No ano 2013 saía á
luz o libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión
(1936-1939). En tres meses esgotouse a primeira edición e, a día
de hoxe, quedan poucos exemplares da segunda; confírmase así o
interese por coñecer o noso pasado máis inmediato, feito xa
comprobado polo seguimento deste blog con máis de
14 anos de vida.
Moitos lectores e
lectoras demandaban unha nova publicación sobre o tema; así nace
Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de
Pontevedra (1936-1951). A mesma editorial, Edicións Xerais,
deulle acollida e estará nas librerías a partir deste xoves,10 de
marzo.
Amplíase o marco
xeográfico estudado pois abarcamos toda a provincia pontevedresa e
tamén o temporal xa que o período investigado remata a principios
da década dos cincuenta. Comprende, polo tanto, o que poderiamos
chamar primeiro franquismo.
Nas 500
páxinas do libro estudamos a represión franquista nas súas
diferentes formas e tamén a resistencia ao réxime, tanto como
oposición política como resistencia armada. Atopamos capítulos
dedicados á represión física (execucións, paseos, cárcere,
malleiras...), ideolóxica (a exercida sobre o profesorado, as
comisións de depuración, o papel do clero...), un capítulo extenso
dedicado á persecución sufrida pola masonería e outro sobre a
represión económica; este último non só atende as incautacións e
multas derivadas da lexislación de responsabilidades políticas,
senón que relata polo miúdo a utilización do propio sistema
económico (a autarquía) como mecanismo de castigo para desafectos e
de premio e recompensa aos sectores afíns ao réxime. Fenómenos
como o mercado negro e o estraperlo, o negocio do volframio, así
como as tramas corruptas ligadas a organismos do réxime teñen o seu
lugar neste capítulo. A corrupción e a represión foron notas
características de toda a ditadura e a existencia de tramas
criminais de extorsión, ligadas a organizacións como a Falange, as
Gardas Cívicas e outras entidades, son analizadas a fondo.
Se hai un sector da
poboación habitualmente invisibilizado na historia foi o da muller;
nesta publicación aparece a súa actuación nos diferentes apartados
pero optamos, ademais, por visibilizar nun capítulo propio distintas
facetas da súa participación, tanto como suxeitos sobre os que se
exerce a represión como participantes activas na oposición e a
resistencia.
No tratamento da
resistencia antifranquista, que actúa desde os primeiros momentos,
dedicamos varios capítulos ao tratamento da oposición política,
tanto no aspecto organizativo como nas súas accións, propaganda,
desarticulacións sufridas, compoñentes, redes de fugas, a chamada
resistencia dispersa, etc.
Capítulo aparte
merece a resistencia armada; aínda que a súa relación e
permeabilidade coa guerrilla é alta, optamos por un tratamento
diferenciado. A pesar da propaganda franquista que nos fala da
adhesión da poboación, da unidade militar a favor do golpe ou da
crenza estendida de que a violencia conseguiu paralizar por completo
calquera oposición, podemos comprobar que nos primeiros momentos do
golpe hai militares que non se suman, polo que foron castigados e
articúlanse grupos de resistencia armada que, pouco a pouco,
adquirirán unha maior organización ata constituír o movemento
guerrilleiro.
O enfoque do libro é
divulgativo, didáctico, con exemplificacións representativas por
cada apartado que concretan o relato de cada un. Pero este enfoque
non se contrapón co rigor documental obtido de diversidade de fontes
primarias. Nun labor de anos consultáronse numerosos arquivos
(militares, AGA, CDMH, provinciais, particulares), testemuños
persoais dalgúns protagonistas, hemerotecas, bibliografía;
especialmente relevante foi a consulta exhaustiva dos fondos
xudiciais militares, que son unha fonte de primeira orde debido á
implicación militar, tanto na represión tras o golpe como na loita
contra a resistencia.
Son consciente de
que fronte á simplificación de ver o pasado como branco ou negro,
os historiadores deben achegar a complexidade, a gradación de
grises, pois algúns dos malos non sempre actuaron como malos e
algúns dos bos tamén tiveron os seus pecados. Só queda desexar que
a lectura sexa do seu agrado e que sirva de partida para novos
traballos que completen ou revisen o que aquí se presenta.
Índice.
1.
Introdución.
2. A
represión física.
Consellos
de guerra.
O
fiscal fala das orixes.
As
cartas de Genaro Estévez Posada.
Manuel
García Filgueira.
Antonio
Villaverde Hermida.
Mortes
na noite. Os paseos.
O
paseo do concelleiro Alberto Martínez.
Violencia
na Illa de Arousa.
Paseo
dun socialista: José Pintos Quinteiro.
Incursos
no bando.
Os
cárceres.
Paseo
dun preso. Sebastián Fernández Turnes.
O
penal de Figueirido.
Ansias
de liberdade. Unha fuga en Camposancos.
Morte
en Pamplona. Atilano Godoy Calvelo.
3.
“Envelenadores da alma popular”. A represión no ensino.
A
comisión depuradora de mestres.
As
memorias dun mestre perseguido: Luis de Sáa Bravo.
Alfonso
Rodrigo Méndez. Mestre de Sanxenxo.
O
mestre de Verducido Eduardo Muíños Búa.
María
Alonso Pérez, mestra de Mourente.
Resistente
e combativa: Peregrina Martínez Santos.
A
tristeza da derrota. Isolino Martínez Pérez.
4. O
clero na represión.
O
párroco informa.
A
capela de Bértola volve a escena.
Curas
e “cívicos”.
Casimiro
Cubela e a guerrilla.
5. O
contubernio xudeo-masónico.
Organización
xeral das loxas en Pontevedra.
A
actuación política dos masóns.
A
opinión antimasónica.
A
lexislación contra a masonería.
A
masonería na provincia de Pontevedra.
A
Guarda.
Marín.
Pontevedra.
Vigo.
Outras
localidades.
Organizacións
teosóficas e outras.
Actuacións
contra a masonería.
A
Guarda.
Marín.
Pontevedra.
Vigo.
Denuncias.
Algúns
pontevedreses perseguidos por masonería.
Enrique
Barreiro Vázquez.
Secundino
Couto Solla.
Juan
Cueto Ibáñez.
Manuel
Guillán Abalo.
José
Loureiro Crespo.
Salvador
Mas Sastre.
Isidoro
Millán Mariño.
Enrique
Peinador Porrúa.
Ramón
Sáenz de Inestrillas.
Federico
Selgas Guillén.
6. Anos
de fame e estraperlo. A
represión económica.
Denuncias
patrióticas.
Os
anos da fame.
Atesouramento.
Estraperlo
de materiais militares.
O
volframio.
Morte
en Fontao: María Fernández.
Requisas
e “doazóns”.
“Escribo
poco y hago mucho”. A requisa do coche de Portanet.
Rexistro
en Cangas.
Cobros
en Vila de Cruces.
7.
Mulleres. Represión e resistencia.
O
intento de rapto das mulleres de oficiais do exército.
“De
xenio levantisco”. Elvira Fernández Gracia.
“As
Corseteiras”.
Flora
Rey Iglesias.
“Sospeitosa
de espionaxe”. Rosario Herbón Galán.
Dolores
e Emilio. Encubrimento a fuxidos.
Axuda
a presos. Carmen Ferreira Peón.
Comentarios
contra o Réxime.
Cánticos
nas fábricas.
Gravados
nas bombas.
Mulleres
no estraperlo.
Carta
a Adela.
As
protestas na praza de abastos.
8.
Corrupción e abusos. Extorsións económicas.
Víctor
Moldes. Pagar por vivir. Extorsións a presos.
A
rapina falanxista.
O
secuestro de Antonio Castro Fontanes.
Extorsión
no balneario de Cuntis.
Diñeiro
para “el ausente”.
O
caso Bau.
Ricardo
Menéndez Bustamante “O Cubano”.
Ameazas
na noite. “Cívicos” de Cerponzóns.
Enfrontamentos
internos.
Incidentes
en Vilagarcía.
“Se
vas a Peinador...” Denuncias no aeroporto.
Os
abusos falanxistas.
Maltratos
en Vilaboa.
Abusos
en Cangas.
Intento
de violación en Sanxenxo.
Rivalidades
na Guarda.
Expulsións
na Falange.
9.
Delacións e denuncias.
Denuncia
en Mos.
Vinganzas
internas. Denuncia contra o alcalde de Forcarei.
Denuncias
no traballo.
Denuncias
no exército.
As
denuncias anónimas.
O
tempo das vinganzas.
Acusacións
no balneario de Caldelas.
Saldar
as débedas. Un taberneiro en Cotobade.
Unha
derrota do “Rabioso”.
Informes
sobre soldados.
10. A
resistencia no exército. Militares desafectos.
Delmiro
Sarmiento Cerradelo.
O
suicidio do tenente coronel Eymar.
Militares
leais: Tenentes da Garda de Asalto en Vigo.
Rogelio
Bugallo Orozco, lealdade á República.
José
Bastilleiros Rey, o paseo dun desertor.
Pintadas
no cuartel.
11. A
resistencia ao réxime. Oposición política.
Organizacións
políticas clandestinas.
O
Partido Comunista en Pontevedra.
Programa
do Partido Comunista no ano 1945.
Organización
do Partido Comunista na zona de Vigo.
Organización
comunista en Forcarei.
Estrutura
organizativa na comarca de Pontevedra.
As
caídas nas organizacións da resistencia.
Reunións
clandestinas nunha zapatería.
A
detención de Alejandro Gama.
A
caída de 1947.
A
caída de 1948.
Carlos
Crespo Alfaya.
Manuel
Adrio Folgueiras, un garda civil na resistencia.
Desarticulación
da organización comunista pontevedresa no ano 1951.
Redes
de fugas.
Desiderio
Comesaña Prado.
A
fuga dos irmáns Albela.
Publicacións,
escritos, pintadas...
Follas
clandestinas en Pontevedra.
Pasquíns
en abril.
Primeiro
de maio.
Follas
subversivas en Agolada.
Pintadas
na noite.
Madeira
pintada.
12. A
resistencia dispersa.
Detencións
na Armenteira.
A
canción de Mussolini.
Propaganda
clandestina.
Incitacións
a obreiros.
Berros
subversivos.
Propaganda
no Corpiño.
Saúdo
a presos.
Sedición
no tren.
Día
de defuntos.
Comentarios
na barbería.
Sancións
a desafectos.
Axudas
a presos.
13. A
oposición armada.
Fuxidos
e guerrilleiros.
Fuxidos
en Vilagarcía.
Destacamento
Paco Barreiro.
Outros
grupos.
A Vª
Agrupación guerrilleira.
A
“guerrilla da chaira”.
A
loita guerrilleira.
Mortes
na Bouciña.
Os
sucesos de Areas.
Atracos
na capital.
Vicente
Guillén Biel.
Diego
Valero e Luis Blanco.
Confidentes.
O
asasinato do mestre Crisanto Carbajo.
Víctor
García García “O Brasileiro”.
Mortes
en Soutelo.
Fuxida
dun guerrilleiro: Antonio García Barcia.
Morte
dun guerrilleiro.
O
grupo dos irmáns Gómez e do “Peruano”.
Sabotaxes.
14.
Conclusións.
15.
Bibliografía citada.