Sempre se dixo que a represión non é
só froito da actividade dun grupo de asasinos con poder senón que,
cando sucede a gran escala, precisa da complicidade, por acción ou
omisión, dunha parte importante da poboación. Nos anos do medo, as
denuncias anónimas constituíron unha fonte importante para a
persecución de moitas persoas, houbo tanto entusiasmo practicándoas
que o propio réxime tivo que ditar normas sobre elas e, nalgúns
casos, multar aos denunciantes; a xeito exemplarizante, non son raras
as novas nos xornais sobre sancións por denunciar feitos non
comprobados.
A condición de masón, polo seu
carácter reservado, prestábase a este tipo de acusacións nunha
época na que a presunción de inocencia non era a norma. Son
abundantes os testemuños nos que se acusa de pertenza á masonería,
algúns de particulares impulsados por rancor, envexa ou por tentar
congraciarse co novo réxime e facer esquecer militancias pasadas,
outros testemuños foron utilizados dende distintos sectores do
propio réxime nas liortas internas polo poder.
Así atopamos, en informes de Falange,
veladas alusións sobre as supostas simpatías masónicas do
gobernador Macarrón e a súa posible complicidade na protección a
membros da masonería. Existen tamén informes sobre distintas
personalidades, algunhas delas ocupando cargos relevantes tras o
golpe militar, de conivencia con masóns e acusacións de pertenza á
masonería; este é o caso de varios marinenses, entre outros algúns
coñecidos armadores, un deles relacionado familiarmente cun
importante dirixente falanxista pontevedrés. Este armador chega a
ser detido aínda que foi posto en liberdade días máis tarde.
Estes informes están baseados en sospeitas e rumores: “por lo cual
es lógico sospechar que ese señor pertenecía a esa infame secta”,
“es señalado como tal por casi todo el pueblo”, “ se sospecha
que pertenece a la masonería por ser rumor público”, “ también
se sospecha, ignorando con que fundamento”, son frases que aparecen
habitualmente. Un parágrafo resulta significativo:
Con toda seguridad que además de las personas de que se hace mención hay muchas más que desconozco pero apretando e interrogando a las citadas podían descubrirse las demás.
Dentro das propias forzas policiais
tampouco están ausentes as acusacións; o trece de xuño de 1937, o
capitán da Guardia Civil Ramón Merino Morales prestaba
declaración e afirmaba:
que desde hace tiempo está enemistado personalmente con el capitán de su mismo Instituto, don Francisco González [O Rabioso] por motivos que no cree del caso exponer, constándole y está dispuesto a demostrar, que desde fecha muy anterior, para satisfacer venganzas personales, trataba de mezclarle intencionadamente, en asuntos que afectaran a su dignidad, creyéndole por tal motivo, iniciador de las diligencias que originan el actual exhorto y haciéndolo constar para los oportunos efectos de justicia.
Entre as denuncias de particulares
algunhas acadan altos graos de fervor acusatorio; tomemos como
exemplo a que efectúa, ante o xuíz encargado destes temas, un
coñecido almacenista de mobles vigués o 26 de xuño de 1937 da que
reproducimos un parágrafo respectando a grafía orixinal:
en mi conciencia y en mi corazón cristiano, junto con el sentimiento de justicia, no en menor grado el de caridad cristiana; pero costando a España y aunque en menor parte, al mundo, tantos dolores y tanta ruina, y lo que es compendio de todo, tanto ultraje a Dios y falta de amor al prójimo, que provocaron esa criminal secta y esas malditas como ella ideas ¿PUEDE UN ESPÍA DE LA MASONERÍA GOZAR DE LIBERTAD PARA PROSEGUIR EN SUS CRIMINALES INTENTOS YA QUE ES DE JUZGAR HUMANAMENTE QUE A ESO SERVIRÁ? Por el honor de Dios y por el bien de nuestra Patria, es para mi un ineludible deber, poner en su conocimiento lo antes relatado, quedando con el mayor respeto suyo affmo s.s.
As
fontes documentais utilizadas proceden do TERMC, causa 155/1937.
2 comentarios:
Cada vez que entro no blog gústame máis! Sen dúbida unha boa maneira de aprender da nosa historia... E que haia alguén tan implicado no tema e escriba é algo digno de agradecer! Eu dende logo, espero ansiosa outra entrada:)
Eu tamén teño un blog, un pouco diferente, pero algunha entrada tamén a dediquei a estos temas se queres pasarte!
http://carnedecirco.wordpress.com
Grazas polas túas palabras e alégrome que che agrade o blog. Por certo, carne de circo encantoume. Saúdos
Publicar un comentario