domingo, 22 de enero de 2012

Museo da Revolución Nacionalsindicalista.

Nos anos do medo non faltaban curiosas iniciativas por parte da Falange: un anuncio publicado na prensa en xuño de 1937 rogaba a camaradas e simpatizantes, tanto os que estivesen servindo na fronte de batalla como na retagarda, que enviasen “por conducto seguro” ou fixeran entrega na xefatura provincial de prensa e propaganda, dos trofeos e obxectos de valor histórico ou que posuíran interese para “nuestro Glorioso movimiento”. Como guía para a recolleita aparecía unha inefable e exhaustiva relación de posibles pezas:
Banderas, Insignias militares Sindicales marxistas, Condecoraciones, Uniformes o partes de ellos, Cascos, Armas, Municiones (cascos de granada, metralla, balas dundun), piezas de aviones abatidos, documentos, bandos, partes de guerra, autógrafos, fotografías, monedas y billetes marxistas, periódicos, vales de diferentes objetos, Conservas rusas, Pan, Látigos rusos, Objetos de tortura, etc., etc. (El Pueblo Gallego, 19-6-1937)

Asinaba a Jefatura Provincial de Prensa y Propaganda de Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S. Non temos noticia de que chegase a crearse tal museo.