No mes de xuño de
1936, reúnense no local da Federación de Clubs Modestos de
Pontevedra, unha serie de entidades como o club de fútbol Eiriña,
a asociación de Clubs Modestos, a Gimnástica,
o Náutico, as Juventudes Culturales y Recreativas,
estudantes e xornalistas. O obxectivo era constituír a Comisión
Pro- Olimpiada Popular, que se celebraría entre o 19 e o 26 de
xullo na cidade de Barcelona, como oposición á de Berlín.
A estrutura da
comisión quedou constituída do seguinte xeito: Executiva e
administración, Agrupación Cultural Deportiva Obrera;
Prensa, José Álvarez Limeses, Luis Fernández e
Antonio Reyes; Folclore, Agustín Estévez, Alfonso
Rodríguez Castelao, Eugenio Urtaza e Ramón de
Valenzuela; Atletismo, Enrique Alfonsín, José Mariño
e Roberto Rodríguez; Natación, José e Santiago
Rodríguez Ruibal; Remo, Antonio Moure, Félix Rivas
e Adolfo Rocafort; Fútbol, Ángel Álvarez, Celestino
Freire “Barril” e Castor Pacheco; Baloncesto, Andrés
Calviño, Ernesto Hermida, Antonio Sánchez e
Francisco Santiago.
Deixemos que sexa a
institución inspiradora, a Agrupación Cultural Deportiva Obrera,
que nos fale das Olimpíadas:
Esta Olimpiada será
como protesta por la Olimpiada fascista de Berlín. Por lo tanto debe
resultar lo mejor posible. Para ello, tenemos que enviar de toda
España el mayor número posible de participantes proletarios. De
esta provincia pensamos enviar unos 60; entre atletas y el coro
gallego. De estos 60, 20 por lo menos deberán ser compañeras; para
irlas introduciendo en la lucha.
Para reunir fondos,
articúlanse unha serie de actividades como representacións teatrais
en todas as parroquias, a cargo das xuventudes recreativas; bailes
como o organizado o 28 de xuño pola Sociedade Recreo de Artesanos
coas orquestras “Jazz” e a da Sociedade de Profesores de Música.
Tamén se piden donativos, que se reciben no Petit Bar, na
farmacia de Maquieira e nos comercios de Pérez Crespo
e Pedrosa. O Comité organizador diríxese a institucións e
sindicatos xa que
como no tenemos dinero para tantos gastos hemos
organizado una suscripción, y que también pediremos algo al
Ayuntamiento (aunque no tiene un pataco). Esperamos que vosotros nos
ayudeis, pues de los burgueses no esperamos nada.
Nesta entrada
falaremos do coro galego composto por 41 integrantes, con sección de
baile da Sociedade Artística; entre os seus membros destacamos a Agustín Estévez e o recoñecido cantor e veterano dirixente comunista Eugenio Urtaza
e varias persoas da súa familia.
O 17 de xullo saen
de Pontevedra con destino a Barcelona; con motivo do golpe militar, o
26 dese mes trasládannos a Valencia no barco “Capitán Sagarra”
e, posteriormente marchan a Madrid onde chegan o día 30 e son
acollidos polo concello, o “Lar Gallego” e outras
entidades. Residen no colexio incautado de El Pilar. Como afirma o
xornal El Liberal (29-1-1937) “durante su larga estancia en
Madrid cooperó brillantemente en los festivales benéficos
celebrados en los teatros de la capital de la República” para
recadar fondos destinados ao Socorro Rojo.
Destacariamos o celebrado no teatro Metropolitano, xunto co
coro de Vigo, o Rosalía de Castro de Madrid e os gaiteiros
de Soutelo e o que tivo lugar a mediados de agosto no
Monumental Cinema, organizado polo partido comunista a
beneficio das Milicias populares. Neste actuaron artistas tan
coñecidos como Angelillo, La Argentinita, a parella de
baile formada por Pilar López e Miguel del Albaicín,
proxectouse a película “Julio 1936” e representouse o cuarto
acto da obra de revolucionaria “Asturias”. Xunto a eles o coro
olímpico pontevedrés.
En marzo de 1937,
aos maiores, o director e as mulleres, envíanos a Murcia e o resto
son mobilizados.
Fai tempo, Bernardo
Máiz, coa súa habitual xenerosidade, pasoume un recorte cunhas
follas do libro “Acorazado Jaime I: el Potemkin español”
de Manuel Gantes;
pedíame Bernardo información sobre as referencias que alí
aparecían sobre un coro pontevedrés. Hoxe sabemos que se tratou dun
festival en Cartagena patrocinado pola Escuadra republicana a
beneficio do Socorro Rojo Internacional. Copiamos uns
parágrafos desta emocionante actuación:
A principios de
aquel verano llegó a Cartagena un coro de Pontevedra, cuya presencia
causó una gran satisfacción entre los residentes gallegos. [...]
Cuando fué anunciada la fecha y la hora de la función en la ciudad,
las localidades despachadas fueron insuficientes para acoger el gran
número de personas que trataban de acceder al local del festival
[...] con la sala abarrotada de público, cuando se abrió el telón
la gente se levantó de los asientos y ovacionó largamente a los
coristas que desde el centro del escenario sonreían amablemente a
los espectadores. Y cuando las gaitas empezaron a tocar, las
ovaciones arreciaron de tal manera que por veces apagaban el eco de
sus dulces sonidos. A todo esto y ya vuelto el silencio a la sala, la
agrupación cantó y bailó un escogido repertorio de foliadas y
pandeiradas. Pero pronto el entusiasmo volvió a subir de tono y fué
cuando dos parejas infantiles bailaron una jota y dos muiñeiras, que
hicieron que los asistentes exclamaran continuamente “¡Viva
Galicia!”.
Ao final
interpretaron o himno galego, coreado polo público posto en pé, e a
Internacional
que fué un delirio
por los vivas que se daban a la región, a la República, a la
libertad y al Partido Comunista de España. Y como colofón a esta
gran manifestación de entusiasmo, en el aire se agitaban igual que
árboles en una fraga, infinidad de puños alzados en señal de
afirmación antifascista.
Rematada a guerra,
non tardaron as represalias: a algúns xa os deteñen o mesmo día do
regreso a Pontevedra: Víctor e Viriato Lamas Fernández,
Rogelio Pérez Hortas e Eugenio Urtaza Norat.
Foto: Crónica de Madrid, 11-10-1936.