sábado, 22 de marzo de 2008

Víctor Lis Quibén


Ás vinte horas do día nove de xullo de 1963 morre aos 69 anos, no seu domicilio da Rúa Nova de Abaixo nº 40, en Pontevedra, a consecuencia de “shock, estrechez aórtica”, Víctor Lis Quibén, fillo de Fulgencio e Perfecta, casado e nacido en Bos Aires (Arxentina).

O día 11 de xullo, o xornal El Pueblo Gallego, nunha nota necrolóxica daba conta do feito:

La grave dolencia que aquejaba a nuestro muy estimado convecino don Víctor Lis Quibén, ha tenido un fatal desenlace en la tarde de anteayer. Era el finado capitán médico de Sanidad Militar, en situación de retirado, y contaba en esta capital y su provincia con numerosas y buenas relaciones. Se destacó además como médico, como publicista y deja varios libros escritos algunos de los cuales publicó, mostrándose como buen investigador. Por disposición expresa del finado, su cadáver fue trasladado al cementerio con carácter particular y a pesar de ello fueron muchísimas las personas, especialmente miembros del Colegio Médico Provincial, los que lo acompañaron hasta la última morada.

Se buscamos na Gran Enciclopedia Gallega, o autor da reseña, D. Antonio Fraguas, di que

dedicó gran parte de su vida al estudio de la etnografía y del folklore, principalmente de la medicina popular, del curanderismo y de la medicina mágica [...] colaboró asimismo en la prensa gallega y logró reunir un gran número de papeletas de medicina popular y fórmulas mágicas y un trabajo sobre o falar dos canteiros.

En 1949 publica o seu coñecido libro “La medicina popular en Galicia” prologado por Fermín Bouza Brey e que segue a ser unha obra non superada neste tema.

Pero esta imaxe de médico estudoso da cultura popular e de persoa querida por todos, que pode desprenderse das notas anteriores, contradise coa figura cruel que, aínda hoxe, desperta o medo nas poucas testemuñas que viviron os anos do levantamento militar do 36. Imos achegarnos un pouco a esa figura que poderiamos cualificar de poliédrica.

Aínda que nacido en Bos Aires, a súa familia era orixinaria de Cutián, no concello de Cotobade. Comeza a súa carreira política como concelleiro monárquico en Pontevedra tras as eleccións de abril do 1931, pero xa na Ditadura de Primo de Rivera fora membro do Somatén.

Neste ano de 1931, logo da derrota das candidaturas monárquicas, Lis escribe unha carta aberta co título de “Cobardía” na que critica duramente a aqueles sectores que viñan pregoando a súa fe monárquica e aproveitándose de aquel réxime e que, na hora da verdade, non lle prestaron axuda a Lis nin aos seus compañeiros das listas monárquicas:

...he de rebelarme con toda mi alma contra aquellos que obligados a defender nuestra candidatura, se han cruzado de brazos, mientras tanto ocho víctimas se sacrificaban defendiendo lo que ellos dejaban arrebatar por su cobardía y desidia y cuyas consecuencias han de ser los primeros en sentir en el día de mañana. [...] he de mirar con todo desprecio a los cobardes y de repudiar con toda mi alma a los indiferentes y traidores. (El Progreso 14-4-31)

É un dos primeiros asinantes e activo participante na creación e expansión pola provincia de Pontevedra e por Galicia da Unión Regional de Derechas (URD), sendo secretario da súa primeira directiva. Esta forza de dereitas vai participar, integrada na CEDA de Gil Robles, nas eleccións do 1933, obtendo Lis 67111 votos, que lle dan dereito a un escano no parlamento español. Tamén forman parte deste partido figuras da sociedade pontevedresa como Abeigón, Melero, Fontoira, Baltar...que van ter destacada relevancia tras o golpe militar.

A súa posición nos tempos da República estivo sempre na liña máis próxima aos sectores tradicionalistas e partidarios do golpismo. Sofre varias detencións por diversos incidentes, como por exemplo, a “guerra das bandeiras” no ano 32 cando colocou unhas arpilleiras no balcón da súa casa en lugar da bandeira tricolor, con motivo do aniversario da proclamación da república; rexistros e detención tras o golpe do xeneral Sanjurjo, proceso por desacato ao alcalde e suspensión no cargo de concelleiro ata que foi absolto en maio de 1933, etc. Non falla un atentado con explosivos, como o que sofre con motivo dun mitin no ano 33 en Beluso (Bueu) e do que sae ileso.

A intensa participación política non impide a súa presenza pública noutras actividades: sociedades de caza, presidente da sociedade recreativa “La Peña”, presidencia honoraria da Cofradía del Apóstol Santiago do Burgo (1937) ou a súa actividade como médico, compartindo a entidade “Policlínica de Urgencia” en Benito Corbal 13, con Amancio Caamaño, Abeigón, Pereira, os practicantes Afrodisio Martínez e José Mª Vázquez, algúns deles con destinos tan contrapostos e tráxicos nos anos vindeiros. Máis tarde participa na “Nueva Policlínica”, detrás do Teatro Principal, dirixida por Marescot e acompañado por Abeigón, García Pintos, Fontoira e outros.

A súa evolución política é cada vez máis extremada. En marzo de 1934 abandona a CEDA pasando a ser deputado do partido de Calvo Sotelo, Renovación Española. Xunto con Manuel Castro Pena entra en contacto con José Antonio Primo de Rivera e parece ser que durante un corto tempo foi o primeiro xefe provincial de Falange, organización que abandona.

Silva Ferreiro conta que en Salcedo existe unha sociedade antimarxista con 200 afiliados e controlada por Víctor Lis.

Cando se produce o golpe militar, Lis, alférez, tenente e logo capitán de complemento de Sanidade Militar, vai ter unha destacada actuación como principal dirixente da tristemente famosa Guardia Cívica. Esta organización, xunto con Falanxe e outras milicias, vai sementar o terror nos primeiros meses da sublevación.

Participa persoalmente en actuacións como a detención do deputado socialista Ignacio Seoane en Dorna (Cotobade), nos sucesos de Salcedo que ocasionaron a morte de varias persoas, detencións... O labor represor de Lis Quibén non se limita á capital senon que se extende a toda a provincia. Sirva de exemplo a súa actuación na morte de Manuel González “O Fresco”, na que actúa unha columna integrada pola Guardia Civil, Guardia de Asalto e Guardia Cívica, baixo o mando do capitán Pou e Lis como oficial. A misión consistía en

batir, capturar y hacer labor de limpieza en los montes y aldeas de los Ayuntamientos de Redondela, Mos, Porriño, Puenteareas, Mondariz y Pazos de Borbén por merodear por allí partidas armadas de fugitivos que cometían robos, una de las cuales capitaneaba Manuel González Fresco y otra el conocido comunista de Mos apodado Cataplin. (Diario de Pontevedra, 8-1-37).
Ademais da morte do Fresco, causaron unhas vinte baixas e arredor de trinta detencións.

En novembro do 36 déixanos unha mostra da súa florida oratoria , cando intervén no festival da Guardia Cívica:

...España ha contraído una deuda con su ejército, deuda que jamás podrá pagar, porque gracias a el la nave del Estado desmantelada, desarbolada y sin gobierno y que durante estos últimos años navegó a merced de las olas de la masonería, marxismo y judaísmo dispuestos en todo momento a estrellarnos contra los acantilados de una costa erizada de odios, rencores y venganzas, puede hoy navegar libremente con las velas desplegadas del triunfo por un mar de tranquilidad y sosiego [...] Pontevedreses, los que habeis tenido la dicha de nacer en esta ciudad de atmósfera embelesada, de frondosas colinas, fuentes murmuradoras, poéticos ríos con sus riberas bañadas cadenciosamente por el mar en donde todo es encanto y hermosura, la que ve reflejar en el inmenso cristal de su ría las veletas de Santa María, los añosos robles y las acacias perfumadas de sus frondosas alamedas... (El Progreso 28-11-36).

Como se ve, a cursilería na linguaxe pode compatibilizarse con outras actividades nada poéticas...

Pero as actividades represivas e os métodos empregados polos homes de Lis, que non se paran nin diante de persoeiros da dereita monárquica como no caso do concelleiro Alberto Martínez Tiscar, dan lugar a certas reticencias nalgúns sectores do mesmo réxime. Con data de 19 de novembro de 1936 e asinada por Joaquín Lois, aparece na prensa unha enigmática “Rectificación necesaria” da que damos a coñecer algúns parágrafos significativos do terror que infundía o personaxe:

Habiendo corrido estos días por Pontevedra un rumor salido de hombres tan desaprensivos como falaces, que ponen en entredicho la honorabilidad y la actuación impecable y sin tacha de D. Víctor Lis, digno Jefe de la Guardia Cívica de esta capital, es necesario salir al encuentro de tales rumores, no solo para hacer resplandecer la verdad, sino también cuando a su nombre se une el del que suscribe esta nota que tiene para el señor Lis las gratitudes mas fervorosas y el respeto mas incondicional.[...] Mi gratitud y estima, el alto concepto en que siempre lo he tenido, descartan que mi nombre se halle mezclado a la maledicencia del que dió pábulo a un rumor tan canallesco. Espero que D. Víctor Lis sepa estimar sinceramente esta rectificación y vea en estas líneas, al par que mis protestas, si en algún momento pudo dudar de mi fidelidad, la expresión de un reconocimiento desinteresado que excluye todo aquello que pudiera molestarle...

A mediados de 1937 disólvese a Guardia Cívica como tal e personaxes como Víctor Lis son cada vez máis incómodos, sendo apartados do mando. Aínda en abril do 38 aparece unha información periodística sobre unha intervención no frente, o título pode sorprendernos: El teniente médico sr Lis capturó tres aviones enemigos que aterrizaran en terreno que acababan de perder los rojos. A narración dos feitos non ten desperdicio:

...Tres aviones aparecieron a escasa altura y se lanzaron a buscar tierra. Víctor Lis, que había seguido la maniobra, acompañado de un sanitario. Acercose a los aparatos y con habilidad...parlamentaria (?) logró detenerles mientras su acompañante buscaba la protección de una sección de un batallón que se hallaba en las inmediaciones. Hubo hasta malas intenciones en uno de los aviadores, pero sin duda la constitución atlética del teniente médico le hizo desistir de su mal pensamiento. Y cayeron en sus manos como ingenuas palomas.


Odiado polas vítimas, repudiado polos seus correlixionarios, a súa figura solitaria no antigo cafetín da Alameda é lembrada por moitos pontevedreses.

miércoles, 5 de marzo de 2008

O baño nas praias

Unha das características do novo réxime é a súa obsesión por todo o relacionado coa “moralidade”, entendida, claro está, dende unha óptica moi particular.

Así, son frecuentes as disposicións , ditadas por gobernadores e alcaldes, relativas ao baño nas praias. Certamente é representativa a que dita o alcalde de Pontevedra o 19 de xuño de 1937, asumindo e ampliando a que o 10 de xuño dera a coñecer o gobernador civil interino D. Justo Hermida. Hai que lembrar que as praias de Chancelas, Combarro e Raxó estaban baixo a xurisdición da alcaldía da capital.

Selecciono algúns dos artigos da mesma e sobran comentarios:

“1º.Se prohibe bañarse en las playas de la provincia sin traje adecuado. Los hombres traje completo. Las mujeres traje completo y falda.

2º. No se permite pasearse ni estacionarse en las playas en traje de baño si no se va cubierto con albornoz.

3º. No se tolerará a los bañistas vestirse y desnudarse en toda la extensión de la playa. Para esto utilizarán las casetas y los lugares habilitados a tal fin, o los sitios próximos, suficientemente resguardados.

4º. Nadie podrá hacer tránsito por las calles con albornoz, ni se consentirá que nadie baje a las playas en traje de baño, ni aún cubriéndose con el albornoz.”

E na ampliación ditada polo alcalde, especifica que na praia dos Placeres, na que existen casetas, queda prohibido cambiarse fora delas debiendo tener la puerta de la misma cerrada mientras lo hagan.”

No artigo 5º especifica máis o referente a esta praia: En esta playa se establecen dos zonas: una que estará debidamente indicada, que se reservará exclusivamente para mujeres y niños y por la cual no podrán pasar los hombres, ni tampoco bañarse. La otra zona será mixta, si bien en la parte comprendida entre la anteriormente indicada y la Casa de Baños, no podrán utilizar las casetas los hombres; ni las mujeres las del otro lado de dicha Casa.”

A mesma separación entre homes e mulleres sucede na praia pequena de Chancelas e na grande estarán obligadas a vestirse y desnudarse las mujeres y niños en la zona comprendida entre las peñas que separan esta playa de la anterior y el árbol existente en el primer tercio aproximadamente de la playa, reservandopara el mismo servicio de los hombres, el resto de la misma”

Remata a disposición recordando que para o cumprimento destas instrucións establecerase un servizo especial de vixilancia.

domingo, 2 de marzo de 2008

Manuel Amoedo Nogueira

É inútil buscar o seu nome nas listaxes de asasinados, el é un dos numerosos “descoñecidos” que aparecen nas mesmas.

Era de Cons (Mourente), o único fillo varón da parteira e compostora señora Teresa “A Barriguda”, tiña dúas irmás: Pilara e Maruja. Era canteiro de profesión.

O 29 de abril de 1936 celébrase en Pontevedra unha asemblea xeral conxunta das Xuventudes Socialistas e das Comunistas, acordándose a unificación. O Comité de Honor conta con nomes famosos; Stalin, Dimitrof, Thaelman, José Díaz, Largo Caballero...entre outros. No Comité efectivo, presidido por Pastor Torres Paz, figura como vocal Manolo Amoedo.

Pero remontémonos aos sucesos de outubro de 1934 na nosa capital, na tarde do 10 deste mes, eran detidos en Mourente, Amoedo e Constante Tomé por estar en posesión de armas cortas. O xulgado militar condena a Amoedo a 18 anos de cárcere por posuír dúas pistolas sen licenza. Cumpre pena no tristemente famoso penal do forte de S. Cristóbal, en Pamplona, xunto con Juan Manuel González ( ¿Gómez?) Corbacho, de Salcedo,condenado a 20 anos por posesión de botellas de gases inflamables.

Co triunfo da Fronte Popular e conseguinte amnistía, volven a Pontevedra o 26 de febreiro de 1936 sendo recibidos por unha impoñente multitude. Ao entrar o tren na estación dispárase unha salva de bombas e a Banda Municipal fai sonar a Internacional. Aplausos e puños en alto. A manifestación- coas bandeiras e representacións das organizacións obreiras e políticas e os sons do Himno de Riego e a Internacional- marcha ata o Centro Obreiro na praza do Muelle. Alí, dende as ventás, Amoedo e Corbacho agradecen o recibimento e logo pronuncia palabras de benvida Manuel García Filgueira, presidente da Federación Local de Traballadores e que sería o último alcalde republicano de Pontevedra. Manolo Amoedo foi tamén xefe de milicias en Mourente.

O 29 de abril de 1937, o comandante instrutor Luis del Hierro, publica unha requisitoria:

...Amoedo, Manuel, Martínez, Joaquín, y un tal Riobó, chófer, cuyas demás circunstancias personales de todos los citados se desconocen, contra los que se instruye causa por rebelión, comparecerán en el término de cuarenta y ocho horas contadas a partir de la publicación de la presente en el Boletín Oficial de la provincia, en este juzgado de mi cargo, sito en el edificio de la Caja de Recluta, número 53, de Pontevedra, bajo apercibimiento que, de no efectuarlo, serán declarados rebeldes.

Pero Amoedo xa non podía ler a requisitoria pois, como en tantos casos, esta publicábase despois do seu asasinato.

Logo do golpe militar, a súa moza e familia prepáranlle un escondite en Xeve nun pozo ou mina en desuso e tapado con toxo. Os falanxistas e a Garda Cívica, con Víctor Lis ao mando, buscan pola zona, interrogan, ameazan... As malleiras e o feito de rodear con gasolina á súa moza para prenderlle lume, conseguen que algún familiar da mesma confese o paradeiro. A moza nunca perdoaría a delación e marchou da casa. Logo de torturalo, é asasinado sen que conste en ningún rexistro, agás na memoria das xentes. Tiña 24 anos.