domingo, 24 de junio de 2018

O "Rabioso" en Tui.

        
  Adicado aos amigos e amigas de Levada Libre que sempre   fan de Tui unha terra para sentirse a gosto.
Nunha folga de solidariedade en Tui, prodúcese unha explosión e incendio no establecemento de Modesto R. Conde a quen os traballadores consideran “cristero”. Este e outros sucesos serven para que o responsable da Guardia Civil en Tui, o tenente Francisco González Rodríguez “O Rabioso” dea renda solta ás súas actuacións represoras contra o mundo sindical tudense e, especialmente, contra os membros máis destacados das súas agrupacións nas que preponderancia da CNT era total.
Sucédense unha serie de rexistros, detencións, utilización de confidentes para amañar testemuños, etc; isto dá lugar a que se expoñan ao gobernador civil, Ángel del Castillo, unha serie de queixas sobre a actuación do “Rabioso” e ao mesmo tempo, dende o semanario Solidaridad Obrera, órgano da anarquista Confederación Regional Galaica, dáselle voz aos represaliados da cidade.
O 16 de xullo de 1932, baixo o título de “La represión en Tuy” descríbese a situación:
Tuy está en manos de una gentuza indeseable. Un bicho con todas las características de una alimaña, es dueño de la población. Un ser degenerado, inmoral, con todos los antecedentes por haber estado en presidio, es el encargado de señalar a las personas que puedan ser un estorbo al caciquismo para enviarlas luego a la cárcel. [...] Porque un gobernador que sienta la dignidad del poder civil no tolera los desmanes del teniente de la guardia civil que cree que Tuy es un trozo de África. [...] es indispensable que cese el teniente de la guardia civil y que ese pingajo de hombre llamado “Papaluces” deje de ofender a un pueblo que quiere vivir con arreglo a las leyes de la decencia.
Pero as denuncias máis fortes escríbense no número correspondente á vindeira semana, nun titular a seis columnas: “Frente a una monstruosidad. En Tuy sigue el caciquismo violando los más sagradois derechos de ciudadanía, libertad y justicia. Solidaridad para los aherrojados.”: destacados dirixentes sindicais, encarcerados na prisión de Tui, escriben artigos que poñen na diana ao tenente “Rabioso”. Gumersindo Rodríguez “Santiaguiño”, despois de lembrar os sucesos de Sobredo, dos que afirma que foron obra da “vil canalla caciquil” e dun tenente “neurótico, instrumento ciego al servicio del mal”, arremete contra as actuacións policiais na cidade:
La represión de que somos víctimas los proletarios de Tuy, lejos de atenuarse, aumenta en ferocidad cada día que pasa. La caciquería local coaligada como siempre con curas y cristeros, está vengándose ahora de los disgustos que la clase trabajadora organizada le ha ocasionado en fecha aún reciente. [...] Su domicilio [o do tenente] sigue convertido en ergástula en el que los trabajadores permanecen veinte y cuatro y más horas amontonados como fardos en un pasillo sin luz ni ventilación. Por su cuenta y demostrando una absoluta ausencia de pudor, expulsa a una pobre mujer, encarcela a otras, registra domicilios a discrección (sic) sin mandamientos judiciales, violenta muebles, revuelve y lo husmea todo.
Manifesta que son 46 os obreiros detidos e cualifica as actuacións do “Rabioso” de atropelos incualificables e sadismo indignante. Remata afirmando que os traballadores tudenses están á mercede de “obscurantistas y ultramontanos” pero iso non lles asusta porque, coa solidariedade de “nuestros hermanos de la región”, sairán desta proba coa fronte alta.
Tamén escribe nese número Dalmacio Bragado, quen fora detido en Vigo debido ás acusacións dun confidente que asegurou telo visto en Tui nos días dos sucesos; fora trasladado a Tui por unha parella aos que cualifica de “Archibeneméritos” e estaba preso na cidade.
¿ No subleva este trato vesánico e indigno? ¡Y aún se nos quiere hablar de justicia, de democracia, de libertad, cuando somos tratados con procedimientos más filibusteros y draconianos que en los tiempos del rey felón! ¡Pobre niña! [referencia á nacente 2ª República] Como te están explotando y prostituyendo los que dicen ser tus adoradores. Pronto, muy pronto sufrirán las consecuencias de su desleal conducta.
Outro preso no cárcere é José A. Riba [ José Adán Rivas?] que escribe un artigo titulado “Tuy contra la opresión”.
Los señoritos del Casino, de la Patronal y de las procesiones, que son siempre las mismas ilustres personas, azuzan a la Guardia Civil, al Juzgado y al obispo como el propietario a su perro.
Critica ao gobernador por prometer que o domicilio do tenente non volvería a converterse máis en cuartel, xulgado e cárcere, cousa que non se cumprira. Volveran a ser detidos o expresidente e o secretario da Federación de Traballadores e levados á casa do tenente para ser interrogados, este recíbeos dicíndolles que observasen como é el quen manda en Tui pois todas as queixas ao gobernador lle servían “para limpiar sus espuelas”. Lembra que en Tui xa se coñece toda a biografía de Francisco González: a actuación en Vigo onde adquirira o alcume do “Rabioso”, en Caldas onde lle puxeran “O Filloas”, etc, e alerta da posibilidade de que un día a Guardia Civil cometese un crime. Se houbese un conflito debido á situación, non se limitaría só aos obreiros pois levantaríase tamén o campo. “Nos hemos solidarizado con Galicia y ahora miramos a Galicia para decirle: ¡Solidaridad!”
As duras críticas non lle sentan nada ben ao tenente da Guardia Civil; aparte as denuncias ao gobernador civil e aos xuíces de instrución de Tui e Coruña, envía á autoridade militar un exemplar de Solidaridad Obrera do 23 de xullo do 1932, por insertarse nel inxurias a oficiais e tropa da Guardia Civil asinados polos anarquistas Gumersindo Rodríguez Costas “Santiaguiño”, panadeiro e presidente da Federación de Traballadores de Tui e os seus contornos e José Adán, secretario xeral da mesma. Acúsaos de infracción da lei de defensa da república pois
el oficial que suscribe y la fuerza a sus órdenes, se ha limitado al cumplimiento del deber hermanado con la afabilidad del trato en cuanto ha sido posible en armonía con lo mandado por las leyes.
O “Rabioso” practicara dilixencias na súa propia casa debido a que, segundo afirma, ao preguntar no cárcere polo anarquista José Alonso, detido por sedición, enterouse que todos os detidos protestaran no patio dicíndolle ao xefe da prisión que só contestaban ao xuíz, ademais o despacho que lle cedera o xefe da garda municipal non reunía as condicións para o sixilo e para a seguridade dos detidos. Sobre o artigo escrito por Gumersindo afirma:
Con toda ironía, que demuestra una vez más su mala condición y espíritu incorregible, siempre en pugna con todo lo que implique orden, autoridad o principio de autoridad, que detesta se ejerza por otro pero en cambio pretende el ejercerla de una manera absorvente (sic) por medio de la Federación de Trabajadores de Tuy.
Non deixa tampouco de lembrar as actuacións que tivera, cando fora destinado a Manresa, nas persecucións de anarquistas. Admite que as mulleres de Tui concentráranse diante da prisión onde estaban os presos “tratando de soliviantar al pueblo en contra de las autoridades y la fuerza y en favor de los detenidos”, como consecuencia, o gobernador expulsara á portuguesa Isolina Celeste Castro, feito denunciado en Solidaridad Obrera.
Entre a documentación achegada figura unha copia manuscrita dunha canción antimilitarista:
Soldado soy de España
que estoy en el cuartel,
estoy avergonzado
de haber entrado en el.
Me han hecho criminal
al darme el uniforme militar.
Al toque de corneta
se forma el batallón
para matar hermanos
de la misma nación.
El toque de diana
que suena en el cuartel
la madre del soldado
llorando está por el.
Madre de mi corazón
yo no soy digno de ti
porque ultrajando a otras madres
te estoy ultrajando a ti.
Un juramento presté
pero no tuvo valor
porque la bandera mía
se llama anarquía y liberación.
Tan solo he de luchar en nombre de la santa libertad.

Tamén adxunta un exemplar, editado a imprenta, do Cancionero revolucionario, editado en Barcelona por Ed. Tierra y Libertad, nel, na páxina 6, aparece unha versión completa e con pequenas variacións da canción anterior, baixo o título de “La canción del soldado”.

No hay comentarios: