O concello de Sanxenxo non foi alleo ás iniciativas de renovación educativa que propiciou a chegada da 2ª República: Vilalonga recibiu a finais de maio de 1934 a visita das Misións Pedagóxicas, en 1932 celebráronse en Sanxenxo Conferencias Pedagóxicas e creáronse dúas bibliotecas entre 1931 e 1933.
Rodolfo Llopis, director xeral de 1ª ensinanza entre 1931 e 1933, tiña como meta

crear escuelas, muchas escuelas. Sembraría a voleo. Cayeran donde cayeran, germinarían, que en todas partes habían de encontrar tierra preparada para fructificar y vivir plenamente.
Pero de nada valerían as disposicións ministeriais se non houbese mestres como Bernarda Pereira e Alfonso Rodrigo, que impartían clase nas escolas de Sanxenxo nº 2 en Padriñan. Unha mostra do seu labor resúmese na festa escolar que celebraron o 14 de xullo de 1935. A festa estaba patrocinada por unha comisión veciñal e colaboraban a sociedade agraria, a universidade de Santiago e a alcaldía.
Houbo conferencias sobre medicina (impartida polo Dr. Andrade, director do sanatorio Gil Casares), agricultura e botánica (falou Bibiano Fernández-Osorio Tafall, catedrático de agricultura no instituto de Pontevedra); non faltou o recitado de poesías en galego e castelán nin o reparto de agasallos e roupa entre o alumnado.
Pero o máis importante e que demostraba o inxente traballo do alumnado e mestres, foi a exposición de labores e traballos manuais, así como unha vitrina escolar na que se amosaban ó redor de 500 aparatos e obxectos que foran coleccionados ou construídos polos nenos e nenas destas escolas; estes materiais aparecían clasificados en distintas seccións: agricultura, xeometría, mineraloxía, aritmética, botánica, zooloxía, etc. A festa escolar estivo presidida por representantes das entidades patrocinadoras; fixeron uso da palabra, entre outros, Don Ricardo Montequi, reitor da universidade compostelá, que falou da misión social do mestre asegurando que era o título máis honroso a que podía aspirar un educador, por máis alta que fora a súa categoría. O inspector de educación D. Modesto Rodríguez Figueiredo gabou a altura pedagóxica e científica acadada por estas escolas, que podían considerarse como modelos.
O golpe militar do 20 de xullo de 1936 vai significar unha volta atrás no eido educativo e, tamén, fixo que moitos mestres e mestras foran perseguidos, expulsados ou suspendidos no seu emprego e, en moitos casos, pagaron con cárcere ou coa súa vida o seu compromiso.
José María Pemán, que tivo ao seu cargo a máxima responsabilidade da labor depuradora do profesorado, afirmaba nunha circular aos vocais das comisións depuradoras (BOE 10/12/36) o seguinte:

El carácter de la depuración que hoy se persigue no es solo punitivo, sino también preventivo. [...] Que no se volverá a tolerar ni menos a proteger y subvencionar a los envenenadores del alma popular, primeros y mayores responsables de todos los crímenes y destrucciones que sobrecogen al mundo [...] Los individuos que integran esas hordas revolucionarias, cuyos desmanes tanto espanto causan, son sencillamente los hijos espirituales de catedráticos y profesores que, a través de instituciones como la llamada “Libre de Enseñanza”, forjaron generaciones incrédulas y anárquicas.
O un de setembro de 1936, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, publícase unha relación de 396 mestres e 90 mestras da provincia aos que se suspendía de emprego e soldo. Os mestres de Sanxenxo sancionados con separación de servizo e baixa no escalafón, foron: Manuel Jorge Franco, mestre de Outeiro; José Cancela Guzmán, de Dorrón; Andrés Fraile Pampín, de Nantes; Manuel Iglesias Constenla, de Noalla; Estanislao Victor Torres Pérez, do pósito de Vilalonga; Peregrina Martínez Santos, de Rouxique; Bernarda Pereira Solla, de Sanxenxo nª2; Manuel Rey Vázquez, do pósito de Portonovo e Alfonso Rodrigo Méndez, de Sanxenxo nº2. O mestre de Portonovo Teodoro Rodríguez Franco foi sancionado con suspensión temporal de emprego e soldo.
Algúns destes mestres tamén tiveron que enfrontarse a xuízo acusados de rebelión militar, foi o caso de Andrés Fraile, Manuel Iglesias, Estanislao Torres e Manuel Jorge; as condenas foron de cadea perpetua ou trinta anos de cárcere, que serían conmutadas por outras de menos contía.
Pero houbo mestres que perderon a vida, como foi o caso de José Meis Martínez, natural de Sanxenxo e mestre de Seixo (Marín); era bibliotecario da Casa del Maestro pontevedresa, xulgado por rebelión militar e fusilado o 27 de xullo de 1937 á idade de 42 anos. O mestre organizador das actividades coas que empeza esta entrada, Alfonso Rodrigo Méndez, natural de Bande (Ourense), casado, nacido o 7 de abril de 1895, secretario da agrupación socialista de Sanxenxo e afiliado á UGT, tamén foi vítima de asasinato. Houbo testemuñas que o acusaban de ser directivo da Fronte Popular e de, seguindo ordes do delegado do gobernador civil, recrutar xente armada para ir a Pontevedra o 20 de xullo, cousa que non chegaron a realizar pois retiráronse ás súas casas cando souberon que as autoridades militares asumiran o mando tras publicar o bando de guerra.
Na causa 832/36, nun informe do xulgado municipal aparece o seguinte parágrafo:

En su escuela a los niños les hacía preguntas como la de ¿Hay Dios? Obligándoles a decir que nunca lo hubo ¿De que se hace el papel? De los hábitos de los frailes y de las monjas.
Un informe da Guardia Civil datado no 27 de setembro de 1936 non deixa dúbidas de como foi a súa morte:
al ser conducido la noche del cinco del actual, en virtud de Orden recibida al efecto, desde esta Capital a la prisión de Caldas de Reyes [...] aprovechando una parada que hizo el vehículo que los transportaba para reparar una avería, solicitó a la fuerza, se le permitiese apearse unos momentos por notar síntomas de mareo.
Continúa afirmando que fuxiu amparado pola escuridade perseguido polos gardas que fixeron varios disparos e ignorándose a dirección que tomou. Como noutros casos semellantes, estamos diante da típica aplicación da chamada “lei de fugas”.