viernes, 30 de enero de 2009

Incursos nos bandos vixentes...

A figura do fusilamento por estar incurso en los bandos vigentes é unha das modalidades de execución utilizadas polos sublevados. Hoxe, 30 de xaneiro de 2009, cúmprense 72 anos dunha destas execucións: a de Gerardo Bao Rúa, xornaleiro de 28 anos, do lugar de San Blas en Salcedo. A nota do Goberno Militar era sobria: A las cinco de la tarde del sábado fué pasado por las armas, por estar incurso en los Bandos vigentes, el paisano Gerardo Bao Rúa, que estaba huído. No Rexistro Civil figura como causa da súa morte a de hemorraxia interna.

Nos xornais pontevedreses El Progreso e Diario de Pontevedra dos días 22 e 23 de xaneiro aparece a noticia da súa detención, cualificándoo de extremista e apuntando que intentaba inscribirse como voluntario para ingresar no Tercio. Tamén especificaba que se detiveran con el su amante y las hermanas Pilar, María y Josefa Padín que tenían oculto al Gerardo en su domicilio.

Facía pouco máis dun mes (19 de decembro de 1936), outro pontevedrés, Manuel Calvar González, de 22 anos, tamén fora pasado polas armas segundo esta modalidade por habérsele cogido infraganti con armas con las cuales había herido a Manuel Rios Pequeño. A causa da morte que consta no rexistro é a de parálise cardíaca e respiratoria.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sábase de qué parroquias eran o Ríos Pequeño e mais o Calvar?

Xosé Álvarez Castro dijo...

Na documentación utilizada non aparece máis referencia que a de Pontevedra. O Calvar podería ser da zona de S. Adrián de Cobres ?