No ano 2018
publicamos o informe no que o capitán Carreró daba conta aos seus
superiores do sucedido ao ler o bando de guerra en Vigo; agora
trataremos das vítimas ocasionadas naquelas datas. Autores como X.
C. Abad, no II Congreso da Memoria (Culleredo) xa publicou unha
relación de vítimas mortais; nesta entrada utilizaremos a versión
ofrecida na causa militar “Instruída en averiguación de las
causas que motivaron la aparición de cadáveres de (sic) distintos
sitios de la población” (498/36. AIMN.).
As primeiras
actuacións do xulgado foron o recoñecemento de cadáveres na Casa
de Socorro ou en clínicas como a do Dr. Cobas e o ditado de ordes
para que foran trasladados ao cemiterio de Pereiró co obxecto de que
lles realizaran a autopsia.
O mesmo día 20, o
xuíz Pérez Navaza oficia ao auditor de guerra dando conta do inicio
da causa e ao capitán da Guardia Civil e Comisaría de
policía a efectos de que “practiquen las más activas gestiones
encaminadas a averiguar la forma y por quiénes fueron heridos”;
segundo dispuña a lei de axuizamento civil, ordena fixar na porta do
cemiterio un cartel para tratar de identificar os mortos
descoñecidos.
O día 22, o xulgado
preséntase en Pereiró e comproba que no depósito atópanse vinte e
oito cadáveres:
Simeón López
Veloso, 25 anos [29], solteiro, albanel, veciño do barrio do Couto
(142, Z.15)
Lenin Moreda
Vázquez, 15 anos, solteiro, de Riomao (Lavadores). (138, Z.15)
José Álvarez Fríez
[Froiz], 18 anos, botóns da sociedade “La Oliva”. (153, Z.15)
Manuel Lence
González, 40 anos [41], casado, comisionista, domiciliado na rúa 14
de abril. (2, Z.6)
Lorenzo Cid
González, 53 anos [36], empregado de Obras del Puerto. Natural de
Molezuelas de la Carballeda (Zamora). (136, Z.15)
Lorenzo Mumary Gil,
22 anos [23], solteiro, rúa do Paraguay. (3, Z.6)
María Suárez Paz,
51 anos [46], natural de Cuntis, domiciliada en r/ Uruguay. (129,
Z.15)
Ángel Cameselle
Pazo, 18 anos, solteiro, albanel, barrio da Quintela (Coia). (135,
Z.15)
Manuel Gómez
Verdes, 60 anos [55], axudante de caixa do Banco de España, natural
de Ponteareas. (131, Z.15)
Dolores García,
barrio de O Calvario (Lavadores). (143, Z.15)
Agustín Castro
Fábregas, r/ de San Antonio. (137, Z.15)
Antonio Fernández.
(139, Z.15)
Laureano García
Carrera, 27 anos, chofer, de Tui, solteiro. (141, Z.15)
Rogelio Paramos
Gándara, de Guillarei. (140, Z.15)
Julio Vázquez, ó
redor de 36 anos. (146, Z.15)
Francisco Gamallo.
(130, Z.15)
Manuel Paredes
Piñeiro, 43 anos, xornaleiro, natural de Moaña, domicilio en r/
Ballesta. (132, Z.15)
Antonio J. Fariña
Barros, 30 anos, dependente, natural de Barrio (sic) Pontevedra.
(133, Z.15)
Estanislao Núñez
Barrio,
53 anos, industrial, natural de León, domicilio no barrio do Seixo
(Lavadores).
Constante Gutiérrez
Blanco, 53 anos, ferreiro, barrio da Ceboleira (Lavadores). (134,
Z.15)
Ademais aparecen 8
cadáveres descoñecidos, destes logran identificar posteriormente a:
Adelino Hidalgo
Andreu, 30 anos, solteiro, oficinista, domiciliado en r/ Méndez
Núñez.
Alfonso Groba
González, 22 anos, solteiro, chofer, natural e veciño de
Ponteareas.
As autopsias a 27
dos cadáveres duran sete horas e son efectuadas polo forense Luis
Martínez García-Murillo, axudado por Francisco Bustelo Bustelo.
Todos foran ferido por arma larga, agás Constante Gutíerrez, Ángel
Cameselle e Estanislao Núñez que o foron por arma curta.
Nas declaracións de
familiares dos mortos faise referencia ás causas da morte con frases
como: “diferentes descargas, no solamente de la fuerza pública
sinó también de los revoltosos”, “cuando la fuerza pública y
del Ejército se batía contra turbas que le hacían frente”,
“ignorando si las lesiones de bala se la ocasionaron los militares
o los paisanos que se habían revelado (sic) contra aquellos”, “fué
obligado a ir en un coche ocupado por comunistas, que iban con armas
y agredían a la fuerza pública, siendo muerto por esta”.
O 22 de xullo falece
no sanatorio Troncoso Camilo Gómez e o 24 morre José Prado.
O 27 de xullo
ingresan no cemiterio de Pereiró cinco cadáveres ocasionados polos
sucesos ocurridos en Lavadores o día 26:
Alfonso Posada, do
barrio de San Lourenzo.
Manuel Rodríguez
Mouriño, estudante, 20 anos, r/ Galán.
José Manuel Taboada
Martínez, 37 anos, r/ Ballesta.
Manuel Correa de
Carballo Costa, natural de Viana do Castelo e veciño do Calvario.
Enrique Acuña,
veciño de Riomao e natural de Portugal.
O 26 de xullo, o
sanatorio cirúrxico de Lavadores dá conta do ingreso das feridas
Soledad e Ramona Domínguez e afirma que a nai e unha filla de Ramona
resultaran mortas cando abandonaban o domicilio para refuxiarse nunha
casa veciña; eran de Pardavila.
O día 30 falece
Romualdo Fernández Martínez tras ser operado nos pavillóns
sanitarios de Vigo.
Na relación
publicada por Abad figuran dúas persoas que non aparecen nesta
documentación: Ricardo Fernández Martínez (será o citado
anteriormente como Romualdo?) e Arturo Juan Baldomero Fernández
Cabaleiro e non constan varios dos aquí nomeados; a explicación xa
foi advertida polo autor: “excluídos os que morreran días despois
e os que, con toda probabilidade non se rexistraron debidamente para
evitar complicacións”.
Sobre as xestións
ordenadas para dar cos autores, a comisaría informa que non deran
resultado “por las dificultades que ofrece el barrio por donde se
han efectuado las gestiones”. Varias testemuñas declaran que non
viran agresións á forza pública nin a ninguén armado.
En canto a feridos,
o Hospital Municipal comunica o 26 de xullo que prestara asistencia a
22 persoas; habería que engadir o resto das clínicas para calcular
o total, que non aparece na causa.
No Hospital Militar
atendeuse o tenente Rafael Marco, con erosión nunha orella, os
soldados Inocencio Román con erosión no lombo, José Vicente por
perdigonada e Julián Mínguez por dúas feridas no pescozo, todos
eles de prognóstico leve.
Dos interrogatorios
aos feridos dedúcese que o foran
como consecuencia de los
tiroteos habidos entre el Ejército y los revoltosos, cuando
casualmente pasaban algunos de ellos por los lugares en que estaba
entablada la lucha [...] Ignoran por tanto quienes han sido causantes
de las heridas que les fueron producidas, aunque suponen lo fueran
por la fuerza pública, al repeler con sus armas la agresión de que
habían sido objeto.
O instrutor
considera que os feitos se produciran de “modo casual y fortuito”
polo que non había culpabilidade e dítase sobresemento.