viernes, 22 de mayo de 2020

Sociedade de agricultores de Lérez.

O día 4 de decembro de 1896 constitúese a Sociedade de Agricultores de Lérez, días despois, o 16, inscríbese no rexistro de asociacións do goberno civil pontevedrés; nacía así a que oficialmente sería a primeira sociedade deste tipo en Galicia. Os seus impulsores foron personaxes como Severino Pérez e Valentín Peña Meléndez; sobre Valentín, presidente do subcomité republicano de Lérez, escribimos unha pequena biografía na revista Cedofeita en coautoría co seu neto Ramón Jáudenes (q.d.e.p.). Formaban parte dun grupo de pontevedreses republicanos e librepensadores, con ligazóns á masonería, que tiñan como principal medio de expresión o xornal Unión Republicana. Este xornal foi obxecto de excomuñón por parte do arcebispo de Compostela porque os artigos que publicaba eran “infames, impíos, saturados de odio satánico contra el Clero y contra la divina institución del Pontificado”.
A sociedade de agricultores lerezá sufrirá diversos avatares ao longo da súa existencia pero será un referente do agrarismo, non só a nivel local ou provincial, senón de toda Galicia. Organiza mitins, congresos e está á cabeza das reivindicacións antiforais defendendo as posturas abolicionistas. Foi perseguida e clausurada varias veces tendo que adoptar cambios de nome para ter continuidade, na última etapa figura como Unión Agrícola de Lérez. Pioneira en incorporar mulleres na directiva: no Ramallás son delegadas Matilde Pedrosa e posteriormente Josefa Cobas, Rosario Piñeiro no Socorro e Aurora Lores na Piolla. Nas eleccións en tempos da República recomendaba o voto ás esquerdas pero acordando que fora voto libre. Tamén lles cedía o local para actos de propaganda e, no ano 1935, fixo un donativo para os obreiros que sufriran prisión por cuestións sociais.
A parroquia de Lérez contaba con tres grandes sociedades: no ámbito cultural e recreativo actuaba Juventud Lerezana, no eido económico e cooperativo a Caixa Rural de Lérez e no agrario, xunto con outros aspectos reivindicativos, a sociedade de agricultores. Esta última tamén administraba o cemiterio, que era de titularidade veciñal.
Nas súas etapas máis pasivas e acomodaticias sempre apareceron lerezáns dispostos a rescatala; así conta o xornal socialista Nueva Aurora (12-12-1920), unha destas accións nun artigo titulado “Lérez redimido”, que se inicia cun ¡Viva Lérez!: “Por primera vez en sus anales políticos vimos a Lérez, consciente de sí mismo, prescindir de sus caciques para exponer en alta voz, ante la mesa electoral, su verdadero sentir”; valora a actividade de Víctor Moldes e un grupo de mozos que tomaran as rendas da sociedade de agricultores
le extirparon la mala yerba; le inocularon el virus de la emancipación, y gradualmente, desde noventa y tantos socios que había en ella, la elevaron a cerca de quinientos con que cuenta hoy. Resultado de aquella labor es el acto realizado el jueves último y que pone en evidencia que en Lérez no hay hoy otra opinión ni otra voluntad que la que representa la Sociedad de agricultores.
A sociedade tamén publicou en 1902 “La Glosopeda”, que subtitula como “ Semanario de intereses generales y defensor de las clases obreras y agrícolas”.
Sirvan para dar unha idea das inquedanzas da sociedade as propostas que envía, para o congreso da Federación Agraria Comarcal, en novembro de 1933:
1º Abolición de foros.
2º Que se aforen los vinos en las entradas correspondientes y la ora sea asta las ocho de la noche.
3º Rebaja de la contribución rústica, urbana e industrial en un 25%.
4º Un 30% de rebaja en las Cédulas.
5º Que se graben los vinos de afuera en un 15% más que los del distrito o país.
6º Que se pongan unos indicadores a 100 metros de los grupos escolares por las desgracias que puedan ocurrir.
7º Que se adquiera por el Ayuntamiento una parcela de terreno para cada escuela, para practicar a los alumnos en la agricultura y demás.
8º Que se pida al municipio se extienda el alumbrado público asta donde haiga línea.
9º Que se reclamen de los poderes públicos las pérdidas del15 de Septiembre del año 32.
10º Que los ingenieros agrónomos trabajen por la agricultura y den conferencias en las distintas agrupaciones agrarias.
11º Que la Federación Obrera no tenga interbención ninguna en la agraria por creermos que es perjudicial para su buena marcha.
A última directiva anterior ao golpe de xullo do 36 estaba presidida por Eladio Pérez Ucha; vicepresidente, Raimundo García Solla; secretario, Manuel Tilve Castro; vicesecretario, Constante Estévez Casalderrey; contador, Jesús Mariño Iglesias e como vogais: Enrique Blanco Argibay, Avelino Viéitez Viéitez, Severiano Canosa Casalderrey, Teodoro Ruibal Bugallo e Francisco Piedras Casalderrey.
Tras o golpe de estado do 36, os dirixentes das sociedades de Lérez foron represaliados, en maior ou menor grao; Manuel Gama Casalderrey, o dirixente máis importante do agrarismo, foi condenado a reclusión perpetua que foi posteriormente conmutada por 12 anos; Víctor MoldesCarro, presidente da Comarcal Agraria e comerciante de ultramarinos, condenado a morte e fusilado na avenida de Bos Aires o 17 de abril de 1937 e Juan Magdalena García, que casara en Cerponzóns, importante dirixente agrario lerezán, foi “paseado” o 10 de agosto de 1936. Outros sufriron cárcere, multas ou outras formas de castigo.
Os bens da sociedade foron incautados; instrúese expediente de incautación dos bens das diferentes sociedades “agrario políticas”: “Las sociedades político-agrarias de que se hace mérito tenían un carácter eminentemente político, imprimiendo una actuación marcadamente extremista, que se reflejó principalmente en las últimas elecciones, votando la candidatura izquierdista del Frente Popular”; asinaba o parágrafo anterior o alcalde pontevedrés Ernesto Baltar Santaló o 27-9-1937 (IIº Año Triunfal).
O inmoble da sociedade de agricultores de Lérez era un local de planta baixa de 80,52 metros cadrados, cun resío de 32 metros cadrados, sito na carreteira da Coruña. Segundo testemuños feitos polos veciños ás autoridades, o local derrubárase e, no ano 1963, un informe de Facenda afirmaba “En el solar, ya que no hay indicios de edificio alguno, se ha hecho una escavación que dá acceso a una boca de túnel”. Este espazo foi ocupado pola vía do tren e só restaba un pequeno terreo duns 2 metros de fachada por 4 de fondo.
Na actualidade, como vimos, non quedan restos materiais desta emblemática sociedade e, o máis triste, tampouco queda a memoria da súa relevancia na maioría dos veciños de Lérez.

jueves, 14 de mayo de 2020

Morrer en Burgos: José Rey Rodríguez.

      As condicións dos establecementos penitenciarios durante os anos da guerra (1936-39) ou na posguerra eran moi duras; á densidade de poboación reclusa había que engadirlle as deficiencias alimentarias, o rigoroso trato, os abusos, as condicións hixiénicas. Eran frecuentes as epidemias de tifos, cólera, tuberculose e outras enfermidades así como a abundancia de parasitos: piollos, sarna, pulgas, chinches...Todo o anterior determinaba que moitos reclusos e reclusas falecían; así como as mortes debidas a causas como as execucións e “paseos” son contabilizadas como vítimas do franquismo, estas tamén deberían sumarse aos cómputos do terror.

      Unha destas mortes foi a de José Rey Rodríguez, albanel, natural de Lérez onde nacera o 4 de marzo de 1917, fillo de Nicanor e de Dolores; o seu oficio era o de albanel e non lle coñecemos actividades políticas. A súa detención foi por desertar do exército franquista onde fora encadrado como soldado. Por este delito foi xulgado e condenado na causa 423/38 polo xulgado militar eventual número catro de León; estivo preso no campo de concentración de San Marcos (hoxe hostal moi recoñecido do que moitos ignoran o tenebroso pasado). O catro de de agosto de 1938 trasládano á prisión de partido de La Bañeza. As condicións do cárcere eran deplorables; José Rey padece tuberculose (non sabemos se xa estaba enfermo cando ingresou) e así o certifica o médico da prisión, Manuel Fernández Acebal, o 1 de novembro do “3º año triunfal”:

una adenitis tuberculosa supurante al cuello y región supra e infra clavicular con progresión a la axila, y por el peligro al contagio y el régimen especial que requiere, es necesario su traslado al Hospital Penitenciario de Segovia, especializado en la curación y tratamiento de estas dolencias

      Pero as autoridades non estaban polo labor de prestarlle maiores atencións a un desertor preso e non será ata o 3 de xaneiro de 1939 cando, debido a unha orde do gobernador civil de León, entregan a José á Guardia Civil para trasladalo, non ao Hospital, senón á durísima Prisión Central de Burgos na que debería extinguir condena. Nesta prisión, no período entre 1936 e 1941, fusilan ó redor de 300 presos, cerca de 400 son vítimas de “paseos” tras sacas do cárcere e 359 morren por enfermidade.

      Unha destas mortes por enfermidade foi a do albanel lerezán, que faleceu no mes de maio de 1939. Case un ano despois da morte, en marzo de 1940, instrúenlle expediente de responsabilidades políticas, que será fallado en xaneiro de 1941 coa imposición dunha sanción de cen pesetas.

     Neste mes de maio de confinamento lembremos a José Rey Rodríguez falecido aos 21 anos moi lonxe da súa terra.

sábado, 25 de abril de 2020

"Malos patriotas inconscientes"

O parte de guerra do cuartel xeneral do “Generalísimo” correspondente ao 8 de xaneiro de 1937 aparecía na portada de todos os xornais; na fronte de Madrid continuaban as operacións na zona de Pozuelo e Aravaca, este último pobo 
fué tomado y cuanta trinchera le rodea, causando al enemigo gran número de muertos, y cogiendo un tren blindado, cañones, ametralladoras, bombas de mano, caretas contragases, vestuario y otro diverso material [...] En todos los frentes se han presentado numerosísimos milicianos, que se han evadido de lo que ellos llaman infierno rojo y dan cuenta de los crímenes horribles cometidos por los rojos, y que siguen cometiendo.

As chamadas á responsabilidade patriótica á hora das lecturas e audicións lémbrase en varios lugares: “Escucha las radios españolas. Lee los periódicos españoles. No escuches las radios enemigas ni leas la prensa enemiga. Inspírate siempre en el amor a la Patria.” Non era necesario clarexar que a palabra “español” era sinónimo de pertencente ao bando franquista. As “órdenes y recomendaciones a los ciudadanos” insistían en que non se falase da guerra con persoas descoñecidas ou coas que non se tivese “absoluta confianza”, porque, cando un descoñecido pregunta ou conte algo que sexa desagradable ou falso, deberíamos pensar que “puede ser un espía, después un traidor y, por lo menos un mal español. Denúnciale a las autoridades, si no lo haces así incurrirás en grave delito."
Un artigo lémbranos “El único final que deben tener los traidores”, que para esa “turbamulta de malhechores” non podía ser outro que a “proscripción forzosa o el trágico camino del patíbulo que es el fin que la Patria señala a los traidores”.
Para orientar sobre as normas de comportamento e contribuír ao coñecemento de quen son os traidores, un artigo titulado “ Malos patriotas inconscientes”, de inserción obrigada en todos os xornais, indícanos que, cando se está en guerra, os traidores á patria son os que favorecen o inimigo; na “guerra de liberación” o inimigo (“comunismo ruso-judío-soviético”) empregaba na loita dous medios: por un lado as armas e por outro a calumnia e a propaganda.
Hai que sinalar a diferencia: para eles non existía nin o honor nin a verdade, pola contra, nós mantemos o honor e empregamos a verdade. Os que se fan eco, conscientes ou non, das infamias propaladas polo inimigo, son inimigos da Patria, é igual que lle deran municións, víveres ou diñeiro. Os españois adican todo o seu entusiasmo a “contar la verdad” dos nosos éxitos, a fe inquebrantable na vitoria nas tropas, nas Milicias e no “Caudillo”.
As instrucións para comportarse como un bo español son as seguintes:
1.- Escoitar con atención (se é preciso quitándolle tempo a diversións e outros actos da vida) “la voz del Mando y del patriotismo” expresada polos medios de comunicación. Na radio, escoitar Radio Salamanca que, aparte de expresar o sentir da Patria, do exército e do Caudillo, determina “cuales noticias del enemigo es conveniente que se conozcan”.
2.- Todo bo español deberá ler, polo menos, un xornal diario dos publicados na España “liberada”.
3.- Non poden escoitarse as propagandas das “emisoras rojas” nin as estranxeiras simpatizantes co comunismo; os que as escoiten cometen o delito de desamor á Patria e poden incorrer en traizón.
4.- Favorécese a causa escoitando as nosas novas, comentándoas favorablemente e facendo resaltar os “méritos, las virtudes, el bello heroísmo de todas nuestras tropas; el acierto del Mando”. E iso non ten por que ser forzado, senón que se trata simplemente de apreciar todo o que ocorre e que podemos comprobar lendo o Balance do ocorrido na España liberada “ya que lo que allí se dice es la verdad completa, con la garantía del Mando”.
5.- As conversacións íntimas e familiares, que na vida normal admiten críticas, censuras ou discrepancias, en tempos de guerra poden chegar a ser delito. Prestemos especial atención ás mulleres:
esta labor de sensatez corresponde a todos los ciudadanos y principalmente a las ciudadanas ya que la mujer, entre sus virtudes innumerables, tiene pequeños defectos que quizás aumenten su gracia y sus encantos, pero que en la guerra no son convenientes, y es la de una propensión, sin darse cuenta, a juzgar las cosas un poco a la ligera y no penetrarse de su trascendencia.
6.- Todo bo cidadán debe ter sempre presente, en calquera acto ou conversación que realice, se favorece ou prexudica á Patria e tamén vixiar para que os dos outros axústense a estas estritas normas.

lunes, 6 de abril de 2020

Contra o esquecemento: Antonio Villaverde Hermida.

Antonio Villaverde Hermida nacera facía trinta anos no lugar de Pidre na parroquia de san Vicente de Cerponzóns, concello de Pontevedra, fillo de Ramón e de Manuela, solteiro, residía en Bueu onde traballaba como chofer dunha camioneta de transporte de mercancías entre Pontevedra e aquela localidade e tamén, ás veces, a Cangas.
Desde o 31 de agosto de 1936 estaba alistado como soldado na 2ª compañía do Batallón de Voluntarios de Pontevedra, pois fora mobilizado como soldado de cota. O 21 de agosto, o inspector de policía Enrique Valls e os auxiliares Borrajo, Landín e Vizcaíno, tras o permiso do xefe do batallón, detéñeno. Os motivos que constan para a detención son;
en el día 20 del pasado mes y con posterioridad a la declaración del Estado de Guerra condujo una camioneta llena de gente armada que se dirigía a esta Capital y fue obligada a retroceder desde Marín por las fuerzas del Polígono Janer. Dicho individuo era vocal de la Secretaría de propaganda de la Juventud Socialista de Bueu, y actuó en perfecto enlace con las organizaciones Marxista (sic) de Bueu, Cangas y Pontevedra.
Daquela as xuventudes socialistas e comunistas xa estaban unificadas e Antonio levaba tempo militando no partido comunista; os informes así o testemuñaban e, fai tempo, neste mesmo lugar publicamos dúas cartas autógrafas que dirixiu a Juan Manuel Gómez Corbacho nas que este extremo aparece perfectamente claro.
Tras a detención ponse en marcha a maquinaria xudicial militar instruíndo a causa 970/36. En declaracións diante do xuíz instrutor, Antonio manifesta que o día 20 de xullo recibira un aviso telefónico comunicándolle que debía presentarse coa camioneta no concello. Ás seis da tarde levou no vehículo un grupo de xente sen armas cara Pontevedra pero deron volta en Mogor ao coñecer que se declarara o estado de guerra na capital. Deféndese das acusacións sobre a militancia política recoñecendo que, aínda que pertence á Juventud Socialista, “no tiene idea política determinada sin que esté conforme con las ideas socialistas ni comunistas”.
A súa liña de defensa foi desmontada con diferentes testemuñas: a alcaldía de Bueu precisa, agravándoas, as acusacións e sinala que Antonio fora un dos dirixentes da recollida de armas en Bueu os días 19 e 20 de xullo, tamén afirma que cando conducira a camioneta a Pontevedra ía provisto dunha pistola, ademais intervira na colocación dunha bomba na ponte de Beireses, na estrada de Pontevedra a Cangas. Non faltaron outras testemuñas de cargo que confirman as acusacións.
O 17 de novembro de 1936 celébrase consello de guerra en Pontevedra; o tribunal estaba presidido polo tenente coronel de infantería Rafael González, actuaban como vogais os capitáns da mesma arma Juan Cuerpo, Antonio Fontenla e Benito Pardo e os de artillería Luis Sánchez Cantón e Manuel Casal. Exerce como poñente o tenente auditor Joaquín Otero Goyanes, de fiscal o alférez habilitado Manuel María Puga y Ramón e como defensor o capitán de artillería Rafael Reyes.
Na representación teatral que eran aqueles xuízos, non facía falta que falaran as testemuñas de cargo e o fiscal renuncia a elas; de pouco vale o testemuño do seu patrón que corrobora a incautación da camioneta nin o acareo con outra testemuña que o acusa. Preguntado polo presidente do tribunal se tiña algo que engadir, Antonio contesta que “sólo tenía que decir que todas las acusaciones que se le hacen son falsas, sin que tenga más que exponer”.
Condénano a pena de morte por un delito de rebelión coa agravante de perversidade debido a “su destacada actuación revolucionaria y de sus antecedentes”. Ademais debe abonar 25.000 pesetas ao Estado en concepto de responsabilidade civil.
Á sete da mañá do 28 de novembro de 1936, no alto da Caeira, un piquete de forzas de Asalto mandadas polo tenente Antonio Vázquez Quitián executa a sentenza; Antonio recibe seis disparos, tres na rexión abdominal, dous na rexión torácica e un no pescozo, que determinan o colapso cardíaco que figura no certificado de defunción. Ese mismo día dan orde de embargo dos seus bens para garantir o pago da multa.
Outros membros da familia foron represaliados, algúns na posguerra.

domingo, 29 de marzo de 2020

A festa de san Roque.

Como consecuencia dos sucesos revolucionarios de outubro de 1934 producíronse numerosas detencións, entre elas a do mestre Víctor Fraiz Villanueva, a súa dona Placeres Castellanos Pan e tamén os seus fillos, Vicente e Ramón que, polas súas idades de 14 e 13 anos respectivamente, quedaron en liberdade pero a disposición da autoridade militar. Nesta ocasión non falaremos de Víctor Fraiz, acusado de dirixente do movemento sedicioso, senón dunha historia derivada do rexistro da súa casa e da documentación que alí atoparon. A maior parte estaba relacionada coa Federación de Trabajadores de la Enseñanza, que el presidía; entre os escritos aparecen algunhas cartas de mestres ou familiares nas que daban conta de feitos relacionados coa situación daqueles días.
As autoridades tomaron nota dos nomes dos autores destas cartas e deron ordes de rexistro dos seus domicilios; entre eles estaba o de Antonio Morales Belmonte, antigo mestre da Illa de Arousa, que fora un dos detidos como consecuencia da “implantación del comunismo libertario” naquela localidade. Fora posto en liberdade e tomara posesión do seu novo destino en Almuñecar (Granada), onde residía en novembro de 1934. Debeu ser no rexistro na casa deste mestre onde atoparon un escrito, anterior aos sucesos de outubro de 1934, no que se daba conta dos acordos tomados nunha asemblea da Agrupación Socialista da Illa de Arousa celebrada o 29 de xullo dese ano. O asunto tratado fora a petición de apoio que fixeran a dita agrupación para a celebración da festa de san Roque. O acordo foi o seguinte:
En la Asamblea de hoy se acordó, en vista de la proposición del Presidente a la fiesta de S. Roque, lo siguiente:
1º Si la fiesta es religiosa, oponerse a ella y considerar ofensivo que solicite apoyo a nuestros afiliados.
2º Si la fiesta es popular, entonces debe estar controlada por esta Organización y su programa discutido en Asamblea y que tenga lugar en día que no haya ninguna fiesta religiosa.
Vº Bº El Presidente: Antonio Morales. El Secretario: Luis Bóveda.

domingo, 22 de marzo de 2020

Informes.

Nos consellos de guerra, os informes, principalmente os da Guardia Civil, alcaldía e entidades afíns ao réxime, tiñan unha importancia fundamental; xeralmente, á hora de xulgar tíñase máis en conta a militancia e ideoloxía do acusado que os posibles feitos delitivos que cometera, ou sexa, castigábase máis polo que eran que polo que fixeran. Fronte estes informes pouco contaba o que dixeran as testemuñas propostas pola defensa que, en ocasións, tiñan que soportar as chamadas á orde do fiscal ou do presidente do tribunal por non coincidir con aqueles.
Aínda así son frecuentes as discordancias ou distinta intensidade acusatoria nos emitidos polas propias organizacións do réxime, tampouco faltan as ocasións en que son copias exactas aínda que asinadas por distintas autoridades.
Os da Guardia Civil acostumaban revestirse de tons apocalípticos e destacaban pola súa dureza; non se contiñan á hora de utilizar os cualificativos e xuízos de intención nas informacións que proporcionaban. Palabras como “comunista”, “revolucionario”, “extremistas”, “escopetero”, “antirreligioso” e semellantes son de uso corrente.
Nesta entrada propoñemos un exercicio de comparación entre os informes emitidos sobre un grupo de veciños do concello de Meis polo comandante de posto de Cambados, José Brea, e por outra autoridade pouco sospeitosa: o alcalde e delegado de orde pública Ramón García Sampayo, o “falanxista bo”, en contraposición co seu irmán Manuel, protagonista do magnífico libro “Seique” de Susana Sánchez Aríns, do que falamos noutra entrada.
Para facilitar a comparación entre eles colocámolos de xeito correlativo.
José Villar Otero [informe do alcalde (A)] Afiliado a la Sociedad “La Fraternidad” de Meis, compenetrado con el programa ideológico de la misma. Hacía propaganda activa en ese sentido y fué el que condujo el coche el día 20 de Julio de 1936 en que iban otros asociados a dicha agrupación a Pontevedra, regresando sin llegar a la capital.
[informe da Guardia Civil (GC)] Se hallaba afiliado a una organización comunista denominda “La Fraternidad de Meis” siendo propagandista de este ideal. El dia 20 de Julio del año anterior, actuó intensamente contra el movimiento salvador, conduciendo extremistas en un omnibus de su propiedad desde Meis a Pontevedra y viceversa. También fué visto en casa de su convecino Rosendo Rodríguez Ares, cargando cartuchos de escopeta para los revolucionarios que mas tarde fueron a la Capital, para ponerse a las Ordenes del Gobernador Civil, trabajando con entusiasmo en pro de la causa marxista. Siendo de buena conducta moral y privada.
Amando Romero López. [A] Según rumores públicos parece que era de ideal comunista y en ese sentido hacía propaganda activa para adquirir adeptos, habiendo concurrido el dia 20 de Julio a Pontevedra con armas.
[GC] Observa dudosa conducta moral y privada. También se hallaba afiliado a la misma organización comunista, por la que demostraba mucho entusiasmo. El 20 de Julio, fue armado como escopetero a la Capital para actuar contra el movimiento militar, tardando tres días en regresar a su domicilio. Actualmente se encuentra en América.
Manuel Barros Torres. [A] Es de ideología izquierdista en pro de cuyas ideas hacía activa propaganda, era antirreligioso y concurrió con armas a Pontevedra el día 20 de Julio, siendo afiliado a la Sociedad “La Fraternidad” de Meis.
[GC] Observa buena conducta moral y privada. Pertenecía igualmente a la Sociedad llamada “La Fraternidad de Obreros Agricultores de Meis”. Se le advertían ideas extremistas y era gran propagandista de las Izquierdas. También era antirreligioso y el 20 de Julio actuó contra el movimiento Nacional.
Marcial Chantada Barros. [A] [...] era de ideología comunista, propagandista activo, desempeñaba el cargo de 1º Teniente Alcalde de este Ayuntamiento y concurrió con armas el día 20 de Julio a Pontevedra regresando sin haber llegado a la capital.
[GC] [...] Actuó intensamente en favor de las izquierdas y ultimamente como elemento del Frente Popular, ejercía el cargo de Teniente Alcalde del Ayuntamiento de Meis representando dicha política. Al iniciarse el movimiento salvador, si bien no marchó a la capital, se reunió en el Mosteiro con los demás extremistas haciendo causa común con los mismos.
Benito Güimil Prado. [A] Como dueño de un pequeño comercio y amenazado con el boicot por sus convecinos se afilió a la Sociedad “La Fraternidad” de Meis. Sin embargo el día 20 de Julio concurrió con armas a Pontevedra ignorando si esto fué voluntario o forzoso.
[GC] [...] Profesa Ideas extremistas y el 20 de Julio de 1936, marchó a Pontevedra armado de una escopeta para actuar contra el Glorioso Movimiento Nacional, volviéndose desde Alba al enterarse de la declaración del Estado de Guerra.
Manuel Rodríguez Alfonso. [A] Es de ideología izquierdista, estaba afiliado a la C.N.T. y que formó parte de los que actuaron en la requisa de armas, esto según rumores.
[GC] Pertenecía al Frente Popular y el 20 de Julio se reunió en Meis con los revolucionarios, marchando desde este punto al Establecimiento del vecino de Puente-Arnelas José Lede Fontenla donde adquirió cartuchería para escopeta, pólvora y perdigón para la carga de cartuchos; todo ello para ser empleado contra las fuerzas que iniciaron el Glorioso Movimiento Nacional. Por este hecho le ha sido instruída la correspondiente causa por la autoridad Militar siendole sobreseída.
Continúan os informes sobre as seguintes persoas: Serafín Mosteiro, José Vidal Fernández, José Rivas Pérez “Covelo”, Domingo Sartal Pazos, Rogelio Outeda Iglesias, Eduardo Mougán, Camilo Abal López, Avelino Maquieira Rodiño, Peregrino Serantes Arcos, Vicente Rivas e José Benito Vidal Abal.

lunes, 16 de marzo de 2020

Defensa do Ven:.H:. "Fermín Galán"

Fai doce anos falamos aquí do mestre e grao 3 da masonería Manuel Guillán Abalo “Fermín Galán”, fai sete volvemos a tratar dalgúns aspectos da súa vida. Nesta ocasión volvemos sobre o incidente que tivera co inspector José Gabaldón Navarro e aproveitamos para reproducir a comunicación que a Loxa Helenes número 7 dirixiu, o 16 de xullo de 1933, á loxa ourensá Constancia número 13 comunicando os feitos e solicitando apoio para o mestre.
Lembremos o sucedido no mes de maio de 1933: Manuel Guillán, mestre cursillista do 31 en Poio, atopou na pontevedresa praza da Constitución a José Gabaldón Navarro e agrediuno, como consecuencia detivérono e levárono á comisaría. Alega na súa defensa o comportamento vexatorio que o inspector tivera coa súa dona, Josefa Agulló, mestra de Xustáns, nunha visita de inspección a dita escola. José Gabaldón era moi coñecido en Pontevedra e estaba emparentado cunha familia de empresarios do calzado: os Melero; logo do golpe militar sería sancionado con seis meses de suspensión de emprego e soldo.
Con motivo do incidente, o 23 de maio reuniuse, en sesión extraordinaria, o consello provincial de primeiro ensino para tratar o asunto. Na reunión, a profesora da Normal Ernestina Otero, presidenta do organismo, propuxo que se adoptara unha resolución en harmonía coa gravidade da falta. O inspector xefe Pedro Caselles dou conta dos acordos da xunta de inspectores e pide a cesantía do mestre, proposta que se acorda por unanimidade; ademais pide que non poida desempeñar escolas con carácter interino na provincia. Tamén se acordou abrir expediente para pescudar o sucedido na visita do inspector á escola de Xustáns, o propio Caselles sería o instrutor.
O acordo do organismo non sentou nada ben aos partidarios de Guillán e a loxa da que era membro leva a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a defendelo. Transcribo o escrito que se atopa no arquivo de Salamanca (728-A. Nº 3. CDMH)
A L:. G:. D:. G:. A:.D:. U:.
LIBERTAD::IGUALDAD::FRATERNIDAD
La Resp:. Log:. HELENES Nº 7 de la Federación de la Gr:. Log:. Reg:. del Noroeste de España.
Envía
a la Resp:. Log:. Constancia nº 13 Orense
S:.F:.U:.
Wall:. De Pontevedra a los 16 días de julio de 1933
Ven:. Maest:. y QQ:. HH:.
Al Q:. H:. de este Tall:. Manuel Guillán Abalo gr:. 3º, cuya profesión en el mundo profano es la de Maestro Nacional, el Consejo provincial de 1ª Enseñanza, integrado en su mayoría por elementos reaccionarios le ha suspendido en su cargo de maestro interino de la escuela nacional de San Salvador de Poyo (Pontevedra), por las siguientes causas:
El Inspector de 1ª Enseñanza D. José Gabaldón Navarro verificó una visita el día 18 de mayo último a la escuela de niñas de Justanes, Ayuntamiento de Puente Caldelas desempeñada por la esposa de nuestro citado H:. y durante la visita la atropelló y vejó de palabra y más tarde le hizo insinuaciones que la dignidad de la aludida rechazó indignada volviendo entonces a usar de tonos violentos amenazándola con un expediente, un próximo castigo, etc.
La esposa de nuestro H:. denunció el hecho a la Jefatura de la Inspección, sin que hasta hoy hubiese dado resultado alguno.
Nuestro H:., inesperadamente, se encontró el domingo día 21 del mencionado mayo en una calle de Pontevedra al expresado Inspector y entonces no siendo capaz de contener la justa indignación que contra el mismo tenía, le abofeteó.
No es Inspector de la zona de nuestro H:. por no pertenecer la escuela que este regentaba a la zona de inspección del referido. No le agredió como maestro a Inspector puesto que lo hizo en su calidad de esposo por las ofensas inferidas a su compañera. Fue en un día festivo y por lo tanto no se podía alegar que dicho Inspector estuviese en comisión de servicio.
A pesar de todo lo anterior, el Consejo provincial sin oir al Q:. H:. le destituyó fulminantemente de la escuela que desempeñaba y al propio tiempo le denunció al Juzgado de Instrucción por atentado contra una autoridad no siendo en realidad más que una simple falta.
El H:. solicitó del mismo Consejo la reposición, que le fue denegada y ahora recurre ante la Dirección General de la 1ª Enseñanza con el mismo objeto.
Es preciso que todos los Tall:. Regionales tomen interés porque resplandezca la Justicia y se castigue al Inspector por su provervial (sic) incorrección de la cual hace gala sobre todo cuando como Inspector visita a maestros y además por la falta de moralidad que la opinión pública le achaca y de la cual este caso es una palpable demostración.
Además es de necesidad que también auxiliemos al H:. con nuestro apoyo ante las autoridades de 1ª Enseñanza pues no se trata más que de un caso de hostilidad de un organismo en que predominan elementos reaccionarios contra un maestro de reconocido carácter laico.
Este Tall:. En Ten:. ordinaria celebrada el 13 del actual acordó a propuesta de la Cam:. de MM:. Solicitar el apoyo de los Tall:. Regionales a fin de que se dirijan a la GR:. Log:. Reg:. del NOR:. apoyando la petición que en tal sentido dirimos (sic) y que emprendais en el mundo profano una activa campaña acudiendo incluso a la prensa para evitar que los saboteadores de la Libertad y la Justicia continúen formando parte de dicho Consejo provincial.
Os suplicamos que os dirijais con la mayor urgencia a fin de que con tiempo oportuno llegue vuestra la recomendación y atajar la persecución del Ven:. H:. manuel (sic) Guillán Abalo.
Recibid Ven:. Maest:. y QQ:. HH:. el 3X3 abrazo fraternal que por nuestro conducto los Oobr:. de este Tall:. os envían.
Asina o venerable mestre Ives Delage (Joaquín Maquieira) e o secretario Hermes (Federico Selgas?)
Nota: Os tres puntos son unha abreviatura nos escritos masónicos, así: Ven:. (Venerable), QQ:. (Queridos), H:. (Hermano), Tall:. (Taller), Ten:. (Tenida), Cam:. (Cámara), MM:. (Masones), gr:. (grado), Log:. (Logia) son algunhas das que aquí aparecen.