciña.

Os sucesos de Areas.

Atracos na capital.

Vicente Guillén Biel.

Diego Valero e Luis Blanco.

Confidentes.

O asasinato do mestre Crisanto Carbajo.

Víctor García García “O Brasileiro”.

Mortes en Soutelo.

Fuxida dun guerrilleiro: Antonio García Barcia.

Morte dun guerrilleiro.

O grupo dos irmáns Gómez e do “Peruano”.

Sabotaxes.

14. Conclusións.

15. Bibliografía citada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario