Adicado ao Foro por la Memoria de Zamora.
Noutras entradas deste blog xa tratamos a repercusión que os “sucesos revolucionarios” de outubro de 1934 tiveron na nosa terra; nesta ocasión achegámonos á figura de Valentín Ferrero Miranda, un mestre comunista, de 23 anos, casado, natural de El Perdigón (Zamora), que impartía clase na parroquia de Besomaño (Ribadumia).
Noutras entradas deste blog xa tratamos a repercusión que os “sucesos revolucionarios” de outubro de 1934 tiveron na nosa terra; nesta ocasión achegámonos á figura de Valentín Ferrero Miranda, un mestre comunista, de 23 anos, casado, natural de El Perdigón (Zamora), que impartía clase na parroquia de Besomaño (Ribadumia).
Por unha carta que
dirixe ao oficial de correos de Zamora, Luis Iglesias, sabemos que, a
pesar de atoparse nunha zona rural, caciquil, lonxe dos núcleos
obreiros nos que, sen dúbida, atoparía apoios das organizacións
sindicais e de esquerdas, Valentín non deixa de actuar
políticamente: la religión recibe
ya mis primeros golpes, ya me tienen odio los derechistas, los
caciques, los curas. Los aldeanos también me miran con recelo.
Describe claramente
a situación social do contorno no que vive:
El P. ha enfocado
bien la cuestión de la lucha en ellas [as aldeas
rurais galegas]. El
campesino vive mal: agobiado por los
impuestos, por los foros, por
las rentas que tiene que pagar al
terrateniente. Además, la religión
es la gran cadena que los ata a
la sumisión, a la esclavitud. La
Iglesia domina por sus latines y
por sus bienes económicos. Aquí
hay tierras de las iglesias, que
cultivan los aldeanos teniendo que
entregar al cura la mitad de
las cosechas.
Por otra parte, la
usura y el caciquismo hacen el cuadro de vida
de estos campesinos
todavía más lúgubre.
Valentín xa empeza
a ser coñecido fóra da comarca e convídano a escribir nun
semanario socialista de Pontevedra [ La Hora] pero considera que
está “desentrenado” e adía esta colaboración. Tenta manter
contacto coa Federación de Trabajadores de la Enseñanza pero, como
esta asociación tiña a sede en Vigo, non lle foi posible facelo. A
Valentín non lle gusta a Casa del Maestro pontevedresa, considerada
polo mestre como reaccionaria, “guarida de catedráticos y
señoritos” que por medio de bailes, festas e banquetes, procura
desviar os mestres das Casas do Pobo. Confírmanos a convicción que
sempre tivemos do receo que cara esta institución tiveron os
mestres máis comprometidos socialmente.
Valentín procura
superar o illamento e o desánimo e mantén correspondencia con
correlixionarios como Vicente Rueda, que está no servicio militar
en Estella, fortemente vixiado polos seus antecedentes políticos;
con Matías Bueno de Diego, empregado da Oficina Local de Colocación
Obrera de Zamora, a quen considera “hermano mayor”, (Matías e
Valentín utilizan o francés nas súas cartas), entre outros.
Interesante a
análise que fai, nunha carta dirixida ao “estimado camarada
Antonio”, [Antonio Fernández Borrego, mestre en Tuda, Zamora] da
igrexa castelá e da galega:
En Castilla, la iglesia crea al pueblo, lo acoge, lo reconcentra, lo hace vivir en torno a ella, arrogándose una paternidad ficticia: esto se llama demagogia. En Galicia, la iglesia vive sola, consciente de su poder, apartando de ella a todos los piojosos, a todos los miserables; no encubre su tiranía ni su dominio.
Continúa a carta
cunhas curiosas consideracións, moi alonxadas do carácter dos seus
escritos, sobre os “harenes de los curas gallegos” nas que fala
das “gallegas robustas y fuertes, con grupas de yeguas normandas”
e acada graos moi subidos de delirios eróticos, por utilizar un
cualificativo moi prudente:
¡ Que riegos tan fecundos podían hacerse en estos ovarios fuertes y olorosos! Que el falo mítico, símbolo de los símbolos, profanase morbideces, abriese piernas y depositara el rico licor seminal, en las vulvas estrechas, con vapores deletéreos, que hacen perder la cabeza a los pastores que regentan las rectorales. Y estas lechoncillas triscadoras, criadas en regalo, para adornar los lechos fríos de los clérigos, como gustarían con delicia, verdaderos miembros hombrunos, no extraviados en ninguna senda de la patología!
Deixemos atrás
este inusitado e inefable parágrafo e volvamos ao rego do quefacer
de Valentín. Os tempos non eran bos para un mestre de esquerdas e
menos para quen xa tivera enfrontamentos públicos na localidade por
motivos políticos; as forzas conservadoras tiñan no seu obxectivo o
maxisterio e sospeitaban dos membros dese colectivo, aos que
consideraban, en gran parte, axentes da revolución. As forzas vivas
de Ribadumia preparan a ofensiva contra Ferrero: a raíz dos sucesos
de outubro do 34, Valentín foi detido e ingresado no cárcere de
Pontevedra; no rexistro da súa casa atópanlle correspondencia,
“tres libretos (sic) de ideas marxistas”, exemplares dos xornais
zamoranos La Tarde e La Voz del Trabajo (órgano da Federación
Provincial de Sociedades Obreras de Zamora), un número
extraordinario de Mundo Obrero e a revista Rusia Hoy.
Como era imposible
probar a súa participación en actos revolucionarios ou contra as
forzas da orde, as acusacións céntranse no labor disolvente
realizado na escola; aparte das testemuñas dalgúns pais, non
dubidan en utilizar declaracións de nenos de trece e de once anos de
idade. As actuacións atribuídas ao mestre concordan coas que
coñeceremos un par de anos máis tarde, na represión tras o golpe
do 36: posicionarse a favor da queima de igrexas e de facer
desaparecer os curas por innecesarios, de explicar o mecanismo das
folgas:
Vosotros trabajais para mi y os doy un duro a cada uno, os parece poco, y entonces os subo el salario a treinta reales y también os resulta insuficiente y abandonais el trabajo y esta es la manera de que produzcais una huelga.
Tamén o acusan,
feito que recoñece Valentín, de que no gardapolvo ten bordada unha
estrela de cinco puntas.
Os testemuños,
todos sospeitosamente semellantes, tamén contan que o mestre lles
explicaba na escola que, antigamente, as xentes eran “parvas” e
coidaban que era a lúa quen facía os fillos ás mulleres e que,
cando casaba unha muller, tiña que deitarse cun frade, entre outras
acusacións na mesma liña.
O auditor militar
considera que non está probado que realizara feitos dignos de
mención de carácter revolucionario, pero había testemuños
abundantes de que, no desempeño do seu cargo, expoñía aos alumnos
feitos e temas contrarios á moral. Acorda dar por terminado o
procedemento sen declaración de responsabilidades e pasar a
coñecemento do ministro de Instrución Pública os feitos para que
tomase as medidas oportunas.
Grazas á magnífica
páxina en Facebook do Foro por la Memoria de Zamora e pola
información que xenerosamente me facilitaron, sabemos que a familia
de Valentín Ferrero foi moi castigada tras o golpe do 36: o pai,
Valentín Ferrero García foi asasinado o 3- 8 36, o avó materno
Fabián Miranda e un irmán de Valentín chamado José en setembro e
xullo do 36, o propio Valentín fusilado o 19 de xullo de 1939 en
Argamasilla de Calatrava (Ciudad Real) e outro irmán, Ursicino,
condenado a morte pero conmutada a pena.
A maioría das
persoas que aparecen relacionándose con Valentín pagaron coa súa
vida o seu compromiso político e militancia no partido comunista;
foi o caso de Vicente Rueda, Matías Bueno, Andrés Espinosa e
Antonio Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario