Unha das funcións que cumpriu Galicia dentro do bando sublevado é a de aportar homes para a fronte. Dende os días posteriores ao golpe, organízanse expedicións de voluntarios integradas por compoñentes de grupos políticos como Falanxe, Acción Popular ou Tradicionalistas. A eles debemos sumar os soldados de diferentes quintas e, conforme pasaban os días e a situación se contemplaba máis difícil, bastantes militantes das organizacións republicanas e de esquerdas, que vían esta saída como xeito de redimir o seu pasado diante das novas autoridades. Na cabeza de moitos destes soldados estaba a idea de, unha vez na fronte, pasarse ao bando leal.
As autoridades dos sublevados levaban a cabo campañas de propaganda de cara ao alistamento, nas que non faltaban referencias á posibilidade de “redención” que se ofrecía. En setembro de 1936, os xornais publicaban chamamentos como o seguinte (EPG 20-9-36):
¡Españoles y extranjeros! ¡Al Tercio! ...El recuerdo de la vida de legionario llenará de orgullo vuestro porvenir, borrará las amarguras del pasado, y sus heroicos lances serán vuestro limpio blasón de caballeros [...] Los que aspireis a la gloria; los que deseeis lugar de olvido, de redención, de lucha; los que busqueis aventuras y aspireis a ostentar galones, estrellas, cruces...¡La Legión os espera! ¡Alistaos a la Legión!
As primas de enganche eran de 400 pta. por tres anos, 500 por catro e 700 por cinco e o haber diario para os primeiros dous anos era de 6,10 pta., desglosado en 2 para comida, 1,10 para vestiario e 3 en metálico. En reenganches sucesivos, estas cantidades aumentaban. Máis soldo cobraban os leais ao goberno republicano que, o 16 de agosto de 1936, fixa o haber de 10 pta. para os voluntarios das milicias republicanas pertencentes a unidades militares que formen parte das columnas de operacións (Gaceta de Madrid nº 229).
A Falanxe tamén tenta aumentar os seus efectivos con comunicados nos que non faltan referencias machistas e veadas ameazas:
¡Gallegos! Falange os llama. ...Podeis vestir la ya gloriosa camisa azul, prestando con ella a la Patria amenazada el máximo servicio. En esta hora magnífica del amanecer de la España Imperial, todo hombre digno, todo hombre “hombre”, tiene la obligación, no el deber, de encuadrarse militarmente. Millán Astray lo dijo: “Ha llegado el momento de poner prendas femeninas a los que no se dieron cuenta o pretenden pasar desapercibidos”. ¡ Pretender pasar desapercibidos como si nada fuera con ellos! A favor o en contra. No hay en esta lucha términos medios. [...] A las víboras se las machaca y si todavía colean se las aplasta.Remata invocando ao xefe do xeito seguinte: Franco, el único; Franco, el indiscutible; Franco, “nuestro”. (EPG 16-12-36).
Unha vía indirecta é a elixida polos requetés, que optan pola presión sobre os pais de familia, nesta ocasión sobre os vigueses; logo de recoñecer a intachable conduta moral e católica dos mesmos afirman: sin embargo, esa conducta patriótica en lo que respecta a vuestros hijos, deja mucho que desear. Si, pensadlo bien, sabed que estamos en momentos en que todo sacrificio es pequeño y vosotros con ese egoísmo que el amor a vuestros hijos os produce, muy noble y digno de elogio en otros momentos; pero no en estos cuando la Patria los necesita; y es antipatriótico en grado sumo que querais apagar el cariño que sienten por España, evitando su marcha al frente de combate [...] pensad que debéis ser vosotros los que infiltréis en vuestros hijos el patriotismo, no es momento de rehusar el combate cuando es por alcanzar un bien y ese bien es Dios y la Patria. [...] Considerad que debe ser una ignominia, el no participar en este glorioso movimiento por el simple motivo del temor a perder la vida [...] Dejad por eso de infiltrar la cobardía en su corazón y sed vosotros mismos los que le impulséis en la ruta del deber.
Como apuntamos antes, as desercións foron moitas, só basta con lembrar as numerosas causas por este motivo contra mariñeiros dos pobos da nosa costa, Poio, Marín, etc.
O feito de pasarse de bando revestía moito perigo pois podían ser branco de calquera dos dous bandos; deixemos que sexa un soldado pontevedrés (F. G. C. ) na fronte de Teruel, quen nolo conte :
Ao segundo día de chegar, xa fuxiron ás filas leais, nove soldados dun pelotón que gornecía unha loma en dirección a Utrillas, pola tarde, e enganando ao seu oficial, co pretexto de ir lavar a roupa a un regato. Raro era o día no que non se evadía algún. [...] Algúns foron vistos e segados polas ametralladoras antes de chegar ás liñas republicanas e outros cinco quedaban detidos por sospeitosos; seguramente foron fusilados.No seu caso, logo de varias dificultades, logrou acadar as posicións republicanas:
Co fusil en alto e atado á súa baqueta un pano branco, seguín avanzando cara as que supoñía posicións gobernamentais, pisando xa territorio leal, cando aos poucos pasos oín o silbido dunha bala que pasou moi cerca. Despois de permanecer un momento no chan chamando aos camaradas soldados da república, que non me vían, volvín a levantarme e seguir avanzando...ata que unha segunda bala volveu a cruzar o ar, máis cerca, e tiven que volver a tenderme. Eran os leais, os soldados do Pobo que, sempre atentos, e desconfiados por se puidera ser un intento de avance ou recoñecemento inimigo, vixiaban as miñas andanzas por eses lugares solitarios.
Tamén relata a detención da súa nai e seu irmán como represalia pola súa deserción.
Os propios xornais dan conta deste tipo de represalias, como por exemplo fai El Pueblo Gallego (3-8-1937):
Han sido detenidos en Sangenjo los vecinos Agustín Acuña Blanco de 55 años; Victoria Lorenzo González de 51 y Victoria Acuña Lorenzo, padre,madre y hermana, respectivamente del soldado desertor frente al enemigo, Manuel Acuña Lorenzo.Tampouco eran raras as fuxidas para evitar servir no exército, a finais de xuño de 1937, o alcalde de Marín participa ao gobernador que faltan daquel concello, Francisco Freire, Evaristo Carracelas e Emilio Carballo, sospeitando deberan fuxir nun bote roubado, dende o porto de Aguete, cara “la zona roja de Asturias” para evadirse dos seus deberes militares.
Pero as desercións non eran só no exército sublevado senón que tamén existían en sentido contrario, -nalgún caso de xeito espectacular como a do aviador Pazó- incrementándose a medida que a balanza da guerra inclinábase do lado franquista. Isto fixo que a postura do mando republicano se endurecera. Unha instrución co carimbo de “Reservada”, emitida polo Estado Mayor da Comandancia General de la zona del Interior, datada en Valencia o 10-6-1938, da conta dunha orde do ministro de Defensa, afirmando a falta de medidas contra a deserción dende as filas republicanas ás rebeldes. Apoiado na conduta que los mandos facciosos observan con los familiares de los militares evadidos a nuestras filas alcanza los extremos de fusilamiento y tortura, con cuyo régimen de terror evitan que la inmensa maioría de los soldados del Ejército rebelde abandonen las líneas enemigas.
Para evitar a impunidade e o “mal exemplo” para posibles imitadores, dispón medidas como levar en cada unidade unha relación de familiares en primeiro grao do persoal da mesma. No caso de deserción, o SIM (Servicio de Información Militar) disporía la detención de los familiares en primer grado del desertor procedendo a adoptar sancións como que un deses familiares, de sexo masculino, ocupe o posto do desertor e os demais varóns empregaríanse en traballos de fortificación ou de utilidade para o exército. Os de sexo feminino estarían detidos ata que se compruebe de una manera fehaciente y con testimonio de personas pertenecientes a organizaciones políticas o sindicales adscritas al régimen, que han hecho todo lo humanamente posible para disuadir al desertor de la comisión de su delito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario