
Umbral opinaba que non era correcto organizar homenaxes a Castelao porque fora "integrante del Frente popular y de notoria tendencia separatista". Tamén aludía á homilía pronunciada polo padre Gándara indicando que lle parecía subversivo que un sacerdote se dirixira aos fieis en lingua galega e que pronunciase "alusiones laudatorias para Rodríguez Castelao [...] no creíamos tan frágil la memoria de algunos sacerdotes respecto al comportamiento de los frentepopulistas. Umbral, exercendo de crítico literario, escribía que
Castelao fué un destacado político separatista y mediocre escritor y juzgar ambas facetas indiscriminadamente es, en el mejor de los casos, un juego peligroso.
Na mesma nota refírese tamén á conferencia en galego de Otero Pedrayo: "lastimosamente el idioma utilizado impidió la total comprensión de algunos párrafos de la conferencia".
Nos fondos da Delegación de Información e Turismo de Pontevedra gárdanse unha serie de escritos dirixidos ao director da revista, un deles anónimo, que protestan enerxicamente polo artigo de Umbral. Entre eles atopamos unha carta de Basilio Losada e outra de Salvador García-Bodaño.
A carta anónima, datada en Pontevedra, xa dende a primeira liña está cargada dunha ácida ironía: diríxese ao "Sr. Director de la "ESTAFETA (político ?)- LITERARIA" (sic). Aparte de refutar os cualificativos que Umbral lle dirixe a Castelao, refírese ao "sistema de prensa dirigida" no que engloba a revista.
A única carta en galego é a de Ramón Fernández, tamén de Pontevedra. Lera a nota con profundo desagrado e cualifícaa de tendenciosa e non aceptable de ningún xeito. Como católico sentira unha gran vergoña polo trato dado a Castelao "que sépanno Vdes, foi decote católico e morreu como tal", senón o dado ao padre Gándara.
Castelao non deixou de ser galego nen católico endexamais, por moitos "sanbenitos" que dende esa tendenciosa e outras revistas semellantes se lle podan poñer.
Remata co seguinte parágrafo:
Polo demais cada un opina o que queira. Así calquera pode decir que Lope de Vega é moi malo, sin leer, craro está, ningunha obra del como supoño faría o inorante que deu a nota. Non hai duda de que non leu ren de Castelao. Mais para que seguir escribindo mais e maxime dunha revista que poderiamos chamar "Estufita literaria" pois somentes pensa en queimar.
Outro pontevedrés, Manuel Dapena Baqueiro, censura que se cualificase o galego de Otero Pedrayo como academizante. O avogado coruñés Agustín Rodríguez expresa a súa estraneza polo comentario:
Salta a la vista la mala fe del redactor de la nota" e afirma que Umbral debe descoñecer libros como "Un ollo de vidro", "Cousas", "Os dous de sempre", "Os vellos non deben de namorarse", etc. "Castelao -el tiempo será testigo- figurará al lado de las grandes figuras gallegas como Prisciliano, Xelmírez, Rosalía, la historia, que siempre valora con justicia la realidad, juzgará su vida y su obra y lo encasillará en el lugar que ustedes, con un evidente resentimiento le niegan.
O profesor Basilio Losada, dende Barcelona, fai unha crítica polo miúdo do artigo e desmonta unha a unha as súas afirmacións:
Es lamentable que aún haya gentes empeñadas en envenenar la convivencia normal de todos los españoles y prolongar una situación de guerra civil que bastante daño nos ha causado a todos. Acusa el sr Umbral a Castelao de "separatista". La palabra no aclara nada (a no ser la mala fe y escasa información del Sr. Umbral [...] Esto lo sabe cualquiera que haya tenido la honradez de informarse antes de manejar tópicos de café trasnochados y ofensivos para le memoria de un hombre que sirvió a su tierra con honradez y lealtad.
Sobre a homilía do padre Gándara, escribe:
dudo mucho que el franciscano santiagués haya alabado a Castelao por formar parte del Frente Popular. Alabaría a Castelao sin duda por su fidelidad a la Galicia auténtica, que no es la de los agüistas y veraneantes, sino la de los que se ven forzados a emigrar en cantidades crecientes sin que nadie se preocupe de poner remedio a esta gigantesca tragedia.
En canto ás críticas á calidade literaria de Castelao, Basilio Losada pregúntase:
¿Realmente el Sr. Umbral ha leído algo de Castelao? ¿Sabía incluso quien era Castelao antes de que le ordenaran redactar la nota que publica "La Estafeta"?.
Salvador García-Bodaño envía un escrito que titula "Asterisco a una nota sobre Castelao". Copiamos un parágrafo:
resulta en verdad difícil comprender criterios tan cortos e inhumanos, tan insidiosos y cargados de viejos odios
insaciables, como el que expone y firma Francisco Umbral [...] Solo quien se vea movido por un profundo rencor que le ciegue puede dejar a un lado sin escrúpulos todo cuanto se ha escrito y propugna en el mundo libre acerca de la protección y fomento de la cultura y de las lenguas en las comunidades históricas diferenciadas. Pero el Sr. Umbral, desde ese ámbito que indica su apellido, permanece al margen no solo del espíritu de la UNESCO, sino también -y ya es el colmo!- de la propia doctrina de nuestra Iglesia.