Os dias 18 e 19 de xullo de 1936 foron as datas fixadas para a celebración en Vigo do congreso de unificación das xuventudes comunistas e socialistas pontevedresas; en Pontevedra capital celebrouse o día 14 unha asemblea para preparar o congreso citado. Fai uns días tiven acceso a unha copia do documento utilizado como guía para o debate polos pontevedreses afiliados ás xuventudes unificadas pois, na capital, xa estaban unificadas de feito dende o mes de abril. O documento é un escrito mecanografado que está dividido en varios puntos que analizaremos nos aspectos máis relevantes. Non está datado pero debeu ser escrito no mes de xuño ou xullo de 1936.
Lembremos que naquel momento sopraban ventos de unidade entre as forzas de esquerda, no eido xuvenil estábanse dando os últimos pasos para a unión orgánica entre comunistas e socialistas. O xornal comunista Mundo Obrero publicaba o 26 de marzo de 1936 as liñas nas que debería estar baseada a unificación das xuventudes e que se resumían en: a) Defensa diaria dos intereses e dereitos económicos, políticos e culturais da xuventude traballadora e educación no espírito da loita de clases, do internacionalismo proletario e do marxismo-leninismo. b) Captación dos mozos obreiros, campesiños, estudantes así como das mozas e, en suma, de toda a xuventude traballadora. c) Loitar, mediante a agrupación e educación da xuventude pola liberdade e contra a reacción, o fascismo, a guerra imperialista, contra o réxime capitalista e pola vitoria do socialismo.
O “material de discusión para la asamblea” pontevedrés aparece moi influenciado polo apuntado no xornal comunista e recolle nos seus apartados as súas liñas básicas.
No punto primeiro, que trata sobre a xestión da executiva, recoñece e desculpa a inactividade desta “por falta de apoyo material y espiritual de numerosas secciones” indicando que se debe apoiar a xestión tratando de limar asperezas e non profundizar nas divisións.
O punto segundo, titulado “Tareas y métodos de la nueva organización en Galicia” está dividido en dous apartados que tratan sobre problemas xerais e locais respectivamente. No apartado de problemas xerais recálcase a importancia do sector campesiño polo que a xuventude, coa nova estruturación, debe ser a que controle a inmensa maioría da mocidade deste sector.
Segundo o documento, todos os mozos atopábanse afectados por problemas como a loita pola paz, pola cultura e por melloras económicas e, aínda que reunida en distintas asociacións, debía reunirse nun Frente de la Juventud que acollera dende os libertarios aos católicos non fascistas.

Ese frente ha de realizar un intenso trabajo, y no se crea que porque figuren en él los jóvenes católicos está ya condenado al fracaso porque no nos entenderemos. Nada de eso, el joven católico, no fascista, siente esos problemas que citamos porque como nosotros es de carne y hueso. ¿Por qué si la unión hace la fuerza no nos habemos de unir a ellos?.
Tamén sinala a necesidade de traballar no campo sindical como lugar para a captación dos mozos sindicados e para facerlles ver a necesidade de que axuden ás xuventudes para o seu ben e o de todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario