Pero en Pontevedra, a quen está asociado o recordo da Guardia Cívica é ás tarefas de represión, á busca e captura de escapados, ás malleiras e aos “paseos” que tiveron lugar sobre todo na segunda metade do 36. Xa nos primeiros días da súa formación (Diario de Pontevedra 7-8-36) aparece algunha idea das súas actividades:
...Falange Española ha escrito las primeras líneas de este gran romance que tiene ahora tantos cantores. Con ellos, la Guardia Cívica que tomó las armas sin más requerimiento que el de su conciencia, realiza la abnegada empresa de reducir rebeldías contenidas y de garantizar, con el resto de las fuerzas armadas, el orden y la disciplina social subvertidos por logreros de la política.
Non está de máis precisar que a mera pertenza á Guardia Cívica non leva consigo a participación directa neste tipo de feitos, mesmo hai testemuñas que acreditan intervencións de cívicos para evitalas, e tamén é certo que non son exclusivas desta organización, pois outras milicias como a de Falanxe tamén teñen a súa cota.
Por diversas razóns, inclinámonos a soster a existencia de, polo menos, un grupo dunhas vinte persoas, fundamentalmente cívicos con 4 ou 5 gardas civís, que baixo o mando de Lis, acompañado do alférez da G. Civil Muñoz e o cabo Barjas, actuaba a xeito de sección encargada da persecución directa das persoas comprometidas coa república. Os nomes e, sobre todo, os alcumes de cívicos que alcanzaron notoriedade pola súa implicación directa na represión, están na memoria de moitos e aínda causan arrepío nos que coñeceron os feitos.
En diferentes entradas deste blog xa fomos relatando numerosas intervencións da G. Cívica que, durante un tempo, non se recataba de difundir nos xornais algunhas das súas fazañas, por exemplo, no xornal El Progreso desta capital informábase o 11 de febreiro do 37:
Continúa la Guardia cívica de esta capital realizando importantes servicios que ponen de manifiesto el celo y la actividad desplegados desde el comienzo del alzamiento militar, al lado de la benemérita. A los muchos servicios prestados, unos conocidos y otros que no se dieron a conocer debido a la modestia de los componentes de la laboriosa como patriótica organización, tenemos que añadir hoy [...] El jefe Sr Lis y el cabo de la Guardia Civil señor Barjas con fuerzas a sus órdenes, procedieron hace días a la detención de los vecinos de Paredes, en el cercano ayuntamiento de Vilaboa, José Valladares Iglesias, Aurelio Cal Bravo, Josefa Cal Conde y Afligida Acuña Mata por suponerse proporcionaban alimentos y albergue en sus respectivos domicilios a significados elementos del Frente Popular y que también habían tomado parte muy activa en los sucesos de julio último. Como consecuencia de estas detenciones, en la mañana de anteayer también se detuvo por los señores Lis y Barjas a Emilio Conde Conde, este huído desde hace seis meses. Igualmente fué detenido...
Pero a intervención deste grupo non se limitaba á xurisdición da zona de Orden Público da capital (partidos xudiciais de Pontevedra, Caldas, Cambados, A Estrada e Lalín). As súas actuacións chegan ao mesmo Vigo, que conta con Guardia Cívica propia:
Por una confidencia que tuvo, la Guardia cívica de esta capital ha detenido en Vigo a Manuel Torres que en julio último tomó parte activa en los sucesos revolucionarios. En Marcón, fué detenido el vecino de aquella parroquia Manuel Álvarez Freijeiro, a quien el oficial sr Lis le ocupó una escopeta. En esta capital, fué detenido Carlos Gil y el significado extremista de Salcedo apellidado Rúa. Este intentaba, en la mañana de ayer, inscribirse como voluntario para ingresar en el Tercio. (El Progreso 22-1-37)
Este último, o xornaleiro de 28 anos de Salcedo, Gerardo Bao Rúa e do que outro xornal precisaba que fora detido “con su amante”, foi “pasado por las armas por incurso en los bandos vigentes” o 30 de xaneiro de 1937.
Son moitos os testemuños sobre as prácticas de tortura levadas a cabo por determinados elementos da G. Cívica, moitas delas efectuadas nas cortes dos cabalos do cuartel da antiga feira. Tamén- aínda que non pode adxudicárselle en exclusiva aos cívicos- é corrente unha sorte de ritual macabro, consistente na amputación dos xenitais dalgúns asasinados e posterior colocación na boca do morto. Esta práctica tamén está documentada noutras zonas de retagarda fóra de Galicia e coincide coas levadas a cabo polas tropas moras.
Pasados uns meses e cumprida a finalidade desta encarnizada represión, cun crecente malestar en moitos sectores do propio réxime e tras un proceso de depuración aberto na Falanxe pontevedresa, aparecen unha serie de disposicións limitando a circulación nocturna dos cívicos. En xullo de 1937 queda integrada, xunto con outras milicias, na Milicia Nacional de FET y de las JONS ...unificadas las milicias combatientes nacionales en la Falange Española Tradicionalista y de las JONS, todas las fuerzas auxiliares que presten servicios de orden público en pueblos y localidades de retaguardia quedan afectas a la Milicia Nacional dependiendo de los jefes militares provinciales de la misma.
7 comentarios:
É curioso que un médico -supostamente un idealista da vida e da saúde da población de todo o mundo, vocacional ou profesional- acabe sendo, por mor da sua fanática ideoloxía, un matarife de primeira, capaz de capitanear e dirixir -sempre ca sin dúbida inestimable colaboura da Guardia Civil- a unha "tropa do demo" como por ahí a calificaron, carnívora, sádica e mentalmente enferma.
Mais non é o único caso, tan só unha aportación carpetovetónica (entre outras moitas, presumiblemente) dos Mengueles que no mundo son.
Lémbrame outro médico, éste pediatra a máis inri, POSADA CARRILES, protexido das máis altas estancias do €$tado U$A e da mafia miamesa, autor do atentado contra un avión cubano en Barbados con case 80 pasaxeiros ainda sin xulgar.
Qué extrañas circunstacias se poden dar neste tipo de, supostos ou non, vocacionais da Mediciña, e o crime máis cruel e fanático?
Boas.
Chamome Sergio e son de Marin, paréceme intersante este teu blog onde estou a coñecer moitas cousa que ignoraba. O tema do levantamento do 36 na nosa terra é un tema que me interesa bastante e do que sei moi pouco do acontecido tanto en Marin coma na capital.
A miña avoa é de Estribela e era unha nena cando aconteceu o golpe militar; pero aínda así contoume algunha cousa e falou dalgún nome relacionado coia represion na vila mariñeira. Logo están as historias dos avós dos amigos e do propio, dos avatares persoales e da vida cotiá.
Chegaron aos meus oidos historias sobre a "resistencia" ao golpe en Marin, pero apenas sei nada e algunha pareceme mesmo contradictoria. ¿Sabes ti algo ao respecto?. Eu agora vivo en Euskadi dende hai uns anos pero sempre podo pasarte o meu e-mail, se che parece, por s eme podes contar algo.
Graciñas e unha aperta
Grazas. No caso de querer enviar o e-mail pode dirixir unha mensaxe a sempreconvos@hotmail.com que traballa sobre este tema en Pontevedra e comarca e xa se poñería en contacto con vostede.
Gracias. El olvido es el reducto de los miserables. la palabra es el vehículo de la memoria. Gracias por recordar y por hacernos recordar. por ponernos en un espejo la historia que nos escamotean y que no nos dejan ver.
www.lascarasylasmascaras.blogspot.com
Gracias a ti Jesús Ángel, al leerte recordé tiempos compartidos de reuniones, congresos, etc. Estupendo tu blog las caras y las máscaras. Un abrazo.
Perdone que me dirija a Ud. En castellano. Quisiera saber si tiene referencia a estos testimonios relacionados con mi abuelo Tomás Abeigón Pazos ya que yo siempre oí en casa que había salvada a muchos del tiro de gracia certificando su muerte con grave pelígro para su vida.
Muchas gracias.
"Non está de máis precisar que a mera pertenza á Guardia Cívica non leva consigo a participación directa neste tipo de feitos, mesmo hai testemuñas que acreditan intervencións de cívicos para evitalas, e tamén é certo que non son exclusivas desta organización, pois outras milicias como a de Falanxe tamén teñen a súa cota."
Es difícil contar con referencias de testigos de las ejecuciones por la propia naturaleza de los hechos. Por su condición de médico y oficial de la Guardia Cívica, Tomás Abeigón podía tener la posibilidad de actuar como usted comenta, pues en alguna ocasión tendría que certificar la muerte de los fusilados; de todas maneras considero muy difícil que alguien salvase la vida de esta forma conociendo el procedimiento que se seguía. En caso de que encontrase alguna información en ese sentido se la haría llegar. Un saludo
Publicar un comentario