En la parroquia de
Santa María de Geve a veinte de Julio de mil novecientos treinta y
seis, recibe D. Eduardo Muíños Búa y D. Nemesio Laya una escopeta,
fuego central, calibre veinticuatro (24) que, por orden del Sr.
Gobernador, entregó D. Vitorino (sic) Pereira a D. Eduardo Muíños,
guardia cívico al servicio del Estado.
Este recibo,
asinado por Eduardo Muíños e Nemesio Laya, era unha proba
indubidable dos feitos ocorridos na reitoral de santa María de Xeve
na tarde do día en que as tropas tomaron as rúas de Pontevedra. Os
autores recoñeceron o sucedido nas declaracións que figuran no
atestado instruído.
Eduardo Emilio
Muíños Búa nacera en Pontevedra o 26 de novembro de 1892, fillo de
Antonio e Emilia, era mestre de san Martín de Verducido; aprobara as
oposicións no ano 1920 e tamén traballara como redactor no xornal
Progreso e fora correspondente do Diario de Galicia. En 1918 escribe
un artigo laudatorio a Antonio Maura no que afirma que “Maura sube
al Poder solicitado por el pueblo” (Progreso, 23-8-1918); no ano
1935 desmente o nomeamento de vogal da Juventud Republicana Radical e
afirma que se dera de baixa no partido. O seu irmá Antonio,
reloxeiro e xoieiro, concelleiro en Marín, tamén sufriu a represión
franquista; unha das irmás, Isolina, estivo casada co copropietario
do xornal Progreso e exerceu como profesora da Normal pontevedresa.
Nada sabemos da súa
militancia partidaria, máis alá do seu paso polo partido Radical e
dos informes que figuran na causa 1098/36, na que figura como
procesado; o cura Victorino Pereira, o alcalde de Xeve José Iglesias
e a Guardia Civil, coinciden en sinalar que era un significado
extremista e activo propagandista da Fronte Popular. Non falta a
referencia á súa vida privada, pois a Guardia Civil considera que
deixa bastante que desexar “puesto que hace vida marital con dos
mujeres al propio tiempo”.
As investigacións
sinalan que Eduardo tamén participara ese mesmo día (20 de xullo)
na requisa de armas e municións levada a cabo no establecemento de
Ruperto Santos; nesta ocasión o grupo estaba acompañado polo
policía Castor Prieto, que sería unha das testemuñas de cargo en
moitos xuízos daqueles días.
Eduardo estivo
preso na illa de san Simón, nela mandaba o seu curmán Lago Búa,
inspector provincial de prisións. Nunha nota reservada, redactada
logo da destitución e detención de Lago, afírmase que, cando o
detiveron, encargou que lle deran ao seu primo Eduardo o tabaco que
tiña, procedente dos comisos, e varios obxectos e material de
oficina.
O 20 de novembro de
1936 celébrase consello de guerra en Pontevedra contra Eduardo e
cinco máis. O relato dos feitos afirma que Muíños organizou a
expedición que fixo requisas en Xeve, concretamente na casa do cura
de santa María,
penetrando en ella con excepción del chófer que permaneció en el coche y el Muíños que dirigía la expedición enseñando al Sacerdote un escrito autorizado por el entonces Gobernador, le conminó para que le entregase cuantas armas tuviera, contestándole aquel que sólo tenía una escopeta de caza que la entregó.
O informe do fiscal
Hernán Martín-Barbadillo apunta directamente a Muíños Búa:
Con frecuencia aparecen en la reciente rebelión roja que se desarrolló en Galicia los pequeños grupos dirigidos por uno que lleva la voz cantante y que es generalmente el que más se distingue entre ellos por su significación extremista.Estos jefes de grupo son aquellos individuos de más confianza dentro de las organizaciones revolucionarias y casi siempre poseen algo de instrucción que les sirve para dirigir la actuación rebelde de la gran masa revolucionaria y analfabeta. El procesado en esta causa EDUARDO MUIÑOS BÚA, Maestro Nacional, aparece encarnando ese tipo de jefe de grupo o partida revolucionaria.
Condenado a morte,
foi executado ás sete e media da mañá do 2 de decembro de 1936 no
alto da Caeira. Foi enterrado no panteón 184, rúa C, propiedade dos
herdeiros de José Malvar, no cemiterio de san Amaro. Tiña 441
anos de idade.
1En
moitas publicacións figura como 39 ou 31 pero a correcta, segundo a
partida de nacemento, é a de 44.
No hay comentarios:
Publicar un comentario