jueves, 29 de octubre de 2009

Lecturas patrióticas



O antigo concello de Xeve (Pontevedra) conta con dous fusilados tras consellos de guerra celebrados en Pontevedra, trátase do mestre de Verducido Eduardo Emilio Muíños Búa e do albanel Manuel Dios Costado; os dous contaban con 39 anos e foron fusilados no alto da Caeira o 2 de decembro de 1936. Tamén hai referencias á morte de Rafael Abelleira Cobas o 16-6-38. Así mesmo foi escenario da morte e enterramento de seis paseados procedentes doutras zonas (véxase neste mesmo blogue ¿Enterrados en Xeve?) e dos que, por testemuños recollidos ultimamente, podemos afirmar que non foron asasinados na Ponte do Couto (Tenorio), senón nun descampado xunto á carreteira que vai de Xeve a Campo Lameiro; dato este que concorda máis cos diversos testemuños sobre os feitos. Case ao tempo que tiña lugar a fallida exhumación da presunta fosa común do cemiterio de Tenorio, morría sr Daniel, supervivente das persoas que foron obrigadas a levar cos seus carros estes cadáveres para ser enterrados entre a igrexa e o cemiterio de santo André de Xeve.
Nesta actividade represiva, “baixa” se a relacionamos coa intensa actividade societaria daquel concello, deberon ter influencia dúas persoas: o crego de s. André, don Manuel Ogando que tivo unha actitude de defensa dos seus feligreses e o xefe de Falanxe e alcalde, José Iglesias Rodríguez.
Deste último e das súas publicacións, trata hoxe esta entrada.
José Iglesias era mestre de S. Andrés e -aparte dunha serie de libros con títulos como: “Pepito el Bebé”, “Pepito el Infante”, “Pepito el Valiente” ou “ Pepito el Estudiante”, autorizados polo ministerio de Educación Nacional para a súa publicación, venda e uso nas escolas de 1º ensino no ano 1939 -publicou dous folletos de alto contido patriótico: “La España Triunfal. ¡¡Gloria a Franco!!” do que foron adquiridos 500 exemplares polo concello de Pontevedra ( Sesión permanente do 30-09-1937) e tamén o titulado “Lecturas patrióticas para los heroicos soldados de Franco”, editado no 1938 e impreso por Artes Gráficas, imprenta situada na rúa Charino, 7 e que fora "La Popular", propiedade do fusilado Ramiro Paz e incautada pola Falanxe. A lectura desta obra foi recomendada polo Ministerio de Defensa Nacional (BOE 14-12-38) para clases e soldados.
Neste folleto de 36 páxinas, rebosante do ardor patriótico propio do momento, faise un repaso de xestas militares, gabanzas ao exército e consellos aos soldados.
Para mostra do ton (¡ollo á adxectivación!), copiamos o seguinte parágrafo:
¡ Hemos ganado la guerra! ¡Hosanna!. ¡ Gloria a ti, Ejército de Franco, Ejército valiente, leal, sufrido, cordial, sobrio, humano, noble, disciplinado, subordinado, valeroso, tenaz, bravo, indomable, heroico, abnegado, estoico en el fragor del combate, recio de corazón, fuerte y templado de alma!...
Has ganado una de las guerras más trascendentales que han visto los siglos. Aniquilaste a las hordas salvajes de Rusia. Salvaste a España y a 2000 años de civilización cristiana. Afianzaste la paz en el Universo. El Mundo te admira. España te aclama. La Patria hierve de gratitud hacia ti... ¡ Salve glorioso Ejército de Franco, Salve!


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Lo curioso del caso es que desde la muerte de Franco(1975)aun habría que esperar un cuarto de siglo, (1991), para que desapareciese la ignominiosa dictadura soviética, que tiene el record de matanzas y otras lamentables fechorías sobre los derechos humanos

marat dijo...

hola ao creador e traballador (moi laborioso deste blog), e as máis efusivas felicitacións por esta laboura.
Teño participado en moitos blogs deste tipo, como ....experimentado hai unha máxima moi utilizada :"non des de comer ós trols".
Sempre que aparece un blog destes que relatan axeitadamente a memoria histórica máis recente da primeira metade do século XX, aparecen estes trols para ridiculizalos traballos de xentes que só intentan experimentar dalgunha maneira a verdade dos feitos, frente a "historiadores" da clase dos pío moa e de la ciervas.
Quédome atónito cos acontecementos que para mi saen a luz nestes momentos, aínda que persoeiros como ramiro paz e outros non me son descoñecidos. Lecturas como as da historía do sr. afranio, etc, e outras, como as lecturas do blog de palinuro, etc.
Xa lera a galicia matir de hernan quijano sobre a represión en vigo e na coruña no momento do golpe militar do 36, as historias de aviraneta para o XIX ou comentarios para o XX de pío baroja, etc.
Comentarios como os do anónimo nos teñen que facer reflexionar que aqueles sucesos poden voltar en calquera momento. Diso se trata, de non perderen a memoria histórica. Estes sres. anónimos poden vivir tranquilos sempre, os que non o poden facer son os que escriben estas páxinas neste país, como as deste blog. Aviso a navegantes.
un saúdo e boa sorte no teu traballo.

Xosé Álvarez Castro dijo...

Grazas polos teus comentarios.