José Bastilleiros
Rey fora cabo interino no rexemento de artillería lixeira número
dezaseis da Coruña, de alí pasou como voluntario ao rexemento de
infantería Pelayo, de guarnición en Oviedo; deserta deste destino e
pasa uns días en Cerceda ata que o 3 de agosto alístase no Batallón
de Voluntarios de Pontevedra. O 13 de agosto falta a tres listas de
ordenanza na súa compañía, marcha sen permiso a Asturias cunha
expedición que levaba víveres para á fronte de batalla, volve a Ribeira nun
camión coa intención, segundo manifesta, de coller un vapor na
Proba do Caramiñal cara Vilagarcía. O 26 de agosto foi detido na
Proba pola Guardia Civil e ostentaba os galóns de sarxento.
No momento de
alistarse en Pontevedra dera un domicilio falso ocultando que residía
no bar Capacho, onde deixa sen aboar a hospedaxe. Cando desertou
levou consigo prendas de uniforme (un mono e un gorro) así como un
revólver pertencente a un compañeiro.
Detido en
Pontevedra, o 3 de setembro o delegado de orde pública ordena o seu
traslado ao cárcere de Caldas de Reis. Os encargados do traslado
foron os gardas civís Jesús Barja (cabo) e Evaristo Cid; ao chegar
ao quilómetro 42 da carreteira entre a capital e Caldas
pidió permiso para hacer una necesidad corporal y aprovechando la autorización concedida, intentó fugarse por lo que los conductores se vieron en la necesidad de hacerle fuego, matándole
O cadáver foi
entregado ao xuíz instrutor de Caldas que dispuxo fora trasladado ao
cemiterio de santo Tomás e alí foi enterrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario