martes, 31 de diciembre de 2019

"Sed mujeres...mujeres españolas"

Ourense, 16 de maio de 1943. O Cursillo de Divulgadoras de Sanidad Rural remata as sesións. Clausura solemne: misa con asistencia das máis altas xerarquías provinciais; despois da misa as cursillistas rezan as oracións diarias e obrigatorias de todos os cursos da Sección Femenina e cántase a Salve.
Na quenda de intervencións a delegada da Sección Femenina recoñece o “panorama desolador de una cifra elevadísima de mortalidad infantil en España; número que nos pone a la cabeza del resto de las naciones” e afirma que a causa, na maioría dos casos, era a ignorancia e a incultura das nais.
O Jefe Provincial del Movimiento e gobernador civil, logo de tomar xuramento ás novas divulgadoras, pronuncia un discurso coa soa pretensión de falar coa sinxeleza, amizade e cordialidade do camarada. O rogo que lles fai ás divulgadoras falanxistas é moi sinxelo a simple vista pero, segundo di, encerra todo un programa: “Sed mujeres...mujeres españolas.”
“Sed mujeres...mujeres españolas” que es el adjetivo más hermoso y completo que a la palabra mujer puede seguir. Vivimos en un país en el que tradicionalmente se ha rendido un verdadero culto a la mujer y en el que la galantería del hombre era proverbial. Desgraciadamente esto va desapareciendo poco a poco para ser sustituído por un trato de igualdad que está en abierta pugna con nuestras costumbres. Y este cambio, ¿sabéis a qué es debido? Pues sencillamente, no a que el hombre haya variado ni perdido esa galantería que en el español es innata, sino simplemente a que la mujer ha querido olvidarse de ser española, para convertirse en ese tipo de mujer standard que han popularizado las películas extranjeras y que desde luego carece de aquellas virtudes raciales que tan adorables encontraban los hombres y que eran precisamente las que motivaban nuestra galantería.
Cuesta realmente trabajo inclinarse ante una muchacha que, en postura hombruna de piernas cruzadas, fuma un cigarrillo entre sorbos de wiski o coñac. Cuesta trabajo ser galante ante la mujer que facilmente se cuelga de nuestro brazo o nos golpea familiarmente la espalda. Cuesta trabajo guardar atenciones de fina galantería a la que llevando el llavín en el bolsillo y con una libertad absoluta de movimientos tiene una independencia de la que hace pocos años carecían los muchachos hijos de familia.
Pero para o, sen dúbida, galante cabaleiro español e falanxista que era o xefe provincial aínda estabamos a tempo de remedialo e recuperar a galantería perdida:
Cuando el hombre encuentra una mujer verdadera que reúne esas cualidades de piedad, pudor y abnegación que caracterizan a la mujer de nuestra raza, yo os aseguro, camaradas de la Sección Femenina, que entonces esa galantería innata en el español surge inmediatamente para rendirla a los pies de lo que constituye el ideal de un caballero.
Porque podía pensarse que os tempos evolucionaran e que as palabras anteriores eran máis propias da época do “miriñaque y del polisón” e a vida actual esixía unha muller máis dinámica. Porén a muller activa non era incompatible coa “exquisita feminidad”. Ante todo deberían conservar
 vuestra dignidad y pudor de mujeres como el don más precioso que Dios os ha concedido, y que yo os aseguro que es el tesoro más grande que los hombres honrados buscan cuando tratan de encontrar la compañera con que han de compartir las penas y alegrías de toda una vida.
O acto rematou cantando o “Cara el sol” e os gritos de rigor unanimemente contestados.

domingo, 8 de diciembre de 2019

Contra o esquecemento: o mestre Eduardo Muíños Búa.

En la parroquia de Santa María de Geve a veinte de Julio de mil novecientos treinta y seis, recibe D. Eduardo Muíños Búa y D. Nemesio Laya una escopeta, fuego central, calibre veinticuatro (24) que, por orden del Sr. Gobernador, entregó D. Vitorino (sic) Pereira a D. Eduardo Muíños, guardia cívico al servicio del Estado.
Este recibo, asinado por Eduardo Muíños e Nemesio Laya, era unha proba indubidable dos feitos ocorridos na reitoral de santa María de Xeve na tarde do día en que as tropas tomaron as rúas de Pontevedra. Os autores recoñeceron o sucedido nas declaracións que figuran no atestado instruído.
Eduardo Emilio Muíños Búa nacera en Pontevedra o 26 de novembro de 1892, fillo de Antonio e Emilia, era mestre de san Martín de Verducido; aprobara as oposicións no ano 1920 e tamén traballara como redactor no xornal Progreso e fora correspondente do Diario de Galicia. En 1918 escribe un artigo laudatorio a Antonio Maura no que afirma que “Maura sube al Poder solicitado por el pueblo” (Progreso, 23-8-1918); no ano 1935 desmente o nomeamento de vogal da Juventud Republicana Radical e afirma que se dera de baixa no partido. O seu irmá Antonio, reloxeiro e xoieiro, concelleiro en Marín, tamén sufriu a represión franquista; unha das irmás, Isolina, estivo casada co copropietario do xornal Progreso e exerceu como profesora da Normal pontevedresa.
Nada sabemos da súa militancia partidaria, máis alá do seu paso polo partido Radical e dos informes que figuran na causa 1098/36, na que figura como procesado; o cura Victorino Pereira, o alcalde de Xeve José Iglesias e a Guardia Civil, coinciden en sinalar que era un significado extremista e activo propagandista da Fronte Popular. Non falta a referencia á súa vida privada, pois a Guardia Civil considera que deixa bastante que desexar “puesto que hace vida marital con dos mujeres al propio tiempo”.
As investigacións sinalan que Eduardo tamén participara ese mesmo día (20 de xullo) na requisa de armas e municións levada a cabo no establecemento de Ruperto Santos; nesta ocasión o grupo estaba acompañado polo policía Castor Prieto, que sería unha das testemuñas de cargo en moitos xuízos daqueles días.
Eduardo estivo preso na illa de san Simón, nela mandaba o seu curmán Lago Búa, inspector provincial de prisións. Nunha nota reservada, redactada logo da destitución e detención de Lago, afírmase que, cando o detiveron, encargou que lle deran ao seu primo Eduardo o tabaco que tiña, procedente dos comisos, e varios obxectos e material de oficina.
O 20 de novembro de 1936 celébrase consello de guerra en Pontevedra contra Eduardo e cinco máis. O relato dos feitos afirma que Muíños organizou a expedición que fixo requisas en Xeve, concretamente na casa do cura de santa María,
penetrando en ella con excepción del chófer que permaneció en el coche y el Muíños que dirigía la expedición enseñando al Sacerdote un escrito autorizado por el entonces Gobernador, le conminó para que le entregase cuantas armas tuviera, contestándole aquel que sólo tenía una escopeta de caza que la entregó.
O informe do fiscal Hernán Martín-Barbadillo apunta directamente a Muíños Búa:
Con frecuencia aparecen en la reciente rebelión roja que se desarrolló en Galicia los pequeños grupos dirigidos por uno que lleva la voz cantante y que es generalmente el que más se distingue entre ellos por su significación extremista.
Estos jefes de grupo son aquellos individuos de más confianza dentro de las organizaciones revolucionarias y casi siempre poseen algo de instrucción que les sirve para dirigir la actuación rebelde de la gran masa revolucionaria y analfabeta. El procesado en esta causa EDUARDO MUIÑOS BÚA, Maestro Nacional, aparece encarnando ese tipo de jefe de grupo o partida revolucionaria.
Condenado a morte, foi executado ás sete e media da mañá do 2 de decembro de 1936 no alto da Caeira. Foi enterrado no panteón 184, rúa C, propiedade dos herdeiros de José Malvar, no cemiterio de san Amaro. Tiña 441 anos de idade.
1En moitas publicacións figura como 39 ou 31 pero a correcta, segundo a partida de nacemento, é a de 44.

martes, 26 de noviembre de 2019

Contra o esquecemento: Juan Magdalena García.

A vida de Juan Magdalena García estivo marcada pola traxedia: a noite do 8 de marzo de 1905, martes de carnaval, matan dun tiro a seu pai; este tiña unha taberna no Castelo (Lérez) e, nunha pelexa que se formou nela, un disparo dirixido ao acordeonista causoulle a morte. Juan foi un dos oito orfos.
Casou en Cerponzóns. Nesta parroquia liderou o movemento agrario e foi presidente da sociedade de agricultores pero tamén participou en entidades da súa parroquia natal (Lérez).
A traxectoria agrarista de Juan Magdalena non se circunscribiu a estas parroquias; no ano 1922 era contador da Federación Agraria Municipal de Pontevedra e intervén o 23 de outubro dese ano, xunto cos políticos republicanos Evaristo Cuiñas e Vicente García Temes, nun mitin en Combarro que tiña por obxectivo a constitución da sociedade agraria da parroquia; era un bo orador e como tal interveu en numerosos mitins en distintos lugares da provincia.
O domingo, 8 de abril de 1923, participa nun mitin no Teatro Circo pontevedrés para protestar contra o novo imposto contributivo; neste mitin están presentes familiares das vítimas dos sucesos de Sobredo. Magdalena pronuncia un “extenso e irónico discurso”, na súa intervención
Se refiere también a lo de Sobredo; censura acremente la actuación del oficial que mandaba a la Guardia civil en aquellos luctuosos días. Ataca al ex-ministro Ordóñez y dice que la conciencia de este, como la de todos los ministros españoles, contrasta con la verdadera conciencia de la nación Española.[...] Pasa a estudiar el nuevo aumento contributivo. Asegura que está dispuesto a demostrar con números que en la actualidad, una conca de tierra paga en concepto de contribución territorial un 20% más de lo que produce.”1
Fala tamén do problema de Marrocos e sobre a cuestión foral sostén que estará resolta o día no que o pobo, nun momento de virilidade e enerxía, diga: “No estamos dispuestos a pagar y no pagamos.”.
As conclusións do mitin foron: derogación do aumento contributivo, formación de sumario aos culpables de Sobredo, ampla amnistía para os presos políticos, abandono total e definitivo de Marrocos e depuración das responsabilidades administrativas. Rematado o acto, dirixíronse en manifestación para entregar as conclusións ao gobernador.
En 1926, xunto con Valentín Rey, viaxa a Madrid representando á federación agraria no concurso nacional de agricultura.
No ano 1931 intervén nun mitin con motivo da colocación da primeira pedra do monumento aos mártires de Sobredo e afirma que eses mártires deben pasar á historia agraria e que o campo galego estaba en pé, pronto a buscar a solución dos seus problemas.
O 7 de xaneiro de 1932, celébrase un mitin antiforal organizado pola Federación Agraria Comarcal (da que Magdalena era presidente dende o ano anterior) e pola Federación Local de Traballadores, ambas controladas por militantes comunistas. Juan Magdalena inicia e remata o acto, no que tamén interveñen Manuel Gama, Manuel García Filgueira e outros; segundo os xornais, Magdalena despide o mitin con
unas acertadas palabras en las que denunció la actitud de los diputados republicanos y socialistas que en sus campañas electorales prometieron liquidar para siempre la cuestión foral y que ahora, lejos de cumplir la palabra prometida, permiten que se ejecuten los embargos.2
As conclusións piden a abolición dos foros por consideralos, tanto na súa orixe como no seu desenvolvemento, inxustos e inmorais; a devolución de todo o recadado por rendas forais e a anulación de todos os procedemento de tipo xudicial en materia foral.
No Congreso de Lavadores celebrado en maio de 1932 para aprobar os estatutos da federación agraria provincial, Magdalena actúa como vicepresidente da mesa e foi elixido como representante de Pontevedra para o consello directivo provisional. Ao ano seguinte participa neste congreso como delegado dos agricultores pontevedreses en unión de Manuel Gama.
Este mesmo ano figura como membro da comisión inspectora de contas da cooperativa de consumo “Nueva Economía” da Caixa Rural de Lérez e como vogal dunha nova sociedade de campesiños e obreiros de Cerponzóns, afiliada á Comarcal Agraria.
Cando se produce o golpe militar do 36 xa deixara o cargo de presidente da Federación Agraria Comarcal, que ocupaba outro lerezán, Victor Moldes.
Nos primeiros días tras o golpe militar ábrese a causa 464/36 pola que se investigan coaccións e ameazas contra unha veciña de Cerponzóns para que non baixase co leite a Pontevedra; preténdese involucrar como autores a algúns membros da sociedade de obreiros e agricultores “La Fraternidad” de Cerponzóns, integrada na Federación Agraria Comarcal. A causa aberta sería sobresida. Aínda que non figura como acusado, ao coñecer que o buscan, Juan Magdalena preséntase no cuartel da Guardia Civil o 7 de agosto, detéñeno e ingresa no cárcere a disposición do xuíz instrutor. Presta declaración o 9 de agosto e o instrutor, tenente Julio Conde, ordena que o liberen. O xefe do cárcere comunica que foi posto en liberdade o día 10. Ese mesmo día aparece morto e salvaxemente torturado no lugar da Gándara, nas inmediacións da xunqueira. No rexistro civil a causa de morte que figura é a de hemorraxia interna. Juan Magdalena contaba con 47 anos3 e deixaba muller, Dolores Castro, e varios fillos.
Como conta a escritora Montse Fajardo na publicación que serviu de homenaxe a represaliados e represaliadas de Lérez:
A memoria do pobo gardou a especial saña empregada no crime. Que fora arrastrado con cabalos, que o seu cadáver presentaba cortes nos brazos e resina de pino nas mans, como se intentara suxeitarse ás árbores. Que lle cortaran os xenitais e metéranllos na boca e que estaba tan desfigurado que o recoñeceron polas botas. Dixéranlle que fuxira pero sabía que non fixera mal ningún e como tantos outros confiou en que ninguén llo faría a el4
A súa familia foi intensamente perseguida, dous irmáns, unha irmá e o seu cuñado Constante Estévez cos seus fillos, marcharon cara ao exilio na Arxentina, unha irmá, taberneira, tivo que soportar o acoso e as requisas de “cívicos” e falanxistas.
Foto: Vida Gallega.
1Progreso, 10 de abril de 1923.
2El Ideal Gallego, 7-1-1932.
3Así figura nunha declaración súa na causa 464/36; outras fontes aseguran que tiña 36 anos.
4Fajardo, Montse. A represión franquista en Lérez, unha parroquia adiantada ao seu tempo. A Memoria das Mulleres. Concello de Pontevedra.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Pontevedreses en Cuelgamuros.

O Boletín Oficial do Estado do 2 de abril de 1940 publicaba un decreto dispoñendo a creación en Cuelgamuros dunha basílica, un mosteiro e un “Cuartel de Juventudes” para perpetuar a memoria dos caídos en “nuestra Gloriosa Cruzada”. Na exposición de motivos escríbese:
Es necesario que las piedras que se levanten tengan la grandeza de los monumentos antiguos, que desafíen al tiempo y al olvido y que constituyan lugar de meditación y de reposo en que las generaciones futuras rindan tributo de admiración a los que les legaron una España mejor.
A estos fines responde la elección de un lugar retirado donde se levante el templo grandioso de nuestros muertos en que por los siglos se ruegue por los que cayeron en el camino de Dios y de la Patria. Lugar perenne de peregrinación en que lo grandioso de la naturaleza ponga un digno marco al campo en que reposen los héroes y mártires de la Cruzada.
Como pode apreciarse, nun primeiro momento, a finalidade era a de homenaxear e lembrar os vencedores da guerra, os caídos por Deus e pola Patria; máis adiante, con posterioridade á 2ª guerra mundial, é cando se modifica a idea inicial e se fala de que tamén se enterren alí os mortos republicanos. Esta reformulación reconciliadora, impregnada de contido cristián, podemos lela na actualidade na páxina web do chamado Valle de los Caídos:
Su simbología conectaba con la necesidad de cicatrizar heridas, deponer antagonismos y volver a encontrarse juntos. El carácter sagrado de esos componentes conmemorativos parecía excluír otra idea que no fuera la de una nueva armonía bajo lo que es el signo máximo de la pacificación: la Cruz. (www.valledeloscaidos.es. Consultada 26-10-2019)
A construción iníciase en 1940 e ábrese ao público o 1 de abril de 1959 (nótese o simbolismo da data, que se celebraba como o Día de la Victoria).
É practicamente imposible saber o número exacto de enterrados en Cuelgamuros e moito máis coñecer o nome de cada unha desas persoas. Calcúlase que poderían ser máis de corenta mil e, no caso de republicanos, moitos sen autorización e sen coñecemento por parte dos familiares. A partir de diversas bases de datos podemos estimar que os mortos procedentes da provincia de Pontevedra son 37, todos homes, pero a estes habería que engadirlles outros pontevedreses que foran enterrados noutros lugares de toda España. Unha dificultade engadida é o pouco rigor nos listados, con numerosas erratas e apelidos ou nomes cambiados. O listado podemos atopalo en diversas publicacións, por exemplo en: http://www.nomesevoces.net/web/media/pdf/listado-victimas-enterradas-en-el-valle-de-los-caidos-5.pdf.
Nesta entrada lembraremos algúns deses pontevedreses, tanto das filas golpistas como das republicanas.
Benito Pardo Méndez, o capitán Pardo ao que adicamos unha entrada neste blog fai once anos era natural de Villalpando, militar que se acollera ao retiro pola “lei Azaña” foi un asiduo participante en incidentes protagonizados por fascistas na capital pontevedresa durante os anos da República. Militante falanxista, morreu por feridas de guerra en marzo de 1938 e foi enterrado en san Amaro; posteriormente sería trasladado a Cuelgamuros. Como cantaba o romance que lle adicaron:
El capitán Pardo era,
un capitán de Falange;
su camisa azul tenía
viejos prestigios de sangre.
Luis Gutiérrez Torres pertenecía a unha familia de Cerdedo con varios membros falanxistas; fai anos faríanse coñecidos polas denuncias que presentaron contra o historiador Dionisio Pereira. Luis marchou a loitar na fronte de guerra integrado no Batallón de Voluntarios de Falange no mes de agosto de 1936. O 27 de setembro dese ano morre na fronte de Asturias. O xornal falanxista El Pueblo Gallego adicáballe unhas acendidas palabras das que recollemos o seguinte parágrafo:
Tú, Luis, caistes (sic) de los primeros; el ímpetu de tu coraje y de tu bravura te llevó a los puestos de mayor peligro en los que había que demostrar valor en el alma y temple en el corazón. La exaltación de tu fe religiosa, tesoro espiritual heredado de tus buenos padres, tu encendido amor a España, tus fervores a Falange y tu adhesión imperecedera a José Antonio, fueron los que encendieron las llamas de tu juventud para ofrendársela a la Patria.
Luis Collazo Campos (no listado figura como Docampo) era un mozo vigués que, ao rematar o servicio militar no rexemento de artillería en Pontevedra, afiliouse na Falange e participou activamente coas súas escuadras nos habituais incidentes con forzas de esquerda. O 7 de febreiro de 1936, cando estaban reunidos no seu local varios falanxistas, entre eles o xefe local Felipe Bárcena, os irmáns Mondina, Collazo, entre outros, un grupo de asaltantes armados de filiación anarquista penetrou no local e no enfrontamento resultaron feridos varios militantes falanxistas; cando escapaban, os asaltantes tiveron un enfrontamento cun garda de asalto e resultaron feridos o garda, Luis Quintas a quen se consideraba xefe do grupo, e morre o anarquista Robustiano Figueiras. Luis Collazo falecería dous días despois, o 9 de febreiro. Os seus restos foron trasladados a Cuelgamuros en 1960.
Nos listados aparecen numerosa persoas procedentes de Mondariz; entre eles estaban Manuel Piñeiro Zúñiga, Domingo Peramos Muñes [Páramos Núñez], Fernando Rubio Estévez, Manuel Pérez Besado [Besada] e Francisco Rodríguez Bote [Otero]. Piñeiro era natural de Noia pero vivía en Tomiño de onde era concelleiro; Páramos residía en Caldelas de Tui e alí tiña un taller de ferreiro co nome de “El agrario”, deixou dez orfos con nomes como: Armonía, Aurora, Domingo, Espronceda, Ferrer, Floreal, Julia, Libertad, Progreso e Verdad. Rubio e Pérez vivían en Guillarei e Rodríguez “Paquiño de Figueiró” era farmacéutico, galeguista, de Tomiño; fuxira a Portugal pero foi entregado pola policía portuguesa. Todos eles, xunto co mestre de Forcadela Hipólito Gallego, foron “paseados” o 4 de outubro de 1936 nas inmediacións de Mondariz. O comandante militar de Tui, capitán Eduardo Rodríguez, asinou un informe con data de 15-10-1936, no que documenta a morte de tres deles coa clásica aplicación da “lei de fugas”:
Francisco Rodríguez, Manuel Piñeiro e Hipólito Gallego foran conducidos pola Guardia Civil de Tui ao mando do sarxento comandante do posto a Mondariz onde, ao parecer, existían depósitos de explosivos e armas; logo de practicar as dilixencias:
al llegar a las cercanías de aquella localidad los referidos procesados trataron de huir por lo que tuvieron necesidad de disparar contra ellos, resultando todos muertos.
Nestes días en que Cuelgamuros está de actualidade, aínda que sexa co nome de Valle de los Caídos, poñémoslle nome e biografía a algúns dos pontevedreses alí enterrados.

viernes, 25 de octubre de 2019

Contra o esquecemento: Ciriaco Licer e Nemesio Laya.

Resultando: Que iniciado el Movimiento Nacional hacia el día diecisiete de Julio último con el fin de rescatar a España del mando de los Gobiernos del Frente Popular, el Ejército personalizó y dirigió tal movimiento bajo el régimen legal de los Bandos declaratorios del Estado de Guerra, con el fin de evitar cayese la Patria en el régimen soviético, habiéndose opuesto resistencia contra tal acción salvadora por parte de elementos adictos y simpatizantes del Gobierno anti-nacional los que llegaron a alzarse en armas contra la Institución armada procurando por todos los medios oponerse a los designios patrióticos de ésta.
O anterior era un dos resultandos da sentencia da causa 1098/36 que se xulgou en Pontevedra o 20 de novembro de 1936; dous dos xulgados foron Nemesio Laya Abal e Ciriaco Licer Cons sobre os que trataremos neste artigo.
Ciriaco estaba casado, fora dependente da ferretería de César García e tiña como profesión toneleiro, nacera en Pontevedra o 4 de outubro de 1901, fillo de José Antonio e de Juana e vivía na rúa das Flores. Nemesio estaba solteiro, era representante dos seguros La Previsora Hispalense, nacera en san Vicente de Nogueira ( nalgúns documentos consta como nacido en Pontevedra) o 4 de decembro de 1908, vivía en Pontevedra na rúa Sarmiento.
Sobre Ciriaco Licer non hai moita información en canto á súa actuación política; se facemos caso aos informes da Guardia Civil, tiña mala conduta e antecedentes e era militante socialista. Nemesio Laya tiña unha maior relevancia pública: en 1931 formaba parte como vogal do comité executivo da Juventud Republicana que presidía Laureano Poza Juncal e do que tamén formaban parte Alfonso Guillán Abalo e Laureano Tomé. Fora un dos asinantes dun manifesto á mocidade galega da Juventud Radical Socialista Autónoma de Pontevedra e, en 1935, ocupaba o cargo de tesoureiro da Juventud de Izquierda Republicana, que presidía Germán Fernández Gracia; non é de estrañar que a Guardia Civil o considere de extrema esquerda e dubidosa conduta.
O 20 de xullo de 1936 atopábanse na avenida de Montero Ríos e subiron a un coche incautado dirixíndose ata Xeve. Serían as cinco da tarde cando chegaron á casa do cura de Santa María de Xeve, Victorino Pereira; o sacerdote estaba diante da casa e o mestre Eduardo Muíños, que mandaba o grupo, entrou con el no interior e saíron cunha escopeta do calibre 24 pola que lle expediron e asinaron un recibo. Volveron a Pontevedra.
Acusados de rebelión militar foron xulgados por un tribunal que presidía o tenente coronel Antonio Durán Salgado, o defensor foi o alférez de complemento Juan Astor. Tanto Licer como Laya foron condenados a reclusión perpetua coa accesoria de interdición e inhabilitación absoluta e a abonar ao Estado a cantidade de cinco mil pesetas.
Ciriaco e Nemesio estiveron presos na illa de san Simón e, posteriormente, no penal de san Cristóbal en Pamplona no que ingresan en febreiro de 1937. A Ciriaco Licer conmútanlle a pena a 4 anos de prisión menor e sae en prisión atenuada o 26 de agosto de 1940, acada a liberdade en xaneiro de 1942 e o licenciamento definitivo en 1944.
O expediente carcerario de Nemesio Laya presenta un maior interese, fundamentalmente polo papel que debeu desempeñar durante a fuga do 22 de maio de 1938 na que se afirma que actuou “cooperando en el sofocamiento de la rebelión tumultuaria” pero sen especificar de que xeito concreto o fixera. Franco concede o indulto das dúas terceiras partes da condena a todos os reclusos que “impidieron con su actuación, alcanzara mayores proporciones la evasión llevada a cabo por otros”; Nemesio foi un dos beneficiados, en abril fora nomeado escribinte da xefatura de servizos e posteriormente ordenanza da mesma xefatura. Segundo o expediente de indulto, opuxérase á fuga “distinguiéndose notablemente por su actuación en favor del restablecimiento del orden”. O propio fiscal afirma que con tal proceder evidenciaba estar arrepentido do seu comportamento anterior e a súa adhesión aos principios da “Autoridad y Orden”. Concédenlle a prisión atenuada no domicilio o 17 de xullo de 1940 e a liberdade definitiva en 1944. Morreu aos 42 anos o 1 de febreiro de 1957.
Imaxe: Forte de san Cristóbal. Wikipedia.org

jueves, 10 de octubre de 2019

Isolino Torres, outro pontevedrés nos campos nazis.

A principios de 2016 dábamos a coñecer nun artigo un listado de pontevedreses que morreran no campo de exterminio de Mauthausen, principalmente no seu subcampo de Gusen; en datas posteriores ampliamos o número e datos dos detidos e, o ano pasado o concello de Pontevedra organizou un acto de homenaxe a estes pontevedreses e editou un folleto coas súas historias. Pero a pesar do gran traballo de investigadores e investigadoras sobre o tema sempre tivemos a seguridade de que o listado aínda estaba (e seguirá estando) incompleto.
Hoxe sae á luz a nova de que a universidade Rovira Virgili de Tarragona engadía varios nomes máis ao listado que se publicou no BOE fai unhas datas; entre eles aparece outro pontevedrés: Isolino Torres. No listado que publican só aparece o nome e datas de nacemento e morte pero a consulta de documentación do imprescindible arquivo ITS de Bad Arolsen serviu para proporcionarnos algúns datos máis sobre Isolino, á espera de poder traducir e analizar (no caso de que existan) outros documentos.
Isolino Torres (nalgún documento aparece Torez) naceu na parroquia de Alba o 19 de xaneiro de 1909, fillo de Domingo e de Fernanda (?). A súa profesión era a de albanel. Non temos constancia da súa actividade ata que foi detido en Berlín o 17 de xuño de 1944. O 28 de setembro de 1944 ingresa no campo de concentración de Sachsenhausen e de alí foi transferido ao de Buchenwald o 2 de febreiro de 1945. Nunha declaración que asina en Sachsenhausen fai constar que os seus estudos son os primarios e que fixera o servizo militar en infantería ó redor de 1930. Noutra documentación consta como domicilio a rúa de santa Clara nº 33 en Pontevedra e aparece un irmán chamado Julián.
O campo de Sachsenhausen estaba a uns 35 quilómetros de Berlín e constaba de 60 subcampos nos que se utilizaban os prisioneiros na industria armamentística e nunha fábrica de ladrillos. Entre os deportados españois que alí estiveron destaca o expresidente de goberno da 2ª República Francisco Largo Caballero, ingresado en 1943 á idade de 74 anos.
Isolino Torres, co número de detido 86562 morre en Buchenwald o 26 de febreiro de 1945 , consta como causa oficial do falecemento o de meninxite.
O campo de Buchenwald estaba situado cerca de Weimar; aparte dos traballos forzados e outras calamidades inflixidas aos prisioneiros, tamén se realizaron experimentos médicos como a inoculación de virus e bacterias para lograr vacinas.
Sirva esta nota apresurada para homenaxear a outro pontevedrés máis que atopou a morte nun campo nazi.
Nota: Documentación utilizada procedente do ITS de Bald Arolsen.

domingo, 1 de septiembre de 2019

Golpistas e verdugos de 1936.

Nos últimos tempos diversas publicacións (en Galicia foi importante o éxito en vendas de “Os nomes do terror”, editado por Sermos Galiza) testemuñan un feito relevante nos estudos sobre a represión: o obxectivo diríxese aos verdugos fronte á dinámica imperante de centralo nas vítimas. O papel central das vítimas estivo xustificado polo seu esquecemento fronte ás dos golpistas e a necesidade de poñerlle nome e biografía tras o silencio; tamén o seu estudo presentaba unha menor complexidade fronte aos problemas, mesmo de definición, dos verdugos. Isto non quere dicir que non se nomearan os verdugos, moitas publicacións fixérono dende fai anos e algúns autores tiveron que enfrontarse a diferentes accións, mesmo de carácter xudicial, por lembrar os perpetradores dos crimes.
Pero é agora cando o papel dos verdugos comeza a ser tratado en toda a súa complexidade, máis alá da mera relación de nomes e indo ao fondo do problema: as motivacións, os procedementos, os antecedentes e consecuencias, o entramado do poder que posibilitou e executou a violencia. En resume, realizar novas preguntas sobre o pasado antepoñendo a complexidade aos discursos simplistas; complexidade que comeza, como xa apuntabamos, pola propia definición de verdugo.
A finais do ano 2018 publicouse o libro “Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo” (Editorial Galaxia) do que son editores os profesores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho e que se inserta na liña de traballo apuntada anteriormente.
Este libro marca un fito no estudo deste “pasado incómodo”, incómodo tanto para os herdeiros – familiares ou ideolóxicos- dos verdugos como tamén para os autores. Tenta superar a consideración, común a franquistas e opositores ao réxime, da memoria (memoria pervertida) da 2ª República como propiciadora da guerra civil e inevitablemente ligada a aquela, para poñer o foco no golpe de Estado e, fundamentalmente, nos verdugos. Rompe así co relato que se mantivo durante a transición e ligado á doutrina da reconciliación nacional: a equiparación da violencia, a loita entre irmáns, o “todos fomos culpables”.
Contextualiza a violencia desatada tras o golpe de xullo de 1936 no marco dos fenómenos de violencia masiva que se manifestaron a nivel global, coa particularidade, no noso caso, da impunidade total dos verdugos. É de agradecer que, nun tempo de eufemismos, chame as cousas polo seu nome: golpe de Estado (e non Alzamiento Nacional nin guerra civil, que en Galicia non houbo), e verdugos, responsables da eliminación planificada e sistemática de miles de vítimas nun contexto, como dixemos, de ausencia de fronte de guerra.
Destacariamos, en canto á autoría, a presenza de novas e novos autores, cuns traballos de investigación que prometen moi bos froitos xunto a autores de traxectoria ben recoñecida, e tamén a paritaria presencia de investigadoras. Isto último, por desgraza, é un feito non habitual. A pesar de que se percibe un alto nivel de comunicación entre os autores, de traballo en grupo, como é lóxico nun libro colectivo, o interese dos apartados é desigual, dentro do alto nivel xeral.
As fontes utilizadas son, en primeirísimo lugar as causas militares e, en menor grao, as orais, hemerográficas e outras; confírmase así a relevancia da documentación depositada nos arquivos militares, pois as causas son documentos que nos contan o que fixeron os sublevados narrado por eles mesmos, o “testemuño dos verdugos”; a inxente documentación xudicial militar, a pesar de ser bastante utilizada nos últimos anos, aínda nos garda moito que descubrir.
Abre o libro un estudo dos profesores Fernández Prieto e Míguez Macho que ten como eixe central o proceso instruído contra o contralmirante Azarola e que se presenta como o paradigma dos procesos por rebelión militar. Como apuntan os autores (páxina 60), o punto de referencia non se pon nos feitos sucedidos en Ferrol neses días de xullo senón no que se escribe na causa, “na construción do relato fundacional do golpe de Estado de 1936, da violencia subseguinte e por extensión da propia ditadura franquista”.
Ao longo do capítulo podemos apreciar como os golpistas se atribúen a condición de autoridades lexítimas mediante un discurso que falsifica a lexitimidade, a “xustiza ao revés” que dixera Serrano Suñer; neste proceso de apropiación da autoridade lexítima, o asasinato das persoas que a exercían sería un paso necesario.
Outro apartado que resulta relevante para Pontevedra e comarca, é da autoría de Aldara Cidrás que analiza o papel dos procesos militares como estratexia de lexitimación do novo réxime, a normalización da violencia e a integración de novos grupos sociais facéndoos participar nos mecanismos do terror, ou sexa, a función da violencia como cohesionadora e xeradora de adhesións. Aldara Cidrás parte do estudo das causas militares instruídas a pontevedreses pero co obxectivo posto nos verdugos. O triángulo da violencia presenta tres vértices: a) Os compoñentes do entramado do terror (xuíces instrutores das causas, fiscais, auditores, membros dos tribunais...) b) Os acusados e acusadas e c) Os declarantes nas causas (delatores, testemuñas...). Quen presentan maior interese para o estudo son os integrantes do apartado c) pois os outros son máis previsibles nos comportamentos, automático e burocratizado no primeiro e exercicio da defensa no segundo. A investigación que está a levar a autora será, sen dúbida, referencia imprescindible para completar o que coñecemos sobre os mecanismos da violencia na nosa capital e comarca.
Iria Morgade, autora fai un tempo dun moi interesante traballo sobre o tratamento didáctico da memoria e da represión nos centros de ensino, achéganos, nesta ocasión, a un aspecto pouco estudado: as accións colectivas de memoria na transición. Tras a parálise imposta polo medo nos anos do franquismo, durante a transición empezan os actos de recoñecemento e atopámonos que os verdugos estaban esquecidos, ocultos, nestes actos. Sobre as razóns que poden explicar o anterior trata o seu artigo. Por certo, probablemente a primeira homenaxe ás vítimas (que trouxo de cabeza á “brigadilla” da Guardia Civil) debeu ter lugar en Pontevedra (Monte Porreiro e volta do Couto, lugares de execución ben coñecidos) cando no ano 1944, no día de defuntos, apareceron sendas cruces de madeira, coroas de flores e unha cinta coa lenda “Honor a nuestros mártires”.
Aparte de Pontevedra, hai outros estudos de zona: Compostela (Rafael García Ferreira) e Ribadeo (Xabier Buxeiro); este último amosa como os “paseos” son parte dunha actuación consentida e controlada polas autoridades militares e que os perpetradores foron máis que os que apertaron o gatillo: os que facilitaron as “sacas” dos cárceres, os comandantes militares, etc. Judit Carbajo analiza as fontes orais en relación cos represores e Conchi López escribe sobre os diferentes perfís de comportamentos en relación coa participación social na violencia; apunta tamén unha interesante proposta de clasificación tendo en conta a actuación que tiveran nas causas militares.
En suma, un libro imprescindible, que revisa interpretacións ata agora aceptadas e que, en moitos dos apartados, apunta camiños a seguir en futuros traballos. Entre as moitas conclusións destacaría o que moitas veces expresa un dos coordinadores, Lourenzo Fernández Prieto: os verdugos foron menos do que se pensaba aínda que causaron moitas mortes e que, nos sublevados, houbo persoas que en momentos decisivos elixiron camiños alleos á violencia.

jueves, 22 de agosto de 2019

Contra o esquecemento: Joaquín Fernández Barcia.

Moitos familiares das vítimas da represión levada a cabo tras o golpe do 36 sufriron ( e sofren) o silencio imposto nas propias familias; o medo que abafaba nos anos do silencio na maioría dos casos, o rexeitamento da conduta política do seu antepasado a quen responsabilizaban da súa situación precaria, noutros, algunhas veces a falla de interese ou as informacións manipuladas... A falla dunha política de divulgación, alonxada de mitos e manipulacións, do sucedido e que vaia máis alá dos círculos de historiadores e persoas comprometidas, posibilita a existencia na actualidade, máis de 80 anos despois, de persoas que carguen coa lousa do descoñecemento sobre a vida (e a morte) de antepasados seus vítimas da represión e, tamén, do esquecemento.
Veñen a conto estas apresuradas reflexións a partir da lectura do emotivo artigo de Víctor Fernández FreixanesMemoria do tío Joaquín”, na Voz de Galicia do pasado día 18. Nel podemos atopar ese desexo de saber máis e tamén o testemuño de como as pesadas cargas dos “antecedentes políticos familiares negativos” continuaron pesando moitos anos sobre as familias.
Esta situación, repetida ao longo de moitos anos de traballo neste tema, lévame a inaugurar un apartado neste blog, que titularemos “Contra o esquecemento” e no que, cada certo tempo, achegaremos a biografía das vítimas esquecidas.
Joaquín Fernández Barcia “O negro” naceu o 10 de agosto de 1906 en Mourente (Pontevedra), era fillo de Saturno e Elvira, ebanista, afiliado á Sociedade de Ebanistas afecta á UGT. Estivera preso no 1934 polos sucesos revolucionarios de outubro. Foi detido en Vigo o 25 de agosto de 1936 onde, ao parecer, se refuxiara na casa duns parentes; tivo a mala sorte de ser recoñecido por un policía pontevedrés que fora a aquela cidade a efectuar un servizo.
Incóaselle a causa 1118/36 por rebelión, causa militar que sería acumulada á 1098/36 que se abrira contra Eduardo Muíños Búa e outros; todos estaban acusados de participar nos rexistros domiciliarios e en armerías para incautar armas. Estas actuacións leváronse a cabo todas elas amparadas en ordes escritas do gobernador civil. As persoas acusadas destes feitos ou de participar na defensa do goberno civil o 19 e 20 de xullo foron moi perseguidas e sufriron fortes condeas de cárcere ou a pena de morte.
A Joaquín acusárono de participar na requisa efectuada na armería de Ruperto Santos; alí foran acompañados do inspector de policía Castor Prieto, que portaba a correspondente orde; a actuación de Joaquín e compañeiros descríbea o dono da armería cando foi preguntado por se tiveran “actitude tumultuosa” e respondeu que todos estiveran moi atentos e respectuosos.
Pero as acusacións contra Joaquín acumulábanse: ademais das requisas tamén fan as de participar destacadamente nos feitos revolucionarios daqueles días de xullo arengando e alentando os grupos rebeldes; ademais os seus antecedentes, como os dos outros acusados, eran os de significados axitadores e dirixentes das “organizaciones extremistas” ás que pertencían.
Diversos informes considerábano membro da agrupación socialista e persoa de confianza do deputado Amando Guiance; o da Guardia Civil, coa falla de fiabilidade habitual, considera que militara no partido comunista, afiliado á CNT e que “según informes que no se pueden precisar [!!!] desde su domicilio estuvo haciendo disparos el día 20 de Julio último con una pistola”. Algunhas testemuñas afirmaron que participara nos tiroteos contra as tropas que procedían á lectura do bando de guerra.
Un erro no apelido evita que o leven na saca dun grupo de presos que acabarán “paseados” a finais de setembro.
O 20 de novembro de 1936 celébrase o consello de guerra contra Joaquín Fernández Barcia, Nemesio Laya Abal, Ciriaco Licer Cons, Manuel Dios Costado, Ramón Rey Juncal e Eduardo Muíños Búa; na sentencia consideran a Joaquín responsable do delito de rebelión co agravante de perversidade e condénano a morte, do mesmo xeito que ao mestre Muíños e ao albanel Manuel Dios. Ademais deberían indemnizar ao Estado por responsabilidades políticas coa cantidade de cinco mil pesetas cada un.
Execútano o 2 de decembro de 1936, ás sete horas e trinta minutos da mañá no alto da Caeira. Foi enterrado en san Amaro na sepultura 49, cadro 1, fila terceira. A morte foi anotada no Rexistro Civil pontevedrés no folio 281 volto, tomo 117, partida 560 e como causa figura a de “colapso cardíaco”.
Dous dos seus irmáns serían detidos na década dos corenta acusados de actividades subversivas: Antonio, detido no 1947 por recadar diñeiro para Mundo Obrero, foi posto en liberdade polo xuíz por non haber cargos probados e Saturno, detido e procesado no 1948 por presuntas implicacións co partido comunista, foi absolvido.
Nos anos 90 un dos seus irmáns,  probablemente asesorado polo inesquecible Gonzalo Adrio, solicita (e consigue) que se subsanen as falsidades que constaban na anotación do rexistro civil no senso de que o lugar da morte (A Caeira, O Vao) non pertencía a Pontevedra senón a Poio, polo que debía rexistrarse naquel concello e a causa fundamental da morte: fusilamento despois dun consello de guerra por defender ideas políticas.
Serva este breve apunte para lembrar a un home para quen, como escribe o seu sobriño Víctor F. Freixanes, o Día da Galiza Mártir tamén foi o seu día, aínda que a súa execución fora en decembro.

jueves, 1 de agosto de 2019

Fundadores da Sociedade de Agricultores de Salcedo (1): Antonio Balchada.

O primeiro de agosto de 1936, o capitán da Guardia Civil e xefe nominal da Guardia Cívica pontevedresa Emilio Lledós, con forzas ás súas ordes, rexistra o domicilio de Gumersindo Estévez Cerqueiro atopando diversa documentación, tanto súa como do seu fillo Genaro (sería executado o 21 de setembro de 1936) que andaba fuxido. Gumersindo, presidente da Sociedade de Agricultores de Salcedo entre marzo de 1935 e o mesmo mes de 1936, sería detido posteriormente, xunto co seu irmán Manuel, cando se presentaron no cuartel da Guardia Civil para solicitar un certificado de boa conduta para poder marchar cara o estranxeiro.

Nunha relación titulada “Nombres de los fundadores de la Sociedad de Agricultores de Salcedo y compañeros más significados” figuran os nomes dos fundadores en 1892 ( foi rexistrada oficialmente en 1897). Estas persoas estaban propostas pola directiva que presidía Gumersindo para recibir unha homenaxe aos fundadores falecidos. Aparecen no listado: co apelativo de presidente: Martín Pintos Lucas, Lorenzo Montes, Antonio [Balchada] Sousa, Juan Piñeiro e Ignacio Da Pena; co de organizador: Santiago Sanmartín; cos de secretario: Antonio Carragal e Manuel Acuña Pena e sen indicar condición: Manuel Regueira e Francisco Soto.

A idea da directiva era celebrar un acto con varios oradores e adquirir as fotografías dos primeiros fundadores.

O texto destinado a ler na homenaxe adicado a Antonio Balchada, albanel de orixe portuguesa, era o seguinte:

La Sociedad de Agricultores honrra a sus Luchadores por la Livertad. Antonio Balchada Sousa Vecino y uno de los organizadores de esta Sociedad de Agricultores el año 1892, trabajó incesantemente después de organizada, para que el Cacique no la derrumbara porque con sus uñas de rrapiña quería desbaratar a lo que no le convenía, porque si hoy los Caciques le estorban las Sociedades, que harían entonces que no había más [ilexible] que ellos hacían de la justicia lo que querían del Servicio iden de Contribuciones Consumos y por último Cédulas también; así que las Sociedades eran el ostáculo mas grande para ellos enriquecer y dominar. Así que los directivos eran perseguidos amenazados y acosados a las peores torturas; mas Antonio Balchada Sousa nunca temió a las Amenazas, donde no se fundaban Sociedades Allí iba el tanto que fueran Agrícolas como Obreras. Celebraba mítines por todos los contornos, en los primeros de Mayos era Antonio Balchada Sousa quien rresibía los Mayores aplausos y felicitaciones por su buena oratoria y energía en busca de defensa de las justas rreivindicaciones de los Esplotados. Fue tan perseguido que por no tener por donde cojerlo judicialmente influýan los dominadores para que no tubiera trabajo en ninguna parte y por el hambre someterlo al Cacique: pasó sin sabores y se arregló, pero al Cacique nunca se doblejó. Como su oficio era Pintor y aquí no le daban trabajo tubo que aprender la arte de Albañil para poder mantener su mujer y hijos que eran mártires por las ideas de su padre. Llevó la vida tan agitada en busca de la rredención humana y sin tener apresio de la labor por el rrealizada dejó de existir de entre nosotros por la tuberculosis que lo arrebató a los cuarenta años lo mejor de su edad para la lucha.
(Ortografía e redacción orixinais). Documentación: Arquivo Intermedio Militar do Noroeste e AHPPO.

miércoles, 3 de julio de 2019

Himno revolucionario.

O 15 de marzo de 1937, ás oito da tarde, o sarxento Miguel de Miguel Marcos, comandante de posto da Guardia Civil de Lavadores, ao mando dun grupo de “cívicos”, gardas e falanxistas, localiza unha cova debaixo de dúas casas e cuns 20 metros de longo no lugar da Bouciña. Atopan varias armas, diferentes obxectos, roupa (algúns uniformes falanxistas e de soldado) e varios “cantares e himnos revolucionarios y de propaganda tendenciosa en contra del Movimiento”. Practícase a detención dos habitantes das casas: Alfredo Fernández González, Paulino Posada González, Alfonso Fernández Posada, Matilde González Rodríguez, Magdalena Caride Fernández, Carmen Fernández Posada e Mercedes Posada González.

O capitán da Guardia Civil Francisco González, “O Rabioso”, desprázase ao lugar dos feitos ás dúas da madrugada para comprobar o lugar; os detidos como presuntos encubridores e o material atopado foron conducidos ao cuartel do posto na rúa de Magallanes.

Entre as variadas cancións ( Himno de los perseguidos, Joven Guardia, Pioneros Rojos e varios tangos) que aparecen nun caderniño feito con follas mecanografadas con tinta vermella, atopamos un titulado “Himno revolucionario” que copiamos a continuación:

No desmayes pueblo Ruso,

seguid luchando con tesón,

que la Internacional se adhiere

a vuestra revolución, (revolución)

Fiera venganza tomaremos,

contra la canalla plutocrática,

corra la sangre aristocrática,

por las calles sin cesar (y sin cesar).

Empezaremos por Gil Robles,

terminaremos por el clero,

que es el animal más fiero,

que devora la nación,

Viva la revolución, la revolución social.

Arriba trabajadores

triunfe la lucha social, (lucha social)

Viva la juventud comunista, (viva)

Viva Rusia y la Internacional.

Arriba trabajadores

triunfe la lucha social (lucha social)

Viva viva el ejército rojo (viva)

Viva Stalin, Lenin y Carlos Marx.

De todos os detidos só sobreviviron Magdalena Caride e Carmen Fernández, que serían xulgadas posteriormente e absolvidas. Os restantes foron “paseados” e as súas mortes constan no rexistro civil de Lavadores: Alfredo Fernández González, 36 anos, xornaleiro, casado, un fillo; Paulino Posada González, 47 anos, casado, xornaleiro, tres fillos; Alfonso Fernández Posada, 20 anos, solteiro, xornaleiro; Matilde González Rodríguez, 35 anos, viúva, xornaleira, dous fillos; Mercedes Posada González, 48 anos, casada, de profesión “sus labores”. Os cadáveres aparecen no cemiterio de Lavadores o 17-3-37 e a causa de morte que figura no rexistro é a de “herida por disparos de arma de fuego”. Outros “paseos” relacionados son os de José Caride Fernández, 19 anos, serrador, o seu corpo aparece en Naia o 18-3-37 e a causa da morte consta como “hemorragia cerebral”; Severino Carrera Martínez “Farrapillas”, 26 anos, casado, xornaleiro, aparece o cadáver no cemiterio de Lavadores o 17-3-37 e a causa da morte é “heridas por disparo de arma de fuego”.

Neses días tamén hai outras mortes na zona; o propio sarxento Miguel de Miguel, en escrito datado o 1 de abril de 1937, detalla os “individuos muertos en el monte que se hallaban fugados”, no tempo que el levaba no posto: Ramón Conde Gutiérrez (27-1-37), Aniceto Campos Caride (29-1-37), Aniceto Marcos León (31-1-37), José Viéitez Miras “Loto” (4-2-37), Antonio Alonso Comesaña, Manuel Vázquez Lamas e Higinio Fernández Fernández, todos o 16-2-37, Fernando Castro [Domínguez] (13-2-37) e o mencionado Severino Carrera. En canto a Aniceto Campos, posiblemente se refira a Antonio Campos Caride do que consta a morte o 30 de xaneiro e o seu cadáver aparece no cemiterio de Lavadores. O sarxento apunta tamén que ten noticias de que “han sido muertos otros individuos por fuerzas de los Destacamentos de Bembrive y Castrelos ignorándose quienes sean estos.”

Xoán Carlos Abad, na súa magnífica publicación “Héroes o forajidos”, editada polo Instituto de Estudios Vigueses, afirma:

Una vez hecha en las propias casas la selección de los que iban a ser asesinados y los que iban a vivir – pues al final de estas tres familias sólo sobrevivieron las dos mujeres que estaban embarazadas y los niños – se procedió a llevar acabo la requisa de todos los bienes de valor que había en ellas; y no contentos con ello, se procedió, posteriormente, a la quema de las casas. (Abad, 2005: 287)

Abad tamén achega declaracións de testemuñas presenciais dalgúns dos asasinatos e engade o feito do asasinato do cabeza de familia, Domingo Fernández Lago, home de Mercedes e pai de Alfonso, o 9 de abril.

miércoles, 5 de junio de 2019

Comisión depuradora do maxisterio (e 2)

Os mestres integrantes da comisión foron Jorge Vázquez Fernández, o famoso “don Jorge”, e o coñecido pintor e debuxante Luis Pintos Fonseca.
Jorge Vázquez Fernández ademais de mestre en Lérez era cura. Ligado familiarmente á patronal da construción (un dos seus irmáns foi dono da empresa Raymundo Vázquez S.A., as siglas da empresa RV deron lugar ao apelativo popular de “reventa vivos”) e con boas relacións coa todopoderosa familia Riestra. A súa primeira misa, en 1926, foi na capela da Peregrina e foron padriños de mans a marquesa viúva de Riestra e o seu fillo Raimundo, marqués de Riestra; a celebración foi por todo o alto e mostra do poder económico da familia Vázquez. No Palace Hotel numerosos convidados asistiron a un espléndido banquete; como curiosidade, o menú foi: 
Entremeses, Potage (sic) a la castellana, Huevos a la Cerigord (sic), Paella a la marinera, Vieiras al gratín, Lenguado y merluza a la romana, ensalada, flan a la vainilla, tarta de almendra, quesos y frutas. Vinos: Paternina, Champagne, Café, licores y cigarros.
Exerceu de capelán das Siervas de María e do convento de santa Clara, coadxutor de san Bartolomé, consiliario da Asociación de Maestros Católicos, da Juventud Católica Femenina e director espiritual do colexio privado Inmaculada Concepción. Tamén participou na comisión que visitou Italia no 38 e, ao regreso, publicou no Boletín de Educación o artigo: “Roma eterna, síntesis de la Excelencia del Viaje”. Foi nomeado inspector.
En tempos da República pertencera á Unión Regional de Derechas (URD) e no 36 afiliouse a Falange sendo mobilizado pola Jefatura Provincial de Milicias no ano 1938. O ministerio do exército concedeulle a medalla de campaña co distintivo de retagarda. Prestou servizos como garda cívico. Tamén foi capelán de campamentos do Frente de Juventudes.
Luis Pintos Fonseca era membro dunha coñecida familia pontevedresa con ligazóns coa masonería e a teosofía; na casa familiar da rúa Charino aínda se conservan elementos simbólicos como a estrela de cinco puntas na fachada e flores de loto esculpidas no portal. Debuxante e pintor, traballou como mestre e como profesor auxiliar de debuxo no instituto de Pontevedra. Exerceu como interino na graduada do Areal (Vigo) e en maio de 1934 noméano como mestre en Lusquiños (Tomeza). Foi socio fundador da Casa del Maestro.
Ordenouse sacerdote no ano 1947 e oficiou a primeira misa na capela de Xesús Nazareno, na que fora bautizado. Foi padriño de altar o catedrático de relixión don Lino García e padriños de mans o seu íntimo amigo José F. Filgueira Valverde e a señorita Ramona Losada Fernández. Colaborador habitual da revista católica SPES.
Participou en diversas actividades do Seminario de Estudios Gallegos. En 1931 foi directivo do Grupo Nazonalista Galego, presidido por Castelao. Sorprendentemente tamén figura como afiliado á Unión Regional de Derechas (URD) na que causaría baixa.
Sobre a súa actitude cando o golpe de estado do 36 circula unha versión nas súas biografías que non parece compadecerse co realmente sucedido; vexamos a xeito de exemplo, o que se afirma na publicación “Pontevedreses”:
Está vinculado con fuerza al movimiento galleguista, lo que en 1936 tiene cierto peligro; Luis, asustado, se refugia en el Monasterio de Poio y allí permanece. Saldrá después de la Guerra para entrar en el Seminario de Tui y de ahí al de Santiago; en 1947 es ordenado sacerdote.
 Noutras biografías afírmase que estudara a carreira internado en Poio cousa imposible por non ter seminario.
 A realidade é que, en decembro de 1935, fora elixido presidente da Asociación de Maestros Católicos e no 36 e anos seguintes, segue  exercendo como mestre en Tomeza ata que no ano 1938 solicita unha excedencia por máis dun ano e menos de dous; a finais do 37 tamén exerce como axudante numerario de debuxo no instituto. Aparece como doante en diversas subscricións patrióticas; en setembro de 1936 (Diario de Pontevedra, 1-10-1936) noméano delegado de ensino na Junta Carlista de Guerra e o 18 de decembro integra a comisión depuradora do maxisterio. En agosto de 1936, como presidente dos mestres católicos, diríxese ao comandante militar da praza cunha “patriótica” carta anunciando un donativo de 250 pesetas (todos os fondos da asociación) e anuncia que os seus membros cederán un día de soldo co mesmo fin (Diario de Pontevedra, 29-8-1936). En setembro de dito ano a Asociación de Maestros Católicos que presidía diríxese á Junta de Defensa Nacional 
felicitándoles entusiastamente por las acertadas disposiciones sobre la destructora enseñanza, coeducación, libros de texto y demás medidas para la restauración moral y cristiana en la escuela española.
 Como se pode comprobar, toda unha serie de actividades documentadas pouco compatibles co suposto refuxio en Poio.
A pesar do seu aliñamento cos sublevados, Pintos, como todos os mestres, tamén será obxecto (ao igual que Jorge Vázquez) de expediente de depuración que, como cabía esperar, resólvese con todos os pronunciamentos favorables o 11 de xaneiro de 1939. O xefe da Falange pontevedresa, Ramón Portela, non vía con bos ollos a composición da comisión depuradora nin a súa actuación, que considera persecutoria contra mestres do SEM (Servicio Español del Magisterio) que estaban na fronte de guerra; nun informe aproveita para acusar a Luis Pintos: 
Hipócrita redomado galleguista de Castelao. Sucesor de el en la Auxiliaría de Dibujo del Instituto a propuesta de Vilanova. ¡Que más querían Castelao y Pintos que esta sucesión!... Su finado padre era masón, uno de los pocos pero conocidos, que había en Pontevedra. El hijo hace una vida de fervoroso católico, pero también lo hacían los separatistas de Bilbao. Fué el autor de los carteles murales del Estatuto Gallego donde se decía: ANTES MORTOS QUE ASOBALLADOS (antes muertos que españoles).
 Como pode apreciarse, duras acusacións incluída a curiosa tradución de “Asoballados”.
En agosto do 36 a ficha de inspección considerábao como de ideoloxía de dereitas e o alcalde informa que durante o período da Fronte Popular fora presidente da Juventud Católica. En 1947 noméano coadxutor en san Bartolomé e no 1948 consiliario da Acción Católica (A.C.) masculina; no 1951, consiliario da rama feminina de A.C. da parroquia. Foi o principal impulsor da “refundación” da Semana Santa pontevedresa a finais da década dos 40, tarefa na que ademais de personalidades como Filgueira Valverde e Vicente Riestra tamén participa a Jefatura Provincial de Ex-combatientes con Saturnino Paz Peón, os irmáns Puig Gaite, Fernando López Viaño e outros que fundan a confraría de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas (máis coñecida na cidade como Cofradía de Excombatientes ).
Afiliado a FET y de las JONS logo da unificación, aparece citado o 10 de abril de 1940 nunha relación de camaradas militantes que debían recoller o carnet na xefatura na rúa Michelena 30. En 1945 continúa aparecendo nos listados de Falange. En 1955 participa como poñente nos actos do Día del Dolor organizados polo Consejo Provincial de Falange.
Ricardo Melero Pereira era representante da Asociación de Padres de Familia e un dos pesos pesados da sociedade capitalina, tanto no mundo empresarial como político. Presidente da patronal pontevedresa, a súa fábrica de alpargatas fora obxecto, en febreiro de 1936, dun vandálico ataque por parte dos sectores máis extremistas da esquerda obreira; o pretexto aducido fora a protesta contra manobras electorais da dereita. Tamén foi directivo do Círculo Mercantil e Industrial, da Cámara de Comercio e da xunta do club de fútbol Alfonso XIII C.F.
A Asociación de Padres de Familia era moi conservadora e belixerante contra determinadas medidas do goberno republicano, nesta orde visitara ao gobernador civil para expresarlle a súa protesta polo proxecto de lei sobre as ordes relixiosas.
Ricardo Melero tiña un perfil político profundamente dereitista: en 1932 participara activamente, xunto con Víctor Lis, Ramón Gómez, Tomás Abeigón, Enrique Paredes, Antero Marescot e outros, na articulación da Unión Regional de Derechas (URD) que nace para “actuar en defensa de los santos principios de la Religión, la Patria, la Familia y la Propiedad, que son la base de la paz pública y el elemento necesario para el trabajo fecundo.”
Nas eleccións de 1933 presentouse como candidato polas dereitas e o xornal El País, órgano de Izquierda Republicana, aproveita para atacalo mediante unha caricaturesca e imaxinaria entrevista: 
en cuestiones políticas reconozco mi falta de preparación y competencia”, os motivos de tomar parte na propaganda dereitista serían “mi vocación de hombre de orden, amante de la religión y de la familia” [...] Pero cree V. que los que tenemos algo que perder podemos soportar estos avances de la República? Yo le puedo enseñar los libros de mi fábrica y verá por ellos que mis ingresos se han reducido al tener que cumplir las leyes sociales que mejoran la situación del obrero. Y eso que los sueldos que pago no son exagerados”
No proceso de crecente radicalización da dereita, foi detido en abril de 1936 por consideralo relacionado con incidentes provocados por fascistas; compañeiros de detención foron significados fascistas como o capitán retirado Benito Pardo, Secundino Esperón, José Outerelo e outros; daquela Melero era tesoureiro da CEDA.
Como podemos apreciar, a compoñente relixiosa militante na súa versión máis integrista está presente en todos os compoñentes da comisión: podemos considerar este aspecto como o factor ideolóxico dominante. Na orde política, a afiliación nos partidos da dereita autoritaria e, en dous casos, no galeguismo de dereitas, deu paso á militancia nas filas falanxistas ou carlistas; militancia non ocasional senón prolongada en décadas desempeñando postos en órganos do chamado Movimiento Nacional e como concelleiros nos axuntamentos franquistas. A documentación de varios arquivos e as fontes hemerográficas e outras permiten completar os perfís biográficos, ocultados ou terxiversados (de xeito intencionado ou non) nas haxiografías ao uso, e comprender mellor o marco da represión sobre o maxisterio.