martes, 23 de diciembre de 2008

Masonería en Pontevedra (III): o caso Isidoro Millán.

En anteriores artigos sobre a masonería pontevedresa, tratamos das detencións na loxa de O Burgo, este feito vai ser capital no procesamento de Isidoro Millán Mariño, deputado a Cortes elixido no 1933, ex-director xeral de Gracia y Justicia, coñecido avogado, político e xornalista, morto no ano 1983.

O caso é paradigmático de como a condición de político conservador e afervoado defensor, nos primeiros momentos, do golpe militar (alocución por radio do 11 de agosto do 36 e artigos na prensa), non vale para evitar o encausamento como masón, aínda que, seguramente, influíu na entidade da pena imposta.

Nos fondos do Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo (TERMC) no Arquivo Xeral da Guerra Civil en Salamanca, podemos seguir paso a paso os avatares da causa. O sumario por masonería incóase o 13 de agosto de 1945 pero Isidoro Millán xa fora detido por outras causas o 4 de maio de 1939, sorprendido no domicilio de D. Alejandro Mon Landa por celebrar reuniones de carácter político, censurar las órdenes de dicha autoridad [gobernador civil], é encarcerado e confinado 3 meses en Cáceres. Volta a ser detido o 17 de xaneiro de 1940 por ser autor de folletos sen pé de imprenta.

Os diversos informes sobre el oscilan entre aqueles que minusvaloran a súa militancia masónica, como o oficio nº 1774 (17-4-37) da Delegación de Orden Público:

Don Isidoro Millán y D. Andrés Corbal, parece deducirse de los informes adquiridos, que al formar parte del citado grupo fué solamente con fines políticos por no estar de acuerdo con la política de dictadura ejercida por el difunto general Don Miguel Primo de Rivera, habiendo asistido solamente a dos o tres reuniones celebradas en los últimos meses del citado año 1929, en el domicilio de Don Avelino Silva [...] Al caer la dictadura [...] dejaron de asistir a las aludidas reuniones y como al mismo tiempo dejaran de cotizar a pesar de que les pasaban los correspondientes recibos, fueron dados de baja o expulsados del grupo en los meses de enero o febrero del año 1930. [...] Referente a Don Isidoro Millán, según todos los informes recogidos, ha militado siempre en política de tendencia derechista, conceptuándosele igualmente con sentimientos Católicos o Religiosos y por tanto en contradición con el credo Masónico, desprendiéndose de esto que dicho señor al formar parte del referido grupo lo hacía solamente con fines políticos.

Do mesmo xeito, un informe de Falange Española y de las JONS (26-5-37) tamén se refire á militancia masónica do señor Millán antes da Iiª República, facendo notar que, logo da proclamación desta, xa non participa.

Outros informes sobre o imputado deixan translucir unha elevada animadversión chegando á descualificación persoal : ...es persona que se vale de todos los medios inmorales para burlar la acción de la justicia.[...] ...considerada como mercenaria su pluma...[...]... individuo hábil que se introduce solapadamente y trata de encumbrarse en todas las situaciones.

A Dirección General de Seguridad, nun informe co selo de “SECRETO”, con rexistro de saída do 21-5-45, comunica a existencia dunha ficha procedente da Delegación Nacional de Servicios Documentales, califícao de persoa de mala reputación e afirma que figura o seu nome nunha relación de afiliados da loxa Helenes nº 7 de los Vall. De Pontevedra. No mesmo informe relátase que, no rexistro de dita loxa efectuado no 37, a policía interveu o regulamento da mesma, un libro de estatutos e regulamentos xerais do Gran Oriente Español, un libro de sesións celebradas entre agosto de 1929 e maio de 1930, facendo constar que aparece o nome de I. Millán nos cadernos de asistencias.

A Comisaría de Investigación e Vixilancia de Pontevedra informa:

no se le conocen actividades de dicha índole, pero desde luego se puede asegurar su gran tendencia y simpatía por las expresadas ideas, estando muy compenetrado y unido con los dirigentes y afiliados a la referida logia, viéndosele con gran frecuencia entonces haciendo tertulia en la rebotica de Maquieira, que fué uno de los detenidos en el registro que se alude anteriormente y principal masón de esta capital ( hoy en el extranjero).

Continúa afirmando que, a pesares das afirmacións de Millán no senso de que tomaba en broma o da masonería, pertencía á mesma tendo moitas destas reunións obxectivos políticos. Remata facendo constar que non puideron examinar a documentación do sumario nº 38 de 1930 POR NO HABER DADO RESULTADO SU BUSCA EN (maiúsculas no orixinal) varias ocasiones por la Secretaría de la Audiencia la cual ignora si han sido devueltas al sobreseerse dicho procedimiento, pero que lo más probable haya sido que hubieran sido sustraídas.

En declaracións ante o xuíz (3-1-1947), Isidoro Millán, “que no pertenece a FET y de las JONS”, nega de xeito rotundo ter pertencido á masonería. Nun extenso alegato escrito na súa defensa, no que utiliza todos os recursos da retórica, fai un repaso á súa posición nos tempos do Frente Popular, con múltiples referencias aos seus artigos no Faro de Vigo en defensa da orde e contra o goberno frontepopulista . Tamén saca a relucir a súa postura en defensa dos irmáns Castro Pena (dirixentes falanxistas) cando foron detidos en maio do 36:

...Al regresar el sr Ferro y yo a Pontevedra tuvimos que tomar otro camino porque en el seguido a la ida nos esperaba un grupo de afiliados a la Casa del Pueblo, cuyas intenciones respecto de nosotros es fácil conjeturar. Eran los días de los puños en alto y de las pistolas siempre dispuestas y los marxistas de esta provincia tenían la atención puesta en mi...

Así mesmo fai valer o seu comportamento cando o asasinato de Calvo Sotelo sendo un dos poucos asistentes, apenas unha ducia segundo afirma, ao funeral en San Francisco, desafiando ao matonismo da Frente Popular. Contrapón a súa actitude á dos que, logo de triunfar o golpe militar, encheron o templo no cabodano, acto ao que el non asistiu porque

...pienso, y así lo practico, que la cara hay que darla en los momentos difíciles, porque no tienen derecho a cobijarse en la sombra de las banderas victoriosas quienes no han luchados para mantenerlas enhiestas y desplegadas durante el combate...

Como afirmamos ao principio, o encendido patriotismo e exaltada defensa do novo réxime que utiliza no seu alegato, non impediu que o tribunal presidido polo xeneral Cánovas dicte sentencia o 7 de xullo de 1951, declarando que os feitos probados son constitutivos do delito de masonería, impoñendo a pena menor das sinaladas no art. 5 da lei (12 anos e un día de reclusión menor e accesorias), facendo constar o tribunal que a pena imposta lles parece excesiva tendo en conta o escaso grao obtido, o pronto apartamento da vida masónica, a súa baixa por falta de asistencia e tamén a falta de celo masónico; por todo o anterior pide ao goberno a conmutación pola de seis meses e un día de prisión menor.

No hay comentarios: