miércoles, 19 de diciembre de 2012

Claudio Magdalena González

Adicada a Rogelio Torres  pola súa xenerosidade.

Un oficio  asinado polo comandante da Guardia Civil Joaquín Velarde acompañaba a posta a disposición da autoridade xudicial militar de Claudio Magdalena González, acusado de “ser uno de los cabecillas del movimiento iniciado contra el Ejército Español en el mes de julio último por los elementos obreros comunistas de Pontevedra y sus inmediaciones”
    Claudio Magdalena era natural de Vigo, traballara en Oviedo de electricista e establecérase en Pontevedra, onde, ademais de exercer o seu oficio, tiña unha taberna na rúa San Román;  fora directivo do Partido Radical Socialista e, máis tarde, integraríase no partido Unión Republicana.
    O xornal Progreso do día 9 de setembro de 1936 daba conta da súa detención e afirmaba que  a captura fora un tanto laboriosa, debido á boa situación estratéxica en que se atopaba o fuxitivo: un monte desde o  se divisaba toda a comarca. Logo  da saída dos militares á rúa, Magdalena e outros compañeiros buscaron refuxio nos montes de Lérez e no Acibal, durmían no monte ou en alboios das casas que non tiñan cans e consideraban seguras e, polo día, achegábanse a buscar comida ao lugar do Castelo. Pero as forzas represoras baixo o mando de Lis recibiran confidencias sobre os fuxidos e as batidas sucedíanse dia e noite, nunha delas, levada a cabo por un grupo de seis gardas civís e uns sesenta “cívicos”, lograron a detención de Claudio Magdalena o 8 de setembro.
    As acusacións contra el son moi graves e efectúanas destacados membros da Guardia Cívica. Víctor Lis afirma que era un dos principais dirixentes do movimiento obrero contra el Ejército que continuamente estaba en contacto con el ex-Gobernador Civil al que parece servir de asesor o Secretario. Tamén asegura que era  elemento de ideas moi avanzadas e disolventes e que o vira repartindo armas e organizando a xente o 20 de xullo na capital, así mesmo   acúsao de dirixir, xunto con Alejandro Gama, o asalto aos almacéns de Melero e ao local de Acción Popular en febreiro do 36. Outro dos acusadores foi o sarxento do Batallón de Voluntarios Eduardo Rodríguez para quen Magdalena é comunista perigoso, corrobora o dito por Lis e engade que participara na organización do asasinato de Secundino Esperón, que era “policía particular del Frente Popular” e que “ha hecho siempre alarde de su poder e influencia comunista, cuyas ideas propagaba y ensalzaba en su establecimiento de bebidas al que concurrían el Gobernador  Civil Señor Acosta...
    Claudio Magdalena deféndese asegurando que o día 19 foi ao goberno civil para curiosear e que permaneceu alí toda a noite saíndo só para buscar tabaco e cear algo na taberna de Urtaza; recoñece que o 20 acompañou aos que rexistraron a casa da marquesa de Leis, na que atoparon armas de carácter histórico, na do cura de Cerponzóns e noutras casas da zona.
    No consello de guerra o seu defensor, Jaime Aranda, minimiza a súa significación política:

 y Magdalena es un obrero de tantos, sin cultura como es natural, a quien se quiere hacer cabeza de turco cuando lo que el pretendía en estos tiempos era adquirir méritos para lograr la seguridad de un jornal alcanzando la plaza de electricista de la Diputación. [...] No podría Magdalena ser el representante de las organizaciones obreras, desde el instante que no aparece con cargo sindical alguno.
    Pero a sentencia recolle nun dos considerandos:
Que el procesado paisano CLAUDIO MAGDALENA GONZÁLEZ, de significación comunista y que con anterioridad a los sucesos se distinguió interviniendo en atentados contra  las casas y establecimientos de personas de significación derechista, al enterarse del Movimiento militar se persona en el salón de la Diputación de esta capital y con pistola en mano se le ve dando órdenes y repartir armas de fuego, distinguiéndose en las requisas de dichas armas de las casas de personas de significación derechista.
    Condenado a morte, entra en capela instalada no baixo do cuartel da Guardia Cívica e, xunto con outros compañeiros, é fusilado por un piquete de 40 gardas de asalto mandados polo tenente José Rodríguez  ás sete da mañá do sábado 17 de abril de 1937; rexístrase a morte como causada por  colapso cardíaco. Como estaba establecido, a documentación recolle a súa vestimenta: zapatos e calcetíns negros, camisa branca  e pantalón escuro; a sepultura recibiuna en San Amaro, na fosa 34, zona segunda, fila 1ª, en terreos propiedade do concello.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Masonería en Pontevedra (IX). Entre América e A Guarda (2)



Rematamos esta pequena incursión fóra do ámbito xeográfico deste blog e que veu motivada pola inculpación, como membro da loxia pontevedresa Helenes, de Manuel  Vicente Álvarez. Nun auto     ditado polo xuíz instrutor Ángel Colmeiro Laforet, datado o 25 de setembro de 1937, aparece o seguinte resultando:
Que de las actuaciones presentes hay indicios suficientes para aseverar de una manera indubitada la afiliación a la Secta del vecino de Tuy Manuel Vicente Álvarez, como integrante de la Logia Helenes de Pontevedra.
Coidamos que a orde dos apelidos pode inducir a confusión e  aparece rectificada no mesmo documento podendo coincidir con  Manuel Álvarez Vicente, veciño de A Guarda, antigo emigrante a Puerto Rico, alcalde da citada vila  en dúas ocasións  e un dos fundadores  do Recreo Artístico Guardés. A través de diferente documentación podemos afirmar que se trata de Manuel Vicente Álvarez, funcionario de prisións en Pontevedra.
 No considerando deste auto, amparándose  no artigo 470 do  Código de Justicia Militar, decreta la detención del pasiano (sic) de Tuy Manuel Álvarez Vicente líbrese el oportuno mandamiento al Sr Comandante Militar para que dé las órdenes oportunas para su detención e ingreso en la Cárcel y comuníquese en atento oficio a las Superiores Autoridades Judiciales. De seguro que o mandado do xuíz non puido levarse a cabo porque o citado Manuel morrera o 2 de marzo de 1936.
Seguindo a pista de Manuel Vicente Álvarez atopei documentación [TERMC 1260] sobre un sorprendente feito que transcribo integramente:
 CONFIDENCIAL.- Hay noticias de que se prepara contra el Gobierno de Burgos por elementos afectos al parecer al Movimiento Nacional, un golpe de audacia en la Villa de La Guardia, en combinación con elementos fascistas de portugal (sic), los cuales desembarcarían en La Guardia, como turistas, para unirse a las patrullas rojas que andan por los montes y de esta manera poder batir con eficacia a las tropas Nacionalistas.- Se cita como complicados en este movimiento a Gregorio Portela, Francisco Moreno, Norberto Gándara y Hermanos, Jiménez, A. Del Valle, a cargo de los cuales está encomendada la propaganda y recaudación de fondos.- ES COPIA.- Hay un sello en tinta que dice Comandancia Militar de Tuy- S.I.M.
Pero a sorpresa non remata no escrito precedente pois tamén aparece copia dun curioso escrito de pretendida orixe masónica, cheo de abreviaturas e claves, supostamente dirixido a Gregorio Portela dende unha loxia de Puerto Rico:
A .: G.:D.:G.:A.:D.:U.: - Valles de San Juan de Puerto Rico a los 28 días del mes de Julio de 1937.- Sr. Don Gregorio Portela.- La Guardia, España.- Q.:H.: .- Confirmamos la nuestra, y acusamos recibo de la vuestra de fecha 25 de Junio. Sírvase notificar con carácter urgente a los abajo indicados, la siguiente órden. A: Norberto Gándara.-Egidio Fernandez.- Daniel Fernández.- Nicolás Linares.- Arturo del Valle, hijo.- Mariano Jiménez.- José Gómez.- Dr. José Sobrino.- Dr. José Jurado.- ---ORDEN ---.- Traslado inmediato, e individualmente, a la residencia de Manuel Martínez, García Barbón, 63, Vigo. Allí cada uno indicará la cantidad exacta de fuegos para la jente (sic) disponible. Una vez despues de hacer acto de presencia, esos le serán entregados a cada uno en su demarcación.- ---AVISO ---Trasmítase urgentemente a: - Francisco Moreno Álvarez.- Ricardo Lomba.- Generoso Alonso.- Ramón Gándara.- Eduardo Gándara.- Que, hacia el dia:; -”-” ...-arribará a las costas de e121 249;-:, el barco cuyo nombre y matrícula usted conoce, con la expedición de turistas, para contribuir y dar mas realce a las próximas fiestas. Monten servicio en toda la demarcación. Tengan listos los receptores. Señales: ...; cohetes en ...; series, colores, rojo, amarillo, morado. Por radio ...; veces la palabra L.: en ...; series. Apercibidas las señales, despachen inmediatamente a alta mar, todas las embarcaciones disponibles. Los expedicionarios turistas, darán a Ud., otros detalles que ahora omitimos.- Despachen inmediatamente a Vigo, a Sebastián Pérez Carneiro, para que transmita orden verbal que Ud., conoce, en el sitio llamado “/-`.'-, a Manuel González Fresco, para que este, despache otros emisarios a comunicar la orden a los demas interesados en las fiestas proyectadas.- Como nada nos dice Ud., sobre el particular en su citada carta, debemos insistir nuevamente, que, todas las planchas en su poder que se relacionan con los festejos, como tambien sus diplomas de Masón, debe guardarlos en sitio seguro, fuera de su domicilio. Consideramos innecesario dar mas explicaciones.- Firmeza al actuar y buena suerte. Salud.- M. Villegas.-V.:M.: Elegidos de la Patria.-
Algunhas das persoas citadas nos documentos anteriores tiveran unha destacada participación en apoio do golpe militar: Francisco Moreno foi o primeiro alcalde franquista da vila, Gregorio Portela  tamén integrou esa primeira xestora municipal dos sublevados, Mariano Jiménez probablemente fora  Mariano Jiménez Huete, na data do escrito alcalde da vila e José Jurado, médico, ocupou o cargo de Síndico, falanxista de triste recordo pola súa actuación na represión.
En canto aos documentos, parece descartable esa estraña alianza entre masonería, falanxistas, fascistas portugueses, fuxidos como “O Fresco” (daquela facía meses falecido)... Deberiamos apuntar máis ben  a vinganzas dentro do bando sublevado ou a delirios paranoicos dalgún compoñente dos servizos de información.