domingo, 10 de octubre de 2010

Bando sobre rumores en Marín.


Unha das facetas do control que os sublevados exercían sobre a poboación era a da información; a censura de prensa funcionaba ferreamente, os aparatos de radio só podían escoitar emisoras da “zona nacional” baixo severas sancións no caso contrario. Era un campo aboado para a difusión de todo tipo de rumores e de novas, fundamentalmente sobre a marcha da guerra. Este tipo de comportamentos preocupaba ao mando pois podía socavar a moral da poboación.
Como exemplo dos numerosos bandos das autoridades, copiamos o emitido polo alcalde e delegado de orden público de Marín, José Alcántara Fernández, contra a existencia de rumores e difusión de novas falsas sobre a marcha das operacións militares. (Reproduzo o texto íntegro e coas maiúsculas orixinais).
HAGO SABER: Que reiteradamente y por distintos conductos, llegan a mi conocimiento que en algunos lugares de este término municipal, determinadas personas, en corrillos y establecimientos, se reúnen y dedican a propalar noticias falsas y a hacer comentarios tendenciosos respecto a la marcha de las operaciones que, a diario y con heroísmo, precisión y técnica insuperables – que causan la admiración universal – están realizando el glorioso Ejército, Marina y Milicias Nacionales, libertadores de España.
Ante tales hechos, estimo necesario advertir a todos los ciudadanos, que continúa en vigor el ESTADO DE GUERRA declarado oportunamente por la dignísima AUTORIDAD MILITAR, por virtud del cual se castigan aquellos con penas severísimas.
Así pues, en el deseo de evitar DIAS DE LUTO a mis convecinos, les recuerdo que, efectivamente estamos en plena guerra. Guerra santa, civil y patriótica por nuestra parte, e incivil, bárbara y traidora, por la de nuestros enemigos que son los enemigos de nuestra España inmortal.
Y les recuerdo también, que durante toda guerra se ELIMINA IMPLACABLEMENTE, por instinto de defensa y por imperativos del deber, a TODOS LOS ESPÍAS, DERROTISTA Y AMPARADORES O CÓMPLICES de los adversarios. Los que no son nuestros quedarán, en breve, inexorablemente reducidos o exterminados. Que nadie ponga en duda esta verdad proclamada de consuno por la Razón, la Justicia y la Historia.
Esta nos enseña que el noble solar hispano jamás consintió ni consentirá la esclavitud impuesta por ningún país extranjero y menos por el más abyecto, soez e inculto de Europa.
Sepan, por lo tanto los que reniegan de su Patria – que es peor que renegar de su propia madre – y los que contribuyan a desacreditarla o a entorpecer vanamente, por los modos al principio aludidos, la próxima, indiscutible y rotunda victoria final, que no habrá piedad para ellos. La sangre de nuestros mártires lo impediría.
Lo que se hace público para que nadie alegue ignorancia ni pueda llamarse a engaño.
Marín, 9 de septiembre de 1936.

A pesar do ton ameazante do mesmo, non debeu surtir o efecto desexado xa que Pedro Fontenla, director das Escuelas de Tiro Naval Janer e primeira autoridade militar da vila, meses despois (16 de decembro de 1936), vese obrigado a recordar o artigo 6º do bando de guerra publicado en Pontevedra tras o golpe e no que se decía que serían xulgados por xuízo sumarísimo os que “ propalen noticias falsas o tendenciosas”. A advertencia de Fontenla é clara:
De la cordura del vecindario espero que no me veré precisado a aplicar ese artículo porque cesarán, por completo, de inventar y propalar noticias falsas, que solo benefician a los traidores que desearían ver hundida nuestra Patria.

4 comentarios:

LA NIÑA DEL EXORCISTA dijo...

No outro bando chamábanlles quintacolumnistas, e tampouco creo que os fomentaran.

Pôlo que atinxe á censura, aquela poboación estaba acostumada á censura republicana. De feito, penso que de febreiro a xullo do 36 tamén houbo censura, os típicos cadros que aparecen na prensa: Este número ha sido visado por la censura.

Teño a man o BOP da Coruña nº 43, de 21 de febreiro de 1936. Na primeira páxina, o anuncio destacado é unha circular do Goberno Civil na que se le:

Se autoriza la proyección en esta provincia de las siguientes películas:

"Lysia" (paraíso de los desnudistas), debiendo proyectarse en sesiones especiales, prohibiéndose la entrada a menores y especificándose no ser apta para señoritas; (...) "Agente especial", suprimiendo la escena en que un agente uniformado, en plan de familiaridad le quita a uno de los criminales un cigarro puro de la americana y se lo fuma (...)".

Xosé Álvarez Castro dijo...

Efectivamente no territorio baixo o goberno da legalidade republicana, perseguíuse , principalmente a través do SIM, aos chamados "quintacolumnistas", termo este que tivo orixe nas decraracións dun alto mando militar sublevado, ao referirse a que, ademais das catro columnas que avanzaban sobre Madrid, había unha quinta columna dentro da capital que sería a que a tomase. Pero nesta entrada falábase de Pontevedra e aquí só mandaba o bando dos sublevados.
A censura sobre "moralidade y buenas costumbres" hóuboa en tódolos réximes pero a do franquismo non ten comparación coa republicana; é inimaxinable, non só a proxección, senón a mera existencia dunha película así na zona sublevada.

LA NIÑA DEL EXORCISTA dijo...

A censura republicana non so afectaba á pornografía ou ao erotismo. Como ben sabe o autor nos estados excepcionais (habituais) de Alarma e Guerra da republicana Lei de orde pública, a prensa estaba visada pola censura. E non so se censuraban as películas ou impresos pornográficos, penso que como en calquera outro país do noso entorno, senón que o que buscaban os censores principalmente era eliminar das planchas a imprentar as novas relacionadas co orde público, precisamente para dar unha sensación de normalidade que non era tal.

De feito, vostede seguro que coñece os sinsabores que conleva rastrexar información sobre un incendio de igrexa, asasinato dun de dereitas, asaltos a xornais ou centros políticos de dereitas: estas novas eran sistemáticamente eliminadas das planchas a imprentar polos censores do goberno frentepopulista.

Xosé Álvarez Castro dijo...

Sería inxenuo pensar que a censura se limitase a temas de moralidade, o certo é que todos os réximes, en maior ou menor medida, exerceron e exercen a censura. E non só os gobernos senón outros poderes... Respondía no meu comentario ao caso concreto do comentario anterior.
Tamén nas distintas etapas da IIª República (tanto con gobernos de esquerda como de dereita, pois tamén gobernou a dereita neste período) os xornais aparecían cos típicos "negros" do tachado pola censura e esa é unha de tantas eivas a superar cando investigamos nas fontes hemerográficas.