miércoles, 29 de diciembre de 2010

Familias represaliadas: Os Gama (1)



Na Pontevedra dos anos do medo atopamos familias que padeceron unha especial xenreira por parte dos sublevados; é o caso da familia Poza ou a dos Adrio, ambas con fusilados e presos entre os seus membros. José Adrio Barreiro, 26 anos, avogado, ex-gobernador civil de Ourense e ex-presidente da Deputación Provincial pontevedresa; Germán Adrio Mañá, 48 anos, mestre, propietario e director da Academia X e concelleiro socialista; Luis Poza Pastrana, 27 anos, xinecólogo, secretario do Partido Galeguista en Pontevedra; fusilados na Caeira o 12 de novembro do 36; todos eles, así como outros familiares tamén represaliados, eran persoas que ocupaban cargos políticos destacados e que tiñan unha posición social relevante.
Precisamente o ser persoas prestixiosas na súa profesión e apreciadas pola maioría dos pontevedreses, explica o maior coñecemento que se ten sobre a súa persecución e tamén o maior -aínda que insuficiente- recoñecemento público a través de publicacións, homenaxes e adicación de rúas.
Fai uns días, nunha entrevista, o historiador Dionisio Pereira recordábanos que a represión tiña unha compoñente fundamental de represión de clase e que a maioría das vítimas pertencían á clase obreira; sempre pensei que deberíamos facer un sobreesforzo na divulgación da figura destas vítimas pertencentes ao mundo obreiro, campesiño, mariñeiro... aos que se lles adica menos espazo ou son ignorados nalgunhas publicacións e semellan esquecidos nos recoñecementos.
Unha das familias que máis sufriu persecución nos seus membros, foi a dos Gama. A familia Gama vivía na parroquia de Lérez, na rúa J. Bautista Andrade.
Lérez foi unha parroquia cunha vida asociativa moi importante xa dende finais do século XIX, nela fundouse a primeira sociedade de agricultores de Galicia, foi pioneira nas loitas agrarias ata a chegada do franquismo e, no postfranquismo, seguiu protagonizando soados conflitos en defensa dos seus intereses . Lerezáns foron moitos dos dirixentes agrarios máis importantes: Valentín Peña, (máis información neste PDF) Ramón Abilleira, Víctor Moldes, Juan Magdalena, Manolo Gama...
Neste ambiente societario participan os irmáns Gama Casalderrey como fundadores de sociedades de tipo recreativo (Juventud Lerezana), cooperativo como a Caja Rural de Lérez e outras.
O golpe militar traería desgrazas para a familia: a morte de Faustino, o encarceramento de Alejandro e Manolo; outros irmáns como José ou Custodia tamén teñen que sufrir a represión con detencións, presión policial, etc; a todo isto debemos sumarlle a incautación de bens...
Alejandro Gama e Manuel Calvo Lores, tamén veciño de Lérez, foran detidos en varias ocasións con motivo de incidentes de carácter laboral, por exemplo en febreiro de 1933, con motivo da rotura dos cristais dos almacéns Olmedo.
Tanto Faustino como Alejandro eran militantes do Partido Comunista e directivos da Federación Cultural Deportiva Obrera de España (FCDOE) en Pontevedra; esta organización, controlada polo Partido Comunista, tiña a misión de influír ideoloxicamente na xuventude, dando ao deporte unha dimensión de clase. Foi importante o papel desenvolvido por esta na participación na Olimpíada Popular de Barcelona, á que asistiron deportistas pontevedreses.
No mitin do primeiro de maio de 1934, no cine Coliseum, participaron como oradores Alejandro Gama, en representación do Socorro Rojo e Manolo Calvo pola Federación Obrera. Os dous citados e Faustino tomaron parte activamente nas milicias formadas no goberno civil e no concello, ante o inminente levantamento militar.
Diversas declaracións en causas militares, sinálanos como compoñentes da chamada “tcheka” do goberno civil, que era o nome atribuído polos sublevados ás milicias que pretendían defender a legalidade republicana.
Un informe da Comisaría sobre Manuel Calvo, o 22 de marzo de 1937, afirma:
Este individuo es significado comunista, contando con gran ascendiente dentro de las milicias marxistas de las que fué el organizador. Era presidente del Gremio de Dependientes de Comercio, siendo el inspirador de cuantas huelgas y conflictos surgieron en este ramo. Asimismo era miembro del Comité Arbitral de la Delegación del Trabajo y patrocinador de las soluciones más absurdas en los conflictos sostenidos con los patronos. Durante los sucesos revolucionarios del pasado mes de Julio trabajó activamente en la recluta de armas y hombres para hostilizar a las fuerzas nacionales, estando entrando y saliendo constantemente en el Gobierno civil.

Faustino tamén tivo unha destacada actividade política; a Delegación de Orden Público emitiu un informe o 25 de xuño de 1938 (case dous anos despois do seu asasinato), nos seguintes termos:
participaba en alto grado de los ideales comunistas a cuya difusión contribuyó eficazmente; gran propulsor del Socorro Rojo y organizador de las Juventudes deportistas que eran sus milicias rojas a la que pertenecía como uno de sus Jefes, actuando activamente en prepararlas para la oposición al Movimiento Nacional habiendo el mismo ejercido resistencia armada.

Logo do golpe militar, Faustino permanece escapado, primeiro polos montes de Lérez e Verducido e despois en diferentes escondites. A presión policial sobre a familia da moza, que vivía en Salcedo, fixo que voltase cara Lérez decidindo presentarse ao médico D. Enrique Ballina e ao cura D. Leandro, para que o acompañasen a entregarse ás autoridades. Segundo os xornais dese día (28 de decembro de 1936), así o fixeron. Ao día seguinte, de xeito sorprendente, aparece a nova do seu fusilamento. No xornal El Progreso do 30-12-36, aparece na portada a seguinte nota:
Después de una detención. Estando ya en máquinas nuestro número anterior, fué pasado por las armas, sin formación de causa, por estar comprendido en uno de los bandos, Faustino Gama Casalderrey, que al sorprenderle la policía -no se había presentado como equivocadamente se nos informó- escondido en el patio de la casa del médico de Lérez Sr López de la Ballina, se le ocupó una pistola. [...] La Policía tenía ya conocimiento del arribo de aquel realizando activas gestiones que dieron el resultado apetecido.

O recurso á tipificación de “fusilado por incurso en los bandos vigentes”, non deixaba de ser unha aparencia de darlle cobertura legal ao que foi un asasinato.
Cando estivo en capela, acompañouno a súa moza que, como xa dixemos, era veciña de Salcedo. Figura inscrito no folio 320 volto, tomo 117 da sección de defuncións do rexistro civil, partida 637 e sen especificar a causa da morte. Porén, no certificado médico de defunción, asinado por Evaristo Vázquez Lescaille, di que
fué ejecutado a las ocho horas del día de hoy con sujección al Bando Declaratorio del Estado de Guerra del 20 de Julio último y falleció a consecuencia de las heridas recibidas en el tórax y cráneo.
Hoxe, 29 de decembro, cúmplense 74 anos do seu fusilamento. (En varias publicacións aparece erroneamente a data do 20 de decembro).


Imaxe: Foto de Faustino Gama Casalderrey.

jueves, 23 de diciembre de 2010

Incidentes anticlericais.



No réxime instaurado a partires do golpe militar, a igrexa tivo un papel moi destacado e desempeñou unha función lexitimadora do mesmo. Esa identificación entre igrexa e réxime franquista xa se fixo visible dende os primeiros momentos,e non hai máis que lembrar o forte contido simbólico que se lle outorgou aos actos de reposición dos crucifixos en escolas e institutos.
Unha das razóns aducidas para xustificar esta estreita relación baseábase nos ataques e persecucións recibidos na etapa republicana. Evidentemente, o enfrontamento estivo presente ao longo desta etapa, con períodos de máis intensidade que outros, ata acadar graos tan elevados coma os que supuxeron a existencia de atentados e incendios contra edificios relixiosos ou asasinatos dos seus membros; actitudes que poden explicarse, pero non xustificarse, pola identificación da igrexa cos sectores máis conservadores e reaccionarios da sociedade e a súa postura belixerante de cara á república ou, xa empezada a guerra, polas reaccións descontroladas tras bombardeos ou outras accións contra a poboación por parte dos sublevados.
Precisamente os inxustificables asasinatos de relixiosos tiveron lugar na zona republicana despois do levantamento militar, agás os localizados en Asturias en outubro do 34. Este incremento de violencia anticlerical a partires do 17 de xullo está recoñecido na mesma “Causa General”:
A partir del 18 de julio de 1936 es cuando la persecución religiosa adquiere su máxima intensidad, pues los grupos marxistas bien armados se lanzan contra los templos y monasterios dispuestos a exterminar a sacerdotes y religiosos...
(La dominación roja en España. Causa general instruída por el ministerio fiscal. Páx. 176).
Menos coñecido é o feito de que, na zona sublevada, tamén houbo encarceramentos e asasinatos de sacerdotes no país vasco e nalgúns outros lugares así como a expulsión do bispo Mújica. Os militares sublevados castigaban así o compromiso cos máis pobres ou as simpatías nacionalistas destes cregos.
Dito o anterior, opinamos que é unha esaxeración evidente soster que o anticlericalismo xorde en España coa 2ª República, pois foi sempre unha corrente máis ou menos presente ao longo da historia, opinando algúns autores que o anticlericalismo é unha característica cultural estable de España, pois como dixo o escritor falanxista Agustín de Foxá, en España sempre andaron detrás dos curas, ou cunha vela ou cunha tranca.
Serva esta pequena digresión como introdución ao relato do acontecido en Pontevedra e zona de influencia en relación con incidentes relacionados coa igrexa durante o período republicano.
As primeiras referencias aparecen no 1931, con pequenas liortas provocadas por persoas que perturban o culto, como o acontecido en Silleda durante a predicación dunha misión, resultando detido un mozo de 19 anos (El Progreso 30-5-31) ou as multas impostas a varios curas por propaganda ilegal e ameazas a republicanos, no mes de xullo. (El Progreso 17-7-31)
O ambiente político non era moi favorable á igrexa e pode ser un exemplo o acordo adoptado polo concello de Poio, no mes de outubro, de dirixir un telegrama ao presidente das Cortes constituíntes, no que, entre outras cousas, pide:
1º.- Separación de la Iglesia del Estado sin jubilación para ninguno de sus miembros y nacionalización de sus bienes incorporándolos al Estado.
2º.- Disolución de todas las órdenes religiosas e incautación de sus bienes sin indemnización.
No ano 1933 teñen lugar varios incidentes en Salcedo, parroquia moi polarizada ideoloxicamente; o 16 de agosto el pueblo disolvió tumultuariamente la procesión de san Roque autorizada por el gobernador. (El País 17-8-33) e, en novembro, nun acto tan sinalado como a misa de ánimas, fan explotar nas portas da igrexa, unha bomba ou, como afirma o gobernador, un cartucho envolvido en papel. En ningún dos casos se produciron danos persoais ou materiais de importancia.
A chegada ao goberno da Fronte Popular tampouco significou un aumento na gravidade dos incidentes e, en maio do 36, organízanse con toda normalidade - anuncios nos xornais e recollida de donativos en diversos comercios - subscricións populares para a reconstrución da capela da Virxe do Camiño, moi deteriorada polo abandono e o paso do tempo.
Nas eleccións de febreiro, o cura de Cerponzóns, secundado pola súa ama de chaves e unhas mulleres, rompe a urna dun colexio electoral. Prodúcese a detención de varios sacerdotes por posturas belixerantes contra o goberno, é o caso do de Vilasobroso (Mondariz) ou o de Oroso (A Cañiza), este último por cuspir publicamente nun retrato de Azaña.
Os sectores máis radicais provocan incidentes nas procesións de Semana Santa na capital, con lanzamento de petardos e cánticos da Internacional ao paso das procesións.
O incidente máis soado de toda a etapa republicana foi o sucedido o 4 de maio de 1936 en Bértola (Vilaboa). Naquela data, o párroco José Estévez Boullosa, recibe a visita do alcalde de barrio, o secretario da sociedade de agricultores e varios veciños que lle piden a entrega das chaves da capela de santa Marta, para instalar nela o centro obreiro. O cura contesta negativamente en tanto non recibira orde das autoridades e, temendo algún acto violento, retirou as imaxes. A capela apareceu coa porta rota, o altar e o retablo destrozados e cos restos dos mesmos colocados á entrada. Os presuntos autores foron detidos pola Garda Civil e encarcerados.
A conclusión que se segue do relatado anteriormente é que a gravidade deste tipo de actos, nunca xustificables, non alcanza na zona pontevedresa o grao de intensidade doutros lugares do estado. Non houbo danos a persoas e os materiais foron de escasa contía pero a repercusión deste tipo de actos vai máis alá dos danos materiais, dada a forte carga emocional que tiña para os crentes.

Imaxe: portada do folleto " La quema de conventos". Publicaciones Españolas, 1959. Madrid.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Desertores


Unha das funcións que cumpriu Galicia dentro do bando sublevado é a de aportar homes para a fronte. Dende os días posteriores ao golpe, organízanse expedicións de voluntarios integradas por compoñentes de grupos políticos como Falanxe, Acción Popular ou Tradicionalistas. A eles debemos sumar os soldados de diferentes quintas e, conforme pasaban os días e a situación se contemplaba máis difícil, bastantes militantes das organizacións republicanas e de esquerdas, que vían esta saída como xeito de redimir o seu pasado diante das novas autoridades. Na cabeza de moitos destes soldados estaba a idea de, unha vez na fronte, pasarse ao bando leal.

As autoridades dos sublevados levaban a cabo campañas de propaganda de cara ao alistamento, nas que non faltaban referencias á posibilidade de “redención” que se ofrecía. En setembro de 1936, os xornais publicaban chamamentos como o seguinte (EPG 20-9-36):
¡Españoles y extranjeros! ¡Al Tercio! ...El recuerdo de la vida de legionario llenará de orgullo vuestro porvenir, borrará las amarguras del pasado, y sus heroicos lances serán vuestro limpio blasón de caballeros [...] Los que aspireis a la gloria; los que deseeis lugar de olvido, de redención, de lucha; los que busqueis aventuras y aspireis a ostentar galones, estrellas, cruces...¡La Legión os espera! ¡Alistaos a la Legión!

As primas de enganche eran de 400 pta. por tres anos, 500 por catro e 700 por cinco e o haber diario para os primeiros dous anos era de 6,10 pta., desglosado en 2 para comida, 1,10 para vestiario e 3 en metálico. En reenganches sucesivos, estas cantidades aumentaban. Máis soldo cobraban os leais ao goberno republicano que, o 16 de agosto de 1936, fixa o haber de 10 pta. para os voluntarios das milicias republicanas pertencentes a unidades militares que formen parte das columnas de operacións (Gaceta de Madrid nº 229).
A Falanxe tamén tenta aumentar os seus efectivos con comunicados nos que non faltan referencias machistas e veadas ameazas:
¡Gallegos! Falange os llama. ...Podeis vestir la ya gloriosa camisa azul, prestando con ella a la Patria amenazada el máximo servicio. En esta hora magnífica del amanecer de la España Imperial, todo hombre digno, todo hombre “hombre”, tiene la obligación, no el deber, de encuadrarse militarmente. Millán Astray lo dijo: “Ha llegado el momento de poner prendas femeninas a los que no se dieron cuenta o pretenden pasar desapercibidos”. ¡ Pretender pasar desapercibidos como si nada fuera con ellos! A favor o en contra. No hay en esta lucha términos medios. [...] A las víboras se las machaca y si todavía colean se las aplasta.
Remata invocando ao xefe do xeito seguinte: Franco, el único; Franco, el indiscutible; Franco, “nuestro”. (EPG 16-12-36).
Unha vía indirecta é a elixida polos requetés, que optan pola presión sobre os pais de familia, nesta ocasión sobre os vigueses; logo de recoñecer a intachable conduta moral e católica dos mesmos afirman: sin embargo, esa conducta patriótica en lo que respecta a vuestros hijos, deja mucho que desear. Si, pensadlo bien, sabed que estamos en momentos en que todo sacrificio es pequeño y vosotros con ese egoísmo que el amor a vuestros hijos os produce, muy noble y digno de elogio en otros momentos; pero no en estos cuando la Patria los necesita; y es antipatriótico en grado sumo que querais apagar el cariño que sienten por España, evitando su marcha al frente de combate [...] pensad que debéis ser vosotros los que infiltréis en vuestros hijos el patriotismo, no es momento de rehusar el combate cuando es por alcanzar un bien y ese bien es Dios y la Patria. [...] Considerad que debe ser una ignominia, el no participar en este glorioso movimiento por el simple motivo del temor a perder la vida [...] Dejad por eso de infiltrar la cobardía en su corazón y sed vosotros mismos los que le impulséis en la ruta del deber.
Como apuntamos antes, as desercións foron moitas, só basta con lembrar as numerosas causas por este motivo contra mariñeiros dos pobos da nosa costa, Poio, Marín, etc.
O feito de pasarse de bando revestía moito perigo pois podían ser branco de calquera dos dous bandos; deixemos que sexa un soldado pontevedrés (F. G. C. ) na fronte de Teruel, quen nolo conte :
Ao segundo día de chegar, xa fuxiron ás filas leais, nove soldados dun pelotón que gornecía unha loma en dirección a Utrillas, pola tarde, e enganando ao seu oficial, co pretexto de ir lavar a roupa a un regato. Raro era o día no que non se evadía algún. [...] Algúns foron vistos e segados polas ametralladoras antes de chegar ás liñas republicanas e outros cinco quedaban detidos por sospeitosos; seguramente foron fusilados.
No seu caso, logo de varias dificultades, logrou acadar as posicións republicanas:
Co fusil en alto e atado á súa baqueta un pano branco, seguín avanzando cara as que supoñía posicións gobernamentais, pisando xa territorio leal, cando aos poucos pasos oín o silbido dunha bala que pasou moi cerca. Despois de permanecer un momento no chan chamando aos camaradas soldados da república, que non me vían, volvín a levantarme e seguir avanzando...ata que unha segunda bala volveu a cruzar o ar, máis cerca, e tiven que volver a tenderme. Eran os leais, os soldados do Pobo que, sempre atentos, e desconfiados por se puidera ser un intento de avance ou recoñecemento inimigo, vixiaban as miñas andanzas por eses lugares solitarios.

Tamén relata a detención da súa nai e seu irmán como represalia pola súa deserción.
Os propios xornais dan conta deste tipo de represalias, como por exemplo fai El Pueblo Gallego (3-8-1937):
Han sido detenidos en Sangenjo los vecinos Agustín Acuña Blanco de 55 años; Victoria Lorenzo González de 51 y Victoria Acuña Lorenzo, padre,madre y hermana, respectivamente del soldado desertor frente al enemigo, Manuel Acuña Lorenzo.
Tampouco eran raras as fuxidas para evitar servir no exército, a finais de xuño de 1937, o alcalde de Marín participa ao gobernador que faltan daquel concello, Francisco Freire, Evaristo Carracelas e Emilio Carballo, sospeitando deberan fuxir nun bote roubado, dende o porto de Aguete, cara “la zona roja de Asturias” para evadirse dos seus deberes militares.
Pero as desercións non eran só no exército sublevado senón que tamén existían en sentido contrario, -nalgún caso de xeito espectacular como a do aviador Pazó- incrementándose a medida que a balanza da guerra inclinábase do lado franquista. Isto fixo que a postura do mando republicano se endurecera. Unha instrución co carimbo de “Reservada”, emitida polo Estado Mayor da Comandancia General de la zona del Interior, datada en Valencia o 10-6-1938, da conta dunha orde do ministro de Defensa, afirmando a falta de medidas contra a deserción dende as filas republicanas ás rebeldes. Apoiado na conduta que los mandos facciosos observan con los familiares de los militares evadidos a nuestras filas alcanza los extremos de fusilamiento y tortura, con cuyo régimen de terror evitan que la inmensa maioría de los soldados del Ejército rebelde abandonen las líneas enemigas.
Para evitar a impunidade e o “mal exemplo” para posibles imitadores, dispón medidas como levar en cada unidade unha relación de familiares en primeiro grao do persoal da mesma. No caso de deserción, o SIM (Servicio de Información Militar) disporía la detención de los familiares en primer grado del desertor procedendo a adoptar sancións como que un deses familiares, de sexo masculino, ocupe o posto do desertor e os demais varóns empregaríanse en traballos de fortificación ou de utilidade para o exército. Os de sexo feminino estarían detidos ata que se compruebe de una manera fehaciente y con testimonio de personas pertenecientes a organizaciones políticas o sindicales adscritas al régimen, que han hecho todo lo humanamente posible para disuadir al desertor de la comisión de su delito.

martes, 26 de octubre de 2010

Instantáneas (2): Día da Raza. 12-10-1936

É o 12 de outubro de 1936, "Día da Raza", no campo da feira celébrase o acto da bendición e entrega da bandeira á Guardia Civil. No muro que da ao convento de Santa Clara, está levantado o altar no que hai unha imaxe da Virxe do Pilar e a bandeira. Oficia o deán da catedral de Santiago, Salustiano Portela Pazos, quen bendice a bandeira que a Garda Cívica entregaba á G. Civil e que portaba a señorita Elena Iglesias, filla do, xa cesado como máxima autoridade militar pontevedresa, xeneral Iglesias.
O encargado de recibir a bandeira é o comandante Velarde. Elena Iglesias pronuncia unhas palabras:
... Poco más de un año ha transcurrido desde que me honrasteis con igual distinción, que no creo merecer, pero, ¡ Que diferencia de entonces a hoy! Aquella bandera que os entregué, si aún no se había ensangrentado y enlodado con los miles de cruentos asesinatos y odiosas atrocidades marxistas, la más vil e insana de cuantas el mundo ha presenciado, ya estaba envilecida por haber representado a una patria aherrojada y subyugada por el judaísmo, la masonería y el laicismo, incompatibles con la religión y la independencia, que a tales extremos y abominación nos han traído, aunque , por fortuna, ya por corto plazo...

Tamén fala o comandante Velarde. Escóitase a misa e o avogado e garda cívico Manuel Artime loa a bandeira e o día da raza. O mercedario padre Gaite lembra que España estaba nunha noite te
rrible da que a arrincou o exército con estos caballeros del honor que son los guardias civiles, salvaguarda del Altar y de la Patria. O rvdo Portela Pazos afirma que
hincamos las rodillas pidiendo gracia para el Ejército y para que Dios conserve la vida al heroico caudillo a quien el Cielo de antemano concedió sus virtudes.
(Información recollida dos xornais pontevedreses).
Pola tarde efectúase unha procesión con sección de cabalería do Rxto de Artillería, sección ciclista da Garda Cívica, cruces das parroquias, imaxe ecuestre de Santiago conducida por gardas cívicos (lembremos que no escudo da G. Cívica aparecía a cruz de Santiago e noutras localidades recibían o no
me de Caballeros de Santiago) e escoltada por mariñeiros do Polígono Janer, sección de boinas vermellas, imaxe da virxe do Pilar e as bandeiras da G. Cívica, Requetés e JAP...
No cine Principal, aparte a película “El monstruo al acecho” protagonizada por Jean Parker, tamén se exhibe o reportaxe de alto valor patriótico “En el frente de Asturias” no que, segundo a publicidade que o anuncia se observan los horrores del paso de los marxistas e se detalla a actuación das columnas galegas alí destacadas.
Continúan as peticións de libros para os feridos, estes libros de
bían entregarse na biblioteca pública, debido á necesidade de que se faga unha “selección escrupulosa” das lecturas por parte dos arquiveiros.
O Diario de Pontevedra na súa portada e na sección “Héroes de Falange” da conta das feridas en combate do camarada Emilio Boullosa. O verbo florido de Otero Pazos glosa a consecución dunha Aspa Vermella polo falanxista pontevedrés e envexa
la suerte por haber ganado para Falange otro honor más. Has derramado tu sangre por esa España que soñamos, y la carne joven, llena de virilidad, fué profanada por las balas enemigas y manchada por la traición de los renegados a sueldo de Moscú.
Continúan as obras do aeroporto de Peinador e os veciños de varias rúas viguesas son citados para traballar obrigatoriamente nas mesmas os días 15 e 16 lembrándolles que el mal tiempo aún en los casos más extremos, no exime de la puntual presentación...

Chama a atención un anu
ncio publicado no xornal El Progreso, dirixido ao público masculino, das gomas GRAIFIX, de patente alemana.


domingo, 10 de octubre de 2010

Bando sobre rumores en Marín.


Unha das facetas do control que os sublevados exercían sobre a poboación era a da información; a censura de prensa funcionaba ferreamente, os aparatos de radio só podían escoitar emisoras da “zona nacional” baixo severas sancións no caso contrario. Era un campo aboado para a difusión de todo tipo de rumores e de novas, fundamentalmente sobre a marcha da guerra. Este tipo de comportamentos preocupaba ao mando pois podía socavar a moral da poboación.
Como exemplo dos numerosos bandos das autoridades, copiamos o emitido polo alcalde e delegado de orden público de Marín, José Alcántara Fernández, contra a existencia de rumores e difusión de novas falsas sobre a marcha das operacións militares. (Reproduzo o texto íntegro e coas maiúsculas orixinais).
HAGO SABER: Que reiteradamente y por distintos conductos, llegan a mi conocimiento que en algunos lugares de este término municipal, determinadas personas, en corrillos y establecimientos, se reúnen y dedican a propalar noticias falsas y a hacer comentarios tendenciosos respecto a la marcha de las operaciones que, a diario y con heroísmo, precisión y técnica insuperables – que causan la admiración universal – están realizando el glorioso Ejército, Marina y Milicias Nacionales, libertadores de España.
Ante tales hechos, estimo necesario advertir a todos los ciudadanos, que continúa en vigor el ESTADO DE GUERRA declarado oportunamente por la dignísima AUTORIDAD MILITAR, por virtud del cual se castigan aquellos con penas severísimas.
Así pues, en el deseo de evitar DIAS DE LUTO a mis convecinos, les recuerdo que, efectivamente estamos en plena guerra. Guerra santa, civil y patriótica por nuestra parte, e incivil, bárbara y traidora, por la de nuestros enemigos que son los enemigos de nuestra España inmortal.
Y les recuerdo también, que durante toda guerra se ELIMINA IMPLACABLEMENTE, por instinto de defensa y por imperativos del deber, a TODOS LOS ESPÍAS, DERROTISTA Y AMPARADORES O CÓMPLICES de los adversarios. Los que no son nuestros quedarán, en breve, inexorablemente reducidos o exterminados. Que nadie ponga en duda esta verdad proclamada de consuno por la Razón, la Justicia y la Historia.
Esta nos enseña que el noble solar hispano jamás consintió ni consentirá la esclavitud impuesta por ningún país extranjero y menos por el más abyecto, soez e inculto de Europa.
Sepan, por lo tanto los que reniegan de su Patria – que es peor que renegar de su propia madre – y los que contribuyan a desacreditarla o a entorpecer vanamente, por los modos al principio aludidos, la próxima, indiscutible y rotunda victoria final, que no habrá piedad para ellos. La sangre de nuestros mártires lo impediría.
Lo que se hace público para que nadie alegue ignorancia ni pueda llamarse a engaño.
Marín, 9 de septiembre de 1936.

A pesar do ton ameazante do mesmo, non debeu surtir o efecto desexado xa que Pedro Fontenla, director das Escuelas de Tiro Naval Janer e primeira autoridade militar da vila, meses despois (16 de decembro de 1936), vese obrigado a recordar o artigo 6º do bando de guerra publicado en Pontevedra tras o golpe e no que se decía que serían xulgados por xuízo sumarísimo os que “ propalen noticias falsas o tendenciosas”. A advertencia de Fontenla é clara:
De la cordura del vecindario espero que no me veré precisado a aplicar ese artículo porque cesarán, por completo, de inventar y propalar noticias falsas, que solo benefician a los traidores que desearían ver hundida nuestra Patria.

jueves, 30 de septiembre de 2010

José Cortés Fernández, mestre de Goián

 Este era un dos máis de noventa nomes de mestres, executados tras o golpe do 36, que o profesor Antón Costa citou nun sinxelo acto de homenaxe celebrado no MUPEGA por Nova Escola Galega. O tamén profesor da USC Anxo Porto Ucha, nun libro outras veces citado neste blogue e que é referencia indiscutible sobre a represión no maxisterio pontevedrés ( Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo. Alén Miño edicións. Pontevedra, 2008), adica varias páxinas a recoller as lembranzas dun dos ex-alumnos de Cortés; sen dúbida o paso do tempo fai fraquearlle os recordos cando afirma que “aparecera paseado pola parte de Mondariz”. O propio Porto lembra a documentación atopada por el no AGA na que se afirma que Cortés fora xulgado e executado.
Xoán Carlos Garrido en “
A derradeira lección do mestre” (ASPG. A Coruña, 2008) da cumprida información do xuízo e condena deste mestre estradense, que exercía en Goián (Tomiño).
Efectivamente,
José Cortés Fernández foi xulgado en Pontevedra na tarde do oito de outubro de 1936, xunto con José Gómez Rivas, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira. A causa era sumarísima e a acusación que fai o fiscal era por un delito de traizón, con agravante de perversidade para Gómez e Cortés. O defensor era o capitán de artillería señor Nandín.
A sentencia considera que participaron na requisa de armas e explosivos e que recrutaron xente na comarca do Ulla, sendo detidos á entrada da Estrada á fronte dunha expedición de automóbiles e xentes armadas. Foron condenados por rebelión militar e auxilio á rebelión: pena de morte para Cortés e Gómez, doce anos a Manuel Bugallo e absolución para Ramiro Buján.
A pena foi executada ás cinco e media da tarde do día 15 de outubro, na carreteira de Campañó (A Caeira). Os xornais afirman que José Gómez
confesó y comulgó fervorosamente, atendido por un fraile franciscano, pero Seoane [confusión repetida no segundo apelido de Cortés] no aceptó los auxilios de la Religión. (Diario de Pontevedra, 16-10-36).

Meses despois da súa morte, a comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra, cualifícao de antirrelixioso, perseguidor da relixión así como de propagandista do comunismo libertario. Tamén afirma que era membro da
Asociación de Trabajadores de la Enseñanza.
José Cortés colabora en diversos xornais, entre eles no xornal El País, órgano de Izquierda Republicana en Pontevedra. Combina colaboracións de carácter estritamente educativo como “La Higiene. Barómetro de la Civilización”, ou algúns excesivamente retóricos, como o dirixido ao ministro de instrucción pública “Meditaciones en torno a la enseñanza primaria” no que se felicita da substitución das ordes relixiosas e da creación de escolas e remata pedindo que se tomen medidas contra o absentismo escolar, de xeito que aos nenos ricos que non asistan á escola se lles impoña multas e
La población pobre tendrá exactamente el mismo deber que cumplir que la rica; pero como es lo que es y el estómago tiene también sus indiscutibles derechos, debe encargarse el pueblo, el Municipio o el estado de su manutención y demás cuidados mediante el establecimiento en las escuelas de cantinas y roperos escolares.

Pero cando se aprecia máis o seu espírito belixerante é en artigos como “Los adoquines del Bloque Nacional se manifiestan” (El País, 27-1-36), nel a burla, ironía e sarcasmo predominan ao comentar un manifesto dos calvosotelistas. Poñemos algúns parágrafos:
Al conjuro del patriotismo (Santiago de Cuba, Cavite, El Barranco del Lobo, los latifundios, el clero, el señoritismo rampante, etc, etc) [...] La defensa a vida o muerte (¿tiene usted preparado ya el trabuco?) y exaltación frenética (bien se conoce que se trata de epilépticos) de la unidad española (¿No pensarían en Asturias cuando escribieron esto? [...] Reposición para siempre (¡ ja, ja, ja!) del crucifijo en las escuelas [...] Creación de un ejército capaz de conquistar la mismita luna y de infundir pavor al sol. Regulación de las relaciones entre el capital y el trabajo de forma que los señoritos no tengan en lo sucesivo más preocupaciones que las de hacer la digestión, divertirse y bailar la rumba[...] (Tomen nota las señoras beatas “analfavetas”[...]) Ahora bien: Conocidas las nauseabundas esencias del frasquito reaccionario ¿por qué no librarse de una vez para siempre de él, arrojándolo sin miedo ni remordimiento alguno a los profundos abismos del Océano, con lo que además quedará definitivamente despejado el camino del Progreso? La cosa es muy sencilla. Para realizarlo na hay sino cambiar parte del personal a las redacciones de algunos periódicos, purificar las iglesias y conventos y entregar los latifundios y ciertas despensas a los hambrientos de pan y tierra.

jueves, 9 de septiembre de 2010

O Pataconeiro


A utilización dos alcumes nos informes policiais e mesmo nos editos de busca e captura, era moeda corrente nos anos do medo. Na maior parte das veces eran traducidos (mal traducidos) ao castelán. Nesta entrada falamos de quen eles chamaban “Pataconero”. ¿Quen era “ O Pataconeiro”?.

José Benito García Santiago era natural de Pontevedra, nacido o vintedous de novembro de 1893, con ocupacións diversas pero o seu oficio era o de baldeiro. Fora emigrante en Bos Aires sendo compañeiro de Ramiro Paz, con quen estivo asociado como donos da imprenta “La Popular”.

Aurora Marco (Marco, Aurora. Ramiro Paz Carbajal. 1891-1936. Ed. Toxosoutos. A Coruña, 2003.), cóntanos que o seu alcume de Pataconeiro ven dado por ter un establecemento no que se vendía a prazos e, logo, cobraba patacón a patacón. Tamén se coñecía por Pepe “O Guardés”, por ser esa a función que desenvolvía a súa nai en S. Roque.

Era un home de militancia socialista, co nº 25 no libro de socios da agrupación pontevedresa, chegando a ser membro do comité de dita agrupación. Foi procesado na causa 720/37 polo delito de rebelión militar.

Nas declaracións, diante do xuíz militar, do inspector de policía Antonio Iglesias Garcés, feitas o 26-11-36 e ratificadas na causa contra Bóveda, aparece a afirmación de que entre os que figuraban como elementos de acción, distinguíndose na requisa de armas e na organización de grupos de resistencia ao exército, figuraba José Benito García Santiago.

No informe da Guardia Civil aparecía como de dudosa conducta moral, afiliado al partido socialista, elemento destacado y propagandista.

As informacións que efectúa a comisaría pontevedresa (26-3-37) afirman que despregara bastante actividade a favor da Fronte Popular, actuando como interventor nas eleccións do 36. Non esquece a súa calidade de socio na imprenta “La Popular

en la que se editaba el inmundo periódico socialista “La Hora” por medio del que tanto se envenenó a las masas, contrubuyendo (sic) en grado sumo, al estado caótico en que éstas se encontraban.

Lembra tamén o informe policial os destrozos da maquinaria do xornal (feitos dos que se apuntou naquelas datas como instigador a V. Lis, que vivía no mesmo edificio onde estaba a imprenta), explicando -mellor dito: xustificando- que o motivo dos ataques foi sentirse vilipendiados polas inxurias e calumnias do xornal.

En los sucesos revolucionarios de Julio último, tomo (sic) parte muy activa como hombre de confianza de Ramiro Paz y Pampín [A. Guiance Pampín, deputado socialista], estando al lado de estos armado de pistola, aprestándose a la defensa del Gobierno civil en contradde (sic) las Fuerzas Nacionales, siendo uno de los últimos que abandonaron el edificio...

García Santiago presta declaración ante o xuíz o 28-4-38 e, naturalmente, nega as acusacións: estivera traballando na mañá do 20 de xullo e pola tarde fora dar un paseo, regresando contra as sete e media da tarde; durante dito paseo foi rexistrado por unha patrulla da G. Civil que o deixou marchar. Na mesma liña e dando a entender unha pouco crible ignorancia do que estaba ocorrendo, afirma que

durante el tiempo que transitó por las calles de esta capital aquella tarde notó efervescencia y movimento (sic) de gente en la misma, no se enteró de lo que ocurría hasta después de haber pasado dicho día, pues durante el mismo no se ocurrió preguntar a nadie a que era debido aquel movimiento de gente.

De nada valeron as súas declaracións. Foi condenado a pena de morte conmutada por cadea perpetua e logo a 4 anos de prisión, coas accesorias de suspensión de emprego ou cargo durante o tempo da condena. Logo de pasar por varios cárceres e con moitos padecementos de saúde, concédeselle a prisión atenuada no seu domicilio en 1941 e morre no ano 1944.

No Archivo General de la Guerra Civil Española de Salamanca atopamos unha ficha, pertencente ao Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo, que contén o seguinte:

JOSÉ GARCÍA SANTIAGO (a) PATACONERO.- [...] Pertenece al partido comunista y se cree es masón. Este individuo le tiene gran fobia a la Religión Católica y sys (sic) ministros y tiene todos sus hijos sin bautizar. Es primo del alcalde comunista que fué de esta capital García Filgueira suponiéndose, por haberse dicho publicamente, que el citado Filgueira estuvo oculto en su casa [...] Es individuo de cuidado que tomó parte en la quema de los centros de Acción Popular y Radical y saqueo del establecimiento del Sr Melero en Febrero de 1936. Amenazaba a las derechas para cuando entrasen los suyos.

miércoles, 11 de agosto de 2010

Instantáneas (I): 11 de agosto de 1936.

Estas instantáneas pretenden ofrecer unha visión dos feitos máis significativos de Pontevedra, as novas dos xornais, os sucesos máis relevantes... en distintas datas daqueles anos do medo.


O martes, 11 de agosto de 1936, festas da Peregrina, Pontevedra vive momentos álxidos de fervor patriótico. Acábase de recuperar a bandeira bicolor (o golpe fíxose baixo a bandeira republicana) e nos xornais fálase do tema:

Tenemos, pues, la verdadera, la auténtica bandera de la Patria, ¡Bendita sea! El pueblo, el buen pueblo español, le ha devuelto los honores que le corresponden. [...] ¿Que historia, que representación tiene la tricolor? Ni tiene historia, ni representa nada, ni simboliza nada. Todo lo más una revolución salvaje y masónica, laica, atea, anticatólica, antiespañola. Por eso la parte sana del pueblo español la repudiaba.

O Centro de Movilización, encargado de recrutar aos mozos dos distintos chamamentos, ferve de actividade. O exército necesita homes para o frente. Seica moitos viñan con un gran espíritu patriótico y muchos de ellos lucen medallas y banderitas con los colores rojo y gualda.

Para que non haxa dúbidas sobre o ben alimentados que estarán na fronte, o rexemento de artillería dá conta do seu menú un día non festivo: almorzo, café con leite; 1ª comida, sopa de cus-cus, paella valenciana, ovos fritidos con salsa de tomate e viño; 2ª comida, garavanzos con mans de porco, vitela guisada con xudías verdes e viño.


Eran días de recollida de donativos, a lista de beneficiados é ampla: Falange Española, Guardia Cívica, Milicias, Batallón de Voluntarios, Guardia Civil... Os doadores repítense nas distintas listas, chaman a atención algúns deles: Una señora viúda, forastera, 100 pta; Viva España Gloriosa, 25; Una familia muy española, 10; Dos españoles de veras, 10... Non faltan doazóns en especie como a que realizaron tres españoles pobres pero muy amantes del orden que doan tres ducias de calcetíns ou a sociedade anónima La Toja que regala 500 pastillas de xabón.


As entregas de ouro están encabezadas polo gobernador Ricardo Macarrón que aporta 50 dólares, figurando tamén, entre outros, Filgueira Valverde cunha libra esterlina do ano 1891.


O avogado Isidoro Millán (que sería perseguido por sospeitoso de masón) pronuncia ás 9 e media da noite, un discurso patriótico na emisora local. Desta emisora estaba encargado, por orde da autoridade militar, o enxeñeiro industrial Luis Iparraguirre.

Siendo el señor Millán uno de los oradores más destacados de Galicia por su elocuencia, su discurso será sin duda brillantísimo.

O pasado 6 de agosto, día de S. Salvador, estivera de santo Salvador Moreno Fernández, comandante do cruceiro “Almirante Cervera” e a dotación do mesmo tribútalle unha homenaxe; compóñense improvisadas “poesías” ás que se lle pon música. Co ritmo da coñecida “La cucaracha” cantan:

Arriba España

Arriba España

Que el marxismo se acabó

porque el Ejército

y la Marina

serán nuestra salvación.

Outra canción que lle cantaron foi:

Frente al puerto del Musel

fondeó un barco de guerra

que con los cañones dice:

soy “Almirante Cervera”

O novo poder facíase visible ante a poboación con paseos militares como o que, na tarde deste día, fai polo Morrazo (Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín) unha columna motorizada integrada por membros dos corpos armados e das milicias, baixo o mando do capitán Carrillo, do Batallón de Voluntarios.


Eran días de chumbo e nos xornais aparecían relacións de "individuos pasados por las armas por incumplimiento de bandos..."

Serán pasados por las armas:

Primero.- Los miembros de las Juntas directivas de las Asociaciones o Sindicatos disueltos cuyos obreros no acudan al trabajo o lo abandonen por su orden o sugerencia.

Segundo.- Los que de obra o palabra ejerzan coacción para impedir el cumplimiento u obediencia a órdenes insertas en los bandos de guerra en relación con la libertad del trabajo.

Tercero.- Los que sean sorprendidos emborronando paredes, fachadas, etcétera, con alusiones subversivas o contrarias a la independencia de España por la que luchan el Ejército y el Pueblo español.


A pesares das intimidacións e dos cadáveres que aparecían nas cunetas, aínda había resistencia obreira. A oposición ao cumprimento dos decretos regresivos en relación cos dereitos laborais, era recoñecida pola Delegación de Orden Público pontevedresa ao informar que, na tarde do pasado sábado, traballárase de acordo coa xornada de 48 horas en todas as obras da capital, agás algunha excepción de obreiros que por negarse a trabajar como la Ley manda, fueron despedidos en el acto. Xa pasaran máis de 15 días do golpe militar.


Algún xornal informaba do fusilamento, na madrugada do día anterior, de Jacobo Zbarsky e ás catro desa mesma madrugada, o lume destruía o local da Sociedade de Agricultores de Mourente.


miércoles, 28 de julio de 2010

Petición de indulto

Moito se ten escrito das parodias de xuízos que foron os consellos de guerra que tiveron lugar tras o golpe de estado do 36. Unha das peculiaridades dos mesmos era que os defensores eran militares, sendo elixidos dunha lista que se lles presentaba aos encausados. Eran, polo tanto, persoas que, con maior ou menor entusiasmo, estaban comprometidas coa sublevación. Aínda así, en bastantes casos, poñían a mellor vontade na defensa dos seus patrocinados, a pesares da súa falta de formación xurídica ou do feito de que os compoñentes do tribunal eran superiores xerárquicos seus. De todos os xeitos, a calidade da defensa que se facía pouco influía nunhas sentencias que estaban determinadas por adiantado.

Un dos recursos utilizados a miúdo polos defensores, era o de admitir as acusacións, pero tentando rebaixalas en orde á suposta carencia de formación dos reos que posibilitaba que foran manipulados por dirixentes sen escrúpulos. Tamén era habitual a apelación ás condicións familiares ou ao compromiso dalgún parente cos golpistas. Un exemplo desta actitude -neste caso unha petición de indulto para uns condenados a morte- é a carta que transcribo a continuación.

Ilustrísimo señor:

Feliciano Gómez Pedreira, Alférez de Artillería con destino en el Regimiento Ligero, número quince, defensor en la causa sumarísima número ciento quince del año actual [1937], a V.I. respetuosamente expone:

Que el Consejo de Guerra en que se vió y falló dicho proceso condenó a sufrir la última pena a los procesados ALBINO SÁNCHEZ LEIRO y JOSÉ ACUÑA LAMAS, de los que ha sido Defensor el dicente, y a requerimiento de las familias de dichos condenados se permite interesar de V.I. se digne proponer, si lo estima oportuno, el indulto de los mismos, por concurrir las circunstancias siguientes:

ALBINO SÁNCHEZ LEIRO, analfabeto, inferior mental, arrastrado a la comisión del delito por quienes valiéndose de sus dotes superiores pretendían llevar a nuestra querida Patria al caos, deja en la mayor de las miserias a una madre anciana que cuenta con otro hijo incorporado a nuestro glorioso Movimiento y que pelea en las filas de la Legión.

Más desgraciada es, si cabe, la situación de la pobre esposa de JOSÉ ACUÑA LAMAS, madre de cinco criaturas y próxima a dar a luz su sexto hijo, que pierden en su padre el sustento y el honor, y viven estas horas angustiosas con la esperanza de que el Caudillo, dando prueba una vez más de esa piadosa benevolencia que es principio básico de la Nueva España, tenga bien inclinarse al perdón de estos dos desgraciados, culpables sí, pero inconscientes.

Por todo ello, a V.I. respetuosamente,

SUPLICA que, si creyere existen méritos para suscitar alguna iniciativa en pro de estos dos condenados, se digne proponer el indulto de los mismos, en la seguridad de que tendrá el eterno agradecimiento de ellos, y muy especialmente de sus numerosos y angustiados familiares.

¡VIVA ESPAÑA!

Nesta ocasión un dos reos, José Acuña, tivo a sorte de que a pena lle fora conmutada pola de reclusión perpetua. Albino Sánchez foi fusilado na avenida de Bos Aires o 17-4-37.


viernes, 16 de julio de 2010

De Tui a Pontevedra con Prieto Coussent e Sócrates



 O pasado 26 de xuño tivo lugar en Tui, froito dunha animosa comisión cidadá, a reposición do busto de Sócrates. Foi un acto intenso en emocións. Facía unhas semanas que tivera lugar un acto público naquela cidade ao que tiven a honra de ser convidado e quero compartir aquí as miñas palabras:

"Hoxe estamos neste acto para recordar, dise que a palabra recordar ven de re- cordis, volver ao corazón, así hoxe, volvemos a pasar polo corazón a Sócrates, Valle-Inclán, Prieto Coussent e a todas as xentes anónimas que, como Sócrates, fixeron e fan as preguntas que nos achegan cara á razón, cara á verdade última das cousas.
En primeiro lugar permítanlle a alguén que non é filósofo o atrevemento de recordar a Sócrates.
Máis alá de datos biográficos, dos que por certo só sabemos o que nos contan os seus discípulos e, polo tanto, é un coñecemento parcial e problemático, interesa falar, aínda que moi brevemente, de tres temas: o método socrático, a ética e a relación entre Sócrates e a democracia.

A Sócrates debemos definilo como un buscador da verdade, non é, por tanto, un mestre que coñece a boa nova e lla transmite aos seus discípulos, non é o que posúe a verdade e lla comunica aos seus seguidores. Non, Sócrates fai súa a inscripción do templo de Delfos
“coñecete a ti mesmo” e busca a verdade ao mesmo tempo que os que o seguen; non é polo tanto unha busca individual senón colectiva e en diálogo. A parte de verdade que cada home ten no seu interior debe descubrila coa axuda dos demais. El , que era fillo dunha parteira, fai honra ao oficio de súa nai ( axudar a dar a luz) e, a través do diálogo e facendo preguntas axeitadas, encamiña ás persoas para que tamén dean á luz o coñecemento que atesouran no seu interior. Sócrates emprega un método que consta de dúas partes: a ironía, a través da cal tomamos conciencia da nosa ignorancia ( só sei que non sei nada) e a mayéutica (dar á luz) que fai que descubramos por nós mesmos - pero sempre en relación cos demais- a verdade, a través de determinadas preguntas; é polo tanto un método dialéctico, de preguntas e respostas, de contraposición de razóns ata chegar ao coñecemento.

Por outra banda, podemos considerar a Sócrates como o fundador da ética, dunha moralidade autónoma que se fundamenta na razón e, polo tanto, independiente da tradición ou das relixións. Para él existen un ben e un mal absolutos, unha lei moral que está por enriba dos individuos e o home ten que obedecer esta lei moral sen preocuparse das consecuencias, sabendo que a mellor elección sempre é a que dita a razón. O verdadeiramente bo para a persoa non é o poder, a fama, as riquezas...senón que a virtude descansa no saber e a maldade na falta de intelixencia; quen ten unha recta intelixencia elixe necesariamente o ben que é o realmente útil para el, polo que a felicidade é a consecuencia dunha vida virtuosa, de acordo coa moral. A consecuencia é que a felicidade do home depende de si mesmo.

Sócrates foi condeado a morte, cando tiña máis de setenta anos, pola democracia ateniense e, podendo escapar non o fixo e bebeu a copa de cicuta que acabou coa súa vida. El sabía que a resolución era inxusta pero sométese á lei porque a consideraba a base da democracia e ningún cidadán debía ignorala.
Contan que o rei Ciro de Persia dixo nunha ocasión que nunca tomaría en serio a un pobo como Atenas, que tiña no centro da cidade un espacio vacío ao que os habitantes acudían a discutir e a tentar engañarse uns aos outros. Pero, sen sabelo, Ciro danos a mellor definición de democracia porque nese espacio vacío, a praza pública onde se celebraba o mercado e se reunía a asemblea, os habitantes, ao entrar nesa praza para asistir á asemblea, convírtense en iguais, en cidadáns, e discutindo, dialogando, mesmo tentando engañarse, chegan a consensos, a dictar leis que rixan a vida da polis, da cidade. Por iso é tan importante que ese espacio estea verdadeiramente vacío, non ocupado, por exemplo, por un trono, por un templo ou por un pazo.

Pero Sócrates somete todo á dúbida e tamén o fai coa democracia considerando a ateniense como insuficiente, unha apariencia de democracia e de cidadanía, ou sexa, que ao seu xuizo,o centro da cidade, de Atenas, non estaba realmente vacío. Non acepta a idea de que a maioría sempre é o todo, teña ou non razón, a idea de que a máis inxusta violencia deba ser considerada lexítima se é querida pola maioría. Para el, a maioría ten a obriga de someterse á lei, á xustiza, á verdade en suma, porque senón sería facilmente manipulable. Cando a lei é xusta, acorde coa razón, ata o pobo debe estar sometido a ela; se non nos sometemos á razón (expresada pola lei) a democracia convértese nun instrumento dos poderosos.
A aquela Atenas machista, xenófoba e esclavista, non lle gustaban as preguntas de Sócrates, non aceptaba que se puxeran en cuestión as bases da súa organización social e esa é a verdadeira razón da condena e non a introdución de novos deuses e a corrupción da xuventude, acusacións estas que utilizaron como pretexto.

Imos dar un salto á Compostela de 1936, o 5 de xaneiro morre en Santiago don Ramón del Valle Inclán, logo dunha vida na que se conxugan aventuras persoais e políticas, republicanismo e candidatura carlista, teatro, novela.... Deixa escritas as súas disposicións para o enterro: “
No quiero a mi lado ni cura discreto, ni fraile humilde, ni jesuita sabiondo”.
Poden preguntarse ¿e que terán que ver o Sócrates de fai 2500 anos e o Valle do século pasado? Pois ben, Sócrates e Valle acaban xunguidos no século XX pola man dun home, profesor no instituto de Tui e que, xunto cos seus alumnos, modela cadanseu busto dos mesmos. Este profesor, nado en Ribadeo, foi
Benito Prieto Coussent que chega a Tui no 1933 e intégrase nun claustro de profesores dos que El Pueblo Gallego publica unha fotografía e escribe:
“existencia de un selecto cuadro de profesores que vienen realizando una labor pedagógica de auténtica categoría. Publicar su fotografía es, por lo tanto, rendirles un justo tributo merecido”
e fala do seu labor infatigable na preparación desa
“pléyade de gallegos que con sólida preparación y encendido entusiasmo, ha de contribuir al engrandecimiento de una Galicia en posesión de si misma, señora de su presente y porvenir”.

Prieto Coussent adopta o método socrático no senso de que fai que os seus alumnos miren ao interior e revelen, manifesten as súas capacidades, a súa creatividade, desbotando a copia repetitiva de láminas e modelos. Tamén formaba fora das horas lectivas a obreiros e xentes da comarca.

Para comprender o significado da obra de Coussent e dos seus compañeiros, debemos enmarcalos no contexto dun movemento de renovación educativa impulsado pola chegada da Iiª República e a aposta decidida que esta tivo pola difusión da cultura a todos os sectores da sociedade. Detrás están moitos dos plantexamentos dos homes da Institución Libre de Enseñanza e das Misións Pedagóxicas, que levan o teatro, a pintura, a arte aos lugares máis esquecidos.

Encarcerado tras o golpe militar de xullo do 36, fai unha serie de retratos aos seus compañeiros de prisión, moitos dos cales serían fusilados como foi o caso do tudense Manuel Estévez, que lle adica a Coussent uns versos coa sinceridade de quen vai enfrontarse coa morte:
Bendito seas, pintor,
que tal retrato has pintado
en los últimos momentos, que a muerte me han condenado.
Tan bueno es su corazón
y es tanta su bondad, no permitió me mataran
sin tal obra terminar.

O busto de Valle, elaborado fora das horas de clase, coa axuda destacada de dous dos seus discípulos, Álvaro Álvarez Blázquez e Emilio Diz Rodríguez, foi colocado nas Palmeiras de Pontevedra o domingo 21 de xuño do 36 por iniciativa do Grupo Labor Gallega. O acto estivo concurridísimo, coa presencia de numerosas autoridades. Descubriron a bandeira galega que tapaba ao busto o alumno tudense Álvaro Álvarez e a pontevedresa Conchita Ferreirós. O catedrático de latín sr Echave, entusiasta de Valle, pronuncia un barroco discurso no que afirma que o profesor Prieto Coussent capta o espíritu de Valle “ encendiendo de vida el sueño de la piedra”. Léolles un párrafo do seu discurso:
”en la serenidad más que humana de estos jardines que hacia la ría se adelantan salmodiando alborozos de pájaros y flores, el espíritu de don Ramón del Valle-Inclán aletea como un águila presa en la cárcel de granito y aupándose de la tierra, como en las horas fecundas de creación de su turbada existencia, seguro más que nunca de si mismo, desafía a los siglos venideros”

Grandilocuencia non lle faltaba ao señor Echave pero non podemos decir o mesmo das súas dotes proféticas: a estatua de Valle non perdurou séculos, pois pouco tempo duraría neste lugar.
Porque os bustos de Sócrates e Valle tamén sofriron, ambolosdous, a sinrazón que os condenou ao ocultamento; logo do golpe militar de xullo veñen tempos nos que o centro da cidade xa non estaba valeiro, senón ocupado por templos e cuarteis e as dúas personaxes lembraban uns tempos e unhas ideas que non tiñan cabida neste réxime e debían ser substituídas por outros modelos.
O de Valle, regalado polo concello de Pontevedra, logo de varias peripecias, acabaría contemplando a ría de Arousa dende a Curota e convertido en reclamo dos folletos turísticos e o de Sócrates, que fora colocado o 3 de maio do 36 nos xardíns tudenses de Santo Domingo, sumerxido no fondo do Miño. Podemos imaxinalo como aquel padre Vieira que canso de que os humanos non lle prestaran atención, optou por predicar perto do río o seu coñecido sermón aos peixes.

Non sabemos se Sócrates estará interrogando a salmóns, troitas e escalos, pero pode que nos estea facendo a nós unha pregunta: ¿Que faría a nosa democrática sociedade cun novo Sócrates que andivese polas rúas indagando se a nosa democracia do século XXI ten realmente o centro valeiro, facendo as preguntas que non deben facerse, as que rebasan as delgadas liñas bermellas do sistema? Non sei que resposta lles darían vostedes pero permítanme aventurar que moitos xa andarían percurando a copa de cicuta.
Pero os que ocultaron a Valle e a Sócrates non sabían que o oculto sempre foi máis interesante que o que estaba á vista e que o feito de telos ocultado fai que esteamos hoxe aquí falando deles, recitando poemas, tocando músicas... que estean próximos a nós porque o recordo anula a lonxanía.
Decían os clásicos que a verdade corrómpese pola mentira pero tamén polo silencio, polo esquecemento, e actos como o de hoxe serven para que a verdade avance e estou seguro que pronto Sócrates será reposto e poderá interrogarnos dende o seu pedestal e non dende o fondo do río."
Como se aprecia na fotografía, Sócrates xa ocupa o seu lugar en Tui.

jueves, 3 de junio de 2010

A proclamación da IIª República en Pontevedra


Para Manuel Vázquez de la Cruz e os seus compañeiros que o día 26 rescatarán a Sócrates en Tui.

O domingo 12 de abril as rúas de Pontevedra estaban moi animadas xa dende as primeiras horas. As xentes republicanas e de esquerdas erguéranse cedo pois querían controlar os colexios electorais e evitar “cacicadas”. Foi un día de votación tranquila, con mínimos incidentes. O escrutinio empezou ás catro da tarde e, pasadas as sete, sábese do triunfo das candidaturas republicanas. Hai festa entre os gañadores: algúns candidatos son levados a ombreiros ata os seus domicilios, bótanse bombas de palenque e un automóbil con grandes carteis e bandeiras, recorre a vila dando vivas e animando a festa republicana.
O martes, día 14, El Pueblo Gallego afirma:
Así, grandioso, colosal,rotundo, ha sido el triunfo obtenido por los elementos izquierdistas del ayuntamiento de Pontevedra.

A prensa resumía os resultados en 19 antimonárquicos, 7 monárquicos e 1 independente. Non resulta doada a adscrición exacta dalgúns concelleiros; a continuación ofrecemos o listado dos elixidos: Manuel Lorán Montes, Joaquín Poza Juncal, Bibiano Fernández Tafall,Arturo Rey Juncal e Aurelio Marzoa, republicanos; Francisco Tilve e José Baladrón Martínez, socialistas; Tomás Abeigón Pazos, Víctor Lis Quibén, Celso López Blanco, José Hermida Esperón, Rogelio Torres Senra e Senén Sobral Sobral, monárquicos; Manuel García Filgueira, José Orozco Pereira, Manuel Gama Casalderrey, José Cochón Paz, Marcelino Candendo Paz, Manuel Sanmartín Moreira, Manuel Loureiro Pereira e José Gallego Acuña da candidatura obreiro-agraria; Juan González López, independente; Manuel Barca Montes (da Federación Obreira), Felipe Aparicio Díaz e Manuel Formoso Lestón integran o axuntamento provisional en calidade de republicanos aínda que pertencen á candidatura agrario-obreira; Francisco Rodríguez Arruñada aparece como independente e monárquico e Alberto Martínez Tiscar (que sería asasinado no 36 pola Garda Cívica e fondeado na ría), curiosamente, como agrario republicano e monárquico. Manuel Sanmartín desminte en nota de prensa que sexa comunista pois considérase agrario antimonárquico. A candidatura agrario-obreira está fortemente influenciada polo partido comunista que controla a Federación Obreira e a Comarcal Agraria.
Contra as tres e media da tarde chegan as novas da renuncia do rei e da proclamación da República. Ás 4 da tarde e convocados polo presidente do Centro Republicano, Amancio Caamaño, reúnense no domicilio do médico Celestino Poza, o comité republicano, socialistas e outras persoas destacadas na defensa dos ideais republicanos. Acordan pedir unha entrevista co gobernador á que asisten Caamaño, Poza e Tafall. Logo da entrevista confírmase a proclamación da República e organízase unha manifestación que leva á fronte ao comité republicano-socialista.Colócanse bandeiras republicanas e galegas na Deputación e no concello, engadíndose neste último unha bandeira vermella. A banda municipal recorre as rúas tocando A Marsellesa e a Internacional.
Pola noite, arríncanse as placas das rúas Real, Isabel II, Princesa e Alfonso XIII e colócase un rótulo cos nomes de Galán e García Hernández na praza da Constitución.
A primeira bandeira republicana que se colocou nun centro oficial foi no edificio de Telégrafos.
El Progreso escribía o día 15: La democracia pontevedresa dió en el día de ayer una nueva prueba de su conciencia y cultura.
Os xefes e oficiais do cuartel de S. Fernando, xunto cun piquete de soldados, renderon honores á bandeira tricolor ao paso dunha manifestación.
Víctor Lis publica unha carta aberta co título de “Cobardía” recoñecendo como xusta a victoria republicana e criticando aos que, estando na obriga de facelo, non apoiaron aos candidatos monárquicos.
Ás 10 da mañá do día 15 constitúese o axuntamento provisional presidido por Arturo Rey e faise cargo da Deputación Amancio Caamaño, tendo como vocais aos señores Echeverría Nóvoa, Pérez Prego e Selgas.
Os botonciños coa nova bandeira española que pon á venda a sombreirería da viúva de Álvarez, tiveron moito éxito e lucían nos ollais dos homes e no peito das mulleres. O columnista que asina como Ático (El Progreso, 16-4-34) escribe:
Hoy en Pontevedra es el día de los ex. Por ahí los verás, niña querida, reflejando la imagen estirada, decaída y macilenta del que era su jefe: don Gabino, don Manuel, don Álvaro [...] Niña, no te rías de ellos, que es pecado burlarse de tres clases de seres: los ancianos, los caídos y los animalitos que no saben hablar. Y entre los ex hay desvalidos de las tres clases.

O novo alcalde publica un bando baixo o título “Bajo el nuevo régimen” agradecendo as adhesións e o entusiasmo xeral e pide que se reintegren ao traballo.
Ninguna ocasión mejor que la presente para que demuestre el pueblo de Pontevedra su espíritu de civismo y de mutua consideración al respetar todas las creencias y mantener la tolerancia más amplia con las convicciones religiosas de cada ciudadano [...] Os deseo salud y República.

Nada mellor para rematar esta entrada que o parágrafo seguinte:
Desde hoy somos ciudadanos, con todos los derechos e integridades, con las facultades que la soberanía lleva consigo. Pero también- y esto es lo que queremos hacer resaltar- con todas las responsabilidades que a los ciudadanos incumben en la función privada y en la pública
El pueblo Gallego, 15-4-1931.

lunes, 29 de marzo de 2010

Pasaxes na memoria. A represión en Sanxenxo



Fai pouco tempo asistimos á presentación do libro Pasaxes na Memoria. Historia e testimonios dos represaliados políticos no concello de Sanxenxo (1936-1950), do que é autora Mª Elisa Franco Torres. Esta obra foi a gañadora do premio Luis Cuadrado, instituído pola librería Nós da man dunha persoa que é referente imprescindible en toda actividade cultural salientable naquela vila: Xaime Corral.


O estudo da represión en Galicia é debedor dos traballos monográficos e de carácter local que, xunto a obras como a de Carlos Fernández Santander ( El alzamiento de 1936 en Galicia. Ed. do Castro, 1982), foron pioneiros e contribuíron, con maior ou menor acerto, a preservar e divulgar a memoria do sucedido naqueles anos. A partires de publicacións deste tipo e coa aportación de teses doutorais e outras investigacións e publicacións, xurdiron sínteses de carácter provincial ou a nivel galego como a modélica 1936. Represión e alzamento militar en Galiza ( Ed. A Nosa Terra, 2006) de Carlos Velasco Souto.


Pero aínda queda moito que investigar sobre este período permanecendo zonas de sombra, tanto espaciais como temáticas.

A Pasaxes na Memoria debemos aprecialo como un traballo de introdución referido a Sanxenxo, cunhas cualidades de fácil lectura, aportación de testemuñas orixinais e de documentación, etc, que abre unha vía para ulteriores profundizacións que- dado o carácter do mesmo- non teñen cabida neste libro.


Logo da lectura do mesmo, apuntaríamos como interesantes liñas de traballo futuras, aspectos relativos ao papel dos mestres, sector co que se cebou a represión neste concello con separacións do servizo e baixas no escalafón, como foi o caso de Peregrina Martínez Santos (Rouxique), Bernarda Pereira Solla (Sanxenxo), Manuel Iglesias Constenla (Noalla),José Cancela Guzmán (Dorrón), Manuel Rey Vázquez (Pósito de Portonovo), Manuel Jorge Franco (Sanxenxo) e Estanislao Víctor Torres Pérez (Vilalonga). Non faltan tamén mestres que pagan coa morte o seu compromiso político, como é o caso de Alfonso Rodrigo Méndez, ourensán e mestre de Sanxenxo, socialista e que foi “paseado” a principios de setembro do 36 ou o nativo de Sanxenxo, afiliado ao sindicato de mestres da UGT, José Meis Martínez, mestre de Seixo, executado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937; habería que investigar o papel xogado pola Falange local en relación con este tema, como apunta o imprescindible Anxo Porto Ucha (Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo. Ed. Alén Miño, 2008).


Unha persoa citada no libro e que tamén daría pé a un tratamento máis extenso, é Alfonso Vega Olivera, administrador de correos, condenado por rebelión militar e executado en Monte Porreiro en decembro do 36. A vida dalgúns dos xulgados fora da provincia como Eugenio Lobato ou Antonio Couto, entre outros, seguro que poderán aportarnos datos de interese.

Está aínda por facer a historia do Sindicato de Oficios Varios de Vilalonga, con moitos dos seus afiliados obxecto de condenas e represión.


O baleirado exhaustivo das causas militares e mesmo dos xornais e publicacións da época poden axudar aos que, tras a lectura deste libro, desexen embarcarse na aventura de achegarnos ao Sanxenxo daqueles anos cruciais, por certo ausentes das historias publicadas sobre a localidade, a maioría centradas no anecdótico; precisamente outro dos méritos do libro que comentamos é o de mostrarnos outras realidades alén da praia e o turismo.

Do interese polo tema é boa proba a asistencia ao acto que deixou pequeno o local no que se realizou. Parabéns a Xaime, o editor, e á autora, á que pedimos que continúe polo camiño da divulgación obxectiva do pasado de Sanxenxo.


viernes, 19 de marzo de 2010

Guerra Química


A utilización de armas químicas durante a guerra civil é un tema pouco estudado, aínda que constan referencias sobre a utilización ocasional das mesmas, tanto por parte do bando sublevado como polo exército republicano.
Publicacións dos últimos anos mostran documentación referida a experimentos das tropas italianas en España, tanto con armas químicas como bacterianas (esporas de tétanos). O Servicio de Guerra Química dos sublevados estivo asesorado polos alemáns, sendo o xefe do grupo alemán de instrución neste servizo o capitán Manne. O diario ABC do 17 de febreiro de 1940, danos conta da imposición de varias condecoracións alemás (Cruz de Mérito da Águia) a varios mandos españois deste servizo, entre eles ao director do mesmo, o coronel Juan Izquierdo Grosellas.
Na zona republicana, cerca de Madrid, estivo en funcionamento a fábrica de armas químicas de La Marañosa (S. Martín de la Vega), fundada en 1923 e que, na actualidade funciona como instituto tecnolóxico dependente do ministerio de Defensa.
Hai precedentes do emprego de iperita, cloropicrina e fosxeno por parte do exército español na guerra do Rif.
En Pontevedra, en abril de 1937, o laboratorio de Ciencias Naturais do Instituto pasa, por orde superior, ao servizo do exército para análises en relación coas industrias militares. Desígnase ao joven y muy culto profesor Juan Ugarte para organizalo.
Non parece que se levase o asunto con moito secreto nin que os medios a disposición do sr Ugarte foran moitos pois, máis dun ano despois, o Diario de Pontevedra (25-8-38) facía público o seguinte anuncio do Servicio de Guerra Química:
Se interesa a todas aquellas personas que posean la Enciclopedia de Química Industrial, de Ullmann o Thorpe, y que puedan desprenderse de ella, pasen por la Delegación del Servicio de Guerra Química, del Ejército, sita en el Laboratorio de Movilización de Industrias Civiles (Instituto) para su adquisición por parte de la Dirección de dicho Servicio en Salamanca. Esta nota se amplía a las publicaciones de Guerra Química. El Delegado de Guerra Química. Juan Ugarte Pollano.

martes, 16 de febrero de 2010

O entroido de Lis


O 15 de agosto de 2009, X.L. Méndez Ferrín publicaba un artigo no Faro de Vigo baixo o título de “A vinganza de Manilo”. Nel contaba a aldraxe cometida contra Benito do Borrón por parte de Lis e os seus secuaces ao introducirlle un xurelo polo cu “por faceren escarnio no roxo maricón”. Conta Ferrín que, anos despois, outro homosexual pontevedrés, nun baile de entroido, disfrazado de muller, encamelaba ao mesmo Víctor Lis que non sospeitaba do engano; cando máis animado estaba, a mascarita destapou a súa cara berrando: “ Son Manilo, cabrón”. Era a vinganza que anos despois se lle facía polo ocorrido con Benito o do Borrón.
Non entramos aquí a dilucidar a veracidade duns feitos que poden soarnos a esas lendas, repetidas unha e outra vez, sobre as desgrazas que lle acaeron aos matachíns do 36. Só se trata de dar un pequeno apunte sobre as personaxes do relato.
De Víctor Lis e os seus feitos xa se escribiu abondo neste blog; Manilo vivía en Léres e foi, sen dúbida, o homosexual por antonomasia na Pontevedra de entre os anos cincuenta e setenta. Grande seguidor do Pontevedra C:F., acudía a todos os partidos animando ao equipo cunha sorte de funil que amplificaba os seus berros. Limpaba as lúas dos escaparates e tiña unha agudeza sen igual para burlarse dos que se mofaban da súa condición sexual.
Benito o do Borrón recibía o alcume do seu lugar de traballo que era o matadeiro municipal que estaba localizado no Borrón, cerca do río Lérez. O seu nome real era Benito Lago Currás, carniceiro, moi popular dado que tamén se adicaba á compravenda de galiñas e outro gando miúdo nas feiras. Home de esquerdas, vivía na rúa de Xan Guillerme, no barrio da Moureira. No seu domicilio deu acollida tras o golpe militar a un paisano e coñecido de Lis, José Pintos Quinteiro, destacado socialista pontevedrés, dono dun coche do punto. Días máis tarde, Pintos marcha a Cotobade, préndeno e é paseado na noite do 27 de agosto do 36, aparecendo o seu cadáver no cemiterio de San Amaro. Por desgraza, non é certo o que aparece escrito nunha coñecida Historia de Pontevedra que o da como sobrevivinte á execución.
Benito Lago sufriu procesamento e xuízo por auxilio á rebelión, a causa foi sobreseída provisionalmente pero a represión continuou...
Neste martes de entroido, ven a conto esta historia.

miércoles, 6 de enero de 2010

Publicidades (4)


Para Calros Solla, a quen sei que lle gustan os "anuncios patrióticos".


Era un número extraordinario de El Pueblo Gallego, cumpríase o aniversario da sublevación militar e na portada un soldado facía garda xunto ao xugo e as frechas co lema: Hoy hace un año como entonces, en vigilia las manos duras y las espadas al sol.
Artigos das mellores plumas falanxistas: Rafael García Serrano, Jesús Suevos, Álvaro Cunqueiro... Non faltaban os eloxios aos países amigos, Portugal, Italia, Alemania e o seu líder: Adolf Hitler, Führer del Reich, Espada teutónica y Cabeza de las marcas de Oriente contra rusos y enemigos de Dios. Con el amor de España: ¡Heil Hitler!.
A falanxe facía recomendacións de compra nos comercios dos seus afiliados e adheridos. Varias páxinas estaban ocupadas pola publicidade dos simpatizantes e, intercaladas nos anuncios, as proclamas de rigor con moita diversidade nas mesmas: o ¡Arriba España! convive co ¡Arriba Franco! e ata ¡Arriba el Caudillo!, tamén os ¡Vivas! e o ¡Saludo a Franco!; algún bar pontevedrés pregoa como marca da casa “El café preferido por los falangistas”. Eran outros tempos e moitos, por convicción ou por comenencia, arrimábanse aos que mandaban.







Nota: Para ver as imaxes aumentadas, clicar sobre as mesmas.