lunes, 11 de marzo de 2013

Genaro Estévez Posada


Algunhas fontes orais contáronme que un carteiro lle abrira algunhas cartas de compañeiros e entregárallas aos falanxistas, que delas se desprendía unha hipotética homosexualidade e esa fora a motivación do seu “paseo”. Nunha lectura detida da correspondencia incautada non atopamos ningún indicio do apuntado por ditas fontes e si unha forte carga de camaradería e militancia revolucionaria compartida; tampouco foi asasinado mediante o método do “paseo” senón por fusilamento logo dun consello de guerra.
O día un de agosto de 1936 un grupo de “cívicos” e gardas civís mandados polo capitán Lledós rexistra a casa de Gumersindo Estévez, coñecido dirixente agrario de Salcedo. Entre outros documentos atopan correspondencia particular, selos de cotización e carnets de organizacións revolucionarias e que pertencían ao seu fillo Genaro que estaba fuxido.
Genaro presentouse no cuartel da Guardia Civil ao saber do rexistro “ y en virtud de la invitación que se le hizo a su padre”. Tiña 23 anos, solteiro, carpinteiro de profesión; no interrogatorio 
reconoce que cuando estaba en el servicio y quizá debido a las malas compañías con que se reunía, pensaba de la forma que demuestran sus cartas.
 Declara pertencer a unha célula comunista de Salcedo e estar asociado á Sociedade Cultural Deportiva á que pagaba unha cota de 25 céntimos mensuais. Nega que baixara a Pontevedra o día 20 formando parte dun grupo de persoas armadas.
Un coñecido militante fascista de Salcedo declara que é 
un individuo peligroso por ideas extremistas, ejerce el cargo de organizador y secretario de las células comunistas de Salcedo y lo ha visto el día 20 del pasado julio desde las ventanas de la cárcel, portando una escopeta, con la cual al parecer trataba de hacer frente a la fuerza pública.
O informe emitido polo concello afirmaba a súa boa conduta, a pertenza á Juventud Cultural de Salcedo e ignoraba antecedentes políticos.
O xuíz instrutor, capitán Leonardo Enríquez, considérao como integrante dos grupos armados que baixaron a Pontevedra “sin demostrar que hiciera frente a la fuerza”e eleva consulta á superioridade sen efectuar auto de procesamento. A resposta da autoridade militar conclúe que incorreu nun delito de rebelión militar: 
 La confirmación de los indicios de culpa apreciados depende de que se demuestre o no en autos que obraron por su propio impulso como cabecillas, propagandistas o dirigentes o por el contrario como seducidos entre tantos pobres obreros españoles.
Dítase auto de procesamento o 7 de setembro. Un dos resultandos deste auto pode ser un perfecto exemplo dos fundamentos nos que se baseaba a chamada “xustiza ao revés”: 
RESULTANDO: que el 20 de julio último, los elementos extremistas de esta Capital y de otros pueblos de la provincia, en relación con sus afines de toda España se levantaron en armas con el propósito de transformar el régimen social y político español, implantando el soviético y a tal fin se reunieron en la Alameda de esta Capital en las proximidades del Cuartel del XV Regimiento de Artillería Ligera numerosos individuos armados con el propósito de impedir que las fuerzas del Ejército salieran de sus cuarteles, declarasen el estado de guerra y malograsen sus criminales y antipatrióticos propósitos.
Tamén se afirmaba no auto que Genaro tiña ideas comunistas, ocupáraselle abundante correspondencia e documentación deste carácter e que fora visto pasando por diante do cárcere armado cunha escopeta.
Diversas testemuñas declaran ao seu favor, entre elas o alcalde de barrio do Birrete e da Esculca, Benito Acuña (detido ao acabar o xuízo e morto por un sospeitoso suicidio no calabozo); tamén presta testemuño un relevante falanxista da parroquia que apunta as ideas extremistas de Genaro pero xúlgao incapaz de cometer o menor acto de violencia e afirma que non sabe que cometera ningún, non sendo máis que “uno de tantos inducidos en la parroquia de Salcedo por los dirigentes extremistas” e que estaba case seguro de que non era secretario nin organizador da célula comunista.
No relato de feitos, o fiscal Hernán Martín Barbadillo, logo de confundir Salcedo con Salceda de Caselas, pide pena de reclusión perpetua a morte. O consello de guerra contra Genaro e Salvador Pastoriza celébrase na tarde do 18 de setembro de 1936, presídeo o tenente coronel Francisco Lorente e actúa como defensor o alférez de artillería Félix de la Cuesta que pide a absolución.
A sentencia é de pena de morte; afírmase que foi organizador dunha célula comunista e que estaba en comunicación directa con elementos comunistas de Tui, Ferrol e Asturias e mantiña correspondencia con eles para organizar a revolución e que estas actividades tamén as levaba a cabo cando cumpría o servizo militar na armada, pois nunha das cartas “vierte toda clase de conceptos injuriosos contra sus oficiales y Jefes.”
Genaro Estévez Posada foi executado ás seis da mañá do 22 de setembro de 1936 no quilómetro un da carreteira de Campañó (A Caeira) e enterrado no cadro 4, sepultura 888, do cemiterio de san Amaro.

domingo, 17 de febrero de 2013

Xuventudes Socialistas Unificadas (e 2)

Os problemas locais son tratados no segundo apartado. Recoñece contar con moi poucas mulleres afiliadas e apunta a necesidade de convencelas a través de conferencias sobre problemas que as afectan e que se deben tratar de solucionar mediante a xuventude unificada, enrolalas  na fronte contra a guerra e o fascismo, facilitar que teñan unha organización propia dentro da Casa de la Juventud. Así mesmo, as mozas deberían afiliarse sindicalmente tomando como exemplo a decisión das xastras pontevedresas de constituírse nun sindicato.
    Outro dos obxectivos a nivel local sería organizar o maior número posible de Casas de la Juventud nas cales 
además de charlas sobre problemas de interés, de una escuela que además de enseñar a leer y escribir, sirva de orientación marxista, con su rincón de lectura, una sección femenina en la que se enseñe corte a las jóvenes, haciendo ropa para los parados y sus hijos, labor en  que se puede atraer hacia ella a personas católicas humanitarias, y en donde además se dan toda clase de enseñanzas para la juventud laboriosa, como cuadros artísticos, masas corales...
    Está presente tamén a necesidade de captación na idade infantil (pioneiros) e crear un “rincón infantil” na Casa de la Juventud 
buscándole solución a sus problemas deportivos, culturales, etc; luchando por un funcionamiento regular de las cantinas y roperos escolares; porque las escuelas funcionen como debe hacerlo toda escuela de la Nueva Educación, en la que el niño pobre cuente con toda clase de apoyo, aumentando y creando becas, etc; ayudándole la J/Unificada en todo lo posible, sin perder aquellas su carácter autonómico, y cuando se les presente un problema, al tiempo de solucionárselo, hacer ver en el por qué esta sociedad capitalista no se preocupa de el, mientras que de nosotros merecen la máxima atención.
    Neste ámbito local, tamén existe unha referencia á necesidade de controlar as Culturales Recreativas.
    O punto terceiro do documento trata do campo sindical e do campesiño. 
 Es necesario la formación de grupos juveniles sindicales que, en el seno de los sindicatos, luchen por mejoras económicas y culturales de la juventud, de mutuo acuerdo con el P.C. y el ala izquierda del P.S.
    Logo de repasar os problemas do campo e a necesidade dun novo enfoque económico, defende un cultivo racional con selección de sementes, posta a disposición dos campesiños da Misión Biolóxica, creación de organismos de financiamento  das colleitas con pago de  abonos, sementes e xornais que se devolverían, sen intereses, á recollida da colleita e, no caso de perda, estarían exentas de pago.
    No ámbito cultural recomenda, sempre que sexa posible, o emprego dos mestres “para que dé conferencias sencillas sobre temas importantes y que nosotros podíamos insinuarles”
    O punto cuarto (no texto aparece nomeado como 5º) trata das eleccións de delegados e do comité.
    Remata o documento co punto quinto, de proposicións xerais, cunha petición de revisión xeral de impostos de xeito que todo campesiño que pagase menos de 100 pesetas de base impoñible quede exento de pago, aumentándollo aos podentes e tamén piden que a nova organización 
deberá pertenecer a la I.J.C. [Internacional Juvenil Comunista] manteniendo relaciones cordiales con la I.J.S. [Internacional de la Juventud Socialista] para dentro de ella laborar por la unificación de toda la juventud en una sola organización.”

martes, 12 de febrero de 2013

Xuventudes Socialistas Unificadas (1)


    Os dias 18 e 19 de xullo de 1936 foron as datas fixadas para a celebración en Vigo do congreso de unificación das xuventudes comunistas e socialistas pontevedresas; en Pontevedra capital celebrouse o día 14 unha asemblea para preparar o congreso citado. Fai uns días tiven acceso a unha copia do documento utilizado como guía para o debate polos  pontevedreses afiliados ás xuventudes unificadas pois, na capital, xa  estaban unificadas de feito dende o mes de abril. O documento é un escrito mecanografado que está dividido en varios puntos que  analizaremos nos aspectos máis relevantes. Non está datado pero debeu ser escrito no mes de xuño ou xullo de 1936.
    Lembremos que naquel momento sopraban ventos de unidade entre as forzas de esquerda, no eido xuvenil estábanse dando os últimos pasos para a unión orgánica entre comunistas e socialistas. O xornal comunista Mundo Obrero publicaba o 26 de marzo de 1936 as liñas nas que debería estar baseada a unificación das xuventudes e que se resumían en: a) Defensa diaria dos intereses e dereitos económicos, políticos e culturais da xuventude traballadora e educación no espírito da loita de clases, do internacionalismo proletario e do marxismo-leninismo. b) Captación dos mozos obreiros, campesiños, estudantes así como das mozas e, en suma, de toda a xuventude traballadora. c) Loitar, mediante a agrupación e educación da xuventude pola liberdade e contra a reacción, o fascismo, a guerra imperialista, contra o réxime capitalista e pola vitoria do socialismo.
    O “material de discusión para la asamblea” pontevedrés aparece moi influenciado polo apuntado no xornal comunista e recolle nos seus apartados as súas liñas básicas.
    No punto primeiro, que trata sobre a xestión da executiva, recoñece e desculpa a inactividade desta “por falta de apoyo material y espiritual de numerosas secciones” indicando que se debe apoiar a xestión tratando de limar asperezas e non profundizar nas divisións.
    O punto segundo, titulado “Tareas y métodos de la nueva organización en Galicia” está dividido en dous apartados que tratan sobre problemas xerais e locais respectivamente. No apartado de problemas xerais recálcase a importancia do sector campesiño polo que a xuventude, coa nova estruturación, debe ser a que controle a inmensa maioría da mocidade deste sector.
     Segundo o documento, todos os mozos atopábanse afectados por problemas como a loita pola paz, pola cultura e por melloras económicas e, aínda que reunida en distintas asociacións, debía reunirse nun Frente de la Juventud  que acollera dende os libertarios aos católicos non fascistas.
 Ese frente ha de realizar un intenso trabajo, y no se crea que porque figuren en él los jóvenes católicos está ya condenado al fracaso porque no nos entenderemos. Nada de eso, el joven católico, no fascista, siente esos problemas que citamos porque como nosotros es de carne y hueso. ¿Por qué si la unión hace la fuerza no nos habemos de unir a ellos?.
    Tamén sinala a necesidade de traballar no campo sindical como lugar para a captación dos mozos sindicados e para facerlles ver a necesidade de que axuden ás xuventudes para o seu ben e o de todos.

jueves, 31 de enero de 2013

Epistolario (1)


Ao longo destes anos publicamos algunha entrada con cartas; o volume de documentación recollida nos últimos tempos fai necesaria a apertura dun apartado que titularemos “Epistolario” no que periodicamente publicaremos aquelas cartas que poidan resultar de interese.
Estreamos o apartado cunha carta que escribe a un amigo Genaro Estévez Posada, carpinteiro, de 23 anos,  veciño de Salcedo e fusilado na estrada de Campañó (alto da Caeira), ás seis da mañá do vintedous de setembro de 1936. Fora condenado a morte por un delito de rebelión militar.
Nesta carta, logo dunhas reflexións persoais nas que xustifica a tardanza en escribir, pasa a un relato máis político sobre a situación da clase traballadora pontevedresa e a situación  organizativa das xuventudes en Salcedo. Coas referencias que temos non é doado aclarar o significado que Genaro lle daba a “régimen proletariado-Social Cristianismo”.
Salud camarada. U.H.P.
Querido camarada Rodrigo: celebraré que al recibo de esta disfrutes perfectamente de salud.
Mira camarada; antes de notificarte más nada, voy a rogarte me perdones el no haberte escrito antes, no creas que fue alguna intención contraria a la ausencia, por lo contrario, esto obedece directamente al “don” del que todos disfrutamos en mayor o menor cantidad, conocido vulgarmente como “Doña Pereza”. Esta “Señora” se ha apoderado como una fiebre de todo ser viviente, y yo que ya muchas veces me he analizado a mi mismo, devo (sic) contener con referencia a la escritura 99 1/2 % de pereza.
En relación a estas cifras bien puedes otorgarme el perdón.
En una Capital  de Provincia pequeña como la de Pontevedra con una población de unos 30000 habitantes, la clase obrera hasta hace cuatro años a esta parte no había abierto su espíritu, era cuanto ignoraban hasta esta fecha, han pasado los siglos en que los esclavos se compravan (sic), pues hemos llegado al siglo XX en que todavía los hombres se alquilan como se alquila un pollino, reducidos a un salario inferior al de el tiempo de los “Borbones Españoles”.
Y momentaneamente nos iremos organizando en Frente Común Obrero-campesino, y aplastar el fascio y el imperialismo, creador del hambre de la miseria y la esclavitud al trabajador.
En este Barrio donde yo vivo de unos 10000 metros cuadrados estaban formadas cuatro “Celulas afiliadas por la juventud Roja”, como tu bien sabes y desde que llegué aquí hemos organizado otra más o sea tenemos abarcado este Barrio, por el N. S. E. O. y la nuestra  en el centro, asi por lo tanto momentaneamente el obrero-campesino se prevertirá (sic) y luchar para dar un solo color a la bandera de España y organizarnos en régimen proletariado-Social Cristianismo.
Bueno no te voy a cansar mas hasta la tuya en otra te diré algo más. Se despide con un fraternal abrazo tu amigo
Genaro Estévez.      Pontevedra 3-9-35.    Salud Camarada.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Claudio Magdalena González

Adicada a Rogelio Torres  pola súa xenerosidade.

Un oficio  asinado polo comandante da Guardia Civil Joaquín Velarde acompañaba a posta a disposición da autoridade xudicial militar de Claudio Magdalena González, acusado de “ser uno de los cabecillas del movimiento iniciado contra el Ejército Español en el mes de julio último por los elementos obreros comunistas de Pontevedra y sus inmediaciones”
    Claudio Magdalena era natural de Vigo, traballara en Oviedo de electricista e establecérase en Pontevedra, onde, ademais de exercer o seu oficio, tiña unha taberna na rúa San Román;  fora directivo do Partido Radical Socialista e, máis tarde, integraríase no partido Unión Republicana.
    O xornal Progreso do día 9 de setembro de 1936 daba conta da súa detención e afirmaba que  a captura fora un tanto laboriosa, debido á boa situación estratéxica en que se atopaba o fuxitivo: un monte desde o  se divisaba toda a comarca. Logo  da saída dos militares á rúa, Magdalena e outros compañeiros buscaron refuxio nos montes de Lérez e no Acibal, durmían no monte ou en alboios das casas que non tiñan cans e consideraban seguras e, polo día, achegábanse a buscar comida ao lugar do Castelo. Pero as forzas represoras baixo o mando de Lis recibiran confidencias sobre os fuxidos e as batidas sucedíanse dia e noite, nunha delas, levada a cabo por un grupo de seis gardas civís e uns sesenta “cívicos”, lograron a detención de Claudio Magdalena o 8 de setembro.
    As acusacións contra el son moi graves e efectúanas destacados membros da Guardia Cívica. Víctor Lis afirma que era un dos principais dirixentes do movimiento obrero contra el Ejército que continuamente estaba en contacto con el ex-Gobernador Civil al que parece servir de asesor o Secretario. Tamén asegura que era  elemento de ideas moi avanzadas e disolventes e que o vira repartindo armas e organizando a xente o 20 de xullo na capital, así mesmo   acúsao de dirixir, xunto con Alejandro Gama, o asalto aos almacéns de Melero e ao local de Acción Popular en febreiro do 36. Outro dos acusadores foi o sarxento do Batallón de Voluntarios Eduardo Rodríguez para quen Magdalena é comunista perigoso, corrobora o dito por Lis e engade que participara na organización do asasinato de Secundino Esperón, que era “policía particular del Frente Popular” e que “ha hecho siempre alarde de su poder e influencia comunista, cuyas ideas propagaba y ensalzaba en su establecimiento de bebidas al que concurrían el Gobernador  Civil Señor Acosta...
    Claudio Magdalena deféndese asegurando que o día 19 foi ao goberno civil para curiosear e que permaneceu alí toda a noite saíndo só para buscar tabaco e cear algo na taberna de Urtaza; recoñece que o 20 acompañou aos que rexistraron a casa da marquesa de Leis, na que atoparon armas de carácter histórico, na do cura de Cerponzóns e noutras casas da zona.
    No consello de guerra o seu defensor, Jaime Aranda, minimiza a súa significación política:

 y Magdalena es un obrero de tantos, sin cultura como es natural, a quien se quiere hacer cabeza de turco cuando lo que el pretendía en estos tiempos era adquirir méritos para lograr la seguridad de un jornal alcanzando la plaza de electricista de la Diputación. [...] No podría Magdalena ser el representante de las organizaciones obreras, desde el instante que no aparece con cargo sindical alguno.
    Pero a sentencia recolle nun dos considerandos:
Que el procesado paisano CLAUDIO MAGDALENA GONZÁLEZ, de significación comunista y que con anterioridad a los sucesos se distinguió interviniendo en atentados contra  las casas y establecimientos de personas de significación derechista, al enterarse del Movimiento militar se persona en el salón de la Diputación de esta capital y con pistola en mano se le ve dando órdenes y repartir armas de fuego, distinguiéndose en las requisas de dichas armas de las casas de personas de significación derechista.
    Condenado a morte, entra en capela instalada no baixo do cuartel da Guardia Cívica e, xunto con outros compañeiros, é fusilado por un piquete de 40 gardas de asalto mandados polo tenente José Rodríguez  ás sete da mañá do sábado 17 de abril de 1937; rexístrase a morte como causada por  colapso cardíaco. Como estaba establecido, a documentación recolle a súa vestimenta: zapatos e calcetíns negros, camisa branca  e pantalón escuro; a sepultura recibiuna en San Amaro, na fosa 34, zona segunda, fila 1ª, en terreos propiedade do concello.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Masonería en Pontevedra (IX). Entre América e A Guarda (2)



Rematamos esta pequena incursión fóra do ámbito xeográfico deste blog e que veu motivada pola inculpación, como membro da loxia pontevedresa Helenes, de Manuel  Vicente Álvarez. Nun auto     ditado polo xuíz instrutor Ángel Colmeiro Laforet, datado o 25 de setembro de 1937, aparece o seguinte resultando:
Que de las actuaciones presentes hay indicios suficientes para aseverar de una manera indubitada la afiliación a la Secta del vecino de Tuy Manuel Vicente Álvarez, como integrante de la Logia Helenes de Pontevedra.
Coidamos que a orde dos apelidos pode inducir a confusión e  aparece rectificada no mesmo documento podendo coincidir con  Manuel Álvarez Vicente, veciño de A Guarda, antigo emigrante a Puerto Rico, alcalde da citada vila  en dúas ocasións  e un dos fundadores  do Recreo Artístico Guardés. A través de diferente documentación podemos afirmar que se trata de Manuel Vicente Álvarez, funcionario de prisións en Pontevedra.
 No considerando deste auto, amparándose  no artigo 470 do  Código de Justicia Militar, decreta la detención del pasiano (sic) de Tuy Manuel Álvarez Vicente líbrese el oportuno mandamiento al Sr Comandante Militar para que dé las órdenes oportunas para su detención e ingreso en la Cárcel y comuníquese en atento oficio a las Superiores Autoridades Judiciales. De seguro que o mandado do xuíz non puido levarse a cabo porque o citado Manuel morrera o 2 de marzo de 1936.
Seguindo a pista de Manuel Vicente Álvarez atopei documentación [TERMC 1260] sobre un sorprendente feito que transcribo integramente:
 CONFIDENCIAL.- Hay noticias de que se prepara contra el Gobierno de Burgos por elementos afectos al parecer al Movimiento Nacional, un golpe de audacia en la Villa de La Guardia, en combinación con elementos fascistas de portugal (sic), los cuales desembarcarían en La Guardia, como turistas, para unirse a las patrullas rojas que andan por los montes y de esta manera poder batir con eficacia a las tropas Nacionalistas.- Se cita como complicados en este movimiento a Gregorio Portela, Francisco Moreno, Norberto Gándara y Hermanos, Jiménez, A. Del Valle, a cargo de los cuales está encomendada la propaganda y recaudación de fondos.- ES COPIA.- Hay un sello en tinta que dice Comandancia Militar de Tuy- S.I.M.
Pero a sorpresa non remata no escrito precedente pois tamén aparece copia dun curioso escrito de pretendida orixe masónica, cheo de abreviaturas e claves, supostamente dirixido a Gregorio Portela dende unha loxia de Puerto Rico:
A .: G.:D.:G.:A.:D.:U.: - Valles de San Juan de Puerto Rico a los 28 días del mes de Julio de 1937.- Sr. Don Gregorio Portela.- La Guardia, España.- Q.:H.: .- Confirmamos la nuestra, y acusamos recibo de la vuestra de fecha 25 de Junio. Sírvase notificar con carácter urgente a los abajo indicados, la siguiente órden. A: Norberto Gándara.-Egidio Fernandez.- Daniel Fernández.- Nicolás Linares.- Arturo del Valle, hijo.- Mariano Jiménez.- José Gómez.- Dr. José Sobrino.- Dr. José Jurado.- ---ORDEN ---.- Traslado inmediato, e individualmente, a la residencia de Manuel Martínez, García Barbón, 63, Vigo. Allí cada uno indicará la cantidad exacta de fuegos para la jente (sic) disponible. Una vez despues de hacer acto de presencia, esos le serán entregados a cada uno en su demarcación.- ---AVISO ---Trasmítase urgentemente a: - Francisco Moreno Álvarez.- Ricardo Lomba.- Generoso Alonso.- Ramón Gándara.- Eduardo Gándara.- Que, hacia el dia:; -”-” ...-arribará a las costas de e121 249;-:, el barco cuyo nombre y matrícula usted conoce, con la expedición de turistas, para contribuir y dar mas realce a las próximas fiestas. Monten servicio en toda la demarcación. Tengan listos los receptores. Señales: ...; cohetes en ...; series, colores, rojo, amarillo, morado. Por radio ...; veces la palabra L.: en ...; series. Apercibidas las señales, despachen inmediatamente a alta mar, todas las embarcaciones disponibles. Los expedicionarios turistas, darán a Ud., otros detalles que ahora omitimos.- Despachen inmediatamente a Vigo, a Sebastián Pérez Carneiro, para que transmita orden verbal que Ud., conoce, en el sitio llamado “/-`.'-, a Manuel González Fresco, para que este, despache otros emisarios a comunicar la orden a los demas interesados en las fiestas proyectadas.- Como nada nos dice Ud., sobre el particular en su citada carta, debemos insistir nuevamente, que, todas las planchas en su poder que se relacionan con los festejos, como tambien sus diplomas de Masón, debe guardarlos en sitio seguro, fuera de su domicilio. Consideramos innecesario dar mas explicaciones.- Firmeza al actuar y buena suerte. Salud.- M. Villegas.-V.:M.: Elegidos de la Patria.-
Algunhas das persoas citadas nos documentos anteriores tiveran unha destacada participación en apoio do golpe militar: Francisco Moreno foi o primeiro alcalde franquista da vila, Gregorio Portela  tamén integrou esa primeira xestora municipal dos sublevados, Mariano Jiménez probablemente fora  Mariano Jiménez Huete, na data do escrito alcalde da vila e José Jurado, médico, ocupou o cargo de Síndico, falanxista de triste recordo pola súa actuación na represión.
En canto aos documentos, parece descartable esa estraña alianza entre masonería, falanxistas, fascistas portugueses, fuxidos como “O Fresco” (daquela facía meses falecido)... Deberiamos apuntar máis ben  a vinganzas dentro do bando sublevado ou a delirios paranoicos dalgún compoñente dos servizos de información.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Masonería en Pontevedra (VIII): Entre América e A Guarda. (1)



A estancia en América, sobre todo en determinados países, foi considerada polas autoridades encargadas da investigación sobre a masonería e tamén por moitos veciños, como un signo que aumentaba a probabilidade de pertenza a esta organización. É moi significativa a investigación levada a cabo na vila de A Garda polo brigada, comandante de posto da Guardia Civil naquela localidade, Julio López Gómez, a quen lle ordenaron “investigar si en esta localidad existen elementos afiliados a Sectas o Logias Masónicas y cuanto se relacione con el funcionamiento de estas”.
    Este brigada chamou a declarar a numerosas testemuñas e sospeitosos; varios repiten afirmacións como: “Que por referencias  y al decir de la gente, todos aquellos que residiendo en esta Villa hayan estado en América son masones y especialmente los de posición desahogada, pero no puede precisarlos” (manifestación de E.P.S. O 14-6-1937), “por referencias de los vecinos sabe que a todo aquel que ha estado en Puerto Rico le tildan de masón” (S.F.S. O 14-6-1937). Algúns dos declarantes recoñecen que, cando estiveron no estranxeiro, pertenceron á masonería, outros basean as súas manifestacións nos rumores públicos xa que “es muy difícil poder asegurar los elementos que pertenecen a la masonería por el secreto que guardan entre sí”.
    Un informe da Guardia Civil,  consistente na relación de persoas da demarcación relacionadas coa masonería, froito das pescudas e interrogatorios levados a cabo polo citado brigada, fai constar nunha nota final: “Cabe sospechar que casi todos los que han estado en América están afiliados a alguna Sociedad de las llamadas secretas aún que (sic) no sean socios activos”.
    Unha testemuña que destaca pola exhaustividade  e rotundidade que manifesta é a dun médico da localidade; comeza afirmando “Que le consta que existen masones en esta villa de la Guardia, unos masones en España y otros oriundos de San Juan de Puerto Rico” e relaciona un total de 16 persoas, entre elas: Serafín González Núñez que

 ha buscado prosélitos en esta  localidad, carente de religión católica, ha actuado en política extremista, es inmoral y en general, mala persona, tiene un hijo huído de la persecución de las Autoridades por su intervención en los sucesos revolucionarios y otro condenado a prisión por la misma causa
 José Benito Sobrino por “Masón de toda la vida con alarde de serlo, militó  con los partidos de izquierda, espiritista, indiferente en cuestión religiosa e inclinado en contra de esta doctrina”; Joaquín Trigo Sobrino e señora, “Ambos masones y por su manera de ser se encuentra en situación de actividad sospechosa, son anti-católicos”.
    No citado informe, titulado “Relación de los individuos de la demarcación de este puesto que se dice pertenecen o pertenecieron a sectas Masónicas”, relaciona as seguintes persoas: o alcalde Brasilino Álvarez Sobrino de quen fai as seguintes observacións: “Fue sentenciado a muerte, le ejecutaron embargo por 700.000 pesetas, quiso constituír un Centro con el nombre de Ateneo de tal carácter masónico, dirigentes el y los Noyas, Juan y Manuel, dícese asimismo que el Brasilino tenía una nota de adscritos cuyos nombres relaciono y señalo con paréntesis”; (Joaquín Trigo Sobrino) a quen valoran os bens en 200.000 pesetas, Valentín Trigo Sobrino “vive hotel Tecla”; Emilio Álvarez Alonso, con comercio de reloxería e que “reside en Vigo, fue en América y se supone continúa en activo en España; (Serafín Flores Sobrino) con bens valorados en 80.000 pesetas “fue en América, hoy se dice se encuentra pasivo”;  (Francisco Sobrino (a) El Divorciado) que estaba na fronte servindo no Tercio; (José Mª Baquero) de Tamuxe (O Rosal) con bens por importe de  20.000 pesetas; José Benito Sobrino Rodríguez, sen bens e membro pasivo; (Antolín Silva Vicente), 30.000 pesetas en bens; (Celso Candeira Pérez) con fábrica de serrería; (Antolín Troncoso Vicente), 4000 pesetas en bens; José Vicente Melón, con bens por importe de 80.000 pesetas “fue en América, se dice se encuentra en pasivo” e Camilo Carrero Lorenzo, de Camposancos “fue sentenciado a muerte igual que el Brasilino”.