As tropas galegas mandadas polo xeneral Aranda entraran en Valencia e o presidente da Deputación pontevedresa, Jacobo Rey Daviña, envíalle un telegrama de felicitación do que destacamos este ardoroso parágrafo:
“El honor español es ya religión de los combatientes. Banderas de victoria, uniformes disciplinados, himnos nacionales, patriotismo ganado a sangre, iluminado por la creencia y mantenido por la escuela guardan la realidad venturosa de la Imperial soberanía de España.”Os xornais do día 2 de abril de 1939 ilustraban a portada co parte de fin da guerra e, algúns, reproducían a charla que o xeneral Queipo de LLano, lembrando os tempos en que o facía a diario, efectúa en Radio Sevilla; nesta charla anunciábanse os padecementos que se aveciñaban para os vencidos:
“La justicia de Franco caerá sobre los animales que combatieron a su Patria, y la justicia de Dios caerá sobre los animales exóticos, pues no puede quedar sin castigo tanto estrago, tanta ruína, tanta desolación y tanto crimen como ha ocurrido en España.”Tamén se refería ao sucedido no santuario de santa María de la Cabeza e un grupo de “camisas viejas” pontevedreses queren ser os primeiros en contribuír para reconstruílo e achegan 150 pesetas, este grupo está formado por: Alfonso e Felipe Temes, Pedro Castiñeiras, Emilio Boullosa, José Viñas, Carlos Hermida, Juanito Vázquez, Eduardo e Andrés Rodríguez, José Estévez, Manuel Rodiño, Manuel Noval, Jaime Carral e Eduardo Silva.
Os “camisas viejas” da Falange pontevedresa e outros “elementos de probado patriotismo” organizan unha cea no café Méndez Núñez, ao remate sucédense os cantos dos himnos de Falange e dos países amigos, Italia, Alemania e Portugal, así como os vivas aos seus dirixentes; o coñecido poeta “El Abuelo” aproveita para recitar uns poemas que foron moi aplaudidos.
Sucédense os donativos, entre eles o de Alejandro Mon Landa que aporta mil pesetas “con motivo de la total liberación de España”, días despois sería detido, xunto con varios membros da vella dereita pontevedresa, por manter reunións non autorizadas.
O domingo 2 de abril, o xornal El Pueblo Gallego publica un soneto titulado “A Franco”:
Del Hacho al Pirineo has ascendido,A igrexa tamén se suma: o arcebispo de Santiago dita unhas disposicións para a celebración de actos relixiosos con motivo do final da guerra e os párrocos pontevedreses dispoñen que o “sábado de gloria” se cante un Te Deum na igrexa de santa María, con asistencia das autoridades, e anunciado por retoque de campás en todos os templos; na capela da Peregrina reunirase “bajo precepto grave” todo o clero, regular e secular, para cantar unha salve á Virxe e a antífona e oración a Santiago, en acción de gracias polo fin da persecución relixiosa, así como o rezo dun padrenuestro polos relixiosos asasinados.
Vega de Espadas, con el pie ligero;
Y desde tu Galaico mar primero,
El de Ulises contemplas redimido.
Al oficio de Alcázar ascendido,
De campamento duro y sol guerrero,
Sueña otra vez el Orbe por sendero
Tu solar de Castilla defendido.
Padre de armas y paz; por tu promesa
Vuelve Occidente a revelar su empresa,
Y el Levante dilata su hermosura,
En proa al Sur y el Norte asegurado,
Y tú en cuartel, de pueblo acompañado,
Que exige en ti su joven aventura.
Os presos do cárcere non podían quedar á marxe: logo dunha preparación chea de “celo y apostólico fervor” que efectúa o coñecido xesuíta Petronilo Nieto ( de triste recordo pola súa actuación cos presos de san Simón), cumpren co precepto pascual nunha misa na que canta un coro de presos e toca a banda de música da Falange. Reciben a comuñón 269 presos. Obséquiase aos reclusos cun almorzo e xantar especiais ofrecidos polas autoridades.
No terreo político sucede un feito importante: a substitución do gobernador civil, Mateos Torres Bestard, por un comandante da Guardia Civil, o controvertido Manuel Gómez Cantos, recén ascendido por méritos de guerra pola súa actuación no exército do sur. Tamén se produce a baixa no exército, por desafecto, do que fora coronel xefe do rexemento de artillería, Mario Sánchez.
Pero os actos oficiais de celebración prográmanse, de xeito unificado para toda España, para os días 18 e 19 de maio. Nestes días, Pontevedra aparece adornada con bandeiras, cerra o comercio e moitos escaparates exhiben o retrato de Franco; a chuvia non impide o desenvolvemento dos actos. O día 18 amañece co son das bombas e das dianas interpretadas pola banda de música de Falange, ás once, misa de campaña na Alameda seguida de desfile militar e traslado do altar e imaxe da Peregrina a lombos de falanxistas, pola noite verbena popular; o 19, ás seis da tarde, na praza da Ferrería, faise unha lectura da proclama de Franco en xullo do 36 e do parte de fin da guerra, concerto da banda de Falange e, pola noite, gran retreta militar que recorre as rúas da capital.
1 comentario:
Para votarse a temblar.!Que volta atrás! Preparabase o punto de partida para etapa de vencedores e vencidos, co todo que eso leva.E pensar e comprobar que despois de 75 anos,un franquismo socioloxico do vivido neses corenta anos, inda ten "un cheiro" en moitos sectores que apesta.
Moitas grazas Xosé, por acercarnos tan matizadamente a Pontevedra daqueles primeiros días de 1939.
Unha aperta moi agarimosa
Publicar un comentario