viernes, 28 de octubre de 2022

A Falanxe nos preparativos do golpe militar.

 


Non existían moitas dúbidas da admiración dos militantes falanxistas polo exército e forzas da orde e da súa disposición a secundalos nunha probable insurrección fronte ao perigo revolucionario, que consideraban inminente. Fernando Meleiro, que foi xefe provincial de Ourense e de Galicia, conta no seu libro “Anecdotario de la Falange de Orense”, como no ano 1933 mantiveron contactos coa Garda Civil da Coruña, da que recibiran consignas e armas; en Ourense puxéranse á disposición do xefe de dito corpo en outubro do 34: “Nos dijo [o xefe provincial] que, siguiendo órdenes de Madrid, había puesto a disposición del Jefe de la Guardia Civil las escasas fuerzas de la Falange orensana”. Meleiro tamén afirma que, xa no 36, “Se habían entrevistado varias veces con los militares. El comandante Ceano y el Gobernador militar, Coronel Soto, estudiaron con ellos la parte que correspondía a la Falange en la sublevación".

Silva Ferreiro e Arrarás fixeron referencia ás actividades falanxistas nos momentos previos ao golpe, nalgún caso con altas doses de fantasía:

Se había conseguido introducir algunas armas, cortas en su mayoría, por la frontera de Portugal, y el día 13, apenas recibida la noticia del asesinato de Calvo Sotelo, varias escuadras de los pueblos próximos trataron de entrar en Pontevedra en un audaz golpe de mano. Cerróles el paso la guardia de Asalto y Castro Pena, con veinte compañeros, logró ganar el monte, donde se mantuvo durante aquellos días críticos.

Certa é a entrada de armas pois existen diversas referencias á necesidade de obter “bicicletas”, que era o nome que lle daban ás pistolas, pero non coñecemos documentación fiable, testemuñas acreditadas nin información de xornais, que avale esta acción de Castro Pena. Sorprende que varios autores asuman este relato, nalgún caso cambiando a Castro Pena por Víctor Lis.

A nivel estatal podemos atopar novas dos contactos entre a dirección falanxista e os promotores do golpe así como de proxectos falanxistas de insurrección. Un deles foi tratado na reunión da xunta política celebrada en Gredos o 16 de xuño de 1935; nela falouse de concentrar falanxistas armados na fronteira portuguesa e marchar cara Madrid, nunha acción que lembraba a marcha sobre Roma de Mussolini. José Antonio afirmou que tiña o ofrecemento de dez mil fusís e o concurso dun famoso xeneral exiliado (debía referirse a Sanjurjo). Este proxecto, segundo o escritor falanxista Maximiano García Venero, reviviría en maio de 1936.

Das poucas reticencias para a utilización da violencia por parte dos falanxistas podemos lembrar a coñecida afirmación do seu xefe no Teatro de la Comedia (29-10-1933): “Bien está, si, la dialéctica como primer instrumento de comunicación. Pero no hay más dialéctica admisible que la dialéctica de los puños y de las pistolas cuando se ofende a la justicia o a la Patria”. O citado García Venero afirma que, a primeiros de maio do 36, a Falanxe estaba organizando o seu aparato ofensivo clandestino e intentaba procurarse armamento.

Toda unha serie de circulares e ordes da xefatura, que son transmitidas polo xefe provincial Daniel Buhigas, e que se atopan na documentación da xefatura provincial do Movimiento, dannos puntual información do sucedido.

O 20 de setembro de 1935, Buhigas comunica aos seus subordinados a nova organización da FE y de las JONS. Compúñase de tres clases de afiliados: militantes, células (compoñentes das mesmas) e socios protectores. Os militantes estaban organizados en escuadras que estarían “rigurosamente militarizadas, se destinan a la función de choque”. As células tiñan como función asegurar a comunicación dentro da organización e estaban compostas polos afiliados que non eran militantes, nunca tiñan máis de dez membros e sempre contaban cun xefe; varias células formaban un grupo e os grupos constituían as unidades. Estas células tiñan moita importancia pois facían circular a propaganda dende os xefes ata os afiliados pero tamén recollían información que, en sentido inverso, chegaba á xefatura; tamén se encargaban da recadación, que se facía os cinco primeiros días de cada mes e se entregaba ao xefe local. Entre as funcións do xefe local estaba a de establecer un sistema de enlaces coas localidades próximas, designar un correspondente para distribuír os paquetes de “Arriba”, procurar o maior número de subscritores e visitar individualmente as persoas que puidesen contribuír economicamente para transformar o xornal falanxista en diario e ás que se lle garantía absoluta reserva, no caso de solicitalo.

O 22 de xuño de 1936, segundo orde urxente da xefatura, concedíase un prazo de 48 horas para que todos os xefes das JONS enviaran á xefatura provincial relación completa e detallada dos afiliados “indicando por clave los elementos de lucha con que cuentan sin omitir detalle”. No mesmo prazo, os afiliados da 1ª liña (milicias) estarían perfectamente disciplinados e distribuídos en escuadras ás ordes dos seus xefes; dúas veces á semana, como mínimo, efectuarían marchas e exercicios simulados no campo, tales como despregues en guerrilla, corpo a terra, lanzamento de granadas e bombas de man, manexo de metralladoras e morteiros. Recomendan un especial coidado nestes exercicios para evitar sospeitas e detencións. Lembremos que, a estas alturas, a organización estaba ilegalizada e moitos dos seus xefes encarcerados.

O 27 de xuño, o xefe provincial Buhigas, dende Vilagarcía, faise eco das ordes ditadas por José Antonio sobre a postura que deben seguir os militantes falanxistas respecto a posibles movementos subversivos que se estaban preparando en distintas provincias. Comprendía a xefatura nacional a precipitación dalgúns mandos que deseñaran plans de actuación e participación, dada a admiración dos camaradas cara o exército, pero advertía que a participación de Falanxe en proxectos “prematuros y candorosos” constituiría unha gravísima irresponsabilidade e suporía a total desaparición de Falanxe, aínda que triunfase a sublevación, pois conduciría a “convertirnos en una fuerza de asalto, choque, de milicias juvenil, destinada el día de mañana a desfilar ante los fantasmones encaramados en el Poder”. Continúa cun parágrafo altamente premonitorio do que sentirían moitos falanxistas durante o franquismo:

Consideren todos los camaradas hasta que punto es ofensivo para la Falange el que se le proponga tomar parte como comparsa en un movimiento que no va a conducir a la implantación del Estado Nacional-Sindicalista, sino a reinstaurar una mediocridad burguesa conservadora (de la que España ha conocido tan largas muestras) orlada, para mayor escarnio, con el acompañamiento coreográfico de nuestras camisas azules.

Polo anterior, ordénase que calquera xefe a quen se convide a tomar parte nunha conspiración conteste que non pode actuar sen orde expresa do mando central e que, se queren contar con Falanxe, deben propoñerllo directamente ao xefe nacional. A continuación deben informar con todo detalle e rapidez á xefatura provincial e advirte que quen concerte pactos locais con elementos militares ou cívicos sen orde da súa xefatura ou do xefe nacional será “fulminantemente expulsado”.

Obsérvese que non se negan a participar senón que o condicionan ás ordes do mando supremo, que mantiña contactos cos máximos dirixentes do golpe militar. Dende o cárcere de Alacante José Antonio envía, o 29 de xuño, unha circular reservadísima coas condicións para participar nun movemento militar e indica o contrasinal a utilizar entre os xefes territoriais e o mando militar (Covadonga, logo cambiada ao descubrirse a mensaxe).

Nese mes de xuño, Buhigas pide aos xefes das JONS a seguinte información:

1º- Número de fuerzas que guarnecen el pueblo (guardia civil, Ejército, carabineros, asalto, seguridad, policía y municipales). Muy especialmente con respecto a Guardia-Civil y armamento de que disponen.

2º- Si hay estaciones telefónica y telegráfica, horas de servicio y filiación política del personal.

3º- Medios de comunicación, ferrocarril, autobús, etc y número de camionetas y automóviles del pueblo indicando cuantos corresponden a personas adictas a nuestro movimiento.

4º- Número de habitantes especificando con la mayor exactitud número de adictos y enemigos.

5º- Casas del Pueblo y organizaciones contrarias con número de individuos que la componen y expecialmente (sic) milicias rojas y armas.

6º- Fábricas de luz, puentes de F.C. y carreteras, postes fáciles de líneas eléctricas.

7º- Polvorines, depósitos de dinamita y personas que la poseen.

8º- Cuarteles, situación y armamento.

9º- Ayuntamientos, edificios oficiales y guardia-protección de ellos.

10º- Nombre y graduación de fuerzas de O.P. adictos o simpatizantes.

11º- Ambiente político del pueblo y otros detalles complementarios.

Del cumplimiento y reserva absoluta de estas órdenes te hago responsable, absteniéndote de comentarlas aún con los mismos camaradas de la localidad o fuera de ella. (22-6-1936).

Como podemos apreciar, unha exhaustiva información de carácter militar. A permeabilidade entre a organización e membros do exército era considerable debido a que algúns oficiais estaban afiliados (anotados nun ficheiro secreto só coñecido polas xefaturas provinciais) así como os seus familiares, como podemos comprobar en varios listados. Tamén contamos con testemuños escritos sobre o coñecemento dos preparativos do golpe por algúns militantes; así o manifesta Ramón Lamela, un dos primeiros afiliados en Carbia:

Después de haberme afiliado a Falange, durante el nefasto gobierno del Frente Popular, cuando éramos muy perseguidos, me dediqué siempre a recoger afiliados a nuestra causa fijando propaganda en favor de Falange en las paredes de las casas y árboles de mi pueblo y otros limítrofes y el día cinco de Julio de 1936 recibí orden del Jefe de enlace para prepararse para el movimiento.

No hay comentarios: