miércoles, 20 de diciembre de 2017

José Bastilleiros, un desertor "paseado".

José Bastilleiros Rey fora cabo interino no rexemento de artillería lixeira número dezaseis da Coruña, de alí pasou como voluntario ao rexemento de infantería Pelayo, de guarnición en Oviedo; deserta deste destino e pasa uns días en Cerceda ata que o 3 de agosto alístase no Batallón de Voluntarios de Pontevedra. O 13 de agosto falta a tres listas de ordenanza na súa compañía, marcha sen permiso a Asturias cunha expedición que levaba víveres para á fronte de batalla, volve a Ribeira nun camión coa intención, segundo manifesta, de coller un vapor na Proba do Caramiñal cara Vilagarcía. O 26 de agosto foi detido na Proba pola Guardia Civil e ostentaba os galóns de sarxento.
No momento de alistarse en Pontevedra dera un domicilio falso ocultando que residía no bar Capacho, onde deixa sen aboar a hospedaxe. Cando desertou levou consigo prendas de uniforme (un mono e un gorro) así como un revólver pertencente a un compañeiro.
Detido en Pontevedra, o 3 de setembro o delegado de orde pública ordena o seu traslado ao cárcere de Caldas de Reis. Os encargados do traslado foron os gardas civís Jesús Barja (cabo) e Evaristo Cid; ao chegar ao quilómetro 42 da carreteira entre a capital e Caldas
pidió permiso para hacer una necesidad corporal y aprovechando la autorización concedida, intentó fugarse por lo que los conductores se vieron en la necesidad de hacerle fuego, matándole
O cadáver foi entregado ao xuíz instrutor de Caldas que dispuxo fora trasladado ao cemiterio de santo Tomás e alí foi enterrado.