O 24 de maio de
1944, na vila de Cea (Ourense), os edificios locen bandeiras e
crespóns negros; é o día da inauguración “con sencillez, pero
solemnemente” do monumento aos caídos do que fora impulsor o
mestre xubilado José María González. Ademais das autoridades
locais e provinciais, representacións do exército, Vieja Guardia de
Falanxe e outras xerarquías, asistiu numeroso público e o alumnado
das escolas nacionais. Todos encamiñáronse cara o cemiterio para
depositar coroas de flores nas tumbas de dous camaradas, rezar uns
responsos e dar os gritos rituais falanxistas.
A continuación
dirixíronse ao monumento aos caídos situado cerca do santuario da
Saleta. No templo, os nenos internados no reformatorio de Oseira
participaron con cantos gregorianos na misa.
O encargado do
sermón foi o “heroico y elocuente” padre Comesaña (José
Fernández Parada), sinalado por moitas testemuñas como represor en
Vigo e do que afirmaban levaba sempre a pistola debaixo da sotana.
Neste acto, con “párrafos sentidísimos y con gran unción hizo
resaltar el cruento sacrificio de nuestros caídos por Dios y por
España” e a súa palabra “cálida y patriótica llegó al fondo
del alma de los asistentes”.
Logo da bendición
do párroco e dunhas palabras do mestre promotor, o xefe provincial
do Movimiento pronunciou un discurso “escuchado religiosamente”.
Cantouse o Cara al Sol e déronse os gritos de rigor.
Segundo os xornais,
Cea vibrou de patriotismo e o clero da comarca “se comportó, como
siempre, de manera admirable.”
O párroco de
Seoane, José Vázquez Testa, compuxo un poema en galego para o acto:
“Laudemos
viros gloriosos” (Ecl. 44)
Non
deixar esquecer ós que morreron
é
moi xusto deber dos que quedamos;
tendo
conta que perduren largos anos
nome
e feitos d’os que nos precederon...
¡Honra,
pois, e gratitú ós que “caeron”
n-a
groriosa Cruzada en que loitamos,
e
co’a axuda de Dios n-ela trunfamos...
¡Hou!
Y-as tradicións perdidas xa se ergueron.
¡Boa
idea a d’o ilustre conveciño!:
d’escribir
en dura pedra ise “¡Presentes!”
pra
que o lean, e lles recen con cariño,
-
qu’e o millor ousequio d’os creyentes-;
¡¡Cunha
Cruz pra fár sombra ó seu filliño
y-os
outros compatriotas “merecentes” !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario