viernes, 30 de enero de 2009

Incursos nos bandos vixentes...

A figura do fusilamento por estar incurso en los bandos vigentes é unha das modalidades de execución utilizadas polos sublevados. Hoxe, 30 de xaneiro de 2009, cúmprense 72 anos dunha destas execucións: a de Gerardo Bao Rúa, xornaleiro de 28 anos, do lugar de San Blas en Salcedo. A nota do Goberno Militar era sobria: A las cinco de la tarde del sábado fué pasado por las armas, por estar incurso en los Bandos vigentes, el paisano Gerardo Bao Rúa, que estaba huído. No Rexistro Civil figura como causa da súa morte a de hemorraxia interna.

Nos xornais pontevedreses El Progreso e Diario de Pontevedra dos días 22 e 23 de xaneiro aparece a noticia da súa detención, cualificándoo de extremista e apuntando que intentaba inscribirse como voluntario para ingresar no Tercio. Tamén especificaba que se detiveran con el su amante y las hermanas Pilar, María y Josefa Padín que tenían oculto al Gerardo en su domicilio.

Facía pouco máis dun mes (19 de decembro de 1936), outro pontevedrés, Manuel Calvar González, de 22 anos, tamén fora pasado polas armas segundo esta modalidade por habérsele cogido infraganti con armas con las cuales había herido a Manuel Rios Pequeño. A causa da morte que consta no rexistro é a de parálise cardíaca e respiratoria.

viernes, 16 de enero de 2009

Nenos.

A infancia foi un dos sectores da poboación que máis sufriu as consecuencias do golpe militar. O novo réxime trata o problema dos nenos orfos ou abandonados mediante unha orde, publicada no BOE do 2 de xaneiro de 1937, para la rápida y adecuada asistencia que ha de prestarse al considerable número de niños huérfanos o abandonados, que sumados a los que ya tenemos en las regiones que han sufrido los horrores de las hordas salvajes del marxismo, de los sin Dios y sin Patria, hemos de encontrarnos al ocupar Madrid.

A opción que se fai é a de crear un servizo de “colocación familiar”. Organízanse Juntas Locales de Colocación Familiar que, presididas polo alcalde, integran o párroco máis antigo da localidade e o mestre de superior categoría, encargaranse de confeccionar o padrón de nenos abandonados da súa zona para remitirllo ás Xuntas Provinciais de Beneficencia, así como unha relación das familias que, tendo moi en conta o concepto moral e relixioso, se ofrezan para acollelos. Así mesmo, tiñan como función vixiar o cumprimento por ditas familias dos deberes de alimentación, vestido e educación “dentro de los más sanos principios de religión y moral cristiana, amor patrio, etc”.

A retórica característica do momento non falta no preámbulo da orde:

...es preciso acudir una vez más a la inagotable caridad cristiana del pueblo español que con fervorosa asistencia patriótica se incorporó al Glorioso Movimiento Nacional y que con tanta fe, como valor y espíritu de sacrificio, viene aportando a esta grandiosa obra de redención, su prestación valiosa, material y espiritual, en la que se revela el temple de nuestra alma, que con los ojos puestos en Dios y fe en sus destinos, está dispuesta a vencer en esta Santa Cruzada, y firmemente segura de que en la hermosa y cristiana obra de protección y amparo a tanta criatura desvalida, sumida en el infortunio...

A adopción podía ser temporal ou permanente, esta última, á que serían destinados en primeiro lugar os nenos orfos de pai e nai abandonados ou aqueles que, atopándose igualmente abandonados, se descoñecese a existencia de familiares. (BOE 6-4-37).

En Pontevedra, tanto o gobernador civil como o alcalde, exhortan ao fervoroso cumprimento da orde, encarecendo a todas as familias que, atopándose en condicións de acoller a estes nenos, se ofrezan voluntariamente para facelo. Insístese moito en que o Estado podería resolver o problema mediante o internamento en orfanatos, non facéndoo así porque non lle interesa tanto o sustento material como o dotalos dunha familia que supla á que perderon e porque “ sabe de los maternales y patrióticos sentimientos de la genuina mujer española y porque conoce el noble y caritativo proceder del virtuoso y justo varón español”

No xornal El Progreso do 2-12-36, aparece un artigo sen firma que, baixo o título de "Los huérfanos de la guerra ", expresa moi ben o sustento ideolóxico- moi en sintonía coas teorías da psiquiatría franquista do momento, Vallejo Nájera á cabeza- do tratamento dado a este asunto:

El marxismo no tiene capacidad de amar [...] había proclamado la filosofía del divorcio y de la bestialidad- hijos, si; maridos, no, gritaban por calles y plazas-; había regalado los hijos al Estado [...] había negado a Dios y al alma y alzado sobre el pavés a la materia. Tenemos confianza en el Estado futuro [...] Pero no la tenemos en los hogares de esos huérfanos que ellos vivieron el odio y acaso aún pueden beberlo y acumularlo para el futuro. Aunque no profesamos la teoría de la posesión de los hijos por el Estado, excepcionalmente pensamos que es mejor madre la Patria que ciertas madres que no supieron contener en el hogar a sus maridos, ni acallar los odios de los que empujaron al abandono en que han sumido a ellas mismas y a los retoños que eran carne de su carne.

Un caso singular foi o dos 150 nenos e nenas das colonias escolares madrileñas ( "pertenecientes a familias marxistas que enviara a Galicia el ayuntamiento de Madrid” como escribe o Diario de Pontevedra) que, no momento do golpe, estaban en Oza (A Coruña) e que foron acollidos na illa de A Toxa. A explotación propagandística que se fai do trato aos mesmos é grande. Na prensa da época faise unha cobertura exhaustiva das atencións que reciben. Así, con motivo da festa de Reis, os nenos da catequese de S. Francisco renuncian aos seus regalos e llos entregan aos nenos madrileños xunto con dous años que, parece ser, desexaban como mascotas. Tamén reciben “alentadoras palabras” do franciscano padre Luis María Fernández e de José Acuña, este último, oficial da Guardia Cívica pontevedresa, tivo un destacado protagonismo na campaña de axuda, recollendo roupa e calzado para os mesmos. Tamén se organiza un festival benéfico no Teatro Principal.

Pero o clímax alcánzase o 27 de decembro do 36 cos actos, celebrados na Toxa, nos que estes nenos e nenas das colonias madrileñas, recibiron a primeira comunión , dúas o bautismo e a confirmación todos os que non a recibiran. Non se repara en detalles para dar brillantez aos actos: a capela do balneario “ ofrecía un aspecto verdaderamente deslumbrador señoreado como por una sutil vibración de pureza por la profusión de los blancos trajes y velos que los niños lucían”.

As nenas bautizadas recibiron os nomes de Carmen e Consuelo, sendo apadriñadas polo gobernador militar sr. Aspe e polo presidente do consello de administración de Sociedad La Toja, señor Barrié e as súas donas. A representación eclesiástica foi do máis alto nivel co arcebispo de Santiago e o bispo de Madrid- Alcalá, monseñor Eijo Garay, que foi o que administrou a confirmación, amén de numerosos curas da bisbarra. Estas autoridades, xunto co gobernador civil, delegado de Orden Público, presidente da Deputación, etc, almorzaron no hotel.

Deixemos que sexa El Progreso (29-12-36) o que nos conte o acto:

Concluído el almuerzo los niños de la colonia madrileña desfilaron ante autoridades e invitados, entonando patriótico himnos y realizando hábiles evoluciones y luego mostraron el magnífico nacimiento por ellos hecho [...] Lo que más honda impresión causó a todos [...] fué el observar como unos niños que de Madrid llegaron a Galicia con los puños en alto, carentes de educación religiosa, lloraban de emoción en el momento de recibir la sagrada comunión y al escuchar las palabras llenas de ternura y de unción evangélica que el ilustre doctor Eijo les dirigió en tan solemne momento. [...] Así se trata a los inocentes hijos de los rojos en el territorio reconquistado por nuestro glorioso Ejército. Que contraste, entre tal comportamiento y el bárbaro y brutal que en furiosos desmanes emplean con quienes no piensan como ellas, las hordas marxistas.