sábado, 25 de abril de 2020

"Malos patriotas inconscientes"

O parte de guerra do cuartel xeneral do “Generalísimo” correspondente ao 8 de xaneiro de 1937 aparecía na portada de todos os xornais; na fronte de Madrid continuaban as operacións na zona de Pozuelo e Aravaca, este último pobo 
fué tomado y cuanta trinchera le rodea, causando al enemigo gran número de muertos, y cogiendo un tren blindado, cañones, ametralladoras, bombas de mano, caretas contragases, vestuario y otro diverso material [...] En todos los frentes se han presentado numerosísimos milicianos, que se han evadido de lo que ellos llaman infierno rojo y dan cuenta de los crímenes horribles cometidos por los rojos, y que siguen cometiendo.

As chamadas á responsabilidade patriótica á hora das lecturas e audicións lémbrase en varios lugares: “Escucha las radios españolas. Lee los periódicos españoles. No escuches las radios enemigas ni leas la prensa enemiga. Inspírate siempre en el amor a la Patria.” Non era necesario clarexar que a palabra “español” era sinónimo de pertencente ao bando franquista. As “órdenes y recomendaciones a los ciudadanos” insistían en que non se falase da guerra con persoas descoñecidas ou coas que non se tivese “absoluta confianza”, porque, cando un descoñecido pregunta ou conte algo que sexa desagradable ou falso, deberíamos pensar que “puede ser un espía, después un traidor y, por lo menos un mal español. Denúnciale a las autoridades, si no lo haces así incurrirás en grave delito."
Un artigo lémbranos “El único final que deben tener los traidores”, que para esa “turbamulta de malhechores” non podía ser outro que a “proscripción forzosa o el trágico camino del patíbulo que es el fin que la Patria señala a los traidores”.
Para orientar sobre as normas de comportamento e contribuír ao coñecemento de quen son os traidores, un artigo titulado “ Malos patriotas inconscientes”, de inserción obrigada en todos os xornais, indícanos que, cando se está en guerra, os traidores á patria son os que favorecen o inimigo; na “guerra de liberación” o inimigo (“comunismo ruso-judío-soviético”) empregaba na loita dous medios: por un lado as armas e por outro a calumnia e a propaganda.
Hai que sinalar a diferencia: para eles non existía nin o honor nin a verdade, pola contra, nós mantemos o honor e empregamos a verdade. Os que se fan eco, conscientes ou non, das infamias propaladas polo inimigo, son inimigos da Patria, é igual que lle deran municións, víveres ou diñeiro. Os españois adican todo o seu entusiasmo a “contar la verdad” dos nosos éxitos, a fe inquebrantable na vitoria nas tropas, nas Milicias e no “Caudillo”.
As instrucións para comportarse como un bo español son as seguintes:
1.- Escoitar con atención (se é preciso quitándolle tempo a diversións e outros actos da vida) “la voz del Mando y del patriotismo” expresada polos medios de comunicación. Na radio, escoitar Radio Salamanca que, aparte de expresar o sentir da Patria, do exército e do Caudillo, determina “cuales noticias del enemigo es conveniente que se conozcan”.
2.- Todo bo español deberá ler, polo menos, un xornal diario dos publicados na España “liberada”.
3.- Non poden escoitarse as propagandas das “emisoras rojas” nin as estranxeiras simpatizantes co comunismo; os que as escoiten cometen o delito de desamor á Patria e poden incorrer en traizón.
4.- Favorécese a causa escoitando as nosas novas, comentándoas favorablemente e facendo resaltar os “méritos, las virtudes, el bello heroísmo de todas nuestras tropas; el acierto del Mando”. E iso non ten por que ser forzado, senón que se trata simplemente de apreciar todo o que ocorre e que podemos comprobar lendo o Balance do ocorrido na España liberada “ya que lo que allí se dice es la verdad completa, con la garantía del Mando”.
5.- As conversacións íntimas e familiares, que na vida normal admiten críticas, censuras ou discrepancias, en tempos de guerra poden chegar a ser delito. Prestemos especial atención ás mulleres:
esta labor de sensatez corresponde a todos los ciudadanos y principalmente a las ciudadanas ya que la mujer, entre sus virtudes innumerables, tiene pequeños defectos que quizás aumenten su gracia y sus encantos, pero que en la guerra no son convenientes, y es la de una propensión, sin darse cuenta, a juzgar las cosas un poco a la ligera y no penetrarse de su trascendencia.
6.- Todo bo cidadán debe ter sempre presente, en calquera acto ou conversación que realice, se favorece ou prexudica á Patria e tamén vixiar para que os dos outros axústense a estas estritas normas.

No hay comentarios: