sábado, 24 de febrero de 2018

Crase contra crase (2)

Para completar o escrito noutra entrada anterior sobre o programa presentado polo PC no ano 1933, resumimos algúns dos puntos referidos a aspectos non tratados naquela ocasión:
* As terras dos grandes terratenentes, da Igrexa, dos mosteiros, das municipalidades e do Estado, así como os apeiros de labranza, serán confiscadas sen indemnización e repartidas gratuitamente entre os obreiros agrícolas para que as traballen, individual ou colectivamente, segundo decidan.
* Todas as débedas dos campesiños serán anuladas e as cargas señoriais (foros e semellantes) abolidas; os impostos do réxime burgués suprimiranse.
* O goberno proverá aos campesiños de maquinaria, sementes, créditos, etc para aumentar a produción, rematar coa miseria e a fame e elevar o benestar das masas traballadoras.
* Reducir a xornada de traballo e aumentar o salario o suficiente para atender as necesidades; eliminar os contratos explotadores e usurarios.
*Confiscación e nacionalización das empresas, da gran industria; control da produción e distribución por parte dos soviets; nacionalización dos bancos, dos medios de transporte e comunicacións en mans do capital (ferrocarril, barcos, autobuses, teléfonos, radio...)
*Instauración xeral da xornada de sete horas (40 semanais) e de seis para mineiros e industrias insalubres así como para a mocidade. Subsidio inmediato para os parados ata que sexan absorbidos polas diversas ramas da produción; a produción será adaptada de forma que asegure o traballo permanente dos obreiros.
* Seguro xeral (de enfermidade, accidentes, vellez, maternidade) por parte do Estado e empresas nacionalizadas sen achegas por parte dos obreiros.
*Supresión da Guardia Civil, de Asalto e de todas as forzas armadas dos capitalistas e terratenentes. Armamento dos obreiros e campesiños. Elección dos funcionarios públicos polos soviets.
* Supresión do exército permanente como instrumento en mans dos capitalistas e terratenentes, eliminación do corpo de oficiais e creación dun “Ejército Rojo obrero y campesino” para defender os intereses das crases populares e da revolución.
Explica o documento o que serán e que farán os soviets elixidos polos traballadores:
romperán definitivamente el poder de las clases explotadoras, de los capitalistas y terratenientes; liquidarán totalmente el sistema de coerción burocrático y antipopular del estado y de las municipalidades y los reemplazará por órganos populares en que participen las más amplias masas de obreros y campesinos en la dirección de su Estado. Los Soviets les asegurarán pan, trabajo y libertad y les representarán y defenderán sus intereses y necesidades diarias.

Como reivindicación no parlamento, os representantes comunistas proporán:
* A liberación inmediata dos presos sociais e amnistía de crase para todos os presos obreiros , campesiños e soldados condenados por defender a revolución.
*Disolución e desarme das organizacións fascistas. “Clausura de los centros y clubs de conspiración monárquicos y jesuíticos” con confiscación dos seus bens e entrega gratuíta ao pobo traballador.
*Creación de milicias obreiras e campesiñas.
* Apertura dos centros sindicais e políticos clausurados e derogación das leis fascistas de Orden Público, de vagos, etc.
* Amplo dereito de organización, prensa, manifestación e folga para os traballadores.
De xeito específico para os parados: seguro contra o paro forzoso, con salario íntegro durante todo o período de paro pagado polos patróns e o estado. Subsidio inmediato dun 75% do salario, non menor de tres pesetas diarias, a todos os parados. Subministro de leite, comestibles, combustibles e roupas ás familias máis necesitadas. Prohibición do desafiuzamento así como todo pago de aluguer e impostos para os parados. Ocupación de clubs, palacios e demais mansións dos grandes explotadores, dos locais da Igrexa e ordes relixiosas, para este fin. Control de todas estas medidas polos Comités de parados, recoñecidos como órganos representativos dos sen traballo.
Para os soldados: recoñecemento dos seus dereitos políticos e civís, dereito de reunión, electoral, de asociación e prensa. Creación de comités de soldados para a defensa dos seus intereses e condicións de vida no cuartel. Supresión do saúdo e dereito a vestir de paisano e habitar fóra do cuartel así como un soldo de tres pesetas. Elección de oficiais por parte dos soldados, dereito a facer o servizo militar na súa rexión e pago dun socorro ás familias durante a permanencia en filas. Catro semanas de vacacións na época da sementeira e da colleita.
En canto a instrución pública: ensino laico e gratuito, obrigatorio ata os 14 anos. Prohibición do ensino relixioso nas escolas e subministro gratuíto de merendas escolares, libros e roupas. Confiscación de todas as escolas relixiosas e, nos niveis non obrigatorios, pago dun soldo por parte do estado aos estudantes pobres.

viernes, 9 de febrero de 2018

¡Clase contra clase! (1)

Ano de 1933. O 19 de novembro celébranse eleccións parlamentarias, as primeiras nas que poden votar as mulleres. A dereita preséntase en coalición electoral, o partido Radical pacta con pequenos grupos de centro-dereita e os republicanos de esquerda, o PSOE e o PCE presentan candidaturas separadas. A CNT fai unha activa campaña pola abstención.
O Partido Comunista de España edita un folleto, que vende por 10 céntimos, no que se plasma a “plataforma de lucha” para as eleccións lexislativas. Baixo o lema “¡Clase contra clase!” aparece explicado o que sería o programa do goberno “obrero y campesino”, no caso de acceder ao poder.
¡Por el Poder de los obreros y campesinos, única salida revolucionaria! ¡Por el pan, la tierra y la libertad! ¡Por la España de los Soviets” ¡Trabajadores: Formad el frente único! ¡Trabajadores: Votad al Partido Comunista!
As 18 páxinas podemos dividilas en diversos apartados: a) Balance dos dous anos e medio da república “burguesa y terrateniente”, como cualifica ao bienio azañista. b) Crítica á actuación do Partido Socialista e do anarquismo. c) O Partido Comunista como “único camino de salvación”. d) Programa detallado da alternativa comunista e plano de actuación dos seus deputados. e) Chamamento aos obreiros socialistas e anarquistas de cara á formación do “Frente Único”.
Os destinatarios da publicación son os sectores que compoñen a previsible clientela electoral do partido, que aparecen nomeados de xeito explícito:
¡Obreros, campesinos! ¡Mujeres y jóvenes trabajadores! ¡ Explotados y oprimidos de España, Cataluña, Vasconia, Galicia, Marruecos y demás colonias!
Todo o documento presenta un interés moi relevante e iremos divulgando algúns dos seus apartados; como avance, nesta entrada falaremos do tratamento que lle dá ao problema das “autonomías”, moi candente tamén naquel momento, e ao, non menos actual, da discriminación contra as mulleres.
Sobre o que cualifica como “pueblos oprimidos de Cataluña, Vasconia y Galicia”, critica que durante estes anos, máis alá dos estatutos de autonomía rexional,
NO HAN RECIBIDO EL DERECHO A LA AUTODETERMINACIÓN NI LA LIBERTAD NACIONAL PROMETIDA. [maiúsculas no orixinal] Continúan sometidas al imperialismo español, al yugo rapaz del Estado central.
Sobre Marrocos e outras colonias, destaca que seguen anexionadas e expoliadas pola “España imperialista” como nos peores tempos da monarquía.
No seu programa de goberno obreiro e campesiño, dedica o apartado 8 a tratar o tema:
Liberación nacional de todos los pueblos oprimidos. El gobierno Obrero y Campesino reconocerá a Cataluña, Vasconia y Galicia, pleno derecho a disponer de si mismas hasta la separación de España y formación de Estados independientes.
Na actividade dos seus futuros deputados (só obterán un representante) figura entre as reivindicacións a defender
Apoyo activo y directo a todos los movimientos revolucionarios de las nacionalidades oprimidas por el imperialismo español. Retiro inmediato de todas las fuerzas militares, policíacas y administrativas. Liberación de todos los presos por luchar contra la opresión nacional.
Nun apartado específico que titulan “Para los pueblos oprimidos”, defende o ensino da lingua materna e o dereito a utilizala en todos os actos da súa vida, o dereito dos soldados a facer o servizo militar nas rexións natais e o dereito a falar o idioma nativo durante o mesmo.
En canto á muller, no programa xeral non hai un tratamento diferenciado, na liña habitual da esquerda obreira, e adícanlle un apartado específico baixo o título “Para las mujeres trabajadoras”:
Igualdad de derechos políticos y civiles para las mujeres desde los dieciocho años. A igual trabajo, igual salario. Seguro de maternidad, a cargo del Estado y los patronos, sin aporte de ninguna especie de parte de las trabajadoras. Derecho al aborto. Amnistía inmediata de todas las mujeres condenadas por ese motivo. Derecho de las mujeres para no asistir seis semanas antes y seis después al trabajo y recibir el salario íntegro, con el puesto respetado. Cuidado gratuíto de los médicos y parteras, anterior y posterior al parto. Dotación de una ayuda especial para atender al recién nacido. Creación de las casas cunas y jardines de infancia.

domingo, 4 de febrero de 2018

Unidad de España (e 3)

Nesta terceira e última entrada falaremos brevemente do chamamento que fai “A los padres de familia de 1937”. A autora pide que se reflexione sobre si os males que lamentaban non tiveran a orixe na neglixencia dos propios pais. María de la Peña precisa o destinatario, non son todos os pais; cando fala de pais de familia
hablo especialmente con aquellos que forman una familia cristiana, como Dios manda: que esos padres se han unido mediante el Sacramento; pues no entiendo como podría dar agua clara una fuente cenagosa en su origen y envenenada en el material que la alimenta. No hablo, pues, con los que les basta casarse civilmente, ni con los amigos del divorcio, ni con los que aceptan la limitación de la natalidad...son estas tres cosas la verdadera carcoma de la familia.

O destino que a autora lles reserva a estes últimos aparece explícito:
A los partidarios de estas cosas yo los desterraría de la Nación, en compañía de los sostenedores de ideas disolventes...y juntos, que formen algún pueblo en un cantón de Rusia.

Reflexiona sobre a infelicidade de moitos fogares, infelicidade causada, na maior parte das veces, por ter excluído a Deus; as obrigas dos pais en canto a formación dos fillos deben pasar máis por asegurarlles os bens eternos antes que os terreos. “El fundamento de la educación es que los hijos son de Dios y para El hay que criarlos.”
Aconsella que estean vixiantes sobre todo o que teña contacto cos fillos: serventes, amigos, e, sobre todo, mestres.
¡Ah! El maestro nos reemplaza durante horas; no pongamos nunca nuestros hijos en manos de maestros ateos y perversos, en manos de maestros que enseñan mal. Yo creo que es un deber nuestro dejar vacías las aulas que, en lugar de ser centros de virtud y sabiduría, son centros de corrupción. Amarga experiencia estamos haciendo, fruto de las escuelas laicas, de las universidades ateas, de los ateneos sin moral, en donde se corrompe la mente y el corazón [...] fruto de no tener buenos maestros, ha sido el que se descarriase esa juventud, portaestandarte de la revolución, que en lugar de estudiar, promovían tumultos y levantaban barricadas; juventud sin conciencia y sin nobleza en el alma, que sirvió de heraldo al comunismo, al desorden, a los planes masónicos; juventud que empujó la Patria al abismo.

Cando fala de xuventude precisa que está a referirse á masculina, cabe preguntarse que foi da feminina; tampouco parece moi digna de alabanza:

ese conjunto de mariposas pintarrajeadas, que van de la playa al paseo, del paseo al cine, del cine a la tertulia, de la tertulia otra vez al paseo y luego...a cualquier parte donde se pueda perder el tiempo.

De todos os xeitos, aínda que era así a maior parte da xuventude, quedaba unha parte nobre, abnegada, que cando viu a Patria en perigo contribuíu a salvar a nación.
Os pais deben permanecer vixiantes, esixir ás autoridades que se prohíba o cine inmoral, os centros de corrupción, os folletos e novelas inmundos; a autora bota man, unha vez máis, do símil sanitario:

No se castiga al que criminalmente envenena las aguas que abastecen la ciudad? Pues con mayor razón se ha de infrigir castigo a los que envenenan los placeres y los libros, y todo lo que es alimento de la juventud.

sábado, 20 de enero de 2018

Unidad de España (2)

Continuamos o apartado dedicado ao libriño “Unidad de España”. A autora, que asina co pseudónimo de María de la Peña, chamábase María del Pilar Cubero Catevilla de Bertrán de Lis e escribiu numerosos libros: “Angelomanía”, “Conozco una mujer”, “Lucha de amores”, “Nosotras y ellos”, “Reflejos”, entre outros.
Non faltaron en Pontevedra exemplos deste tipo de publicacións de ardor patrioteiro, foi o caso das Lecturas patrióticas para los soldados de España, do mestre e alcalde de Xeve José Iglesias, a quen lle dedicamos dúas entradas fai anos.
O exército non podía deixar de ocupar un lugar destacado nas loubanzas e adulacións neste libro; na carta dirixida ao “Ejército de hoy. Salvador de la patria” o éxtase da autora acada altas cotas de intensidade:
¡ Oh, vosotros,los que habéis ofrendado la vida a la Patria! ¡ Oh, vosotros, los que caeis en la lucha más gloriosa!        ¡ Oh, vosotros, los que continuáis las epopeyas hispánicas!  ¡ Oh, vosotros, los que tejéis coronas inmortales de gloria!

Continúan as “salves” ao exército que, coa súa fe e patriotismo, arrincaba esta terra bendita ao infame comunismo, certo é que con axudas importantes pois o ceo estaba do seu lado, polo que “en vez de navegar, voláis”, cousa que a autora aproveita para dar un consello e, retomando o xa apuntado na carta a Franco da entrada anterior, pide calma, que non cheguen de présa a Madrid porque “las jornadas de esta CRUZADA son de purificación, y las purificaciones son lentas, si han de ser hondas.”
Para a autora, a gloria do exército é a de ser exército español, “estar al servicio de la Patria idolatrada.” O glorioso lexionario, o glorioso requeté, o glorioso falanxista, o glorioso militar, son gloriosos porque son de España.
Si así no fuera, ¿dónde estaría vuestra gloria, dónde la nobleza de vuestra causa? El nombre más benigno que se puede dar a un español que no lucha por España es el de traidor, sólo los que quieren romper las cadenas que esclavizan a la Madre, solo esos pueden llamarse hijos.”
Ademais, segundo a autora, España é guerreira por tradición, por espíritu de conservación, xa que sabe que só pode vivir defendida por dúas armas: a espada e a fe. 
“¡Dios así la hizo, la hizo cuna de soldados aguerridos, porque había de ser cuna de conquistadores y de defensores de la fe!

No pasado, España salvou Europa do perigo árabe, loitou en Lepanto contra os turcos liberándoa do novo invasor e agora, aplasta o comunismo e aparta “el peligro rojo de EUROPA y quizá del mundo.”
Non deixa pasar a ocasión de apelar aos contos de fadas: España era unha princesa roubada aos seus e condenada a vivir baixo a tutela de “esa vieja, asquerosa judía, que tiene tantas garras como hay naciones en el mundo.” Pero un día la princesa escoitou uns fortes pasos e
un Caballero andante, GENERALÍSIMO de un EJÉRCITO, que por salvarla lo seguía, llegaron a la puerta de su mazmorra obscura, estrangularon a la vieja judía que guardaba la puerta, rompieron el duro cerrojo y sacaron libre a su hermosa princesa, y formando barrera alrededor de ella, provocaron a los hijos de la bruja judía, todos rojos y negros, a que vinieran por ella; y se traba la lucha y pronto tiemblan, y rugen y se alejan, y ella, ESPAÑA, queda libre, perdiendo de vista para siempre a sus duros y sanguinarios carceleros y a la vieja judía de múltiples garras...que ponía espanto. Es libre para siempre y la rodean caballeros en lugar de asesinos ¿Cómo no ha de bendecir a sus libertadores?

Logo desta tenra e axeitada lenda, só cabía rematar a carta co consabido encadeado de “salves”:
¡Salve, pues, EJÉRCITO ESPAÑOL, el de las epopeyas grandiosas! ¡ el de los heroísmos legendarios! ¡el de las hazañas inverosímiles! ¡Salve, EJÉRCITO ESPAÑOL, el de las abnegaciones contínuas, el de los sacrificios incontables, el de los holocaustos diarios! ¡ Salve, EJÉRCITO ESPAÑOL DE HOY, el admirable, el generoso, el indomable, el invencible, el...que todo lo puede, cuando como hoy, va con Dios...sigue en tu reconquista y en tus sacrificios...y ESPAÑA será buena por ti! ¡ SALVE, EJÉRCITO DE HOY, SALVE!

martes, 2 de enero de 2018

Unidad de España (1)

Non aparece imprenta nin data de publicación pero investigando un pouco, no catálogo da Biblioteca do Congreso Nacional de Chile aparece unha referencia que, practicamente, coincide no título e autora: Unidad de España : a los españoles de ayer y a los de hoy”; alí consta como data de publicación o ano 1937 na imprenta de Almaraz (Salamanca). A autora é María de la Peña de Bertrán de Lis. O exemplar do meu arquivo ten unha sobrecuberta na que o título, sobreimpreso enriba dun mapa de España, é o de “España Una”. A dedicatoria vai dirixida Al Triunfante Caudillo y su Ejército. A los que con su sangre generosa redimieron a España.
Está estruturado en varios apartados, en cada un aparece unha carta que a autora dirixe a diversas instancias: Franco, o exército, os pais de familia, etc. Nesta entrada copiarei algúns dos parágrafos do apartado relativo a Franco.
Dueña ya de la nación, por los medios más infames esa revolución maldita e hipócrita; aposentados los lobos carniceros en nuestra queridísima PATRIA, os ha dado el CIELO la “misión” de “barrer” a todos los secuaces de la nefanda república del treinta y uno, compuesta de patrullas de asesinos y de seres sin conciencia, ladrones de oficio, como bien claro lo estamos viendo en el desenlace de esta tragtedia española...fuera de destrozar, robar y matar, ¿qué han hecho los firmantes del diabólico “pacto de San Sebastián”. Nada: digo mal, “huír” y lo mismo todos los suyos, con las alforjas lo más llenas posible. [...]
Pero, pues DIOS os escogió, EL os ayudará y os secundará en la grandiosa empresa de la estructuración de una ESPAÑA libre de judíos y masones, que son los que nos han llevado al cataclismo mayor que pudo presenciar un pueblo...Todo nos lo han robado esas manos negras y rojas; las riquezas que muchos siglos se depositaron en nuestros templos santos; el oro recogido en nuestros Bancos; las obras de arte de nuestros museos y de nuestras casas...,y nos han robado más...la vida de tantos hermanos que cayeron atravesados por las balas de sus asesinos pagados. [...]
Es evidente que “un golpe de Estado”, quedándose dentro toda la podredumbre (y cuidado si había) solo hubiera producido como resultado, que la enferma cambiara de postura. Pero poco hubiese costado volver a la misma de antes y seguir los españoles esclavos de Rusia. Hoy no, eso ya no puede ser...El remedio es cruento, se quema, se corta, y la enferma sana del todo, y vuelve como a una vida nueva ; para lo cual, “un golpe de Estado”, por magistral que fuese, no era suficiente; precisaba una guerra santa que separase los dos campos y abriese el fuego de una lucha de ideal, y una lucha frente a frente...Era preciso “barrer” ciudad pñor ciudad y pueblo por pueblo; era indispensable una batida por todos los rincones de la PATRIA, y era necesario que se arrancasen de cuajo todas las semillas de ideas disolventes y...se quedaran a mandar y a vivir en ESPAÑA sólo “los españoles” [...]
¡Ah! Que nos dejen la “unión” a cualquier precio, SEÑOR, ¡Disponed de todo y de todos, todo para la PATRIA y para el DIOS de nuestra PATRIA! ¡Fe y patriotismo! [...]
¡Con nada podrá pagaros ESPAÑA la valentía de lanzaros a esta aventura quijotesca y llena de caballerosidad! Cuantos honores se os puedan dispensar, no igualarán a vuestro valor y a vuestro heroísmo... ¡Por salvar la PATRIA lo expusísteis todo SEÑOR: hay además de la tierra, coronas y palmas eternas! ¡Españoles! : ¡UN CAUDILLO...FRANCO! ¡Españoles!: lo que mande FRANCO! ¡Españoles!: ¡¡¡¡VIVA FRANCO!!!! A la orden, GENERALÍSIMO, a la orden...

miércoles, 20 de diciembre de 2017

José Bastilleiros, un desertor "paseado".

José Bastilleiros Rey fora cabo interino no rexemento de artillería lixeira número dezaseis da Coruña, de alí pasou como voluntario ao rexemento de infantería Pelayo, de guarnición en Oviedo; deserta deste destino e pasa uns días en Cerceda ata que o 3 de agosto alístase no Batallón de Voluntarios de Pontevedra. O 13 de agosto falta a tres listas de ordenanza na súa compañía, marcha sen permiso a Asturias cunha expedición que levaba víveres para á fronte de batalla, volve a Ribeira nun camión coa intención, segundo manifesta, de coller un vapor na Proba do Caramiñal cara Vilagarcía. O 26 de agosto foi detido na Proba pola Guardia Civil e ostentaba os galóns de sarxento.
No momento de alistarse en Pontevedra dera un domicilio falso ocultando que residía no bar Capacho, onde deixa sen aboar a hospedaxe. Cando desertou levou consigo prendas de uniforme (un mono e un gorro) así como un revólver pertencente a un compañeiro.
Detido en Pontevedra, o 3 de setembro o delegado de orde pública ordena o seu traslado ao cárcere de Caldas de Reis. Os encargados do traslado foron os gardas civís Jesús Barja (cabo) e Evaristo Cid; ao chegar ao quilómetro 42 da carreteira entre a capital e Caldas
pidió permiso para hacer una necesidad corporal y aprovechando la autorización concedida, intentó fugarse por lo que los conductores se vieron en la necesidad de hacerle fuego, matándole
O cadáver foi entregado ao xuíz instrutor de Caldas que dispuxo fora trasladado ao cemiterio de santo Tomás e alí foi enterrado.

sábado, 11 de noviembre de 2017

Dende Cataluña ao pobo republicano español.(1934)

Estamos no chamado “bienio negro”; Ricardo Samper, do partido Republicano Radical, foi nomeado presidente do goberno o 28 de abril de 1934, tras substituír a Lerroux que dimitira porque o presidente da República, Alcalá Zamora, negárase a asinar a amnistía para os complicados na intentona golpista de Sanjurjo. Samper dimitiría o 4 de outubro dese ano, tras as presións da CEDA, diante do conflito coa Generalitat catalana (presidida por Companys) con motivo da lei de contratos de cultivos.
A situación política tendía cada vez máis cara a dereita e isto alarmaba aos sectores esquerdistas, que vían como os ideais republicanos de abril do 31 quedaban a un lado.
Por un rexistro efectuado no local de Mocedades Galeguistas de Pontevedra o 18 de decembro do 34, podemos coñecer unha folla alí incautada, sen data, asinada por “Las Izquierdas Unidas de Cataluña”, e que contiña un chamamento “Al pueblo republicano español”.
En estos momentos históricos en que se decide la suerte de la República del 14 de Abril, nos dirigimos a vosotros, compañeros de lucha en aquellas jornadas memorables, para que sepáis el alcance y finalidad de la actitud que tomamos los republicanos catalanes.
Cataluña fué al movimiento instaurador de la República persiguiendo dos finalidades: reparar con honor una desgracia histórica recobrando las libertades que le permitieran desenvolver su genio particular, y lograr un régimen de libertad y justicia para todos los españoles, sin caciques, sin terratenientes, sin inquisidores y sin vividores del trabajo ajeno.
Este íntimo sentir del pueblo catalán fué compartido por vosotros. Jamás se habrá producido un hecho histórico que hermanase mejor las ilusiones y las esperanzas de todos los hombres libres de España, dispuestos a sacudirse una tiranía secular, llena de oprobio y vergüenza.
Laméntanse da entrega da República aos seus inimigos e conta como o propio presidente da República chamara ao exministro socialista Fernando de los Ríos, para que advertise a Largo Caballero, Prieto e Azaña, do perigo de ser secuestrados polos que tramaban un golpe; o presidente cita como golpistas ao coronel Muñoz Grandes, xefe da Guardia de Asalto en Madrid e o xeneral Ruíz Trillo, xefe da súa Casa Militar.
Explican como se tomaran medidas contra a República, por parte do goberno dereitista: mandos quitados a republicanos seguros para confiárllelos a antigos monárquicos, axuntamentos democráticos destituídos, persecucións contra as organizacións obreiras, censura desapiadada á prensa republicana e, sobre todo, manifestan a enorme vergoña dos republicanos ao saber que o goberno só actuaba baixo as ordes que recibía de “monárquicos vergonzantes, como Gil Robles y Cambó, enemigos de todo lo que de bueno, de humano, de leal, de digno, de honrado, exista en el pueblo español.”
Continúa o escrito facendo referencia a Cataluña cuns parágrafos que transcribimos de xeito íntegro:
Quedaba Cataluña. Quedábamos nosotros firmes en nuestro puesto, llevando adelante, por medio de leyes avanzadas de justicia social, el contenido del 14 de Abril glorioso. Teníamos el orgullo de ser el baluarte de la República. Por esto se nos ataca. Los monárquicos catalanes, de acuerdo con los vaticanistas de la C.E.D:A:, utilizan el Gobierno Samper para promover una cuestión de competencia a nuestro Gobierno de la Generalidad acerca de una Ley que no se refiere y no produce efectos más que en Cataluña. [Lei de contratos de cultivos] Y viene el fallo del Tribunal de Garantías Constitucionales compuesto, como sabéis, por una mayoría de vocales enemigos de la Constitución: el carlista Pradera, el significado hombre de la Dictadura, Martín Álvarez, los Catedráticos y Magistrados más rancios del obscurantismo vaticanista, dictan un fallo contra Cataluña, vulnerando la Constitución y el Estatuto que están obligados a defender, con la fría premeditación de plantear un conflicto y derribar aquel baluarte.
Si nosotros bajamos la cabeza y dejamos pisotear nuestros derechos, pierde la República la confianza de nuestro pueblo y con ello todas posibilidades de hacerla revivir. Si nos alzamos contra el fallo, como hemos hecho, nos dicen que somos separatistas y que vamos contra los poderes legítimos de la República. Ni una cosa ni la otra.
Falseadas las esencias constitucionales, imperante el espíritu borbónico, habiendo regresado a España los culpables del crimen histórico de haber conducido al país al borde del abismo, Cataluña siente rubor y vergüenza.
¡Qué lejos quedan aquellos días pre-revolucionarios en que los hombre más selectos del pueblo español realizaban la patriótica campaña de poner en evidencia las lacras, las miserias, los crímenes de la obra de la restauración borbónica!
¿Qué se ha hecho del resurgimiento nacional y de las ansias de depuración y de reparación política que determinaron los movimientos del 14 de Aril?
El espíritu borbónico vuelve a dominar la vida política española; se anuncia ya el retorno de Martínez Anido, ¡qué vergüenza!, han regresado ya los demás y dentro de poco estarán en el poder, con esa República, ellos mismos, y estarán en la cárcel, como antes, los republicanos.
Ante ese espectáculo degradante, las izquierdas de Cataluña llaman al cumplimiento del deber a todos los republicanos de España. Y les piden que si llegan horas difíciles y Cataluña se ve obligada a defender su honor y el de la República, le acompañen.